Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A6 |
Trabajar en la sociedad con individuos y grupos para fomentar la promoción de la salud, la prevención, la rehabilitación y el tratamiento. |
A8 |
Uso profesional y ético del razonamiento efectivo en todas las partes del proceso de terapia ocupacional. |
A10 |
Adaptar y aplicar el proceso de terapia ocupacional en estrecha colaboración de individuos/población. |
A11 |
Trabajar para facilitar entornos accesibles y adaptados y promover la justicia ocupacional. |
A12 |
Colaborar con comunidades para promover la salud y el bienestar de sus miembros mediante la participación en la ocupación. |
A17 |
Establecer sociedades de colaboración, consultar y aconsejar a clientes, trabajadores sociales, miembros de equipo y otros en la práctica de la ocupación y la participación. |
A19 |
Apreciar y respetar las diferencias individuales, creencias culturales, costumbres y su influencia sobre la ocupación y la participación. |
B3 |
Aplicar un pensamiento crítico, lógico y creativo. |
B6 |
Comportarse con ética y responsabilidad social como ciudadano y como profesional. |
B7 |
Comunicarse de manera efectiva en un entorno de trabajo. |
B8 |
Capacidad de análisis y de síntesis. |
B9 |
Capacidad de aplicar los conocimientos a la práctica. |
B11 |
Capacidad para trabajar en un equipo interdisciplinar. |
B15 |
Capacidad para comunicarse con personas no expertas en la materia. |
B31 |
Apreciación de la diversidad y de la multiculturalidad. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Aproximación ao corpor teórico que da base ás accións de Terapia Ocupacional sobre a contorna: impacto do medio sobre a ocupación humana. Integración dos coñecementos teóricos previos á práctica relacionados por exemplo con: a accesibilidade, o deseño universal e/ou a inclusión. |
A8 A10 A11 A19
|
|
|
Adquisición de destrezas de observación e análise da contorna: identificación das condicións da contorna que actúan como facilitadores ou como barreras en relación ás caracterísitcas da poboación e ás demandas da actividade (avaliación-valoración do equilibrio persona/ambiente/ocupación). |
A8 A11
|
B3 B8 B9
|
|
Desenvolvemento do pensamento analítico e crítico, dacordo ao nivel competencial, aplicado á valoración e ao asesoramento en materia de accesibilidade, deseño universal e/ou inclusión: planificación da intervención/acción (valoración, plan de mellora/intervención/acción, rexistro), deseño de contornas facilitadoras para a autonomía (a nivel individual e colectivo) e elaboración de propostas de asesoramento reais e efectivas. |
A6 A8 A11
|
B3 B8 B31
|
|
Potenciación de habilidades e rigor para o rexistro da información procedente da avaliación e valoración: recoñecemento da importancia do rexistro das actividades realizadas, adquisición de rigor técnico na linguaxe empregada na comunicación co equipo profesional e cos/coas usuarios/as, elaboración de informes, comunicación con persona/grupo/comunidade implicada. |
A11
|
B7 B8 B15
|
C1
|
Desenvolvemento dunha perspectiva social dacordo ao nivel competencial: situar ao alumnado en accións contextualizadas na comunidade, promovendo a colaboración con outras/outros profesionais do ámbito sociosanitario, facilitando a súa intervención no medio natural da persona/grupo e/ou comunidade e, en definitiva, comprometéndose a promover a xustiza ocupacional.
|
A11 A12 A17
|
B6 B11 B15 B31
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Temas transversais a todas as prácticas: |
1.- Principios teóricos básicos de avaliación e actuación profesional dende a terapia ocupacional sobre contornas/contextos. Unha mirada ocupacional a:
• Contornas domésticas
• Accesibilidade e deseño universal.
• Contorna/s social, histórico, cultural e institucional/ais
2.- Observación e análise de factores ambientais.
• Introdución aos factores ambientais.
• Conceptos de barreiras e facilitadores. Identificación e análise en diferentes contextos.
• Utilización dos conceptos contexto/ambiente dos modelos teóricos específicos de terapia ocupacional (por exemplo: Persoa-Medio-Ocupación, Modelo Canadense do Desempeño Ocupacional, Modelo Kawa, Modelo de Ocupación Humana) para a súa análise.
3.- Valoración de ambientes de participación nas ocupacións:
• Avaliación da accesibilidade das contornas.
• Observación coa finalidade de avaliar ambientes.
• Análise do medio dende unha perspectiva individual e dende unha perspectiva colectiva.
• Valoración de ambientes específicos en función das ocupacións que acollen e das persoas que as desenvolven.
• Recollida de información da avaliación.
4.- Deseño de contornas accesibles para a participación nas ocupacións
• Principios para desenvolver o asesoramento.
• Deseño de actuacións específicas para a acción no medio ambiente. Exemplos: adaptacións funcionais do medio, deseño de ambientes socialmente facilitadores, propostas dende a perspectiva da universalidade.
5.- Rexistro de información:
• Criterios de elaboración de rexistros das actividades realizadas.
• Comunicación con outros/as profesionais.
• Comunicación cos usuarios/as (persoa/grupo/comunidade). |
Proxectos rotatorios de prácticas: |
1.- Proxecto "Contorna doméstica dende terapia ocupacional"
• Concepto de adaptación funcional do fogar en terapia ocupacional: semellanzas e diferenzas coa accesibilidade universal.
• Intervención domiciliaria dende terapia ocupacional. Análise do tipo de vivenda e identificación das principais ocupacións realizadas en función de factores ambientais e persoais.
• Novos enfoques na adaptación do fogar: experiencias de uso de dispositivos tecnolóxicos.
• Observación, identificación e avaliación de necesidades e barreiras no ámbito doméstico para o desempeño laboral.
2.- Proxecto "Accesibilidade e deseño universal e terapia ocupacional"
• Conceptos teóricos básicos: concepto europeo de accesibilidade e deseño para todos/as.
Accesibilidade versus adaptación funcional. Aportacións da ergonomía ao deseño de ambientes.
• Normativa estatal e autonómica en materia de accesibilidade. Recursos bibliográficos para deseñar contornos accesibles.
• Práctica de observación e valoración de ambientes desde terapia ocupacional.
• Elaboración de propostas de contornas universais baseadas na ocupación; creación de espazos facilitadores que fomenten a participación, incorporación de criterios ergonómicos e compatibilidade con intervencións de adaptación funcional individualizadas.
• Rexistro de información: elaboración de informes de asesoramento en materia de accesibilidade.
3.- Proxecto "Contornas 'Invisibles' e terapia ocupacional".
• Conceptos teóricos básicos para comprender, identificar e traballar en/cos contextos sociais, históricos, culturais e institucionais e a súa relación coa terapia ocupacional.
• Utilización e aplicación dos conceptos teóricos básicos na práctica da terapia ocupacional traballando en/con contextos sociais, históricos, culturais e institucionais.
• Metodoloxías participativas de avaliación e traballo en ámbitos sociais, históricos, culturais e institucionais en terapia ocupacional: Photovoice, metaplan, narrated body mapping, narración dixital (proxecto WFOT Occupational Narratives).
• Habilidades comunicativas como contorno en terapia ocupacional: mediadores do desempeño ocupacional (continuación EPI) Avaliación e intervención.
• Observación e valoración de ambientes desde terapia ocupacional/ciencia da ocupación.
• Propostas de actuación.
*Os proxectos poden sufrir modificacións polas necesidades contextuais de cada proxecto. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A10 B3 |
10 |
10 |
20 |
Estudo de casos |
A6 A8 A10 A11 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 |
6 |
12 |
18 |
Saídas de campo |
A6 A8 A10 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 |
35 |
0 |
35 |
Simulación |
A6 A8 A10 A11 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 |
25 |
0 |
25 |
Lecturas |
A6 A8 A11 A12 A19 B3 B6 B8 B31 C1 |
1 |
9 |
10 |
|
Atención personalizada |
|
4.5 |
0 |
4.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Traballaranse contidos teóricos necesarios para abordar a intervención práctica e tamén actividades de desenvolvemento do pensamento lóxico do alumnado e de aplicación dos coñecementos teóricos adquiridos.
Permite adquirir as competencias xenéricas asignadas a esta materia. |
Estudo de casos |
Metodoloxía onde a persoa se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto, a través dun proceso de discusión. A/o alumna/o sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Saídas de campo |
Actividades desenvolvidas nun contexto externo á contorna académica relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades e competencias relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida, a anñalise de información e a detección de necesidades susceptibles de intervención.
Na materia realizaranse algunhas saídas de campo tuteladas polas/os docentes e outras realizadas polos alumnos de forma autónoma.
Permite adquirir as competencias específicas asignadas a esta materia. |
Simulación |
Consiste na representación dun fenómeno (de natureza física, técnica ou psicolóxica, ou social, entre outros) que permite unha análise máis sinxela, económica ou inocua que si se levara a cabo sobre o orixinal ou na realidade. Ponse á persoa ante unhas condicións hipotéticas nas cales se proba o seu comportamento os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias. Baséase, por tanto, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación |
Lecturas |
Son un conxunto de textos e documentación escrita que se seleccionaron como fonte de profundización nos contidos traballados. As lecturas seleccionadas tratan sobre contidos aplicables á intervención profesional obxecto desta materia.
Permite adquirir as competencias xenéricas asignadas a esta materia.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Estudo de casos |
Saídas de campo |
Simulación |
|
Descrición |
A atención personalizada planificarase de dúas formas diferentes:
- Saídas de campo e simulación (prácticas): poderán realizarse en dúas modalidades;saídas e traballo tutelado con docentes da materia, ou traballos de campo autónomos con supervisión do profesorado.
- Titorías: en grupos pequenos ou medianos, segundo a distribución do alumnado realizada para a elaboración dos estudos de caso.
A finalidade é apoiar o traballo que desenvolverán as/os estudantes, resolver as dúbidas que xurdan na observación directa, establecer criterios para cada fase da actividade programada, e valorar a evolución na lóxica do pensamento da/do estudante.
E dicir, a atención personalizada farase globalmente, mediante titorías personalizadas directas e virtuais, indvduais e/ou grupais.
O equipo docente da materia estará dispoñible no despacho do centro ou virtualmente a través da ferramenta Teams, dacordo ás circusntancias específicas. O horario e formato serán comunicados ao alumnado ao inicio da materia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Lecturas |
A6 A8 A11 A12 A19 B3 B6 B8 B31 C1 |
Valorarase a integración dos conceptos teórico-prácticos abordados nas lecturas obligatorias, en relación coas competencias específicas da materia, na realización dos estudos de casos. |
10 |
Estudo de casos |
A6 A8 A10 A11 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 |
Valorarase, ademáis das competencias adquiridas, a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), a integración de conceptos e a capacidade de resolución de problemas |
30 |
Saídas de campo |
A6 A8 A10 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 |
Valorarase: a puntualidade, a responsabilidade, a iniciativa, o interese, a actitude ante as normas, a relación co equipo, a integración e a aplicación de conceptos teórico-prácticos, as destrezas e os coñecementos adquiridos. A asistencia será obrigatoria.
Asemade, valorarase o traballo desenvolvido nas saídas de campo acompañada polas/os docentes así coma a que a/o estudante realizará de forma autónoma, tendo en conta a observación realizada das contornas, a detección dos condicionantes relevantes para o desempeño ocupacional, e a capacidade de modificar contornas reais para que faciliten a autonomía. A asistencia será obligatoria. |
35 |
Simulación |
A6 A8 A10 A11 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 |
Valorarase: a puntualidade, a responsabilidade, a iniciativa, o interese, a actitude ante as normas, a relación co equipo, a integración e a aplicación de conceptos teórico-prácticos, as destrezas e os coñecementos adquiridos. A asistencia será obrigatoria. |
25 |
|
Observacións avaliación |
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación (por
exemplo: plaxio) implicará directamente a calificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera
calificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria
extraordinaria. A asistencia ao horario presencial de clase é obrigatoria; este é un criterio esixible para superar a materia, non valorable. É OBRIGATORIA A ASISTENCIA AO 100% DAS HORAS. Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos/as estudantes de grao a Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno do 22/05/2012),cando un estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa académica especial establecida no artigo 4(apartado 5) de dita norma, en tanto non afecte negativamente ao proceso de
avaliación do/a estudante. A ese efecto, as Comisións Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o alcance da citada dispensa. Por tanto, a concesión á solicitude de dita flexibilidade quedará á expensas da valoración e decisión da comisión académica do grao de Terapia Ocupacional, tendo en conta as metodoloxías e criterios de avaliación das materias. No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria, pola ausencia ás Saídas de Campo e/ou Simulación,
non se poderá superar a materia na segunda oportunidade, e a/o estudiante tendrá que presentarse na seguinte convocatoria, ao tratarse de actividades que, pola súa natureza, non son recuperables na segunda oportunidade (tal e como recollen as Normas de avaliación,
revisión e reclamación das calificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña, aprobadas polo Consello de Goberno do 19 de dicembro de 2013 e modificadas por última
vez no Consello de Goberno do 29 de xuño de 2017). O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o território nacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honor (Graciable). Considerarase como "non presentado" (NP) aquel ou aquela estudante que, estando matriculado nunha materia, non concorrese ás distintas actividades de avaliación que se establezan para o curso académico. En ausencia de regulación específica para cada titulación, considerarase que deberá ser cualificado/a como "non presentado": a) cando non completase o proceso de avaliación continua, nas condicións que figuren na guía docente, ou b) cando non se presente á proba do período oficial de avaliación. A consideración de NP non consome convocatoria no número total de convocatorias que a/o estudante ten por materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Blanco, RM, Blanco
L, Luengo S, Pastor G, Rivero M, Rodríguez MR, Vicente MJ. 2003. Accesibilidad para
personas con ceguera y deficiencia visual. Edita: ONCE. Características de la
rotulación para personas con discapacidad visual. Edita: ONCE. Madrid. 2006
Concepto Europeo de Accesibilidad. Edita: Ministerio de Trabajo y Asuntos
Sociales. Instituto de Migraciones y Servicios Sociales. Centro Estatal de
Autonomía Personal y Ayudas Técnicas (CEAPAT). Madrid. Bridge C. Home modification: occupation
as the basis for an effective practice. En: Curtin M, Molineux M, Supyk-Mellson,
J (editores). Occupational therapy and physical dysfunction: enabling
occupation. Elsevier; 2010; p.
409-429. Clasificación
Internacional del Funcionamiento, de la Discapacidad y de la Salud (CIF). Conway M. Occupational therapy and
inclusive design: principles for practice. Oxford: Blackwell Publishing;
2008. De-Rosende-Celeiro
I, Torres G, Seoane-Bouzas M, Ávila A. Exploring the use of assistive products
to promote functional independence in self-care activities in the bathroom.
PLoS One, 2019, 14, e0215002. De Rosende I,
Santos S. Influencia de la Terapia Ocupacional en la realización de
adaptaciones en el hogar de las personas en situación de dependencia. TOG,
2013, 10(18). De-Rosende-Celeiro
I, Santos-del-Riego S, Muñiz J. Homebound status among middle-aged and older
adults with disabilities in ADLs and its associations with clinical,
functional, and environmental factors. Disabil Health J, 2017, 10(1), 145-151. Decreto
35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento
e execución da Lei de accesibilidade e eliminación de barreiras na Comunidade
Autónoma de Galicia. DOG
nº 41 (29 de febreiro de 2000) Dotte P. Método de
manutención manual de los enfermos: ergomotricidad en el ámbito sanitario,
generalidades y educación gestual específica. Tomo I. Barcelona: Masson; 2003. Dotte P. Método de
manutención manual de los enfermos: ergomotricidad en el ámbito sanitario,
aplicaciones clínicas. Tomo II. Barcelona: Springer-Verlag Ibérica; 1999. Dotte P. Método de
movilización de los pacientes: ergomotricidad en el ámbito asistencial.
Barcelona: Elsevier; 2010. Doval, M.a I., Martinez-Figueira,
M.aE., & Raposo, M. (2013). La voz de sus ojos: la participación de los
escolares mediante Fotovoz. Revista de Investigación en Educación, 11(3),
150–171. Gastaldo, D., Magalhaes,
L., & Carrasco, C. (2013). Mapas corporais narrados: un método para documentar
trajetórias de saúde, resiliência, adoecimiento e sofrimento. In A.
