Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Comunicación Científica Código 653862334d
Titulación
Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (a distancia)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Matemáticas
Coordinación
Fuentes Boquete, Isaac Manuel
Correo electrónico
i.fuentes@udc.es
Profesorado
Díaz Prado, Silvia María
Fuentes Boquete, Isaac Manuel
Sobrido Prieto, María
Correo electrónico
s.diaz1@udc.es
i.fuentes@udc.es
maria.sobrido@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é formar ao alumnado en estratexias adecuadas para a difusión dos resultados de investigación, tanto mediante a comunicación oral coma a escrita.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e manexar adecuadamente os perfís de investigadores/as para mellorar a visibilidade na comunicación científica. AI6
AI6
AI6
BM1
BM1
BM1
BM1
BM1
BM1
BM1
CM1
CM1
CM1
CM1
Coñecer e utilizar as principais formas de comunicación científica. AI6
AI6
AI6
BM1
BM1
BM1
BM1
BM1
BM1
BM1
CM1
CM1
CM1
CM1

Contidos
Temas Subtemas
1. Visibilidade da produción científica. 1.1. Identidade dixital do/a investigador/a e sinatura homoxénea da produción científica.
1.2. Identificadores dixitais: ORCID, Research ID, Google Scholar e ResearchGate.
1.3. Visibilidade da produción científica na Web.
2. Estratexias de comunicación: presentacións orais. 2.1. Elaboración dunha presentación oral.
3. Estratexias de comunicación: o póster científico. 3.1. Elaboración dun póster científico.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Seminario A3 A4 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C7 8 0 8
Traballos tutelados A3 A4 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C7 4 60 64
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Guía e resolución de dúbidas a través da plataforma virtual de videoconferencia.
Traballos tutelados Actividade final que reflicte o dominio teórico e metodolóxico da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Ao tratarse dun grupo reducido de alumnos, é posible a resolución de dúbidas e o seguimento individualizado durante o mesmo proceso de aprendizaxe.

ATENCIÓN PERSONALIZADA PARA O CONXUNTO DO ALUMNADO
A atención personalizada sirve para o seguimento da aprendizaxe de cada estudante por parte do profesorado.
A través da titoría (presencial ou a distancia), o profesorado aborda a resolución de dúbidas e orienta ao estudo.
A tal fin, o alumnado dispón dun horario oficial de titorías, que poderán realizarse de modo presencial ou a través dos medios institucionais da UDC de atención a distancia.

ATENCIÓN PERSONALIZADA PARA O ALUMNADO CON DEDICACIÓN PARCIAL OU DIFICULTADES PARA CONCILIAR O ESTUDO COA VIDA FAMILIAR E/OU LABORAL
Para facilitar a asistencia aos seminarios, cada un realizarase en dúas quendas (unha de mañá e outra de tarde).
A atención personalizada para o alumnado que, de modo xustificado, ten dificultades para conciliar o estudo coa vida familiar e/ou laboral, poderá realizarse:
· Nas condicións establecidas para o conxunto do alumnado.
· A demanda, previa solicitude por correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A4 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C7 Actividade final que reflicte o dominio teórico e metodolóxico da materia. 100
 
Observacións avaliación

A avaliación final da materia consistirá na suma da valoración dos
traballos elaborados en cada parte da materia, coa seguinte ponderación máxima
respecto á nota final:

a. Temas 1 e 2: 50%.

b. Tema 3: 50%.

Para poder aprobar a materia, será requisito indispensable cumprir
coas seguintes premisas:

b. Que a suma da nota das dúas partes sexa igual ou superior a
5.0.

a. Que en cada parte se obteña polo menos un 4,0 sobre 10.

PLAXIO

En caso de
plaxio, aplicarase o seguinte:

  • Cualificación de suspenso na
    convocatoria en que se cometa a falta e respecto da
    materia en que se cometese: o/a estudante será
    cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
    correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta
    se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto,
    procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira
    oportunidade, se fose necesario.

REALIZACIÓN
FRAUDULENTA DAS PROBAS OU ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN

A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade na que se
cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. Nas actas
figurará un non presentado nesta oportunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica

BIBLIOGRAFÍA XERAL

- Mabrouki K,Fèlix Bosch F. Redacción científicaen biomedicina: Lo que hay que saber. Barcelona; FUNDACIÓN DR. ANTONIO ESTEVE, 2006. Disponible en: http://esteve.org/wp-content/uploads/2018/01/13542.pdf

- Hofmann A. Scientific writing and communication: papers, proposals, and presentations. New York: Oxford University Press, 2017.

TEMA 1. PRESENTACIÓNS ORAIS

- Serés E, Rosich L, Bosch F. Presentaciones orales en biomedicina [Internet]: aspectos a tener en cuenta para mejorar la comunicación / coordinadores. Barcelona: Fundación Dr. Antonio Esteve, 201o. Disponible en: https://www.esteve.org/libros/presentaciones-orales/


TEMA 2. O POSTER CIENTÍFICO

- Tutorial Prezi en español, aprender a utilizarlo en 15 minutos (academia Prezi). En http://prezi.com/yqfu-lxm9kxr/tutorial-prezi-en-espanol-aprender-a-utilizarlo-en-15-minutos-academia-prezi/Beamer http://www.tex.ac.uk/ctan/macros/latex/contrib/beamer/doc/beameruserguide.pdfTantau, T. (2010).

TEMA 3. VISIBILIDADE DA PRODUCIÓN CIENTÍFICA

- Sobrido Prieto, Mª. Acceso abierto al conocimiento [Vídeo]. Consellería de Sanidade, FEGAS; 2012 http://www.youtube.com/watch?v=oTqwipb5x48

- Bibliosaúde. Guia de uso Orcid. Santiago de Compostela; SERGAS. Disponible en: https://bibliosaude.sergas.es/DXerais/791/GU%C3%8DA%20DE%20USO%20ORCIDM1.pdf

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Programa Green Campus FCS.  Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do "V Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2023-2025)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.

b. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.

POLÍTICAS DE XÉNERO

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...).

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías