Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) As TIC Aplicadas ao Turismo Código 662G01023d
Titulación
Grao en Turismo (a distancia)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Ramos Montes, Oscar
Correo electrónico
oscar.ramos@udc.es
Profesorado
Ramos Montes, Oscar
Correo electrónico
oscar.ramos@udc.es
Web
Descrición xeral A finalidade desta materia é estudar as ferramentas das TIC necesarias para a xestión e control dos sistemas de información informatizados na empresa turística, así como as ferramentas necesarias para a análise da información como elemento fundamental para a toma de decisións no ámbito empresarial.
Adquiriranse competencias básicas en xestores de follas de cálculo e sistemas de distribución global (GDS).

Competencias do título
Código Competencias do título
A12 Dirixir e xestionar (management) os distintos tipos de entidades turísticas.
A13 Manexar técnicas de comunicación.
A20 Coñecer o procedemento operativo do ámbito de aloxamento.
A24 Utilizar e analizar as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) nos distintos ámbitos do sector turístico.
A32 Detectar necesidades de planificación técnica de infraestruturas e instalacións turísticas.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir habilidades no uso dos xestores de follas de cálculo A12
A13
A20
A24
A32
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Coñecer os conceptos básicos da Intelixencia dos Negocios (BI) e adquirir habilidades no uso de ferramentas de xestión desta disciplina. A12
A13
A20
A24
A32
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Adquirir habilidades no uso dos Sistemas Globais de Distribución (GDS). A12
A13
A20
A24
A32
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Adquirir habilidades de análises, tratamento e interpretación da información dixital. A12
A13
A20
A24
A32
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Integrar a planificación e a organización como habilidades de estudo e traballo colaborativo na contorna virtual da UDC. A12
A13
A20
A24
A32
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Módulo I. Xestión e control dos sistemas globais de distribución (GDS). Sistema Amadeus básico. - Sistema Amadeus.
- Codificación de cidades, transportistas e países.
- Consulta de voos.
- Creación dun PNR: elementos obrigatorios.
- Elementos opcionais.
- Gardar un PNR.
- Recuperación dun PNR.
- Modificación dunha reserva.
- Cancelación dunha reserva.
- Tarificación: FXP.
- Tarificación: Best Buy.
- Emisión: elementos obrigatorios.
Módulo II. Tratamento dixital de datos numéricos con Excel. - Contorna de traballo: organización de celas, follas e libros, introdución de datos.
- Fórmulas: copia relativa, absoluta e mixta.
- Formato e impresión dunha folla de cálculo.
- Gráficos.
- Funcións.
- Manexo de bases de datos: táboas.
- Ordenar, filtrar e subtotalizar datos.
- Táboas dinámicas.
- Formato condicional.
- Validación, agrupamento e consolidación de datos.
- Análise de hipótese: buscar obxectivos, escenarios, Solver.
- Seguridade de follas e libros.


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 6 12 18
Traballos tutelados A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 2 35 37
Prácticas a través de TIC A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 2 40 42
Proba práctica A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 1 35 36
Proba obxectiva A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 1 15 16
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións expositivas nas que o profesor fará unha introdución de cada un dos distintos temas dos que consta o programa, amosando os aspectos máis relevantes que o alumnado debe ter en conta coa finalidade de preparar as probas obxectiva e práctica.
Traballos tutelados Ao longo do cuadrimestre o alumnado deberá facer un traballo cuxos criterios e contidos estarán a disposición do alumnado no Campus virtual.
Aínda que este traballo deberá ser desenvolvido mediante o traballo autónomo do alumnado, o profesor dará nas sesións en liña as explicacións oportunas dos obxectivos e criterios de avaliación e, así mesmo, proporcionará a pertinente atención personalizada.
Prácticas a través de TIC O alumnado deberá resolver, mediante a utilización das tecnoloxías da información e a comunicación, exercicios vinculados ás diferentes competencias tecnolóxicas propostas no temario.
Proba práctica Ao remate do cuadrimestre o alumnado terá que realizar unha proba práctica na que se avaliarán os temas correspondentes á parte de Ofimática.
Proba obxectiva Ao remate do cuadrimestre o alumnado terá que realizar unha proba obxectiva dos contidos teóricos da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbense como momentos de traballo presencial co profesor, polo que implican unha participación obrigatoria para o alumnado.

A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliación dunha serie de prácticas sobre o contido da materia. 20
Proba obxectiva A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A proba obxectiva consistirá na resolución de varias cuestións do módulo correspondente á aplicación GDS.
Esta proba poderá combinar distintos tipos de preguntas: resposta múltiple, verdadeiro/falso, completar e resposta breve.
25
Traballos tutelados A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización dun informe sobre a reputación online dun hotel, cuxos criterios de avaliación poderán ser consultados na plataforma Moodle.
20
Proba práctica A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Esta proba consistirá en resolver diferentes exercicios usando a aplicación informática axeitada ao caso. 35
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade

A cualificación final da materia obterase da ponderación das 4 partes xa mentadas: Proba obxectiva (25%), Proba práctica (35%), Prácticas a través de TIC (20%) e Traballos tutelados (20%).

Aquelas partes que teñan unha cualificación inferior a 4 puntos deberán ser repetidas na segunda oportunidade, independentemente da media obtida (de darse esta situación, e se a media é superior a 5, a cualificación final constará como 4,5.

Terá a cualificación de Non presentado o alumnado que non faga o traballo tutelado, ningunha das prácticas a través de TIC e as probas obxectiva e práctica.

Segunda oportunidade

O alumno quedará liberado das partes xa superadas na primeira oportunidade, tan só terá que repetir as partes indicadas polo profesor no seu momento.

Terán a cualificación de Non presentado os alumnos/as que non fagan ningunha das partes pendentes.


Convocatoria adiantada

A avaliación na convocatoria adiantada consistirá nun exame teórico-práctico do temario da materia. O alumnado deberá poñerse en contacto co docente para acordar con exactitude os contidos e criterios da devandita proba.


Copia e/ou plaxio:

Implicaciones da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se
cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso”
(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta
de primeira oportunidade, se fose necesario.

Artigo 14 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grado e mestrado da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica Pierre RIGOLLET (). Excel 2016. Ed. ENI
Charte, Francisco. (). Excel 2016 (Manual avanzado). Ed. ANAYA MULTIMEDIA

Recursos web:

Introducción a Excel

Caso práctico de Excel

Amadeus Selling Platform

Videotitorial de Amadeus críptico

Bibliografía complementaria Michael Alexander, Richard Kusleika, John Walkenbach (). Excel 2019 Bible . Ed. Wiley

Rigollet, Pierre. Cuadros resumen y cuadros de mando - Tratamiento y análisis de datos con Excel 2016. Ed. ENI

Recursos web:

Manual usuario Amadeus All Fares: 

Excel avanzado: Análise de datos


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Atención á diversidade:

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, cos servizos disponíbeis no Centro, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/) o, no seu defecto, coa tutora ADI da Facultade de Turismo.


Perspectiva de xénero: 

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (uso de linguaxe non sexista...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influir na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Tratarase de detectar situacións de discriminación por razón de xénero e de propor accións e medidas para corrixilas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías