Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Análise de Estados Financeiros Código 662G01027d
Titulación
Grao en Turismo (a distancia)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Rodrigues Soares, Jakson Renner
Correo electrónico
jakson.soares@udc.gal
Profesorado
Rodrigues Soares, Jakson Renner
Correo electrónico
jakson.soares@udc.gal
Web
Descrición xeral Estudo e interpretación da información económico-patrimonial, co obxecto de
diagnosticar a posición e a evolución da empresa turística no mercado. Análise
da situación financeira a curto e longo prazo, análise de resultados e estudo de
rendibilidades.




Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Analizar a dimensión económica do turismo
A5 Converter un problema empírico nun obxecto de investigación e elaborar conclusións.
A9 Analizar, sintetizar e resumir criticamente a información económico-patrimonial das organizacións turísticas.
A10 Xestionar os recursos financeiros.
A12 Dirixir e xestionar (management) os distintos tipos de entidades turísticas.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Buscar, recopilar, manejar y extraer conclusiones de la información económica. A5
B1
B3
C3
C5
C8
Conocer las fuentes de información para la investigación turística. A5
B1
B3
C3
C5
C8
Acceder a las distintas fuentes de información. A5
B6
C3
C6
Analizar, interpretar e inferir datos y resultados. A2
A5
B6
C6
Conocer los sistemas y procedimientos contables y financieros aplicados a las empresas turísticas. A9
B1
B3
C6
Conocer las herramientas necesarias para el análisis de los estados contables y los criterios para la interpretación de los mismos. A9
B1
B3
C6
Elaborar e interpretar la información contenida en los distintos estados contables. A9
B1
B4
C6
Comprender y elaborar la información financiera para los usuarios internos y externos. A9
B4
B6
C6
Conocer las principales fuentes de financiación de las empresas turísticas. A10
B6
C3
Resolver situaciones de desequilibrio económico fianciero. A10
B3
B7
C4
Detectar oportunidades para mejorar la situación económico financiera de la empresa. A10
B4
B7
C4
Dirigir, coordinar y controlar el departamento contable de las empresas turísticas. A12
B2
B5
C1
C2
C4
C7

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. INTRODUCCIÓN Á ANÁLISE DE ESTADOS FINANCEIROS 1.1. CONCEPTO E OBXECTIVOS DA ANÁLISE DE ESTADOS FINANCEIROS.
1.2. OS PROBLEMAS DAS EMPRESAS E AS SÚAS CAUSAS.
1.3. ANÁLISE E DIAGNÓSTICO EMPRESARIAL.
1.4. DATOS COMPLEMENTARIOS Á ANÁLISE DE ESTADOS FINANCEIROS.
1.5. LIMITACIÓNS DA ANÁLISE.
TEMA 2. ESTADOS FINANCEIROS 2.1. BALANCE DE SITUACIÓN.
2.2. A CONTA DE PERDAS E GAÑOS.
2.3. ESTADO DE CAMBIOS NO PATRIMONIO NETO.
2.4. ESTADO DE FLUXOS DE EFECTIVO.
2.5. MEMORIA, INFORME DE XESTIÓN E INFORME DE AUDITORÍA DE CONTAS.
2.6. MANIPULACIÓNS CONTABLES E MAQUILLAXE DE CONTAS ANUAIS.
TEMA 3. ANÁLISE DO BALANCE DE SITUACIÓN 3.1. OBXECTIVOS E ASPECTOS PREVIOS.
3.2. ESTRUCTURA DO BALANCE IDEAL.
3.3. CONCEPTO E USO DE RATIOS.
3.4. PRINCIPAIS RATIOS PARA ANALIZAR BALANCES.
3.5. O PODER PREDICTIVO DAS RATIOS.
TEMA 4. ANÁLISE DA CONTA DE PERDAS E GAÑOS 4.1. OBXECTIVOS DA ANÁLISE.
4.2. ANÁLISE DA MARXE POR PRODUCTOS.
4.3. CÁLCULO DO UMBRAL DE RENDIBILIDADE.
4.4. ANÁLISE DOS GASTOS.
4.5. ANÁLISE DA PRODUTIVIDADE, DA EFICACIA E DA EFICIENCIA.
4.6. AVALIACIÓN DO NIVEL DE CALIDADE.
TEMA 5. RENDIBILIDADE, AUTOFINANCIACIÓN E CRECEMENTO. FONDO DE MANIOBRA 5.1. ESTUDO DA RENDIBILIDADE.
5.2. APALANCAMENTO FINANCEIRO.
5.3. AUTOFINANCIACIÓN.
5.4. CRECEMENTO DA EMPRESA: CAPACIDADE E TIPOLOXÍA.
5.5. CONCEPTO E IMPORTANCIA DO FONDO DE MANIOBRA.
5.6. AS NECESIDADES DE FONDO DE MANIOBRA.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Resumo A9 A2 A5 A10 A12 B3 B4 B1 B2 B4 B5 B6 B7 C6 C1 C2 C3 C6 C7 C8 2 14 16
Solución de problemas A9 A10 B3 B4 C6 C4 3 18 21
Sesión maxistral A2 A5 A9 A10 A12 B1 B4 B3 B5 C6 C3 C7 3 21 24
Traballos tutelados A9 B1 B4 C5 2 50 52
Aprendizaxe servizo B1 B3 B4 C4 1 30 31
Proba mixta A9 A10 B4 B7 B1 B3 C4 C6 1 4 5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Resumo Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados. Logo da realización do resumo, o alumnado terá que expoñer o tema traballado na aula. Esa metodoloxía é tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Sesión maxistral Tipo especial de lección impartida polo profesor, onde se tratarán os contidos que conforman o marco teórico - práctico da materia.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado, baixo a tutela do da persoa docente e en escenarios variados (académicos e profesionais). Nesa metodoloxía o alumnado asume a responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do estudantado e o seguimento desa aprendizaxe polo docente-titor. O alumnado poderá realizar o traballo baixo a metodoloxía de Aprendizaxe e Servizo ApS, desenvolvendo o seu traballo nun contexto real e en conxunto con outros colectivos.
Aprendizaxe servizo Trátase dunha actividade que integra o servizo á comunidade coa aprendizaxe de contidos e a adquisición de competencias a partir da práctica reflexiva. O alumnado aplicará os coñecementos xerados nas clases á unha situación práctica ofrecendo servizo á comunidade.
Proba mixta Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc.

A proba consistirá na resolución dun exame final que versará sobre aspectos do análise contable. Esa proba consta de varios tipos de preguntas: tipo test, verdadeiro ou falso, resolución de exercicios prácticos para a elección da resposta correcta.

Atención personalizada
Metodoloxías
Resumo
Solución de problemas
Traballos tutelados
Aprendizaxe servizo
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo directo co profesor, polo que implican unha participación obrigatoria para o alumnado.

Os encontros serán a través de Microsoft Teams e en horario acordado co docente.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Resumo A9 A2 A5 A10 A12 B3 B4 B1 B2 B4 B5 B6 B7 C6 C1 C2 C3 C6 C7 C8 Consistirá na realización de resumos acerca dos temas propostos polo docente no campus virtual. O alumnado realizará esta actividade e entregará no campus virtual como as otras.
20
Solución de problemas A9 A10 B3 B4 C6 C4 Valorarase a resolución de varias situacións problemáticas concretas a partir dos coñecementos traballados nas sesións maxistrais. 20
Proba mixta A9 A10 B4 B7 B1 B3 C4 C6 Consistirá na realización, en data oficialmente establecida, dunha proba mixta que recolla os contidos teóricos e prácticos dos diversos bloques temáticos da materia 60
 
Observacións avaliación

As clases do grao en liña realizaranse de forma asíncrona. Para iso, o profesor colgará todo o material Moodle necesario. Os estudantes da titulación en liña deberán ver semanalmente as clases maxistrais gravadas ou as clases interactivas e consultar todos os materiais engadidos na plataforma Moodle; reservando os horarios asignados a esta materia e establecidos no calendario escolar para aclarar todas as posibles dúbidas e consultas sobre a materia así como para titorizar o traballo a realizar; sempre a petición do alumnado. 

Os criterios de avaliación son os mesmos para cada unha das oportunidades de avaliación, incluída a convocatoria anticipada.

A nota final do curso calcularase do seguinte xeito:

PARTE PRÁCTICA (40%), composta por:

• Solución de problemas indicados polo profesor (20%).

• Resumos do alumnado (20%).

PROBA MIXTA (60%):

• Exame presencial (tipo proba mixta que poderá ser oral ou escrita segundo a decisión do profesor) sobre os contidos da materia.

Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das 2 partes obxecto de avaliación: parte práctica e proba mixta.

Os criterios de puntuación dos traballos incluídos na parte práctica con exposición oral dos indicados polo profesor e da proba mixta anunciaranse no momento da súa realización e achegaranse xunto cos seus escritos.

A entrega dos traballos incluídos na parte práctica realizarase exclusivamente a través da plataforma Moodle (salvo que o profesor indique o contrario) e cumprindo o prazo de entrega establecido. Aqueles traballos incluídos na parte práctica entregados fóra de prazo ou non entregados serán clasificados como "non presentados". O feito de non asistir a unha exposición oral tamén implicará a cualificación de "non presentado" para ese exercicio. Para os efectos do cómputo da nota final da parte práctica, a non presentación dalgunha das tarefas penalizará coa resta na nota final da parte práctica do valor atribuído á citada tarefa non presentada.

 

Se a nota final do alumno na primeira oportunidade da parte práctica da materia é inferior a 2 puntos (sobre un máximo de 4 puntos), deberá acudir á segunda oportunidade e realizar de novo a proba mixta (non se conservan as cualificacións obtidas na proba mixta dunha oportunidade para outra). Así mesmo, o alumnado deberá repetir tamén todos os traballos incluídos na parte práctica clasificados como suspensos ou non presentados (consérvanse as cualificacións das tarefas aprobadas dunha oportunidade a outra). 

 

Para superar a materia na segunda oportunidade, como na primeira oportunidade, é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación: parte práctica e proba mixta.

 

Os únicos utensilios cos que se permite acceder ao recinto onde se realiza a proba mixta final son os básicos para contestar o exame: lapis, bolígrafo ou bolígrafo, goma de borrar e calculadora electrónica non programable.

 

Queda expresamente prohibido o acceso ao lugar do exame con: a) teléfonos móbiles e calquera outro dispositivo que permita a comunicación remota e/ou o almacenamento de información; b) Apuntes, anotacións, libros ou material similar que non estivese expresamente autorizado na convocatoria do exame ou no campus virtual da materia. O incumprimento desta norma supón que a proba se considera realizada con fraude, e iso independentemente de que durante a proba os usou ou non quen dispoña de tales aparellos ou do material indicado na zona da proba. 

O alumnado deberá acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

Segundo o establecido nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación de títulos dos estudos de grao e posgrao" (aprobadas o 19/12/2013 e modificadas o 29/06/2017) no Art. 21.2: Considerarase como "Non presentado" (NP) a aquel alumnado que, estando matriculado na materia, non asista ás diferentes actividades de avaliación establecidas para o curso académico.

Deste xeito, clasificarase como "Non presentado" cando:

a) Non completar o proceso de avaliación continua, nas condicións que figuran na guía docente, ou

b) Non realizar a proba durante o período oficial de avaliación.


Fontes de información
Bibliografía básica Jose Antonio Ortega Martínez (2006). Análisis de Estados Financeiros (e-book). Desclee de Brouwer
Oriol Amat (2008). Análisis de Estados Financieros. Fundamentos y aplicaciones. Ediciones Gestión 2000
Julián González Pascual (2016). Análisis de la empresa a través de su información económico-financiera: aplicaciones prácticas (e-book). Pirámide
Oriol Amat (2008). Análisis Económico - Financiero. Ediciones Gestión 2000

Amat, O.: "Análisis de Estados Financieros. Fundamentos y aplicaciones", Ediciones Gestión 2000, Barcelona, 2008.
Amat, O.: "Análisis Económico - Financiero", Ediciones Gestión 2000, Barcelona, 2008.
ACCID: "Normas Internacionales de Información Financiera", Asociación Catalana de Contabilidad y Dirección, Barcelona, 2007.
Plan General de Contabilidad. Real Decreto 1514/2007, 16 de noviembre.
Plan General de Contabilidad de PYMES. Real decreto 1515/2007, 16 de noviembre.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Contabilidade Financiera/662G01011

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Contabilidade de custos/662G01017

Observacións

Recoméndase ao alumnado traballar de xeito continuado nos contidos da materia ao longo de todo o curso. Tamén se recomenda que manteña unha comunicación aberta co profesor a través das titorías persoais. Recoméndase que antes de cada clase teórica o alumnado lea e prepare o tema que será presentado, empregando o manual básico da materia. Finalmente, é recomendable que o alumnado utilice o horario establecido de titoría para realizar consultas e esclarecer dúbidas da materia.


ÉTICA ACADÉMICA

Considerarase que se comenten prácticas ilícitas cando o alumnado actúa para defraudar ou tratar de defraudar aos sistemas de comprobación e avaliación do rendemento académico, así como o incumprimento das normas establecidas polo profesor para realización de traballos.

Os traballos nos que se detecten prácticas ilícitas serán cualificados cun 0. 

Recórdase ao alumnado que o uso de calquera axuda ou dispositivo na prova final está totalmente prohibido, e no caso de utilizar calquera soporte non permitido ficará automaticamente suspenso independentemente da nota obtida na prova mixta e dos traballos realizados. Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido no artículo 14 das "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario".

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñibles na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de manera previa ao inicio do cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/adi/apoioalumnado/); en defecto, co tutor ou tutora ADI da Facultade de Turismo.

REGLAMENTO DISCIPLINAR DO ESTUDANTADO DA UDC (Artigo 11, apartado 4 b)

Cualificación de suspenso na convocatoria na que se cometa a falta de respecto á materia en que se cometeu: o alumno será cualificado con "suspenso" (grado numérico 0) na convocatoria correspondente do curso académico, se se produce a comisión da falta. na primeira oportunidade como na segunda. Para iso modificarase a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, de ser o caso.

PERSPECTIVA DE XÉNERO

Tal e como recolle a diferente normativa aplicable á docencia universitaria, nesta materia deberá incorporarse a perspectiva de xénero (utilizarase unha linguaxe non sexista, empregarase bibliografía de autoría de ambos sexos, fomentarase a intervención en clase de todo o alumnado...)

 

Traballarase na identificación e modificación de prexuízos e actitudes sexistas e incidirase no medio para modificalos e promover valores de respecto e igualdade.

 

Deben detectarse as situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías