Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Fiscalidade Turística Código 662G01026d
Titulación
Grao en Turismo (a distancia)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Blanco Moa, José Antonio
Correo electrónico
jose.antonio.blanco.moa@udc.es
Profesorado
Blanco Moa, José Antonio
Correo electrónico
jose.antonio.blanco.moa@udc.es
Web
Descrición xeral A través do estudo da materia, preténdese un achegamento ao funcionamento da Administración Pública español e á estrutura e contido do sistema e ordenamento tributario español, destacando as particularidades que pola súa incidencia no ámbito turístico revisten un maior interese.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os principios do turismo: a súa dimensión espacial, social, cultural, política, laboral e económica.
A2 Analizar a dimensión económica do turismo
A5 Converter un problema empírico nun obxecto de investigación e elaborar conclusións.
A6 Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente.
A9 Analizar, sintetizar e resumir criticamente a información económico-patrimonial das organizacións turísticas.
A12 Dirixir e xestionar (management) os distintos tipos de entidades turísticas.
A14 Comprender o marco legal que regula as actividades turísticas.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento das principais institucións xurídicas e administrativas no ámbito turístico e tributario A14
B1
B4
B6
C4
C7
Capacidade para localizar e manexar fontes xurídicas A5
B1
B2
C3
C6
C8
Coñecer as principais estruturas político-administrativas turísticas e familiaridade coa forma de dirixirse a elas e a súa regulación A1
A5
B1
B3
C3
C6
C8
Resolución de problemas básicos na materia A5
A6
A14
B1
B3
B4
B6
C5
Aplicación dun pensamento crítico, lóxico e creativo A5
A14
B1
B3
B4
C4
C6
Traballo de forma autónoma con iniciativa e de forma colaborativa A2
A5
A9
A12
B2
B3
B5
B7
C1
C2
C4

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1.- O CIDADÁN ANTE A ADMINISTRACIÓN PÚBLICA 1.1.- Composición do sector público

1.2.- O interesado no procedemento ante a Administración

1.3.- A actividade das Administracións públicas
TEMA 2. OS ACTOS ADMINISTRATIVOS 2.1. Requisitos dos actos administrativos

2.2. Eficacia dos actos

2.3. Nulidade e anulabilidade dos actos
TEMA 3. O PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN 3.1. Dereitos do interesado

3.2. Inicio do procedemento

3.3. Tramitación do procedemento

3.4. Finalización do procedemento

3.5. Execución
TEMA 4. INTRODUCIÓN AO DEREITO TRIBUTARIO E OS SEUS PRINCIPIOS CONSTITUCIONAIS 4.1. Concepto e contido do Dereito Tributario

4.2. Valor normativo dos principios constitucionais do Dereito Tributario

4.3. O principio de xeralidade

4.4. O principio de igualdade

4.5. O principio de progresividade

4.6. O principio de reserva de lei

4.7. O principio de capacidade económica
TEMA 5. AS FONTES DO ORDENAMENTO TRIBUTARIO 5.1.- A Constitución.

5.2.- Convenios internacionais e dereito comunitario

5.3.- A Lei.

5.4.- A Lei Xeral Tributaria.

5.5.- O Decreto - Lei e o Decreto Lexislativo.

5.6.- O Regulamento.

5.7.- As ordes interpretativas, consultas vinculantes e doutrina do Tribunal Económico-Administrativo.

5.8.- A costume e o precedente administrativo.

5.9.- A xurisprudencia.

5.10.- Dereito supletorio
TEMA 6.-A FISCALIDADE E ADMINISTRACIÓN NA POSTA EN MARCHA DUNHA EMPRESA: PROCEDEMENTOS BÁSICOS 6.1. Licencias e trámites de apertura

6.2. Inscripcións e rexistros

6.3. Obrigas fiscais do empresario

6.4. Información e asistencia ao contribuínte no cumprimento de obrigas tributarias
TEMA 7. OS INGRESOS PÚBLICOS 7.1. Os ingresos públicos: concepto e clases

7.2. Os ingresos patrimoniais

7.3. Os ingresos de monopolio
TEMA 8.-O TRIBUTO 8.1. O tributo: concepto e clases

8.2. O imposto: concepto e carácteres

8.3. Clases de impostos

8.4. A taxa
TEMA 9. A OBRIGA TRIBUTARIA E OS ELEMENTOS DO TRIBUTO 9.1.- A obriga tributaria

9.2.- O feito impoñible

9.3.- A remuneración do tributo

9.4.- A exención tributaria

9.5.- O suxeito activo do tributo

9.6.- Os suxeitos pasivos do tributo

9.7.- O retedor

9.8.- O responsable do tributo

9.9.- A sucesión no tributo

9.10.- O domicilio fiscal

9.11.- A representación
TEMA 10.-A XESTIÓN DOS TRIBUTOS 10.1. A xestión tributaria

10.2. A declaración e a autoliquidación

10.3. A liquidación dos tributos: a base impoñible, os tipos de gravame e a cota tributaria
TEMA 11.- O SISTEMA TRIBUTARIO 11.1.- O sistema tributario estatal: impostos directos e indirectos

11.2.- A tributación autonómica e a tributación local

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados B4 B5 C1 C2 C3 C4 0 50 50
Aprendizaxe colaborativa A6 B6 1 60 61
Proba obxectiva A1 A9 B1 B2 B3 1 27 28
Sesión maxistral A2 A5 A12 A14 B7 C5 C6 C7 C8 10 0 10
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Con esta metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, preténdese que os estudantes asuman responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. En torno aos diferentes temas explicados nas sesións maxistrais propoñerase a realización dun traballo individual ou en grupo.
Aprendizaxe colaborativa O alumno, en grupo ou individualmente, ha de resolver casos prácticos en clase coa axuda do profesor para posteriormente discutir os resultados
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Consistirá na realización dun exame escrito final e que versará sobre aspectos teórico, prácticos ou teórico-prácticos correspondentes aos temas desenvolvidos nas sesións maxistrais
Sesión maxistral Nestas sesións traballaranse os contidos que integran o marco teórico da materia, mediante exposición oral do docente. Para iso utilizaranse medios audiovisuais. O obxectivo destas sesións é favorecer a aprendizaxe do alumno.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Con esta metodoloxía, preténdese que os/as estudantes asuman a responsabilidade polo seu propio aprendizaxe. En torno aos diferentes temas explicados nas sesións maxistrais proporase a realización dun traballo individual ou en grupo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B4 B5 C1 C2 C3 C4 Con esta metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, preténdese que os estudantes asuman responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. En torno aos diferentes temas explicados nas sesións maxistrais propoñerase a realización de traballos individuais ou en grupo.Algúns deles recolleranse nas clases para a súa evaluación; outros entregaranse nas datas propostas. 20
Aprendizaxe colaborativa A6 B6 O alumno, en grupo ou individualmente, resolverá os casos prácticos en clase coa axuda do profesor para posteriormente discutir os resultados. 20
Proba obxectiva A1 A9 B1 B2 B3 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Consistirá na realización dun exame escrito final e que versará sobre aspectos teórico, prácticos ou teórico-prácticos correspondentes aos temas desenvolvidos nas sesións maxistrais e no estudo de casos. 60
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é imprescindible acadar un 4 na proba obxectiva.

Os/as alumnos/as con dispensa de asistencia académica deberán poñerse en contacto co profesor para coñecer que traballos deberán entregar ao final do curso.

Na segunda oportunidade, o examen será o 100% da nota final. Do mesmo xeito sucederá para os alumnos/as que soliciten convocatoria anticipada.

Considerarase coma non presentado só a aquelas persoas que non acudan ao exame final da asignatura.

Implicaciones da fraude
académica na realización das probas ou actividades de avaliación
: a realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de
suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que
se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se
produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose
necesario.

Atención á diversidade: a materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da
adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual,
auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o
caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a
cada cuatrimestre académico, cos servizos dispoñibles na UDC, coa
Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade
de Turismo.

Perspectiva de Xénero: Segundo
se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria
deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non
sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a
intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e
modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para
modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar
situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas
para corrixilas.


Fontes de información
Bibliografía básica BOE (). Ley 39/2015, de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas. BOE
BOE (). Ley 58/2003, de 17 de diciembre, General Tributaria. BOE
Emilio Cencerrado Millán (). Manual de derecho tributario del turismo. Tirant lo Blanch

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Introdución ao Dereito/662G01003d
Contabilidade Financiera/662G01011d

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías