Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Comprender os principios do turismo: a súa dimensión espacial, social, cultural, política, laboral e económica. |
A2 |
Analizar a dimensión económica do turismo. |
A3 |
Comprender o carácter dinámico e evolutivo do turismo e da nova sociedade do lecer. |
A4 |
Coñecer as principais estruturas político-administrativas turísticas. |
A5 |
Converter un problema empírico nun obxecto de investigación e elaborar conclusións. |
A6 |
Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente. |
A7 |
Recoñecer os principais axentes turísticos. |
A8 |
Avaliar os potenciais turísticos e a análise prospectivo da súa explotación. |
A9 |
Analizar, sintetizar e resumir criticamente a información económico-patrimonial das organizacións turísticas. |
A13 |
Manexar técnicas de comunicación. |
A18 |
Identificar e xestionar espazos e destinos turísticos. |
A19 |
Xestionar o territorio turístico de acordo cos principios de sustentabilidade. |
A27 |
Comprender o funcionamento dos destinos, estruturas turísticas e os seus sectores empresariais no ámbito mundial. |
A30 |
Coñecer as principais iniciativas de posta en valor do patrimonio cultural. |
A31 |
Comprender as características da xestión do patrimonio cultural. |
A32 |
Detectar necesidades de planificación técnica de infraestruturas e instalacións turísticas. |
A33 |
Creatividade. |
A34 |
Iniciativa e espírito emprendedor. |
A35 |
Motivación por calidade. |
B1 |
Capacidade de análise e síntese. |
B2 |
Comunicación oral e escrita en lingua nativa. |
B3 |
Resolución de problemas. |
B4 |
Razoamento crítico. |
B5 |
Compromiso ético. |
B6 |
Aprendizaxe autónoma. |
B7 |
Adaptación a novas situacións. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprender o funcionamento dos destinos, estruturas turísticas e os seus sectores empresariais no ámbito mundial. |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A13 A18 A19 A27 A30 A31 A32 A34 A35
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Identificar e xestionar espacios e destinos turísticos |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A13 A18 A19 A27 A30 A31 A32 A33 A34 A35
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Avaliar os potenciais turísticos e análise propspectiva da súa evolución |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A13 A18 A19 A27 A30 A31 A32 A33 A34 A35
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Geografía y Turismo
|
Introdución
Turismo e territorio: a paisaxe
Os movementos da Terra
O clima |
2. O Turismo na Escala Mundial |
Centros emisores
Centros receptores
Fluxos
Impactos Medioambientais
Prospectiva |
3. Contexto histórico
|
Sistemas de información turística
Os gustos e costumes
Infraestruturas para o turismo
Centros turísticos tradicionais |
4. Europa:
|
Características xeográficas
Características turísticas
Europa do Norte
Europa Occidental
Europa Central / Oriental
Europa Meridional / Mediterránea |
5. América |
Características xeográficas
Características Turísticas
América do Norte
América Central
América do Sur
Caribe |
8. Oriente Medio |
Características xeográficas
Características Turísticas |
6. Asia - Pacífico |
Características xeográficas
Características Turísticas
Nordeste Asiático
Sueeste Asiático
Asia Meridional
Oceanía |
7. África |
Características xeográficas
Características Turísticas
África do Norte
África Subsahariana |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Presentación oral |
A5 A8 A9 A13 A18 A33 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 |
6 |
22 |
28 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A19 A27 A30 A32 A34 A35 |
19 |
21 |
40 |
Seminario |
A5 A7 A9 A13 A27 A31 B1 B6 B7 |
8 |
10 |
18 |
Análise de fontes documentais |
A5 A8 A9 A18 A19 A27 A33 A34 A35 B1 B3 B6 |
7 |
29 |
36 |
Proba obxectiva |
A1 A2 A3 A5 A7 A8 A9 A13 A27 A30 A31 A33 B1 B2 B3 B4 B5 C4 C5 C6 C7 C8 |
2 |
22 |
24 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Presentación oral |
Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia |
Seminario |
Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Proba obxectiva |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.
