As clases do grado online realizaranse de xeito asíncrono. Para isto o profesor engadirá todo o material necesario en Moodle. O alumnado do grao online deberá visualizar semanalmente as clases maxistrais e interactivas gravadas e consultar os materiais engadidos na plataforma Moodle; reservándose os horarios asignados a esta materia e establecidos no calendario escolar para aclarar todas posibles dúbidas ou consultas sobre a materia e para tutorizar os traballos a realizar; sempre suxeito a solicitude por parte do alumnado.
Os criterios de avaliación son os mesmos para cada unha das oportunidades de avaliación, incluindo a convocatoria adiantada.
A nota final da asignatura calcularase da forma seguinte:
PARTE PRÁCTICA (40%), composta de:
- Traballos tutelados e análise de fontes documentais con presentación oral daqueles indicados polo profesor
PRUEBA MIXTA (60%):
- Exame presencial (tipo prueba mixta que poderá ser oral ou escrita segundo a decisión del profesor) sobre os contenidos da materia.
Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación. Parte práctica e proba mixta.
Os criterios de puntuación dos includos na parte práctica con presentación oral daqueles indicados polo profesor e proba mixta daranse a coñecer no momento da realización dos mesmos e subministraranse xunto cos enunciados destes.
A entrega dos traballos incluidos na parte práctica realizarase exclusivamente a través da plataforma Moodle (salvo indicación ao contrario por parte do profesor) e cumplindo coa data límite de entrega establecida. Serán calificados como "non presentado" os traballos incluidos na parte práctica entregados fora de prazo ou non entregados. O feito de non acudir a unha presentación oral implicará tamén a calificación de "non presentado" dese exercicio. A efectos de cálculo da calificación final da parte práctica, a non presentación dalgunha das tarefas penalizará coa resta na nota final da parte práctica do valor atribuido á mencionada tarefa calificada como non presentada.
Se a calificación final do alumno/a en primeira oportunidade na parte práctica da materia é inferior a 2 puntos ( sobre un máximo de 4 puntos), éste/a terá que acudir á segunda oportunidade e realizar novamente a proba mixta (non se conservan as calificacións obtidas na proba mixta dunha oportunidade para outra) e ademáis terá que realizar novamente tódolos traballos incluidos na parte práctica calificados como suspensos ou non presentados (consérvanse as calificacións das tarefas aprobadas dunha oportunidade para outra). Para superar a materia en segunda oportunidade, ó igual que en primeira oportunidade, é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada una das partes obxecto de avaliación: parte práctica e proba mixta.
Os únicos utensilios cos que está permitido acceder ó recinto da proba nos que se realice a proba mixta final son os básicos para contestar ó exame: lápiz, bolígrafo ou pluma, goma de borrar e calculadora non programable.
Está expresamente prohibido o acceso ó recinto do exame con: a) teléfonos móbiles ou calquera outro tipo de dispositivo que permita comunicación a distancia e/ou almacenamento de información; b) apuntes, anotacións, libros ou material similar que no fose expresamente autorizado na convocatoria do exame o una páxina web (Moodle) da materia. A non observancia desta normasupón que se considere como realizada a proba en fraude e iso con independenciade que quen teña no recinto da proba tales dispositivos ou material sinalado os empregase ou non no curso desta.
O alumno/a deberá acreditar a súa persoalidade de acordó coa normativa vixente.
Segundo establecen as "Normas de avaliación,revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 29/06/2017) no Art. 21.2:Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico.
Deste xeito, será cualificado como “Non presentado” cando:
a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docentes, ou
b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación.
______________________________________________________________________________________________________________
As datas, horarios e lugar de realización
das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os sinalados no
calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o
curso 2023-2024 e documentación concordante. As cualificacións publicaranse na
plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade da Coruña con acceso
limitado ao profesorado da materia e ao estudantado matriculado. De ser
necesario, por motivos excepcionais, modificar ou precisar os métodos de
avaliación sinalados na guía, tales modificacións ou precisións publicaranse no
mesmo soporte telemático.
_____________________________________________________________________________________________________________
HONRADEZ ACADÉMICA
Considerarase que se comenten prácticas ilícitas cando un alumno/a actúa para defraudar ou tratar de defraudar ós sistemas de comprobación e avaliación do rendemento académico así como o incumprimento das normas establecidas polo profesor para a realización de traballos.
Os traballos nos que se detecten prácticas ilícitas serán calificados con un 0.
Lembrase ao alumnado que o uso de calquera axuda ou dispositivo no exame final está totalmente prohibida, e no caso de utilizar calquera soporte no permitido quedará automaticamente suspenso, independentemente da nota do exame e outras probas. Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido no artigo 14 das "Normas de avaliación, revisión e reclamación dás cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario”.
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, co titor ou titora ADI da Facultade de Turismo.
REGULAMENTO DISCIPLINAR DO ESTUDANTADO DA UDC (Artigo 11, apartado 4 b)
Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.