Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Desenvolver as habilidades prácticas necesarias para poder desempeñar actividades profesionais como terapeuta ocupacional: segundo o estadio de aprendizaxe e acordo ás competencias seleccionadas. En definitiva ampliar os coñecementos e a capacidade para aplicar: a teoría e a práctica de Terapia Ocupacional, as ocupacións terapeuticamente e as Actividades da Vida Diaria terapeuticamente en todas as áreas de desempeño ocupacional. |
A5 A9 A15 A21 A22 A24
|
B6
|
C1 C4 C6
|
Observar, analizar e reflexionar sobre o centro de prácticas e as funcións do terapeuta ocupacional integrados ao sistema sanitario, educativo, domiciliario, laboral ou comunitario de referencia. Asimismo o/a alumno/a debe desenvonver a capacidade para manter a dignidade, privacidade e confidencialidade da persoa. |
A17 A18
|
B5 B7
|
C1
|
Observar, analizar e reflexionar sobre a relación terapéutica en terapia ocupacional. E, á súa vez, desenvolver a capacidade para unha comunicación efectiva co/a usuario/a, familias, grupos sociais e outros profesionais; capacidade para establecer unha relación de empatía co/a usuario/a, familia, grupos sociais e outros profesionais; e desenvolver a capacidade para permitir que os pacientes e os seus coidadores expresen as súas preocupacións e intereses e que poidan responder adecuadamente. |
A6 A12 A13
|
B1
|
C1 C4
|
Observar, identificar, analizar e reflexionar sobre o perfil do usuario dos servizos de terapia ocupacional e sobre algunhas técnicas empregadas |
A9
|
B5 B18 B29
|
C6
|
Desenvolver razoamentos e habilidades de orde superior no xuízo profesional e na toma de decisións. |
A10 A14
|
B9
|
C4 C6
|
Desenvolver habilidades de exploración dos recursos de investigación en apoio á investigación e á practica baseada na evidencia. |
A1 A3 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A15 A16 A17 A20 A23 A29 A31
|
B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 B13 B14 B15 B17 B18 B19 B23 B24 B25 B26 B27 B28 B29
|
C1 C4 C6 C7
|
Dar o control ó estudante de ser un profesional autónomo que valora a súa contribución ó equipo e ó servizo. |
A16 A19 A31
|
B4
|
C1 C4 C6
|
Inculcar unhas habilidades para “a aprendizaxe ao longo da vida” e dun desenvolvemento profesional continuo; e un recoñecemento da importancia destes. |
A20
|
B6
|
C1 C4 C7
|
Desenvolver capacidade para: sintetizar un abanico de información que permita determinar se a persoa é susceptible de recibir tratamento de Terapia Ocupacional. Recoñecer e interpretar signos de función-disfunción da persoa en valoración e diagnóstico ocupacional. Asemesmo a capacidade para responder ás necesidades do paciente avaliando, planificando e desenvolvendo os programas individualizados máis apropiados xunto á persoa e o seu entorno, seus coidadores e familias e outros profesionais. En definitiva, utilizar o razonamento clínico revisando e reaxustando o tratamento. |
A7 A8
|
B23
|
C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. O proceso de intervención da Terapia Ocupacional no eido das persoas maiores
Estadias Prácticas altamente dirixidas polos terapeutas ocupacionales docentes/titores dos centros conveniados. Nivel intermedio. |
Aplicación de teorías, fundamentos, metodoloxías, técnicas, avaliacións e valoracións de Terapia Ocupacional, traballando axitadamente co equipo e desenvolvendo as funcións e destrezas propias deste profesional. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Estudo de casos |
A7 A8 A9 A10 A12 A13 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 B6 B7 B9 B18 B23 B24 C1 C4 C6 |
20 |
5 |
25 |
Portafolios do alumno |
A6 A7 A8 A9 A10 A13 A14 A19 A20 A21 A24 A28 A31 B4 B6 B9 |
5 |
15 |
20 |
Prácticas clínicas |
A7 A8 A9 A10 A12 A13 A14 A15 A18 A19 A20 A21 A22 A31 B1 B9 B23 B24 B29 C1 C4 C6 |
80 |
0 |
80 |
Recensión bilbiográfica |
A7 A13 A20 A21 A24 A28 B5 B24 C1 C4 C6 |
1 |
14 |
15 |
Mesa redonda |
A5 A8 A9 A19 A21 A28 B6 B24 C4 |
4 |
0 |
4 |
Actividades iniciais |
A9 A10 A12 A13 A20 A21 A22 A24 A28 B7 B9 B18 B23 C1 C4 C6 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Estudo de casos |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O/a alumno/a sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Permite adquirir as competencias específicas reverenciadas nesta materia.
|
Portafolios do alumno |
É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o/a alumno/a, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.
Permite adquirir as competencias específicas reverenciadas nesta materia.
|
Prácticas clínicas |
O ensino clínico pode entenderse como un proceso instrucional que ten lugar nun ambiente natural relacionado co exercicio dunha profesión, no que os estudantes observan e participan en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlles oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da mesma.
As prácticas clínicas serán realizadas en todos aqueles centros conveniados coa Facultade de Ciencias da Saúde que teñan relación co ámbito das persoas maiores.
A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria. En caso de que o/a alumno/a non poida acudir puntualmente algún día, segundo o calendario de prácticas establecido, deberá comunicalo tanto o centro conveniado como ó coordinador responsable da materia.
Permite adquirir as competencias específicas reverenciadas nesta materia.
|
Recensión bilbiográfica |
A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia.
Permite adquirir as competencias específicas reverenciadas nesta materia.
|
Mesa redonda |
Técnica de dinámica de grupos en que un grupo de especialistas nun tema, que teñen puntos de vista diverxentes ou contraditorios, levan a cabo unha discusión diante dun grupo coordinados por un moderador.
Permite adquirir as competencias específicas reverenciadas nesta materia. |
Actividades iniciais |
Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Estudo de casos |
Portafolios do alumno |
Prácticas clínicas |
Recensión bilbiográfica |
|
Descrición |
A atención personalizada farase, globalmente, mediante titorías personalizadas directas e virtuais, individuais e grupais. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Estudo de casos |
A7 A8 A9 A10 A12 A13 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 B6 B7 B9 B18 B23 B24 C1 C4 C6 |
Valorarase, ademais dos coñecementos adquiridos, a capacidade de expresión escrita do alumno (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), a integración de conceptos e a capacidade de resolución de problemas. |
20 |
Portafolios do alumno |
A6 A7 A8 A9 A10 A13 A14 A19 A20 A21 A24 A28 A31 B4 B6 B9 |
Valorarase, ademais dos coñecementos adquiridos, a capacidade de expresión escrita do alumno (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), a integración de conceptos e a capacidade de resolución de problemas. |
15 |
Prácticas clínicas |
A7 A8 A9 A10 A12 A13 A14 A15 A18 A19 A20 A21 A22 A31 B1 B9 B23 B24 B29 C1 C4 C6 |
Valorarase: a puntualidade, la asistencia, a responsabilidade, a iniciativa, o interese, a actitude ante as normas, a relación co usuario, a relación co equipo de profesionais, a integración e a aplicación de conceptos teóricos-prácticos adquiridos previamente, as destrezas e os coñecementos adquiridos.
As ausencias xustificadas ás prácticas clínicas deberán ser comunicadas previamente ó centro conveniado, así como ó coordinador da materia e ó coordinador do título mediante email.
|
60 |
Recensión bilbiográfica |
A7 A13 A20 A21 A24 A28 B5 B24 C1 C4 C6 |
Valorarase, ademais dos coñecementos adquiridos, a capacidade de expresión escrita do alumno (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), a integración de conceptos e a capacidade de resolución de problemas. |
5 |
|
Observacións avaliación |
O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 del Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honra (Graciable). Para aprobar a materia, o/a alumno/a debe participar activamente nas metodoloxías propostas, entregar todos os traballos e acadar unha nota global mínima de 5 e ter superadas polo menos a metodoloxía de Prácticas Clínicas e Estudo de Casos. Para iso, será necesario ter unha cualificación mínima de 3,5 puntos (sobre 6) na metodoloxía prácticas clínicas e unha cualificación mínima de 1 punto (sobre 2) na metodoloxía estudo de casos, e só se terán en conta para a cualificación final as notas das outras metodoloxías, se o/a alumno/a acada a dita puntuación nas mencionadas metodoloxías. En caso contrario, a nota da convocatoria corresponderá á da metodoloxía suspensa correspondente (nota obtida nas Prácticas clínicas ou Estudo de Caso). No caso de non superación da materia na primeira convocatoria, o/a estudante, deberá repetir a entrega de traballos e participar de novo nas metodoloxías propostas durante a segunda oportunidade (xullo). Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos/as estudantes de grao na Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno do 22/05/2012), cando un estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito preferente a elixir quenda se existen horarios diferentes na oferta de prácticas desta materia. |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
A
bibliografía de referencia dependerá das especificacións dos/as profesores/as
ou titores/as de prácticas.
Como
orientación xeral, recoméndase a consulta das fontes de
informaciónreferenciadas na materia “Terapia Ocupacional para a Autonomía
Persoal na persoas maiores”.
Asemade,
para a elaboración do portafolios do alumnado, recoméndase o emprego e
aplicación do Ciclo Reflexivo de Gibbs:
Gibbs,
G. (1988). Learning by Doing: A Guide to Teaching and LearningMethods.
Oxford: Oxford Further Education Unit
(https://hhs.hud.ac.uk/lqsu/Sessionsforall/supp/Gibbs%201988%20reflective%20cycle.pdf)
|
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Debido a situación actual do COVID-19, será preciso respetar o plan de seguridade ou continxencia de cada centro de prácticas. Non obstante, o alumnado deberá cursar de forma presencial, como mínimo, o 50% das horas. Así mesmo, para aprobar a materia, o estudantado terá que superar todas as metodoloxías docentes propostas. 1.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e
cumprir co obxectivo estratéxico 1 y 2 do" III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020", os traballos documentais que se realicen
nesta materia: a.- Na súa maioría se solicitarán en formato virtual e soporte
informático. b.- De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. 2.- A docente responsable resérvase a posibilidade de realizar
algún cambio na avaliación ou outros aspectos que serán notificados aos
estudantes coa suficiente antelación. 3.- Para a correcta planificación das Estadías Prácticas,
realizaranse, de forma previa ó comezo da materia (segundo o calendario
oficial), varias reunións de coordinación académica: -Actividades iniciais: Establecemento
de grupos de prácticas e elaboración de rotatorios: Reunión da coordinadora da
materia cos/as alumnos/as matriculados/as para a presentación dos recursos de
prácticas e organización dos grupos de estudantes. - Coordinación da docencia: Encontro entre a coordinadora da
materia e os/as profesores/as e titores/as terapeutas ocupacionais dos recursos
de prácticas, previo ó inicio e despois da finalización das mesmas. 4.- Normas mínimas: Os/as alumnos/as deberán cumprir unhas normas xerais básicas de
uniformidade, identificación persoal, puntualidade e respecto ós/ás
usuarios/as, profesionais e instalacións do recurso de prácticas. Ademais, deberanse respectar as pautas mínimas específicas que
cada centro estableza para o correcto desenvolvemento das estadías prácticas. 5.- A docente responsable da materia aplicará a
correspondente normativa da UDC ante a detección de calquera tentativa de
plaxio motivada por un/unha estudante da materia no desenvolvemento dos seus
traballos. Debido a la situación actual de COVID-19, será preciso respetar el plan de seguridad o contingencia de cada centro de prácticas. No obstante, el alumnado deberá cursar de forma presencial, como mínimo, el 50% de las horas. Asimismo, para aprobar la materia el estudiantado tendrá que superar todas las metodologías docentes propuestas. |
|