A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
Proba obxectiva |
Seminario |
Análise de fontes documentais |
|
Descrición |
A profesora estará dispoñible co fin de ofrecer a orientación necesaria para asegurar a calidade do traballo do alumnado, de acordo con os criterios que se indicarán
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
A5 A8 A9 A13 A18 A33 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 |
Ao longo do curso realizaranse diferentes actividades interactivas, exercicios e/o traballos, incluíndo un traballo final sobre un destino concreto, onde se analizará a súa realidade xeográfica e turística.
As intervencións orais realizadas durante o curso, incluíndo a presentación oral dos traballos serán avaliadas, supoñendo un 20% da avaliación final. No caso do traballo final, a presentación oral será obrigatoria |
20 |
Proba obxectiva |
A1 A2 A3 A5 A7 A8 A9 A13 A27 A30 A31 A33 B1 B2 B3 B4 B5 C4 C5 C6 C7 C8 |
Nas datas marcadas para a a realización de exames realizarase unha proba obxectiva co fin de valorar os coñecementos adquiridos no curso.
As preguntas poderán ser unha ou a combinación de varias destas posibilidades: resposta breve, de redacción, probas de mapas ou calquera tipo de test.
Unha vez aprobada, computará un 40% da avaliación final. |
40 |
Análise de fontes documentais |
A5 A8 A9 A18 A19 A27 A33 A34 A35 B1 B3 B6 |
Ao longo do curso realizaranse diferentes exercicios e/o traballos, relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a mellor comprensión de conceptos e retención da materia de estudo. Ademais, haberá que entregar un traballo final sobre un destino concreto, onde se analizará a súa realidade xeográfica e turística. No seu conxunto, as actividades realizadas durante o curso supoñerán un 40% da avaliación final. |
40 |
|
Observacións avaliación |
A cualificación final derívase de dous partes: Avaliación Continua ou traballo realizado durante o curso (Análise de fontes documentais e presentación oral) e Proba Obxectiva. É necesario obter polo menos un cinco (5) sobre dez (10) en cada unha das 2 partes descritas anteriormente para aprobar a materia e que se proceda ao cálculo da cualificación final en base ás porcentaxes propostas. No caso de suspender unha das partes a materia quedará suspensa e indicarase como cualificación final a cualificación obtida na parte que non fose aprobada, xa sexa de Avaliación Continua ou Proba Obxectiva. Cualificación de Non Presentado: O alumnado que non se presente á Proba Obxectiva (independentemente da oportunidade de que se trate), será cualificado cun "NP" (Non Presentado), aínda no caso de realizar, presentado e exposto traballos ou outras actividades que computen na avaliación. Segunda Oportunidade: A avaliación será igual na primeira e na segunda oportunidade. A recuperación da Presentación oral realizarase o día previsto para a proba obxectiva. No caso de superar algunha das partes avaliables en primeira oportunidade, a cualificación será gardada para a segunda oportunidade. A convocatoria adiantada: A proba obxectiva supoñerá o 100% da cualificación. Alumnado con dispensa académica: O alumnado con dispensa académica de exención de asistencia, concedida oficialmente pola UDC segundo a súa normativa, poderá facer os traballos obrigatorios en formato non presencial, e facelos chegar ao profesor para á súa avaliación. No caso de que non puidesen realizar presentacións orais durante o curso, realizarase unha Proba oral o día previsto para a Proba obxectiva. Implicacións da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou calquera actividade avaliable, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: a/o estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Atención á diversidade: a materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre académico, cos servizos dispoñibles na UDC, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/adi/apoioalumnado/) ou, na súa falta, coa Titora ADI da Facultade de Turismo. Perspectiva de Xénero: Segundo recóllese nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autoras/é de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnas e alumnos...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitude sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e propoñeranse accións e medidas para corrixilas.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
VERA REBOLLO, J. F.; LÓPEZ PALOMEQUE, F.; MARCHENA, M. y ANTÓN, S. (2011). Análisis territorial del turismo y planificación de destinos turísticos. Valencia, Tirant lo Blanch
ALONSO FERNANDEZ y otros (2011). Geografía de los recursos turísticos.. CEURA, Ramón Areces
ALONSO FERNÁNDEZ, J. (2008). Geografía de los recursos y actividades turísticas.. Madrid, Centro de Estudios Ramón Areces.
Alain Mespelier y Pierre Bloc - Duraffour (2000). Geografía del turismo en el mundo. Madrid, Síntesis
BARRADO, D.A. y CALBUIG, J. (2001). Geografía mundial del turismo. Madrid, Síntesis
ALONSO FERNANDEZ, J., PARDO ABAD,C.J. E.M. (2009). GEOGRAFIA TURISTICA MUNDIAL. Madrid, Centro de Estudios Ramón Areces
ALONSO FERNÁNDEZ, J (2008). Geografía turística: Europa y resto del mundo. Madrid, Centro de Estudios Ramón Areces
CAMINO PONS, V., MARTÍNEZ EDO, X. y SÁNCHEZ RUIZ, F. (2003). Manual de geografía turística de Europa.. Madrid, Ed. Universitaria Ramón Areces
MARTIN-RODA, E.M. y NIETO CODIMA, A. (2018). Territorio y Turismo Mundial: análisis geográfico.. Madrid, CEURA Y UNED
UNWTO (). www.unwto.org. |
Guías Turísticas: Michelín, Lonely Planet, El Pais Aguilar, Anaya, Trotamundos, etc IN ENGLISH BONIFACE, B. COOPER, C. & COOPER, R. (2021) Worldwide destinations. The geography of travel and tourism. Routledge. Book. LEWW, A., TIMOTHY, D. & HALL, C.M. (2023) World regional geography: human mobilities, tourism destinations, sustainable environments. Kendall Hunt Publishing Company. Book. ROWNTREE et al. (2017) Diversity amid globalization: world regions, environment, development. Pearson. Book World Toruism Organization www.unwto.org
|
Bibliografía complementaria
|
DE LA CALLE, M. (2002). La ciudad histórica como destino turístico. Barcelona, Ariel Turismo
GONZÁLEZ REVERTÉ, F. y ANTÓN CLAVÉ, S. (2010). A propósito del Turismo. Barcelona, UOC
VERA REBOLLO, F. y OTROS (1997). Análisis territorial del Turismo. Barcelona, Ariel
Callizo Soneiro, Javier (1991). Aproximación a Geografía del Turismo. Madrid, Síntesis
DURAND, M; COPINSCHI, PH; MARTIN, M; PLACIDI, D. (2008). Atlas De la globalización. Comprender el espacio mundial contemporáneo.. Universidad de Valencia
MARTI?NEZ, B. y ROJO, R. (2019). Destinos Turi?sticos. Madrid, Paraninfo
DAILEY, DONNA (2009). EL ATLAS DEL VIAJERO. AMÉRICA DEL NORTE . Editorial : EVERGREEN
GERRARD, MIKE (2009). EL ATLAS DEL VIAJERO. EUROPA. Editorial : EVERGREEN
GARRIDO-CUMBRERA M.; DIAZ-CUEVAS P.; BRAÇE, O. (2016). El Turismo en el Mundo Actual. Desafíos de la globalización. Sevilla, Iris-Copy
AZCÁRATE, M.V. y SÁNCHEZ, J. (2013). Geografía de Europa. Madrid, UNED
LÓPEZ PALOMEQUE, F. y PLAZA GUTIÉRREZ, J.I. (eds. y coords.) (2019). Geografía de Europa. Estructuras, Procesos y Dinámicas territoriales. Valencia, Tirant lo Blanch
DÍAZ ÁLVAREZ, José Ramón (1999). Geografía del Turismo. Madrid, Síntesis
NEWSOME, D. y KINGSTON DOWLING, R. (2010). Global Geotourism Perspectives. Goodfellow Publishers Limited
AZCÁRATE LUXÁN, B; AZCÁRATE LUXÁN, V; SÁCHEZ SANCHEZ, J. (2008). Grandes espacios geográficos subdesarrollo y países emergentes. . Madrid, UNED
AZCÁRATE, B., AZCÁRATE M.V. y SÁNCHEZ, J. (2016). Grandes regiones de la Tierra. Naturaleza y sociedades.. Madrid, UNED
CRESPI, M. y PLANELLS, M. (2014). Los principales destinos turi?sticos en Espan?a y en el mundo. Madrid, Síntesis
GONZÁLEZ REVERTÉ, F. y ANTÓN CLAVÉ, S. (2012). Planificación territorial del turismo. Barcelona, UOC
Cohen, E. . (2005). Principales tendencias en el turismo contemporáneo. Política y Sociedad, 42(1), 11.
GOMEZ MARTIN, B. y LOPEZ PALOMEQUE, F. (2002). Regionalizacio?n turi?stica del mundo. Universidad de Barcelona
LÓPEZ PALOMEQUE, F.; Cànoves Valiente, G. (Eds.) (2014). Turismo y territorio. Innovación, renovación y desafíos. Valencia, Tirant lo Blanch
HAMMITT, W. COLE, D.N. & MONZ, C.A. (2015). Wildland Recreation. Ecology and Management. John Wiley & Sons.
LEW A.A.; HALL C.M.; TIMOTHY D. J. (2008). World Geography of Travel and Tourism. A regional approach. Elsevier
JOHNSON, D.L., HAARMANN, V. & JOHNSON, M.L. (2021). World Regional Geography. A Development Approach, 11th edition. Pearson
BONIFACE, B. & COOPER, C. (2021). Worldwide destinations. The geography of travel and tourism. Routledge |
IN ENGLISH
BARR, S. et al. (2018) Geographies of transport and mobility. Prospects and challenges in an Age of Climate Change. Routledge. Book. HALL, C. M. & PAGE, S.J. (2014) The geography of Tourism and recreation. Environment, place and space. Routledge. Book. HAMMITT, W. COLE, D.N. & MONZ, C.A.(2015) Wildland Recreation. Ecology and Management. John Wiley & Sons. Book JOHNSON, D.L., HAARMANN, V. & JOHNSON, M.L. (2021) World Regional Geography. A Development Approach, 11th edition. Pearson. Book. LEW A.A.; HALL C.M.; TIMOTHY D. J. (2008): World Geography of Travel and Tourism. A regional approach. Elsevier, Oxford. Book. MARSTON, S.A. et al (2017) World regions in global context: peoples, places and environments. Pearson. Book. NELSON, V. (2021) An introduction to the geography of tourism. Rowman & Littlefield NEWSOME, D. y KINGSTON DOWLING, R (2010) Global geotourism perspectives. Goodfellow publishers limited. Book. NIJMAN, J., SHIN, M. & O. MULLER, P. (2020) Geography. Realms, regions and concepts. John Willey and Son. Book. PIRIOU, J. (2019) The tourist region: a co-construction of tourism stakeholder. Wiley-ISTE. Book. ROWNTREE, L. et al. (2016) Globalization and diversity: geography of a changing world. Pearson. Book. SAARINEN, J. & WALL-REINIUS, S. (Eds.) (2021) Tourism enclaves. Geographies of exclusive spaces in tourism. Routledge. Book SHACKLEY, M. (2006) Atlas of travel and tourism development. Routledge. Book. SHAW, G. & WILLIAMS, A.M. (2004) Tourism and Tourism Spaces. Pearson. Book. WILLIAMS, S. & LEW, A.A. (2015) Tourism geography. Critical understandings of place, space and experience. Routledge. Book WILLIAMS S. (2016) Tourism geography. A new synthesis. Routledge. Book
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Introdución ao Turismo/662G01009 |
|
Materias que continúan o temario |
Intermediación turística e transporte I/662G01013 | Recursos Territoriais Turísticos/662G01018 | Itinerarios Turísticos do Mundo e Información Turística/662G01044 |
|
|