A materia Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico consta de 2 bloques:
• METODOLOXÍA DA INVESTIGACIÓN CUALITATIVA (2 ECTs): a cualificación deste bloque representará o 30% da nota final
• BIOESTATÍSTICA E METODOLOXÍA CUANTITATIVA (4 ECTs): a cualificación deste bloque representará o 70% da nota final.
As dúas partes da materia serán cualificadas de forma independente, obtendo en cada unha delas unha puntuación entre 0 e 10 puntos. Para superar a materia é necesario superar cada unha das partes individualmente, de acordo cos criterios establecidos polo/a profesor/a correspondente. No caso de que non se supere unha das dúas partes na 1ª oportunidade, a nota que figurará será a correspondente á parte suspensa, e para a 2ª oportunidade manterase aprobada a parte que se teña superada na 1ª oportunidade dentro da mesma convocatoria.
A cualificación final calcularase tendo presente o número de créditos de cada unha das partes da materia. Por tanto, a nota final será a media ponderada calculada coa fórmula:
Nota final = 0,3 * Nota Investigación Cualitativa + 0,7 * Nota Investigación Cuantitativa/ Bioestatística
Por limitacións da plataforma, o contido deste apartado é orientativo. Nos primeiros días de clase cada docente comentará como se realizará a avaliación da súa parte.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA AS UNIDADES DIDÁCTICAS DE BIOESTATÍSTICA E METODOLOXÍA DA INVESTIGACIÓN CUANTITATIVA
• Proba mixta: Realizarase unha proba escrita na data oficial do exame da materia. A proba constará de preguntas tipo test, preguntas de resposta breve e/ou exercicios de cálculo relacionados cos contidos teóricos, as lecturas propostas e os problemas expostos no desenvolvemento da materia. Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. O resultado desta proba representará o 50% da cualificación global desta parte da materia.
• Solución de problemas: Realizaranse probas de coñecemento e/ou boletíns de exercicios prácticos que se deben resolver de maneira individual ou en grupo mediante a aplicación dos coñecementos traballados, e cuxa entrega será puntuable nos casos nos que así se indique. Todos os traballos puntuaranse sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. A cualificación media destes traballos representará o 30% da cualificación global desta parte da materia.
• Prácticas a través de TICs: Realizarase unha proba individual na que se desenvolverán supostos prácticos mediante o uso de programas estatísticos-epidemiolóxicos. Esta proba puntuarase de 0 a 10 puntos, representando o 20% da cualificación desta parte da asignatura.
A cualificación final desta parte da materia calcularase de acordo coas porcentaxes anteriores. A puntuación mínima para superar esta parte da materia será de 5 puntos, sendo imprescindible conseguir un 3 na proba escrita para facer media cos outros compoñentes da avaliación deste bloque.
A metodoloxía de avaliación descrita é obrigatoria para as/os alumnas/os de primeira matrícula tanto en primeira como en segunda oportunidade. En caso de non realizar algunha das actividades de avaliación continua (solución de problemas e prácticas a través de TICs), estas serán cualificadas con 0 puntos á hora de obter a cualificación final segundo as porcentaxes anteriores.
2ª convocatoria e posteriores. Matrícula parcial e dispensa académica de asistencia: As/ os alumnas/os de segunda convocatoria ou posteriores, matrícula parcial ou dispensa de asistencia deberán poñerse en contacto coa profesora desta parte da materia ao comezo do curso e optar por un dos seguintes sistemas de avaliación: i) o sistema de avaliación establecido para primeira matrícula, ii) superar a materia únicamente mediante a avaliación na proba obxectiva, que representará o 100% da nota final desta parte da materia.
Oportunidade adiantada: a avaliación realizarase mediante unha proba obxectiva que se puntuará de 0 a 10 puntos, debendo obter un 5 para superar este bloque da materia.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA AS UNIDADES DIDÁCTICAS DE METODOLOXÍA DA INVESTIGACIÓN CUALITATIVA
• Aprendizaxe colaborativa: A nota representará 80 % da calificación global desta parte da materia.
• Proba Mixta: A nota total representará 20% da calificación global desta parte da materia.
A cualificación final desta parte da materia calcularase de acordo coas porcentaxes anteriores. A puntuación mínima para superar esta parte da materia será de 5 puntos, sendo imprescindible conseguir un 5 na aprendizaxe colaborativa e un 4 na proba mixta.
Segunda oportunidade (e sucesivas), oportunidade adiantada: Utilizaranse as mesmas metodoloxías e o mesmo proceso será que na 1º oportunidade.
Matricula a tempo parcial: Utilizaranse as mesmas metodoloxías e o mesmo proceso que para o estudantado con matricula a tempo completo.
MATRÍCULA DE HONRA: Se outorgará ás puntuacións máis elevadas superiores a 9 unha vez ponderadas as dúas partes da materia. As docentes da materia poderán considerar criterios adicionais en caso de igualdade de condicións e habendo máis aspirantes que matrículas.
NON PRESENTADO: A cualificación de Non Presentado corresponderá ao/á estudante que non realizase ningunha das probas obxectivas vinculadas á avaliación dos dous bloques dos que consta a materia.
FRAUDE: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
SICUE, ERASMUS e BILATERAL: O alumnado nesta situación deberá poñerse en contacto coas docentes ao comezo das distintas partes da materia. Deberán realizar a avaliación continua no tempo e forma que se lles solicite para ser avaliados. O sistema de avaliación é igual ao descrito en matrícula ordinaria.
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir o obxectivo estratéxico 9 do "I Plan de Sustentabilidade Medio-Ambiental do Green Campus ", os traballos que se realicen nesta materia solicitaranse en formato virtual e soporte informático. De realizarse en papel:
a.-Non se empregarán plásticos.
b.- Realizaranse impresións a dobre cara.
c.- Empregarase papel reciclado.
d.- Evitarase a impresión de borradores, moi especialmente en cor.