Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Intermediación turística e transporte I Código 662G01013d
Titulación
Grao en Turismo (a distancia)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Rodríguez Pallas, Angel
Correo electrónico
angel.rodriguez.pallas@udc.es
Profesorado
Rodríguez Pallas, Angel
Correo electrónico
angel.rodriguez.pallas@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo da materia é describir, detallar e coñecer os elementos principais da xestión de intermediación e distribución dos produtos e servizos turísticos nas axencias de viaxes, físicas e virtuais, tendo en conta o espazo no que se desenvolven na actualidade, as infraestruturas, o marco legal, as novas tecnoloxías e os procedementos operativos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os principios do turismo: a súa dimensión espacial, social, cultural, política, laboral e económica.
A2 Analizar a dimensión económica do turismo
A3 Comprender o carácter dinámico e evolutivo do turismo e da nova sociedade do lecer.
A4 Coñecer as principais estruturas político-administrativas turísticas.
A5 Converter un problema empírico nun obxecto de investigación e elaborar conclusións.
A6 Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente.
A7 Recoñecer os principais axentes turísticos.
A11 Definir obxectivos, estratexias e políticas comerciais.
A12 Dirixir e xestionar (management) os distintos tipos de entidades turísticas.
A13 Manexar técnicas de comunicación.
A14 Comprender o marco legal que regula as actividades turísticas.
A18 Identificar e xestionar espazos e destinos turísticos.
A19 Xestionar o territorio turístico de acordo cos principios de sustentabilidade.
A22 Coñecementos a adquirir no ámbito dos procedementos operativos das empresas de intermediación.
A24 Utilizar e analizar as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) nos distintos ámbitos do sector turístico.
A26 Planificar e xestionar os recursos humanos das organizacións turísticas.
A27 Comprender o funcionamento dos destinos, estruturas turísticas e os seus sectores empresariais no ámbito mundial.
A32 Detectar necesidades de planificación técnica de infraestruturas e instalacións turísticas.
A33 Creatividade.
A34 Iniciativa e espírito emprendedor.
A35 Motivación por calidade.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Demostrar que se pode comunicar de maneira efectiva no seu idioma nativo tanto oralmente como por escrito. A3
A13
A24
A33
B2
B6
C1
C2
Entender a nova sociedade do lecer e o dinamismo e carácter evolutivo do turismo. A3
B2
B7
C1
Empregar e profundar no uso das tecnoloxías da información e comunicación no subsector da intermediación turística. A22
B7
C1
Comprender como se deseñan as políticas comerciais, estratexias e como se fixan obxectivos a alcanzar no subsector da intermediación turística A3
A5
A6
A7
A11
A13
A14
A18
A22
A24
A32
A33
A34
A35
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C1
C2
C5
C8
Entender a configuración das axencias de viaxes tanto no ámbito presencial como no virtual. A1
A2
A3
A4
A6
A7
A12
A14
A19
A22
A26
A27
A33
A34
A35
B4
B5
C3
C4
C5
C6
Entender a configuración das axencias de viaxes tanto no ámbito presencial como no virtual. A3
A5
A6
B1
B4
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Unidade didáctica I: A distribución comercial no sector turístico.

Tema 1. Introducción á distribución turística.
Tema 2. A canle de distribución no sector turístico.
Unidade didáctica 2: Estructura da distribución comercial no sector turístico .
Tema 3. As axencias de viaxes na distribución turística.
Tema 4. Os tour operadores na distribución turística.
Tema 5. Os GDS e los CRS na distribución turística.
Tema 6. As centrais de reservas na distribución turística
Unidad didáctica 3: A distribución comercial ante os cambios no sector turístico. Tema 7. As tecnoloxías e a distribución turística.
Unidade didáctica 4: A intermediación das axencias de viaxes Tema 8: Intermediación na venda de transporte aéreo
Tema 9: Intermediación na venda de transporte marítimo
Tema 10: Intermediación na venda de transporte ferroviario
Tema 11: Intermediación na venda de transporte de carretera
Tema 12: Intermediación na venda de aloxamentos turísticos e restauración.
Tema 13: Intermediación na venda de Viaxes Combinadas.
Tema 14: Intermediación na venda de outros servizos turísticos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A35 A32 A27 A26 A24 A19 A18 A14 A13 A12 A11 A7 A6 A4 A3 A2 A1 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 12 46 58
Traballos tutelados A35 A34 A33 A32 A24 A22 A18 A14 A13 A12 A11 A7 A6 A3 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 0 49 49
Análise de fontes documentais A3 A5 A7 A12 A13 A14 A18 A22 A24 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 0 10 10
Proba mixta A3 A5 A6 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A22 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 2 29 31
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Realizarase a través de Moodle de modo asíncrono. Para o su estudo de modo autónomo realizarase unha exposición xeral introductoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo personal, coas oportunas orientacions bibliográficas. Para isto facilitarase ó estudantado todo o contido que conforma o marco teórico de cada un dos temas en formato de arquivo explicativo audiovisual. Ademáis facilitarase ó estudantado os contidos de cada uns dos temas en formato PDF.
Poderanse introducir algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Traballos tutelados Ao redor dos diferentes temas propoñerase a realización de tantos traballos en grupo como considere o profesor e con presentación oral daqueles que se sinalen. Estas actividades iniciaranse na aula e deberán ser completadas mediante trabálloo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor.
Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia así como outros complementarios.
Tras a asignación dun tema por parte do profesor o alumnado recompilará a información necesaria, preparará un guión xeral que irá de desenvolvendo contando co apoio do profesor nas distintas sesións periódicas de seguimento, fará entrega do traballo concluído vía moodle dentro do prazo establecido e farase a presentación oral dos traballos que o profesor sinale.
Os traballos tutelados faranse por grupos de entre 3-5 alumnos como máximo (calquera excepción deberá estar autorizada polo profesor). A presentación oral non superará os 10 minutos como máximo por grupo; en caso necesario o profesor autorizará a entrega da devandita presentación de modo pre-gravado. A parte escrita entregarase vía moodle.
Análise de fontes documentais Ao redor dos diferentes temas propoñerase a realización de tantas análises de fontes documentais como considere o profesor. As temáticas para analizar serán seleccionadas de modo que estas sexan útiles como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Estas actividades iniciaranse na aula e deberán ser completadas mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor.
Tras a asignación dun tema por parte do profesor o alumnado recompilará a información necesaria, preparará un guión xeral que irá de desenvolvendo contando co apoio do profesor nas distintas sesións periódicas de seguimento, fará entrega do traballo concluído vía moodle e farase a presentación oral das análises de fontes documentais que o profesor sinale.
A tarefa poderase levar a cabo de maneira individual ou en grupos de entre 3-5 alumnos como máximo (segundo o que indique o profesor en cada caso. Se se realiza en grupo calquera excepción en canto ao nº de participantes deberá estar autorizada polo profesor). A presentación oral non superará os 10 minutos como máximo por grupo; en caso necesario o profesor autorizará a entrega da devandita presentación de modo pre-gravado. A parte escrita entregarase vía moodle.
Proba mixta O exame, que o alumando online deberá realizar de modo presencial, incluirá problemas prácticos e preguntas teóricas obxectivas/subexctivas (preguntas de resposta verdadeiro-falso e/ou preguntas de resposta si-non, e/ou preguntas de resposta curta, e/ou preguntas de resposta longa, e/ou preguntas sobre o estudo de casos) relacionadas coa materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Análise de fontes documentais
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbense como momentos de traballo síncrono co profesor, polo que implican unha participación obrigatoria para o alumnado.

As clases en liña serán asíncronas. Facilitarase ao estudantado vía moodle os contidos de cada un dos temas en formato pdf e en formato de arquivo audiovisual para o seu estudo de modo autónomo. Estas clases veranse complementadas coa posibilidade de recibir titorías personalizadas nas que o profesor procederá a tratar as posibles dúbidas que puidesen xurdir nas sesións maxistrais, análises de fontes documentais, traballos tutelados, proba mixta ou calquera outro aspecto relacionado que materia.

Os estudantes serán atendidos a través de Microsort Teams, Moodle e correo electrónico resolvéndose mediante estas canles as posibles dúbidas que poidan xurdir. A forma e o momento nos que se realizará será especificado ao longo do desenvolvemento da materia en función das necesidades do alumnado coa posibilidade por parte do profesor de realizar titorías en grupo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A35 A34 A33 A32 A24 A22 A18 A14 A13 A12 A11 A7 A6 A3 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización dun ou varios traballos tutelados relacionados cos bloques de contidos da materia. Valorarase: o axuste do traballo ás instrucións; a calidade formal do traballo; a calidade e creatividade dos contidos do traballo; a amplitude e pertinencia das fontes de información utilizadas.

Presentación oral daqueles traballos tutelados indicados polo profesor. Valorarase: o axuste da presentación ás instruccións, a calidade e creatividade dos contidos da presentación, a amplitude e pertinencia das fontes de información empregadas e a calidade das respostas no turno de preguntas que podería seguir á presentación segundo o criterio do profesor.