Branco-Fraga, Y. M. de Carvalho, & I. M. Gomes (Eds.), As práticas
corporais no campo da saúde (pp. 83–100). Sao Paulo: Editora Hucitec. Gastaldo, D.,
Magalhães, L., Carrasco, C., y Davy, C. (2018). Mapas corporales narrados como investigación.
Consideraciones metodológicas para contar las historias de trabajadores
indocumentados a través del mapeo corporal. (Trad. N. Rivas-Quarneti, S.
Sánchez-Pérez, V. Vinzón y S. Veiga-Seijo). Recuperado de
http://www.migrationhealth.ca/undocumented-workers-ontario/body-mapping
(original en inglés, 2012) Clare
Hocking (2021) Occupation in context: A reflection on environmental influences
on human doing, Journal of Occupational
Science, 28:2, 221-234, DOI: 10.1080/14427591.2019.1708434 Huot, S., Cao, A., Kim, J., Shajari,
M., & Zimonjic, T. (2018). The power of language: Exploring the
relationship between linguistic capital and occupation for immigrants to
Canada. Journal of Occupational Science, 0(0), 1–12.
https://doi.org/10.1080/14427591.2018.1534136 Huot, S., Rudman, D., Dodson, B.,
& Magalhães, L. (2013). Expanding Policy-Based Conceptualizations of
‘Successful Integration’: Negotiating Integration through Occupation following
International Migration. Journal of Occupational Science, 20(1), 6–22.
https://doi.org/10.1080/14427591.2012.717497 Lei 10/2014, do
3 de decembro, de accesibilidade. DOG nº 241 (17 de decembro de 2014). Organización Mundial de la
Salud (2001). Pizarro E.,
Estrella S., Figueroa F., Helmke F., Pontigo C.& Whiteford G. (2018)
Entendiendo la justicia ocupacional desde el concepto de territorio, una
propuesta para la ciencia de la ocupación, Journal of Occupational Science,
25:4, xvi-xxvi, DOI: 10.1080/14427591.2018.1487262 Rivas-Quarneti,
N., Magalhaes, L., & Fernández, M. (2017). Contribuciones del Metaplan en
Investigación Cualitativa Crítica en Ciencias de la Salud: un camino hacia la
acción dialógica. CIAIQ 2017, 2(0). Retrieved from
http://proceedings.ciaiq.org/index.php/ciaiq2017/article/view/1262 Rigby P, Craciunoiu O. Assessing
environment: home, community and workplace. Access and safety. En: Vining M, Trombly
CA. Occupational therapy for physical dysfunction. Baltimore: Lippincott
Williams & Wilkins; 2014; p. 306-337. Stein F, Söderback I, Cutler S, Larson
B. Occupational therapy and ergonomics: applying ergonomic principles to
everyday occupation in the home and at work. Chichester: Whurr Publishers;
2006 Whiteford G.,
Jones K., Rahal C.& Suleman A. (2018) El Marco de Justicia Ocupacional
Participativa como herramienta de cambio: Descripción y contraste de tres
casos, Journal of Occupational Science, 25:4, l-lxii, DOI: 10.1080/14427591.2018.1504610 |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Ergonomía, Accesibilidade, Deseño Universal e Adaptación Funcional/653G01206 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
OBSERVACIÓNS
ECOLÓXICAS: 1.- Para axudar a
conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos
estratéxicos 1 e 2 do "IV Plan de Acción do Programa Green Campus FCS
(2020-2022)", os traballos documentais que se
realicen nesta materia: a.- Na
súa maioría se solicitarán en formato virtual e soporte informático. b.- De
realizarse en papel: - Non
se empregarán plásticos. -
Realizaranse impresións a dobre cara. -
Empregarase papel reciclado. -
Evitarase a impresión de borradores. 2.- A
docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na
avaliación ou outros aspectos que serán notificados aos estudantes coa
suficiente antelación. 3.- A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa
da UDC ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un/unha
estudante da materia no desenvolvemento dos seus traballos |
|