Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Modelos Estatísticos para a Investigación Clínica Código 653862328d
Titulación
Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (a distancia)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Matemáticas
Coordinación
Estevez Perez, Maria Graciela
Correo electrónico
graciela.estevez.perez@udc.es
Profesorado
Estevez Perez, Maria Graciela
Seoane Pillado, María Teresa
Correo electrónico
graciela.estevez.perez@udc.es
maria.teresa.seoane.pillado@udc.es
Web http://https://www.mastermais.udc.es/informacion-general/especialidad-de-investigacion-clinica/#Materia02
Descrición xeral Con esta materia, dividida en dous grandes bloques, preténdese que o alumnado acade as seguintes aprendizaxes:
1. Identifique o método apropiado para determinar o tamaño da mostra nun proxecto de investigación en Ciencias da Saúde
2. Sexa capaz de aplicar a análise estatística correcta a un estudo de investigación clínica.
3. Coñeza algúns dos principais modelos lineais co propósito de establecer relacións entre variables.
4. Manexe ferramentas de software que lle permitan implementar as metodoloxías estudadas

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Adquirir la capacidad para elegir y aplicar las metodologías de investigación más adecuadas a la investigación planteada
A4 Obtener un sustrato teórico suficiente para comprender el entorno clínico de aplicación de las técnicas de investigación
A5 Adquirir el conocimiento de la realidad investigadora en un ámbito concreto de las ciencias de la salud
B1 Ser capaz de aplicar el método científico en la planificación y el desarrollo de la investigación sanitaria
B2 Tener fluidez y propiedad en la comunicación científica oral y escrita
B3 Adquirir el compromiso por la calidad del desarrollo de la actividad investigadora
B4 Desarrollar la capacidad de análisis y de síntesis
B5 Obtener la habilidad para manejar distintas fuentes de información
B6 Ser capaz de trabajar de forma colaborativa en equipos multi e interdisciplinar
B7 Desarrollar la capacidad de establecer una relación de empatía con los sujetos implicados en el desarrollo de la actividad investigadora
B8 CB6 Poseer y comprender conocimientos que aporten una base u oportunidad de ser originales en el desarrollo y/o aplicación de ideas, a menudo en un contexto de investigación
B9 CB7 Que los estudiantes sepan aplicar los conocimientos adquiridos y su capacidad de resolución de problemas en entornos nuevos o poco conocidos dentro de contextos más amplios (o multidisciplinares) relacionados con su área de estudio
B10 CB8 Que los estudiantes sean capaces de integrar conocimientos y enfrentarse a la complejidad de formular juicios a partir de una información que, siendo incompleta o limitada, incluya reflexiones sobre las responsabilidades sociales y éticas vinculadas a la aplicación de sus conocimientos y juicios
C1 Expresarme correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma
C3 Utilizar las herramientas básicas de las tecnologías de la información y las comunicaciones (TIC) necesarias para el ejercicio de su profesión y para el aprendizaje a lo largo de su vida
C8 Valorar la importancia que tiene la investigacion, la innovación y el desarrollo tecnológico en el avance socioeconómico y cultural de la sociedad

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
1. Identificar e aplicar o método apropiado para determinar o tamaño da mostra nun proxecto de investigación en Ciencias da Saúde AI1
AI4
AI5
BI1
BI2
BI3
BI4
BI5
BI6
BI9
BI10
CI1
CI3
CI8
2. Ser capaz de utilizar a análise estatística correcta nun estudo de investigación clínica AI1
AI4
AI5
BI1
BI2
BI3
BI4
BI5
BI6
BI8
BI9
BI10
CI1
CI3
CI8
3. Coñecer e aplicar algúns dos principais modelos lineais co propósito de establecer relacións entre variables AI1
AI4
AI5
BI1
BI2
BI3
BI4
BI5
BI6
CI1
CI3
CI8
4. Manexar ferramentas de software que lle permitan implementar as metodoloxías estudadas AI1
BI3
BI4
BI5
BI6
BI7
BI8
CI3
CI8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Determinación do tamaño da mostra en estudos biomédicos 1.1. Conceptos elementais de mostraxe.
1.2. Cálculo do tamaño da mostra en estudos en Ciencias da Saúde: estimación de parámetros, contrastes de hipóteses, estudos de casos e controis, estudos de cohortes.
1.3. Aplicación de software epidemiolóxico para a determinación do tamaño da mostra en estudos biomédicos.
1.4. Interpretación práctica dos resultados obtidos nas análises de datos.
Tema 2. Modelos lineais 2.1. Modelos de regresión lineal, simple e múltiple.
2.2. Modelos ANOVA. Alternativas non paramétricas.
2.3. Modelos ANCOVA.
2.4. Modelos de medidas repetidas.
2.5. Regresión loxística.
2.6. Identificación do tipo de modelo lineal máis apropiado para distintos casos prácticos.
2.7. Aplicación e validación dos modelos lineais mediante algún software estatístico.
2.8. Interpretación práctica dos resultados obtidos nas análises de datos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A4 A5 B1 B2 B4 B5 C8 0 43 43
Foro virtual B2 B4 B6 B7 C1 C3 0 4 4
Prácticas a través de TIC B6 B9 C3 C8 0 33 33
Solución de problemas A1 A4 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C8 0 33 33
Traballos tutelados A1 A4 B1 B8 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C1 C3 C8 0 24 24
Proba de resposta múltiple A1 B1 B4 C3 0 1 1
Estudo de casos A1 A4 B1 B8 B5 B6 B7 B9 B10 C3 C8 0 12 12
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Estudo dirixido a través de material multimedia: clases gravadas, vídeos, presentacións, documentación complementaria en pdf.
Foro virtual Ferramentas en liña de seguimento e titorización: foros, debates.
Prácticas a través de TIC Comprensión e manexo de software estatístico e epidemiolóxico como ferramenta de análise de datos.
Solución de problemas Resolución e entrega de exercicios como parte da avaliación continua
Traballos tutelados Traballos onde se reflicta o dominio teórico-metodolóxico da materia. Os traballos solicitaranse en formato virtual e soporte informático.
Proba de resposta múltiple Proba obxectiva de avaliación en relación cos contidos da materia
Estudo de casos Análise de casos prácticos reais expostos e resoltos por parte do profesorado que permitan ilustrar a abordaxe práctica dos contidos. O alumnado debe ser capaz de entender a formulación, resolución e interpretación do problema en termos prácticos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Prácticas a través de TIC
Solución de problemas
Sesión maxistral
Descrición
ATENCIÓN PERSONALIZADA PARA O CONXUNTO DO ALUMNADO

A atención personalizada sirve para o seguimento da aprendizaxe de cada estudante por parte do profesorado.

A través da titoría (presencial ou a distancia), o profesorado aborda a resolución de dúbidas e orienta ao estudo.

A tal fin, o alumnado dispón dun horario oficial de titorías, que poderán realizarse de modo presencial ou a través dos medios institucionais da UDC de atención a distancia.


ATENCIÓN PERSONALIZADA PARA O ALUMNADO CON DEDICACIÓN PARCIAL OU DIFICULTADES PARA CONCILIAR O ESTUDO COA VIDA FAMILIAR E/OU LABORAL

A atención personalizada para o alumnado que, de modo xustificado, ten dificultades para conciliar o estudo coa vida familiar e/ou laboral, poderá realizarse:

· Nas condicións establecidas para o conxunto do alumnado.

· A demanda, previa solicitude por correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A4 B1 B8 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C1 C3 C8 Traballos onde se reflicta o dominio teórico-metodolóxico da materia. Os traballos solicitaranse en formato virtual e soporte informático 39
Proba de resposta múltiple A1 B1 B4 C3 Proba obxectiva de avaliación en relación cos contidos da materia 21
Solución de problemas A1 A4 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C8 Resolución e entrega de exercicios como parte da avaliación continua 40
 
Observacións avaliación

A materia estrutúrase en dous bloques: Bloque I, que corresponde ao Tema 1 (Determinación do tamaño da mostra en estudos biomédicos); Bloque II, correspondente ao Tema 2 (Modelos lineais).

Os bloques son independentes, de maneira que a nota dun deles non afecta á nota do outro. A superación da materia requirirá aprobar, de maneira independente, cada un dos Bloques dos que consta a materia. No caso de non ter superado algún dos bloques, a cualificación final será o mínimo entre a suma ponderada das notas de cada un dos dous bloques e a nota 4.5

O sistema de avaliación do Bloque I (Tema 1: Determinación do tamaño da mostra en estudos biomédicos), en calquera das dúas oportunidades, constará de dúas partes:

  • Unha parte de avaliación continua obrigatoria, cun peso do 40%, que se obterá da resolución dunha serie de problemas prácticos nos que se demostrará o dominio da aplicación práctica dos contidos desenvolvidos na materia. A entrega destes traballos realizarase de forma individual. En caso de non realizar as actividades, estas serán cualificadas con 0 puntos á hora de obter a nota final segundo as porcentaxes asignadas.
  • Unha proba obxectiva, cun peso do 60%, realizada de xeito online, de preguntas tipo test sobre os contidos desenvolvidos neste bloque da materia.

Na 2ª oportunidade manteraseaprobada a parte que se teña superada na 1ª oportunidade dentro da mismaconvocatoria. A puntuación máxima total deste primeiro bloque será de 3.5 puntos.

O sistema de avaliación do Bloque II (Tema 2: Modelos lineais), en calquera das dúas oportunidades, constará de dúas partes:

  • Unha parte de avaliación continua, cun peso do 40%, que consistirá na realización dunha serie de cuestionarios a través do Campus Virtual e/ou exercicios entregados de cada un dos epígrafes do Tema 2.
  • A realización e entrega dun traballo consistente na resolución dun caso práctico. O devandito traballo pode ser realizado de forma individual ou en grupos de dous ou tres membros e terá un peso na avaliación do bloque do 60%.

Na 2ª oportunidade manterase aprobada a parte que se teña superada na 1ª oportunidade dentro da mesma convocatoria. A puntuación máxima total deste segundo bloque será de 6.5 puntos.

No caso de que o alumnado non fose avaliado nalgún dos dous bloques a cualificación final será de "NON PRESENTADO".

No caso de alumnado de segunda convocatoria e sucesivas, non se conservarán as cualificacións dos bloques obtidas en cursos anteriores.

Convocatoria adiantada

Os criterios son os establecidos nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario", artigo 19.

Matrícula de honra

Poderán optar á matrícula de honra os estudantes cuxa media supere o 9. O profesorado da materia poderá considerar criterios adicionais nos resultados obtidos polos estudantes en calquera das accións formativas programadas na guía docente.

PLAXIO

En caso de plaxio, aplicarase o seguinte:

  • Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

REALIZACIÓN FRAUDULENTA DAS PROBAS OU ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. Nas actas figurará un non presentado nesta oportunidade.

Todas as observacións previas son aplicables ao estudantado a tempo parcial e/ou con dispensa académica.


Fontes de información
Bibliografía básica

Referencias básicas:

  • Material elaborado polo profesorado do máster e posto a disposición de todo o alumnado a través da plataforma virtual

Referencias complementarias:

Tema 1

  • Fox N., Hunn A., Mathers N. Sampling and sample size calculation. The National Institutes for Health Research, NIHR RDS EM/ YH, 2009 
  • Pita Fernández, S. Determinación del tamaño muestral. CAD ATEN PRIMARIA 1996; 3: 138-14.
  • Seoane-Pillado, T., et al. "Capítulo 5: Selección de la muestra: técnicas de muestreo y tamaño muestral." SEMERGEN-Medicina de familia 33.7 (2007): 356-361.
  • Pértega Díaz, S., Pita Fernández, S. Cálculo del tamaño muestral para la determinación de factores pronósticos. CAD ATEN PRIMARIA 2002; 9: 30-33.
  • Pértega Díaz, S., Pita Fernández, S. Cálculo del tamaño muestral en estudios de casos y controles. CAD ATEN PRIMARIA 2002; 9: 148-150. 
  • Pértega Díaz, S., Pita Fernández, S. Determinación del tamaño muestral para calcular la significación del coeficiente de correlación lineal. CAD ATEN PRIMARIA 2001; 2002; 9: 209-211.
  •  

Tema 2

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Estatística Aplicada a Ciencias da Saúde/6538623005

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Uso docente do inglés 

Será conveniente que o alumnado teña un coñecemento básico do ingléspara o manexo do material bibliográfico e/ou a lectura dalgún texto escrito nodevandito idioma e, sobre todo, para a consulta na internet de diferentespáxinas relacionadas coa materia de clase. Recoméndase ao alumnado que posúa ungrao de coñecemento de inglés correspondente ao nivel A2 de Usuario Básico, recollido no documento do Marco Común Europeo de Referencia sobre Coñecementode Linguas ( http://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/marco/cvc_mer.pdf ).

PROGRAMA GREEN CAMPUS FCS 

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata substentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do "V Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2023-2025)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.

b. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.

Perspectiva de xénero

"Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)".

"Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade".

"Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas".



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías