Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A5 |
Converter un problema empírico nun obxecto de investigación e elaborar conclusións. |
A6 |
Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente. |
A13 |
Manexar técnicas de comunicación. |
A24 |
Utilizar e analizar as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) nos distintos ámbitos do sector turístico. |
A33 |
Creatividade. |
A34 |
Iniciativa e espírito emprendedor. |
B1 |
Capacidade de análise e síntese. |
B2 |
Comunicación oral e escrita en lingua nativa. |
B3 |
Resolución de problemas. |
B4 |
Razoamento crítico. |
B5 |
Compromiso ético. |
B6 |
Aprendizaxe autónoma. |
B7 |
Adaptación a novas situacións. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
-Proporcionar ao alumno os coñecementos e as ferramentas para saber deseñar un traballo de investigación en turismo
|
A5 A6 A13 A24 A33 A34
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
-Coñecer os métodos e técnicas a empregar para o deseño dun traballo de investigación |
A5 A6 A13 A24 A33 A34
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
-Coñecer as fontes de datos e o manexo destas. |
A5 A6 A13 A24 A33 A34
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
-Coñecer as fases e saber redactar un traballo de investigación, informe, etc. |
A5 A6 A13 A24 A33 A34
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1: Métodos nas ciencias sociais |
1.1 Regras xerais do método científico.
1.2 Métodos nas ciencias sociais: causal, funcional, estruturalista, formal e tipolóxico.
1.3 Concepto de método e técnica.
1.4 Método inductivo ou empírico. Método deductivo.
|
Tema 2: Fases da investigación social (aplicado ao sector turístico): formulación, obxectivos, revisión de fontes bibliográficas, marco teórico, metodoloxía, tratamento de datos e conclusións. |
2.1 Revisión de fontes bibliográficas: a base de datos na rede e a súa procura (libros dixitais, revistas, catálogos de consultas e bibliotecas universitarias)
2.2 Fase de preparación: formulación do problema, marco teórico, obxectivos e deseño da investigación. Elección de ferramentas válidas e fiables. Selección da mostra representativa. |
Tema 3: Fases da investigación social (aplicado ao sector turístico): formulación, obxectivos, revisión de fontes bibliográficas, marco teórico, metodoloxía, tratamento de datos e conclusións.
|
3.1 Recollida de datos: papel do investigador, calidade dos datos.
3.2 Análise e interpretación dos datos: codificación, construción de táboas e cadros. Interpretación dos datos. Elaboración das conclusións.
3.3 Redacción do informe.
|
Tema 4: Técnicas de investigación social aplicadas ao turismo. |
4.1. Observación participante e non particpante. Tipos de estratexias.
4.2. Análise de contido. Pasos metodolóxicos.
4.3. A entrevista en profundidade, procedemento, transcrición e análise. |
Tema 5: Técnicas de investigación social aplicadas ao turismo. |
5.1 A enquisa, tipos de cuestións, estrutura e deseño.
5.2 Grupo de discusión.
5.3 A técnica Delphi.
5.4 Outras técnicas: estudo de casos, historias de vida, etc. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A5 A6 A13 A24 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
12 |
32 |
44 |
Análise de fontes documentais |
A5 A6 A13 A24 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
0 |
15 |
15 |
Traballos tutelados |
A5 A6 A13 A24 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
0 |
60 |
60 |
Aprendizaxe colaborativa |
A5 A6 A13 A24 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
0 |
15 |
15 |
Proba mixta |
A5 A6 A13 A24 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
2 |
10 |
12 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Nas sesións expositivas online impartiranse as teorías e fundamentos claves para a adquisición de coñecementos nesta materia. Facilitaránse os contidos dos temas en formato PDF a través da aplicación de Moodle e tamén quedarán gravadas ditas sesións. |
Análise de fontes documentais |
A analise de fontes documentais (estudos publicados en revistas científicas relacionadas co sector turístico que facilitaranse online) traballaránse ao longo do cuadrimestre. |
Traballos tutelados |
Realización de traballos prácticos obrigatorios tutelados individuais sobre diversas técnicas de investigación no sector turístico. En dito traballo o/a alumno/a planificará/deseñará as técnicas de investigación suxeridas (observación, entrevista en profundidade e deseño de enquisa) aplicadas á situación social e obxectivos empresariais/institucionais da empresa/institución seleccionada relacionada có sector. |
Aprendizaxe colaborativa |
Algunhas das tarefas teranse que realizar a través de foros ou wikis colaborativas en grupos nos que o alumnado traballará de forma conxunta na tarefa asignada para optimizar a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros. |
Proba mixta |
Exame mixto onde haberá unha parte test que valora a aprendizaxe de conceptos e outra parte de preguntas de desenvolvemento que valora a aprendizaxe de coñecementos.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Análise de fontes documentais |
Aprendizaxe colaborativa |
|
Descrición |
Traballos tutelados e análise de fontes documentais supoñen a atención personalizada de titorías individuais ou en pequenos grupos online. As titorías iranse expoñendo a medida que se explique o contido teórico do curso e a súa aplicación práctica. A aprendizaxe colaborativa, a través de foros o wikis en formato online, terán un seguimento e resposta das intervencións por parte do/da profesor/a.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A5 A6 A13 A24 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
O/A alumno/a deberá obter no exame unha calificación mínima de 5 (sobre 10), non podendo, en ningún caso, ter unha cualificación inferior a 4 nalgunha das partes. No caso de obter unha cualificación por baixo de 4 nalgunha das partes, esta será a cualificación final da proba mixta. |
60 |
Traballos tutelados |
A5 A6 A13 A24 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
O traballo forma parte da avaliación continua.
Aspectos avaliables: capacidade de síntesis, procura de información documental, elaboración do informe final seguindo as fases metodolóxicas, análise e interpretación e conclusións.
|
20 |
Análise de fontes documentais |
A5 A6 A13 A24 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Forma parte da avaliación continua.
Aspectos avaliables: capacidade de síntesis, procura de información documental e reflexión persoal sobre o tema. |
10 |
Aprendizaxe colaborativa |
A5 A6 A13 A24 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Realización de tarefas obrigatorias colaborativas nalgúns temas, cuxa participación activa e aproveitamento será avaliada polo/a profesor/a. Estas tarefas forman parte da avaliación continua.
Aspectos avaliables: participación activa, capacidade de síntesis, procura de información, capacidade de colaboración activa, capacidade de comunicación bidireccional e reflexión crítica. |
10 |
|
Observacións avaliación |
1ª Oportunidade: a parte práctica da avaliación continua ten un valor dun 40%, a parte teórica (exame) ten un valor dun 60%. Os traballos tutelados, análise de fontes documentais e aprendizaxe colaborativa son traballos obrigatorios para a avaliación continua (40%) e o/a alumno/a terá que obter un mínimo dun 5 (sobre 10), entre as tres metodoloxías, para facer media co exame (60%), no cal tamén deberá obter un mínimo de 5 (sobre 10). Gárdase a nota da parte práctica ou do exame para a 2ª oportunidade, no caso de ter aprobada algunha das partes. 2ª Oportunidade: no caso de ser NP ou suspenso na 1ª oportunidade, o/a alumno/a deberá entregar todos os traballos obrigatorios requiridos para tentar superar a materia na 2ª oportunidade. No caso do/s traballo/s de grupo, deberá facelo de forma individual. A nota da parte práctica da avaliación continua (no caso de estar aprobada) gardarase para as seguintes convocatorias de cursos sucesivos ou oportunidade adiantada, pero no caso de que os contidos ou criterios da parte práctica da evaluación continua sexan modificados na guia docente, non quedará gardada a nota, polo que o/a alumno/a deberá revisar a guia docente do curso no que se presenta ou o consultará co o/a profesor/a antes de presentarse ao exame. No caso de que non se supere unha das partes da materia, xa sexa na 1ª ou 2ª oportunidade, a cualficación final da mesma será dun máximo de 4. O/A alumno/a obterá a cualificación de NP se non se presenta ao exame, aínda que haxa realizado os traballos da avaliación continua durante o curso (independentemente da oportunidade). Convocatoria adiantada: séguense os mesmos criterios que para a avaliación de 1ª ou 2ª oportunidade, polo que o/a alumno/a deberá poñerse en contacto co/a profesor/a con suficiente antelación para establecer os traballos a realizar de forma individual e as datas de entrega. Dispensa Académica: o alumnado con recoñecimento de dispensa académica de exención de asistencia, solicitada oficialmente, deberá facer os traballos obrigatorios, e facelos chegar ao/á profesor/a para a súa avaliación nas datas que se establezcan, polo que é importante que se poña en contacto co/coa profesor/a con suficiente antelación. Disponibilidade dos idiomas en relación as probas escritas da evaluación: o exame estará no idioma de impartición da materia, se se desexa no outro idioma oficial da UDC, solicitaráse unha semana antes da data de realización. Implicaciones da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Atención á diversidade: a materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, cos servizos disponíbeis na UDC, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Socioloxía do Turismo/662G01001 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Perspectiva de Xénero: segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respeto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. |
|