Cando se programen traballos tutelados a realizar en grupo, establécese un máximo de 5 estudantes participantes por grupo.

Cando se programen presentacións orais na aula, estas non poderán superar o máximo de 10 minutos por cada traballo tutelado (a criterio do profesor poderanse substituír as presentacións orais na aula pola entrega dun vídeo pre-gravado)

A entrega da parte escrita de traballos tutelados realizarase vía moodle.
30
Proba mixta A3 A5 A6 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A22 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Consistirá na realización, na data oficialmente establecida, duha proba mixta (que poderá ser oral ou escrita, a criterio do profesor) que recolla os contidos teóricos e prácticos dos diversos bloques temáticos da materia.

Criterios de avaliación: coñecemento dos contidos teóricos, capacidade para aplicar os contidos teóricos a casos prácticos, nivel de consecución das competencias incluídas no programa da materia, capacidade de análise e síntese, extensión e precisión do vocabulario, corrección estilística e gramatical.
60
Análise de fontes documentais A3 A5 A7 A12 A13 A14 A18 A22 A24 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización dunha ou varias análises de fontes documentais en relación ó contido da materia. Valorarase: o axuste do traballo ás instrucións; a calidade formal do traballo; a calidade e creatividade dos contidos do traballo; a amplitude e pertinencia das fontes de información utilizadas.

Cando se programen análises de fontes documentais a realizar en grupo, establécese un máximo de 5 estudantes participantes por grupo.

Cando se programen presentacións orais na aula, estas non poderán superar o máximo de 10 minutos por cada análise de fontes documentais (a criterio do profesor poderanse substituír as presentacións orais na aula pola entrega dun vídeo pre-gravado)

A entrega da parte escrita de análise de fontes documentais realizarase vía moodle

A participación activa e con aproveitamento nas actividades presenciais relacionadas coa análise de fontes documentais é obrigatoria para o alumnado.
10
 
Observacións avaliación

As clases do grado online realizaranse de xeito asíncrono. Para isto o profesor engadirá todo o material necesario en Moodle. O alumnado do grao online deberá visualizar semanalmente as clases maxistrais e interactivas gravadas e consultar os materiais engadidos na plataforma Moodle; reservándose os horarios asignados a esta materia e establecidos no calendario escolar para aclarar todas posibles dúbidas ou consultas sobre a materia e para tutorizar os traballos a realizar; sempre suxeito a solicitude por parte do alumnado.

Os criterios de avaliación son os mesmos para cada unha das oportunidades de avaliación, incluindo a convocatoria adiantada.

A nota final da asignatura calcularase da forma seguinte:

PARTE PRÁCTICA (40%), composta de:

  • Traballos tutelados e análise de fontes documentais con presentación oral daqueles indicados polo profesor

PRUEBA MIXTA (60%):

  • Exame presencial (tipo prueba mixta que poderá ser oral ou escrita segundo a decisión del profesor) sobre os contenidos da materia.

Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación. Parte práctica e proba mixta.

Os criterios de puntuación dos includos na parte práctica con presentación oral daqueles indicados polo profesor e proba mixta daranse a coñecer no momento da realización dos mesmos e subministraranse xunto cos enunciados destes.

A entrega dos traballos incluidos na parte práctica realizarase exclusivamente a través da plataforma Moodle (salvo indicación ao contrario por parte do profesor) e cumplindo coa data límite de entrega establecida. Serán calificados como "non presentado" os traballos incluidos na parte práctica entregados fora de prazo ou non entregados. O feito de non acudir a unha presentación oral implicará tamén a calificación de "non presentado" dese exercicio. A efectos de cálculo da calificación final da parte práctica, a non presentación dalgunha das tarefas penalizará coa resta na nota final da parte práctica do valor atribuido á mencionada tarefa calificada como non presentada.

Se a calificación final do alumno/a en primeira oportunidade na parte práctica da materia é inferior a 2 puntos ( sobre un máximo de 4 puntos), éste/a terá que acudir á segunda oportunidade e realizar novamente a proba mixta (non se conservan as calificacións obtidas na proba mixta dunha oportunidade para outra) e ademáis terá que realizar novamente tódolos traballos incluidos na parte práctica calificados como suspensos ou non presentados (consérvanse as calificacións das tarefas aprobadas dunha oportunidade para outra). Para superar a materia en segunda oportunidade, ó igual que en primeira oportunidade, é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada una das partes obxecto de avaliación: parte práctica e proba mixta.

Os únicos utensilios cos que está permitido acceder ó recinto da proba nos que se realice a proba mixta final son os básicos para contestar ó exame: lápiz, bolígrafo ou pluma, goma de borrar e calculadora non programable.

Está expresamente prohibido o acceso ó recinto do exame con: a) teléfonos móbiles ou calquera outro tipo de dispositivo que permita comunicación a distancia e/ou almacenamento de información; b) apuntes, anotacións, libros ou material similar que no fose expresamente autorizado na convocatoria do exame o una páxina web (Moodle) da materia. A non observancia desta normasupón que se considere como realizada a proba en fraude e iso con independenciade que quen teña no recinto da proba tales dispositivos ou material sinalado os empregase ou non no curso desta.

O alumno/a deberá acreditar a súa persoalidade de acordó coa normativa vixente.

Segundo establecen as "Normas de avaliación,revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 29/06/2017) no Art. 21.2:Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico.

Deste xeito, será cualificado como “Non presentado” cando:

a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docentes, ou

b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación.

______________________________________________________________________________________________________________

As datas, horarios e lugar de realización
das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os sinalados no
calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o
curso 2023-2024 e documentación concordante. As cualificacións publicaranse na
plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade da Coruña con acceso
limitado ao profesorado da materia e ao estudantado matriculado. De ser
necesario, por motivos excepcionais, modificar ou precisar os métodos de
avaliación sinalados na guía, tales modificacións ou precisións publicaranse no
mesmo soporte telemático.





_____________________________________________________________________________________________________________


HONRADEZ ACADÉMICA

Considerarase que se comenten prácticas ilícitas cando un alumno/a actúa para defraudar ou tratar de defraudar ós sistemas de comprobación e avaliación do rendemento académico así como o incumprimento das normas establecidas polo profesor para a realización de traballos.  

Os traballos nos que se detecten prácticas ilícitas serán calificados con un 0. 

Lembrase ao alumnado que o uso de calquera axuda ou dispositivo no exame final está totalmente prohibida, e no caso de utilizar calquera soporte no permitido quedará automaticamente suspenso, independentemente da nota do exame e outras probas. Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido no artigo 14 das "Normas de avaliación, revisión e reclamación dás cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario”.

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, co titor ou titora ADI da Facultade de Turismo.

REGULAMENTO DISCIPLINAR DO ESTUDANTADO DA UDC (Artigo 11, apartado 4 b)

Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

PERSPECTIVA DE XÉNERO

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.


Fontes de información
Bibliografía básica Iglesias Tovar, Juan Ramon (2007). Comercialización de productos y servicios turísticos. Editorial Síntesis, Madrid.
Ameigeiras Martinez, Celia (2014). Comercialización y venta de servicios turísticos. Editorial Síntesis, Madrid.
Nieto Rodríguez, Agustín (2016). Dirección y gestión de entidades de intermediación turística. Editorial Sintesis. Madrid
Férnandez-Villarán Ara, Asunción;Rodríguez Zulaica, Ainara y Pastor Ruiz, Ricardo (2019). Distribución turística. Editorial Sintesis. Madrid
De Borja Solé, Luis y Gomis, Joan Miquel (2009). El nuevo paradigma de la intermediación turística. Editorial Pirámide, Madrid.
Albert Piñole, Isabel (2015). Gestión de viajes, servicios y productos turísticos. Editorial Universitaria Ramón Areces, Madrid.
Mitre Aranda, María (2006). La producción e intermediación turística en el sector de las agencias de viajes. Ediciones de la Universidad de Oviedo, Oviedo.
Del Alcázar Martínez, Benjamin (2002). Los canales de distribución en el sector turístico. Editorial ESIC, Madrid.
Buhalis, Dimitrios y Law, Eric (2001). Tourism Distribution Channels: Patterns, Practices and Challenges. Thomson London
Song,Haiyan (2011). Tourism Supply Chain Management. Routledge
Blasco i Peris, Albert (2015). Transporte turístico. Editorial Sintesis. Madrid

Bibliografía complementaria Horner,Susan;Swarbrooke,John (2020). Consumer Behaviour in Tourism. Routledge
Voleger Ruiz, Carlos y Hernandez Armand, Enrique (2000). El mercado turístico: estructura, operaciones y procesos de producción. Editorial Universitaria Ramón Areces, Madrid.
De Pablo Redondo, Rosana (2004). Las nuevas tecnologías aplicadas al turismo. Editorial Universitaria Ramón Areces, Madrid.
Benckendorff, Pierre; Xiang, Zheng y Sheldon,Pauline (2019). Tourism Information Technology. CABI Tourism Texts


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Introdución ao Turismo/662G01009

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías