Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Informática de Xestión e do coñecemento Código 662G01008d
Titulación
Grao en Turismo (a distancia)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Ramos Montes, Oscar
Correo electrónico
oscar.ramos@udc.es
Profesorado
Ramos Montes, Oscar
Correo electrónico
oscar.ramos@udc.es
Web
Descrición xeral A finalidade desta materia é adquirir as competencias xenéricas en Tecnoloxías da Información e a Comunicación para traballar e estudar en rede. Así mesmo, poranse en práctica estratexias de aprendizaxe, de traballo e de estudo nunha contorna virtual a partir da adquisición dunha serie de habilidades co uso das TIC.

Competencias do título
Código Competencias do título
A12 Dirixir e xestionar (management) os distintos tipos de entidades turísticas.
A13 Manexar técnicas de comunicación.
A20 Coñecer o procedemento operativo do ámbito de aloxamento.
A24 Utilizar e analizar as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) nos distintos ámbitos do sector turístico.
A32 Detectar necesidades de planificación técnica de infraestruturas e instalacións turísticas.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os aspectos teóricos da informática básica. A12
A13
A20
A24
A32
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Adquirir habilidades de elaboración e estructuración da información dixital multimedia. A12
A13
A20
A24
A32
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Adquirir habilidades de análises, tratamento e interpretación da información dixital. A12
A13
A20
A24
A32
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Adquirir habilidades de traballo en equipo en contornas virtuais. A12
A13
A20
A24
A32
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Integrar a planificación e a organización como habilidades de estudo e traballo colaborativo na contorna virtual da UDC. A12
A13
A20
A24
A32
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Módulo I. Fundamentos da informática. A. Codificación da información.
B. Hardware.
C. Software.
D. Redes de computadores: Internet.
Módulo II. Competencias Tecnolóxicas: Edición de texto A. Edición de texto: aspectos avanzados.
- Estilos.
- Seccións.
- Encabezados e pés de páxina.
- Notas ao pé, citas e bibliografía.
- Táboas de contido.
- Índices.
- Comentarios ao documento.
- Seguimento, cambios e comparar documentos.
B. Proceso e deseño de presentacións eficaces.
Módulo III. Competencias Tecnolóxicas: Edición de imaxe - Imaxe dixital: características e tipos.
- Toma fotográfica: conceptos básicos.
- Imaxe na web 2.0: dereitos de autor.
- Ferramentas de edición de imaxe.
Módulo IV. Competencias Tecnolóxicas: Edición de vídeo - Vídeo dixital: características e formatos.
- Ferramentas de edición de vídeo
Módulo V. Competencias Tecnolóxicas: Edición de audio - Audio dixital: características e formatos.
- Ferramentas de edición de audio
- Podcast

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 18 30 48
Traballos tutelados A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 4 40 44
Proba práctica A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 1 40 41
Proba obxectiva A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 1 15 16
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións expositivas nas que o profesor fará unha introdución dos distintos temas dos que consta o programa, amosando os aspectos máis relevantes que o alumnado debe ter en conta coa finalidade de preparar as probas práctica e obxectiva.
Traballos tutelados Ao longo do cuadrimestre o alumnado deberá facer unha serie traballos vinculados ás diferentes competencias tecnolóxicas incluidas no temario.
Aínda que estes traballos deberán ser desenvolvidos mediante o traballo autónomo do alumnado, o profesor dará nas sesións en liña as explicacións oportunas dos obxectivos e criterios de avaliación e, así mesmo, proporcionará a pertinente atención personalizada.
Proba práctica Ao remate do cuadrimestre o alumnado terá que realizar unha proba práctica na que se avaliarán os módulos correspondentes á parte de competencias tecnolóxicas.
Esta proba consistirá en resolver diferentes exercicios usando as aplicacións informáticas axeitadas en cada caso.
Proba obxectiva Ao remate do cuadrimestre o alumnado terá que realizar unha proba obxectica dos contidos teóricos da materia incluidos no módulo Fundamentos da informática.
Esta proba pode combinar distintos tipos de preguntas: resposta múltiple, verdadeiro/falso e resposta breve.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbense como momentos de traballo presencial co profesor, polo que implican unha participación obrigatoria para o alumnado.

A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia terá a posibilidade de contactar co profesor usando os métodos en liña habituais: Moodle, correo electrónico e Microsoft Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Exame teórico sobre os contidos do módulo de Fundamentos da Informática no que poderán combinarse distintos tipos de preguntas: resposta múltiple, verdadeiro/falso e resposta breve. 30
Traballos tutelados A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliación dunha serie de tres traballos relacionados cos contidos prácticos da materia.
As instrucións e os criterios de avaliación estarán a disposición do alumnado no campus virtual.

Ponderación dos traballos tutelados:
- Procesador de textos: Word (25%)
- Edición imaxe (25%)
- Edición vídeo (25%)
- Edición de audio (25%)

Os traballos non realizadas teranse que repetir na segunda oportunidade, independentemente da media obtida.
40
Proba práctica A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A parte práctica da materia será avaliada mediante a realización dun exame final, integrado por exercicios dos módulos adicados ás competencias tecnolóxicas (Word, edición de imaxe, edición de vídeo e edición de audio).
30
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade

A cualificación final da materia obterase da ponderación das 3 partes xa mentadas: traballos tutelados (40%), proba práctica (30%), proba obxectiva (30%).

Aquela parte que teña unha cualificación inferior a 4 puntos deberán ser repetida na segunda oportunidade, independentemente da media obtida (de darse esta situación, e se a media é superior a 5, a cualificación final constará como 4,5).

Terán a cualificación de Non presentado os alumnos que non fagan os traballos tutelados e a proba obxectiva.

Segunda oportunidade

O alumno/a quedará liberado das partes xa superadas na primeira oportunidade, tan só terá que repetir as partes indicadas polo profesor no seu momento.

Terán a cualificación de Non presentado os alumnos/as que non fagan ningunha das partes pendentes.


Convocatoria adiantada

A avaliación na convocatoria adiantada consistirá nun exame teórico-práctico do temario da materia. O alumnado deberá poñerse en contacto co docente para acordar con exactitude os contidos e criterios da devandita proba.


Copia e/ou plaxio:

Implicaciones da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Artigo 14 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grado e mestrado da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica Prieto,A.; LLoris,A.; Torres, J.C. (). Introducción a la informática. McGraw-Hill Interamericana de España.

Recursos web:

Titoriais de Microsoft Word

Titoriais Photopea

Titoriais de Shotcut

Titoriais de Audacity

Deseño de materiais multimedia. Web 2.0

Bibliografía complementaria Mediaactive (). Aprender Word 2013 con 100 ejercicios prácticos. Ed. MARCOMBO
Beekman, G. (). Introduccion a la informática. Ed. Pearson Educación
Rigollet, Pierre (). Word 2013. Ed. ENI

Gil Castro,V.; Rosas Armenta,V.; Olmeda Quiroz, M. Fundamentos de las tecnologías de Información: viviendo en una sociedad tecnológica. Volumen I y Volumne II. Editorial/ISBN: Ed. Digital del Tecnológico de Monterrey.

Cobo Romaní, C.;Pardo Kuklinski, H. Planeta Web 2.0. Inteligencia colectiva o medios fast food. 2007. http://www.planetaweb2.net/

Recursos web:

Deseño de presentacións

Word avanzado

Guía para encadre fotográfico

Curso de Shotcut

Como facer un podcast


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Atención á diversidade:

"A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa tutora ADI da Facultade de Turismo".


Perspectiva de xénero: 

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (uso de linguaxe non sexista...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influir na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Tratarase de detectar situacións de discriminación por razón de xénero e de propor accións e medidas para corrixilas.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías