Identifying Data 2023/24
Subject (*) Statistics Code 662G01012
Study programme
Grao en Turismo
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Second Basic training 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Matemáticas
Coordinador
Molina Nieto, Victoria
E-mail
victoria.molina@udc.es
Lecturers
Molina Nieto, Victoria
E-mail
victoria.molina@udc.es
Web
General description Esta materia pretende proporcionar ao estudantado unha primeira visión, moi simple, respecto ás técnicas máis elementais para proceder á análise das series de datos. Á súa finalización o alumnado debe ser capaz de analizar a distribución dunha variable relacionada co sector turístico e de estudar as relacións entre dous ou máis variables.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Comprender os principios do turismo: a súa dimensión espacial, social, cultural, política, laboral e económica.
A2 Analizar a dimensión económica do turismo.
A5 Converter un problema empírico nun obxecto de investigación e elaborar conclusións.
A23 Analizar os impactos xerados polo turismo.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Buscar datos do sector turístico e utilizar ferramenta informática para a realización dos cálculos necesarios para analizar devandita información A5
B4
B6
B7
C3
C5
Elaborar e presentar un informe de resultados da análise da información A2
A23
B2
B3
B4
B5
C4
Familiarizarse coas técnicas e métodos estatísticos adecuados para a captación e tratamento da información dispoñible A1
B1
C1
C2
C3
C6
C7
C8

Contents
Topic Sub-topic
Tema 1. Elaboración de tablas de datos estatísticos

1.1 Datos estatísticos
1.2 Elaboración de tablas estatísticas unidimensionais
1.2.1 Tablas de distribucións de frecuencias con datos sen agrupar
1.2.2 Tablas de distribucións de frecuencias con datos agrupados
1.3 Representacións gráficas
Tema 2. Análise de datos estatísticos 2.1 Introdución
2.2 Medidas de posición de tendencia centrais e non centrais
2.3 Medidas de dispersión absolutas e relativas
2.4 Medidas de forma
2.5 Medidas de concentración
Tema 3. Números índices 3.1 Introdución
3.2 Números índices simples e complexos
3.3 Cambio de base e enlace de series
3.4 Índices de precios. Deflactación
Tema 4. Series temporais 4.1 Definición e representación gráfica
4.2 Componentes dunha serie de tempo
4.3 Análise da tendencia mediante o método das medias móviles
4.4 Análise das variacións estacionais mediante o método da razón á media móvil. Desestacionalización
4.5 Análise da evolución temporal dunha serie.
Tema 5. Distribucións bidimensionais 5.1 Tablas de correlación e continxencia
5.2 Distribucións marxinais
5.3 Distribucións condicionadas
5.4 Covariación
5.5 Correlación
Tema 6. Análise da regresión 6.1 Introdución
6.2 O axuste mínimo cuadrático ordinario
6.3 Propiedades do axuste
6.4 O coeficiente de determinación
6.5 O modelo múltiple

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A1 A2 A23 B1 B2 B5 C1 C2 C4 C5 C6 C7 C8 21 42 63
Multiple-choice questions A1 B5 B6 1 8 9
Supervised projects A5 B7 C3 8 30 38
Problem solving B3 B4 B7 0 10 10
Collaborative learning A5 B1 B2 B3 B4 B6 10 0 10
Objective test A1 A2 A23 B1 B2 C1 C2 C4 C5 C6 C7 C8 2 16 18
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición da materia teórica da asignatura por parte da profesora
Multiple-choice questions Proba tipo test con 10 preguntas con varias respostas posibles, soamente unha correcta
Supervised projects Traballo en grupo, a partir duns datos concretos, en soporte informático. Orientarase ao alumnado para a obtención dos datos e a realización dos cálculos.
Problem solving Formularanse problemas, relativos a cada tema, que o alumnado terá que resolver, e entregar, a partir dos coñecementos traballados na clase
Collaborative learning Exposición por parte do alumnado dos problemas propostos
Objective test Proba consistente en resolución de problemas como os vistos na clase.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Description
Formularanse as dúbidas e ideas para a realización do traballo de grupo

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Objective test A1 A2 A23 B1 B2 C1 C2 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliarase, a proba final, en canto a procedemento e resultados. Non se poderá aprobar a materia cunha nota inferior a 4 (sobre 10) 60
Supervised projects A5 B7 C3 Avaliarase o traballo do alumnado en canto a corrección de datos, formato adecuado, claridade e presentación. A nota pode ser diferente para cada integrante do grupo. 10
Problem solving B3 B4 B7 Avaliarase a entrega dos exercicios propostos ao longo do cuadrimestre 10
Multiple-choice questions A1 B5 B6 Avaliarase (sobre 10) sumando 1 punto por cada resposta correcta e restando medio punto por cada resposta incorrecta 10
Collaborative learning A5 B1 B2 B3 B4 B6 Avaliarase a exposición, en canto a contido e claridade, da resolución dos exercicios entregados. 10
 
Assessment comments
  • 1ª Oportunidade: A nota da materia será a suma ponderada das obtidas en cada metodoloxía de avaliación se se obtén un mínimo de 4 (sobre 10) na proba final. En caso contrario a nota será a mínima entre dicha suma e 4.
  • Alumnado con recoñecemento de dispensa académica de asistencia: Non se avaliará a metodoloxía aprendizaxe colaborativo. O traballo tutelado puntuará o dobre.
  • 2ª oportunidade ou adiantada: Non se avaliarán as metodoloxías solución de problemas e aprendizaxe colaborativa. A proba de resposta múltiple e os traballos tutelados puntuarán o dobre. O alumnado terá que repetir as metodoloxías non superadas na primeira oportunidade. A nota da materia será a suma ponderada das obtidas en cada metodoloxía de avaliación se se obtén un mínimo de 4 (sobre 10) na proba final. En caso contrario a nota será a mínima entre dicha suma e 4.
  • Cualificación de Non Presentado (NP): En todas as oportunidades o alumnado que non acuda ao exame final terá a cualificación de NON PRESENTADO
  • Implicaciones da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
  • Atención á diversidade: a materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, cos servizos disponíbeis na UDC, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo.





Sources of information
Basic

REY GRAÑA, C; RAMIL DÍAZ, M, 2007, Introducción a la Estadística Descriptiva, Ed. Netbiblo.

Complementary

PEÑA, D. e ROMO, J., 2003, Introducción a la Estadística para las Ciencias Sociales, Ed. McGraw-Hill.

CASAS, J.M.; DOMINGUEZ, J.; GARCÍA, C.; MARTOS, E.I.; RIVERA, L.F. y ZAMORA, A.I., 2010, Estadística para las Ciencias Sociales, Ed. Universitaria Ramón Areces.

CASAS, J.M.; GARCÍA, C.; RIVERA, L.F. e ZAMORA, A.I., 2006, Ejercicios de Estadística Descriptiva y Probabilidad, Ed. Pirámide.

URIEL, E. y MUÑIZ M., 1988, Estadística económica y empresarial, Ed. A. C.

MARTÍN-PLIEGO, F. J., 2007, Introducción a la Estadística económica y empresarial. Teoría y práctica, Ed. Thomson.

MARTÍN-GUZMÁN, P. e outros, 2006. Manual de Estadística descriptiva. Ed. Civitas


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments
  • Requírense coñecementos de matemáticas (álxebra e cálculo). É indispensable o uso da calculadora.   
  • Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.