Identifying Data 2023/24
Subject (*) Financial Statement Analysis Code 662G01027
Study programme
Grao en Turismo
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Obligatory 6
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Empresa
Coordinador
Rodrigues Soares, Jakson Renner
E-mail
jakson.soares@udc.gal
Lecturers
Rodrigues Soares, Jakson Renner
E-mail
jakson.soares@udc.gal
Web
General description Estudo e interpretación da información económico-patrimonial, co obxecto de
diagnosticar a posición e a evolución da empresa turística no mercado. Análise
da situación financeira a curto e longo prazo, análise de resultados e estudo de
rendibilidades.




Study programme competencies
Code Study programme competences
A2 Analizar a dimensión económica do turismo.
A5 Converter un problema empírico nun obxecto de investigación e elaborar conclusións.
A9 Analizar, sintetizar e resumir criticamente a información económico-patrimonial das organizacións turísticas.
A10 Xestionar os recursos financeiros.
A12 Dirixir e xestionar (management) os distintos tipos de entidades turísticas.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Buscar, recompilar, manexar e extraer conclusións da información económica. A2
B1
C1
C2
C6
C7
Coñecer as fontes de información para a investigación turística. A5
B1
B3
C3
C5
C8
Acceder ás distintas fontes de información. A5
B6
C3
C6
Analizar, interpretar e inferir datos e resultados. A5
B1
B3
C6
Coñecer os sistemas e procedementos contables e financeiros aplicados ás empresas turísticas. A9
B1
B3
C6
Coñecer as ferramentas necesarias para a análise dos estados contables e os criterios para a súa interpretación. A9
B1
B3
C6
Elaborar e interpretar a información contida nos distintos estados contables. A9
B1
B4
C6
Comprender e elaborar a información financeira para os usuarios internos e externos. A9
B4
B6
C6
Coñecer as principais fontes de financiamento das empresas turísticas. A10
B6
C3
Resolver situacións de desequilibrio económico financeiro. A10
B3
B7
C4
Detectar oportunidades para mellorar a situación económico financeira da empresa. A10
B4
B7
C4
Dirixir, coordinar e controlar o departamento contable das empresas turísticas. A12
B2
B5
C4

Contents
Topic Sub-topic
TEMA 1. INTRODUCCIÓN Á ANÁLISE DE ESTADOS FINANCEIROS 1.1. CONCEPTO E OBXECTIVOS DA ANÁLISE DE ESTADOS FINANCEIROS.
1.2. OS PROBLEMAS DAS EMPRESAS E AS SÚAS CAUSAS.
1.3. ANÁLISE E DIAGNÓSTICO EMPRESARIAL.
1.4. DATOS COMPLEMENTARIOS Á ANÁLISE DE ESTADOS FINANCEIROS.
1.5. LIMITACIÓNS DA ANÁLISE.
TEMA 2. ESTADOS FINANCEIROS 2.1. BALANCE DE SITUACIÓN.
2.2. A CONTA DE PERDAS E GAÑOS.
2.3. ESTADO DE CAMBIOS NO PATRIMONIO NETO.
2.4. ESTADO DE FLUXOS DE EFECTIVO.
2.5. MEMORIA, INFORME DE XESTIÓN E INFORME DE AUDITORÍA DE CONTAS.
2.6. MANIPULACIÓNS CONTABLES E MAQUILLAXE DE CONTAS ANUAIS.
TEMA 3. ANÁLISE DO BALANCE DE SITUACIÓN 3.1. OBXECTIVOS E ASPECTOS PREVIOS.
3.2. ESTRUCTURA DO BALANCE IDEAL.
3.3. CONCEPTO E USO DE RATIOS.
3.4. PRINCIPAIS RATIOS PARA ANALIZAR BALANCES.
3.5. O PODER PREDICTIVO DAS RATIOS.
TEMA 4. ANÁLISE DA CONTA DE PERDAS E GAÑOS 4.1. OBXECTIVOS DA ANÁLISE.
4.2. ANÁLISE DA MARXE POR PRODUCTOS.
4.3. CÁLCULO DO UMBRAL DE RENDIBILIDADE.
4.4. ANÁLISE DOS GASTOS.
4.5. ANÁLISE DA PRODUTIVIDADE, DA EFICACIA E DA EFICIENCIA.
4.6. AVALIACIÓN DO NIVEL DE CALIDADE.
TEMA 5. RENDIBILIDADE, AUTOFINANCIACIÓN E CRECEMENTO. FONDO DE MANIOBRA 5.1. ESTUDO DA RENDIBILIDADE.
5.2. APALANCAMENTO FINANCEIRO.
5.3. AUTOFINANCIACIÓN.
5.4. CRECEMENTO DA EMPRESA: CAPACIDADE E TIPOLOXÍA.
5.5. CONCEPTO E IMPORTANCIA DO FONDO DE MANIOBRA.
5.6. AS NECESIDADES DE FONDO DE MANIOBRA.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Short answer questions A2 A5 B1 B2 B6 B7 C1 1 2.5 3.5
Summary A2 A5 A9 A10 B1 B4 B6 B7 C3 C4 4 12 16
Problem solving A2 A5 A9 A10 A12 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C2 C3 C5 C6 C7 C8 10 25 35
Guest lecture / keynote speech A2 A5 A9 A10 A12 B3 B4 B5 C3 C6 C7 15 37.5 52.5
Supervised projects A9 B1 B2 B4 B5 C1 C8 5 12.5 17.5
Aprendizaxe servizo A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C3 C4 C7 C8 4 10 14
Objective test A2 A5 A9 A10 A12 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C4 C6 3 7.5 10.5
 
Personalized attention 1 0 1
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Short answer questions O exame incluirá problemas para que o alumnado responda a preguntas teóricas de resposta curta e/ou preguntas sobre o estudo de casos relacionadas coa materia.
Summary Ao redor dos diferentes temas propoñerase a realización de tantos resumos como considere o profesor. As temáticas para analizar serán seleccionadas de modo que estas sexan útiles como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. Estas actividades iniciaranse na aula e deberán ser completadas mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor.
Problem solving O alumnado terá que resolver as situacións problemáticas concretas, a partir dos coñecementos que se traballaron en clases. Esas actividades serán propostas ao longo do curso e poderán ser resolvidas presencialmente en clases ou con traballo autónomo do alumnado.
Guest lecture / keynote speech Nesa actividade traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introducción de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construcción de coñecemento. Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
Supervised projects Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado, baixo a tutela da persoa docente e en escenarios variados (académicos e profesionais). Nesa metodoloxía o alumnado asume a responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do estudantado e o seguimento desa aprendizaxe polo docente-titor. O alumnado poderá realizar o traballo baixo a metodoloxía de Aprendizaxe e Servizo ApS, desenvolvendo o seu traballo nun contexto real e en conxunto con outros colectivos

Nas titorías planificarase o traballo que debe presentar o alumnado a final de curso. Nesa etapa poderase traballar tamén coa metodoloxía COIL para intercambio online entre o alumnado da materia con alumnado de outras universidades.
Aprendizaxe servizo Trátase dunha actividade que integra o servizo á comunidade coa aprendizaxe de contidos e a adquisición de competencias a partir da práctica reflexiva. O alumnado aplicará os coñecementos xerados nas clases á unha situación práctica ofrecendo servizo á comunidade.

O docente propoñerá os temas do traballo e o alumnado terá que dar solución seguindo as instrucións en clases.
Objective test A proba consistirá na resolución dun exame final que versará sobre aspectos do análise contable. Esa proba consta de varios tipos de preguntas: tipo test, verdadeiro ou falso, resolución de exercicios prácticos para a elección da resposta correcta.

Personalized attention
Methodologies
Summary
Problem solving
Supervised projects
Aprendizaxe servizo
Description
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo directo co profesor, polo que implican unha participación obrigatoria para o alumnado.

O xeito e o momento no que se desenvolverá será indicado en relación a cada actividade, ao longo do curso, segundo o plan de traballo da materia.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Short answer questions A2 A5 B1 B2 B6 B7 C1 Consistirá na realización, en data establecida polo docente, dunha proba de respostas breve que recolla os contidos teóricos e prácticos dos diversos bloques temáticos da materia.

O profesor poderá propor un problema e o alumnado responderá as preguntas realizadas.

Valoraránse os coñecementos teóricos e prácticos de análise contable adquiridos ó longo das sesións maxistrais.
30
Summary A2 A5 A9 A10 B1 B4 B6 B7 C3 C4 O alumnado realizará resumos ao longo do curso de acordo co solicitado polo docente.

O asunto dos resumos serán determinados ao decorrer do curso e estarán relacionados con aspectos tanto teóricos como prácticos. así mesmo, poderán estar relacionado con traballos e resolución de exercicios propostos en clases.

En relación coa presentación oral dos resumos, valorarase a claridade das opinións expostas verbo:
1. Dos temas que se especifican no programa da materia.
2. Da resolución de problemas contables.
30
Objective test A2 A5 A9 A10 A12 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C4 C6 Consistirá na realización, en data oficialmente establecida, dunha proba obxectiva que recolla os contidos teóricos e prácticos dos diversos bloques temáticos da materia. 40
 
Assessment comments

Nota Final da Material: Sumatorio de todas as puntuacións.   
Observación de Primeira oportunidade: é necesario aprobar a Proba obxectiva con 50% da valoración total desta parte para superar a materia. 
En Segunda oportunidade, gardarase a nota obtida na proba de resposta breve, solución de problemas, traballos tutelados e resumos realizados polo alumnado ao longo do cuatrimestre. A esta nota sumarase a nota obtida na proba obxectiva de segunda oportunidade, que versará sobre aspectos teóricos e prácticos, correspondentes aos temas desenvolvidos ao longo do curso.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será avaliado unicamente coa Proba obxectiva, que suporá o 100% da calificación. A proba terá o mesmo contido que para o alumnado con dedicación a tempo completo.
O alumnado que non se presente a Proba obxectiva, aínda que teña participado activamente das outras actividades, será calificado como NON PRESENTADO.
Fóra dos previstos no regulamento, en ningún caso se cambiará a data de ningunha proba.
The subject may be adapted to students who need the adoption of measures aimed at supporting diversity (physical, visual, auditory, cognitive, learning or related to mental health). If applicable, they must contact the services available at the UDC / Center: within the official deadlines stipulated prior to each academic term, with the Diversity Attention Unit (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); failing that, with the ADI tutor from the Faculty of Tourism


Sources of information
Basic Jose Antonio Ortega Martínez (2006). Análisis de Estados Financeiros (e-book). Desclee de Brouwer
Oriol Amat (2008). Análisis de Estados Financieros. Fundamentos y aplicaciones. Ediciones Gestión 2000
Julián González Pascual (2016). Análisis de la empresa a través de su información económico-financiera: aplicaciones prácticas (e-book). Pirámide
Oriol Amat (2008). Análisis Económico - Financiero. Ediciones Gestión 2000

Amat, O.: "Análisis de Estados Financieros. Fundamentos y aplicaciones", Ediciones Gestión 2000, Barcelona, 2008.
Amat, O.: "Análisis Económico - Financiero", Ediciones Gestión 2000, Barcelona, 2008.
ACCID: "Normas Internacionales de Información Financiera", Asociación Catalana de Contabilidad y Dirección, Barcelona, 2007.
Plan General de Contabilidad. Real Decreto 1514/2007, 16 de noviembre.
Plan General de Contabilidad de PYMES. Real decreto 1515/2007, 16 de noviembre.

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Financial Accounting/662G01011

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Cost Accounting/662G01017

Other comments

Recoméndase ao alumnado traballar de xeito continuado nos contidos da materia ao longo de todo o curso. Tamén se recomenda que manteña unha comunicación aberta co profesor a través das titorías persoais. Recoméndase que antes de cada clase teórica o alumnado lea e prepare o tema que será presentado, empregando o manual básico da materia. Finalmente, é recomendable que o alumnado utilice o horario establecido de titoría para realizar consultas e esclarecer dúbidas da materia.

PERSPECTIVA DE XÉNERO

Tal e como recolle a diferente normativa aplicable á docencia universitaria, nesta materia deberá incorporarse a perspectiva de xénero (utilizarase unha linguaxe non sexista, empregarase bibliografía de autoría de ambos sexos, fomentarase a intervención en clase de todo o alumnado...).

Traballarase na identificación e modificación de prexuízos e actitudes sexistas e incidirase no medio para modificalos e promover valores de respecto e igualdade.

Deben detectarse as situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.