Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Idioma Moderno: Inglés Código 662G01006d
Titulación
Grao en Turismo (a distancia)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Montoya Reyes, Ana
Correo electrónico
ana.montoya@col.udc.es
Profesorado
Montoya Reyes, Ana
Moss , Sarah Louise
Correo electrónico
ana.montoya@col.udc.es
sarah.moss@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia está incluída no ensino de idiomas con fins específicos. Os obxectivos son varios: potenciar a comprensión auditiva, a expresión oral, a comprensión lectora e a expresión escrita na lingua inglesa empregando diversos materiais relacionados co campo do turismo. Inclúe unha introdución á terminoloxía da industria turística, que abarca múltiples campos semánticos como a estrutura do sector turístico, empresas turísticas, historia, arte, patrimonio, gastronomía, comunicación e promoción.

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente.
A13 Manexar técnicas de comunicación.
A15 Traballar en inglés como lingua estranxeira.
A29 Traballar en medios socioculturais diferentes.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender textos escritos e orais en lingua inglesa de diversas fontes e específicos do ámbito turístico. A6
A13
A15
A29
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Dominar o vocabulario necesario e as estruturas gramaticais necesarias para poder expresarse correctamente en inglés, tanto por escrito como por vía oral, en contextos específicos do turismo A13
A15
A29
B1
B3
B4
B6
B7
C2
C3
C4
C6
C7
Expresar información en inglés, tanto por escrito como oral, sobre cuestións específicas de turismo, empregando o vocabulario e as estruturas gramaticais necesarias estudadas anteriormente A13
A15
A29
B1
B3
B4
B6
B7
C2
C3
C4
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
An introduction to the language of Tourism Reasons for travel over the centuries and in contemporary society
Types of travel and tourist
The structure of the tourism industry - chain of distribution/supply services, etc.
Describing trends in Tourism (numbers, graphs, statistics)
Working with visitors Providing information about attractions and amenities.
Giving directions and practical information.
Describing monuments /sites of interest (built and environmental heritage)
Guided tours - working as a guide
Gastronomy Food and wine tourism
Describing dishes / menus to visitors
Gastronomy in Galicia
The persuasive language of tourism Writing and talking about a destination; the use of specific language (adjectives, verbs, collocations, etc.).

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A13 A15 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C6 C7 22 52 74
Proba mixta A6 A13 A15 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 2 22 24
Proba oral A13 A15 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C6 C7 2 15 17
Lecturas A13 A15 B1 B3 B4 B6 C2 C4 C7 0 20 20
Análise de fontes documentais A13 A15 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C6 C7 0 13 13
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Clases prácticas nas que o alumnado traballará en clase co material necesario e recibirá a información precisa para o desenvolvemento das súas habilidades de comunicación, tanto a nivel escrito como oral.

Modalidade online: o contido facilitarase a través da plataforma Moodle e realizaranse sesións prácticas a través de Teams, que serán gravadas para facilitar a súa posterior visualización.
Proba mixta Proba que se realizará ao final do cuadrimestre para avaliar a expresión escrita e a comprensión lectora do alumno ademais do seu dominio de gramática, sintaxe e campos semánticos especializados.

Modalidade online: Os estudantes do modo en liña realizarán unha proba obxectiva coas mesmas características.
Proba oral Diferentes actividades orais improvisadas e guiadas (discusións sobre artigos, diálogos guiados ...) que se realizarán ao longo do cuadrimestre para avaliar as habilidades de comunicación oral do alumno, mellorar a fluidez e a expresión espontánea.
Modalidade online: sesións orais a través de Teams.
Lecturas Lectura de artigos relacionados co sector turístico para discusión e debate na clase.


Modalidade online: as dúbidas que xurdan en relación a estas actividades resolveranse mediante titorías en liña (Teams) e no foro de Moodle
Análise de fontes documentais Exercicios con material audio ou audiovisual.

Modalidade online: as dúbidas que xurdan en relación con estas actividades resolveranse a través de titorías en liña (Teams) e no foro de Moodle

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Proba mixta
Proba oral
Obradoiro
Descrición
Tanto os obradoiros como as diversas exposicións orais e exercicios escritos implican atención personalizada. Ademais, o alumno pode plantexar as súas dúbidas durante as horas de titoría, a través do correo electrónico, Teams, ou o foro da plataforma do Campus Virtual, seguindo as instrucións proporcionadas pola docente.



Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A6 A13 A15 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Exame final escrito que consistirá en calquera combinación das seguintes tarefas:

Exercicios de vocabulario; comprensión lectora; tradución, descricións de gráficas e tendencias na industria turística; redacción; resumo.
60
Proba oral A13 A15 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C6 C7 Parte 1:

Exposición oral do tema de gastronomía visto na clase (5%)

Parte 2:
Exposición dunha ruta pola cidade da Coruña e explicación dos seus principais monumentos, lugares de interese, historia e patrimonio natural e construído, etc. (5%)

10
Obradoiro A13 A15 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C6 C7 Tarefas obxecto de avaliación continua:

Calquera combinación das seguintes tarefas escritas (15%):
Lecturas e exercicios de comprensión lectora; resumos; descricións de tendencias na industria turística e gráficas; descricións de destinos e/ ou atractivos turísticos; exercicios de Use of English.

Calquera combinación das seguintes tarefas orais (15%):
Descrición de gráficas / tendencias na industria turística/
Descrición de pratos típicos, preguntas sobre gastronomía, festivais e feiras gastronómicas.
Descrición dun destino turístico e os seus monumentos.
Comentario sobre a industria turística e a súa estrutura
30
 
Observacións avaliación

Todosos/as estudantes deberán participar obrigatoria e activamente nas clasespresenciais, xa que se conciben como un recurso co que fomentar a súaimplicación na adquisición e asimilación dos contidos.

1ª OPORTUNIDADE

Os/as estudantes DEBEN aprobar (50%) todas as seccións de avaliación (proba obxectiva, obradoiro e a proba oral) para superar a materia. En caso de non superarse algunha das partes da avaliación, e aínda que a suma final das partes sexa maior de 5, a cualificación final da materia non será en ningún caso superior a un 4,5 sobre 10.

DISPENSA ACADÉMICA

O/A alumno/a que teña dispensa académica recoñecida será evaluado/a seguindo as mesmas indicaciones que figuran no apartado da primeira oportunidade. O/A alumno/a terá que poñerse en contacto co/coa profesor/a tan pronto como teña concedida a dispensa.

2ª OPORTUNIDADE

O mesmo método de avaliación aplícase para a segunda oportunidade. Polo tanto, os/as estudantes deberán recuperar aqueles apartados da materia nos que non obtivesen unha cualificación de aprobado ou aos que non se presentaron.

Isto será válido SO para as dúas oportunidades correspondentes ao presente ano académico.

Os/as alumnos da oportunidade adiantada terán que realizar un exame escrito (60%) e unha proba oral (40%).

CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO

Só se obterá cualificación de NON PRESENTADO/A se non se participou en ningunha das actividades e tarefas que constitúen a avaliación da materia.

Implicacións
da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación:
 a
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria
en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a
estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Atención á
diversidade:
 a
materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas
encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de
aprendizaxe ou relacioada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar,
nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre
académico, cos servizos dispoñíbeis na UDC, coa Unidade de Atención á
Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);
no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo.

Perspectivade Xénero: Segundo se recolle nas distintas normativas de
aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectivade
xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de
autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos
e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores
derespecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por
razón de xénero e proporanse accións e medidas para correxilas.


Fontes de información
Bibliografía básica Collin, P.H. (1996). Dictionary of hotels, tourism and catering management. Middlesex: Peter Colling Publishing
P. Strutt (2013). English for International Tourism. Intermediate (Coursebook). Harlow. Pearson
P. Strutt (2013). English for International Tourism. Upper Intermediate (Coursebook). Harlow. Pearson
P. Strutt (2013). English for International Tourism. Upper Intermediate (Workbook). Harlow. Pearson
R. Varela (2002). English in the Tourism Industry.. Madrid. Editorial Universitaria Ramón Areces
Fussell, Paul (ed.) (1987). The Norton book of travel. New York. Norton
Maczak, Antoni (1995). Travel in early modern Europe. Cambdridge. Polity Press

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Primeiro Idioma Moderno I: Inglés/662G01015
Primeiro Idioma Moderno II: Inglés/662G01028
Inglés no Contorno Profesional/662G01045

Observacións

Os estudantes DEBEN aprobar (50%) todas e cada unha das seccións de avaliación (proba obxectiva (60% da nota), obradoiro (30% da nota) e as dúas seccións da proba oral (10% da nota) para superar a materia tanto na primeira como na segunda oportunidade. 

Segunda oportunidade: Na segunda oportunidade os alumnos serán avaliados do seguinte xeito: 60% exame escrito, 30% exame oral e 10% traballos de avaliación continua dos temas do curso. Se os alumnos superaron algunha destas partes, ben sexa o exame escrito, os traballos do curso ou a parte oral na primeira oportunidade, as súas notas manteranse na segunda oportunidade. 

Os estudantes deberán recuperar aqueles apartados da materia nos que non obtivesen unha cualificación de aprobado ou aqueles aos que non se presentaron. 

Isto é válido  para as dúas oportunidades correspondentes ao presente curso académico.

Só se obterá a cualificación de NON PRESENTADO se non se participou en ningunha das actividades e tarefas que constitúen a avaliación da materia. 

 No caso da convocatoria adiantada, os estudantes deben realizar un exame escrito (60%) e unha proba oral (40%).

Honradez académica

Lembrase ao alumnado que o uso de calquera axuda ou dispositivo no exame final está totalmente prohibida, e no caso de utilizar calquera soporte no permitido quedará automaticamente suspenso, independentemente da nota do exame e outras probas. Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido no artigo 14 das "Normas de avaliación, revisión e reclamación dás cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario”.

Atención á diversidade

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo no seguinte enderezo electrónico: sarah.moss@udc.es

Regulamento disciplinar do estudantado da UDC Artigo 11, apartado 4 b)

Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Perspectiva de xénero

-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

*Os obxectivos de aprendizaxe deste módulo enmárcanse nun nivel B2 dentro da escala descrita no Marco común europeo de referencia para as linguas. 

Recoméndaselles aos estudantes que esta materia está enfocada a ensinar inglés con fins específicos e, polo tanto, NON é un curso de inglés xeral. 
Por outra banda, os estudantes tamén deben lembrar que estudar unha lingua require perseveranza e continuidade ao longo do tempo.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías