Identifying Data 2023/24
Subject (*) Galicia as Tourist Destination Code 662G01040
Study programme
Grao en Turismo
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Third Optional 6
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinador
Caamaño Franco, Iria
E-mail
iria.caamano@udc.es
Lecturers
Caamaño Franco, Iria
Crecente Maseda, Mario
E-mail
iria.caamano@udc.es
mario.crecente@udc.es
Web
General description A materia pretende profundizar no coñecemento dos principais bens turísticos galegos en todos os ámbitos: natural, cultural e de servicios. A súa correcta clasificación, descrición, análise e estudio serán obxectivos fundamentais a alcanzar polo alumnado.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A8 Avaliar os potenciais turísticos e a análise prospectivo da súa explotación.
A13 Manexar técnicas de comunicación.
A18 Identificar e xestionar espazos e destinos turísticos.
A23 Analizar os impactos xerados polo turismo.
A25 Comprender un plan público e as oportunidades que se derivan para o sector privado.
A27 Comprender o funcionamento dos destinos, estruturas turísticas e os seus sectores empresariais no ámbito mundial.
A28 Coñecer os obxectivos, a estratexia e os instrumentos públicos da planificación.
A33 Creatividade.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer os principais bens turísticos da comunidade galega A8
A18
A27
B1
B6
C1
C6
C7
Recoñecer os principais estilos e tipoloxías artísticos e os exemplos máis singulares presentes no territorio de estudo A8
A18
A23
A33
B1
B4
C1
C2
C3
C6
C7
C8
Analizar as debilidades e potencialidades de Galicia como destino turístico A8
A18
A23
A25
A27
A28
A33
B1
B2
B3
B4
B6
B7
C1
C4
C7
C8
Estudar, a través dun contacto directo, a historia, xeografía e os principais xeodestinos turísticos da comunidade Galega A8
A13
A18
A23
A25
A27
B1
B4
B6
B7
C1
C2
C6
C7
C8
Ser quen de explicar a unha audiencia os principáis recursos turísticos de Galicia A8
A13
A18
B1
B2
B3
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
Saber deseñar un itinerario por Galicia que comprenda un número importante dos recursos estudados A8
A18
A23
A27
A33
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6

Contents
Topic Sub-topic
1. Introducción á materia.

1.1 Características xerais e breve historia de Galicia.
1.2 Características xeográficas de Galicia: situación, principais trazos físicos. Galicia na Península Ibérica.
2. Historia de Galicia 2.1. Principais feitos históricos
3. Principais recursos do patrimonio histórico-artístico galego. 3.1. Percorrido polos diferentes estilos artísticos.
3.2. Principais tipoloxías: Mosteiros, catedráis, igrexas, castelos, pazos e outros edificios civís relevantes.
3.2. Exemplos máis relevantes da escultura e pintura en Galicia
4. A gastronomía. 4.1 Os viños.
4.2 Principais aspectos da cociña e da viticultura de Galicia.
4.3 Festas gastronómicas.
5. Principais recursos do patrimonio inmaterial galego. 5.1 A lingua.
5.2. O Folclore.
5.3. Festas, lendas, crenzas.
5.4. Outro patrimonio etnográfico. Artesanía e oficios populares
6. O Camiño de Santiago. 6.1 Repaso á historia e tradicións xacobeas
6.2 O Camiño francés.
6.3 Outros tramos galegos dos Camiños de Santiago.
7. Elementos principais dos Museos e Centros de Interpretación de Galicia. 7.1. Principais museos e tipoloxías.
7.2. Centros de IP.
7.3. Outros equipamentos
8.a Paisaxe e áreas naturais no litoral.
8.b Paisaxe e áreas naturais de interior.
8.a.1 Rías, illas e praias, zonas húmidas e areais, acantilados.

8 b.1. As montañas, os vales fluviais, os bosques e as lagoas (Serras setentrionais, Dorsal galega, Penechaira galega, Depresión de Ourense, A Limia. Val de Monterrei. Val de Arnoia. Terras do Carballiño. Val do Ribeiro. Valdeorras. O chanzo de Santiago. Fosa Padrón-Tui. As bacías do Tambre e o Ulla. Serras meridionais).
9. As cidades galegas como focos de atención turística. 9.1. A Coruña
9.2. Lugo.
9.3. Ourense.
9.4. Pontevedra.
9.5. Vigo.
9.6. Santiago.
9.8. Ferrol.
9.9. Outras localidades: Muros, Noia, Monforte, Ribadavia, Sanxenxo, Allariz, Viveiro, Carballo, ...
10.O "Top Ten" galego. Produtos. Xeodestinos. 10.1. Descrición e análise.
11. Rutas senlleiras. 11.1. Ruta da camelia.
11.2. Outros camiños.
11.3. Rede de rutas.
12. Espazos naturais. 12.1. Os espacios protexidos de Galicia.
12.2. A Rede Natura.
13. A Administración turística. 13.1. Competencias da administración do Estado e da Xunta en materia turística.
13.2. A Administración turística en Galicia. Órganos e funcións
14. Estratexias de promoción e comercialización de Galicia como destino turístico. 14.1. Principais canais de promoción.
14.2. Principais canais de comercialización.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Field trip A8 A18 A23 A25 A27 A28 B5 B7 C3 24 50 74
Oral presentation A13 A18 A33 B1 B2 B4 B6 B7 C1 C2 C7 C8 2 14 16
Mixed objective/subjective test A18 A23 B1 B2 B3 B4 C1 C2 C4 1 0 1
Guest lecture / keynote speech A18 A23 A25 A27 A28 C4 C5 C6 12 45 57
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Field trip Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos, etc. do que haberá que entregar un documento recopilatorio con toda a información.
Oral presentation Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Mixed objective/subjective test Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Guest lecture / keynote speech Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Personalized attention
Methodologies
Oral presentation
Description
O alumnado poderá precisar atención personalizada na preparación das súas presentacións oráis e traballos tutelados.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Field trip A8 A18 A23 A25 A27 A28 B5 B7 C3 As saídas de campo son de carácter obrigatorio e requerirán preparación, documentación e entrega dun documento escrito por parte do alumnado, segundo as indicacións das profesoras que se presentarán no Moodle da materia. 20
Oral presentation A13 A18 A33 B1 B2 B4 B6 B7 C1 C2 C7 C8 As presentacións centraranse en temas propostos polos docentes a partir dos contidos da materia. Poden facerse no aula ou in situ, durante as saídas de campo 20
Mixed objective/subjective test A18 A23 B1 B2 B3 B4 C1 C2 C4 Trátase dunha proba que pode combinar as preguntas tipo test e de resposta curta. 60
 
Assessment comments

As persoas que, por unha causa xustificada, non podan asistir o día indicado para a súa presentación oral terán que acordar coa profesora outra data. As saídas de campo, conferencias ou otras actividades poderán requerir a presentación dunha reseña que servirá como demostración da asistencia. 

Todas as partes teñen que ser superadas ao menos nun 50% para poder facer o cómputo final.  O alumnado que suspenda calquera das partes figurará en actas coa calificación obtida na parte suspensa, ata que se poda facer o cómputo final na seguinte oportunidade unha vez superadas todas as partes. 

As instruccións detalladas sobre os traballos serán explicadas pola profesora na clase e expostas na plataforma Moodle para a súa consulta. 

Os anteriores criterios de avaliación aplicaranse tanto na primeira como na segunda oportunidade.

O alumnado que libere unha parte da materia mediante unha proba parcial, só terá validez para o curso actual. Se unha persoa que ten liberada unha parte non consegue aprobar a materia no seu conxunto, nin en primeira nin en segunda oportunidade, a súa calificación final será suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos.

Está prohibido acceder ó aula na que se desenvolven as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/u almacenamento de información.

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia seguirán o mesmo sistema que o alumnado presencial, pero deberán realizar dous traballos propostos pola profesora (en lugar de un). Ademais, deberá porse en contacto con ela para  realizar aomenos dúas titorías on line ao longo do cuadrimestre.


O alumnado que non se presente a ningunha das partes propostas na avaliación aparecerá como NP na acta. De presentarse a calquera delas, aparecerá como suspenso ata que na seguinte convocatoria presente ou aprobe a parte que falte para poder facer o cómputo final. 
Pódese dar o caso de que unha persoa suspenda algunha das partes, pero que a suma co resto dea aprobado. Nese caso a nota será un suspenso (o suspenso máis alto das que aparezan suspensas), pois para facer o cómputo é preciso, como se sinalou anteriormente, que todas as probas sexan superadas nun 50%.

Implicacións da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.



Sources of information
Basic VILLARES, R. (2004). Historia de Galicia. Ed Galaxia, Vigo
GIL, F.J. (2002). 50 rutas para conocer Galicia. Nigra Trea, Vigo
LOIS, R.C. e PINO, D. (Coords.) (2015). A Galicia urbana. Eds. Xerais, Vigo
MARIÑO FERRO, X.R. (2000). Antropoloxía de Galicia. Ediciós Xeráis, Vigo
BAS, B. (1983). As construccións populares: Un tema de etnografía en Galicia. Cadernos do Seminario de Sargadelos. Edicións do Castro, Sada (A Coruña)
CRIADO BOADO, F. (ed.) (2016). Atlas de Arqueología de Galicia. Eds. Xerais, Vigo
PRECEDO LEDO et al. (2002). Atlas de Galicia. Hércules de Ediciones, A Coruña
PRECEDO LEDO et al. (2001). Atlas de Galicia. Xunta de Galicia. Sociedade para o desenvolvemento Comarcal de Galicia, Santiago
LÓPEZ BERNÁRDEZ, C (2005). Breve historia da arte galega. Ed. Nigratrea, Vigo
LOIS GONZÁLEZ, R e FORMIGO COUCEIRO, J. (2003). Galicia. Ed Everest, León
SORALUCE BLOND, J.R. (1999). Guía da arquitectura galega. Ed. Galaxia, Vigo
CEGARRA, B. (1992). Guía da arte de Galicia. Ed. Galaxia, Vigo (agora publicado por provincias)
VV. AA. (2002). Guía de espacios naturales. Galicia.. Ed El País-Aguilar, Madrid
OTERO PEDRAYO, R. (1980). Guía de Galicia. Ed. Galaxia
CEGARRA, B. (1992). Guía e rutas da arte. Épocas e estilos. Ed. Galaxia, Vigo
LÓPEZ CARREIRA; A. (2013). Historia de Galicia. Eds. Xerais, Vigo
CALO LOURIDO et al (2005). Historia Xeral de Galicia. A Nosa Terra, Vigo,
PEMÓN, B. e DORNELO, X. (2000). Mitos, ritos y leyendas de Galicia. Martínez Roca, Barcelona
HERNÁNDEZ BORGE, J., DÍAZ FERNÁNDEZ, J.A (2000). O turismo en Galicia Potencialidades endóxenas e desenvolvemento urbano e economico. Servicio de publiaciones Dip. de Ponteved

Iranse engandido referencias bibliográficas máis concretas ao longo da materia

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments
  • Atención á diversidade: a materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, cos servizos disponíbeis na UDC, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo.
  • Perspectiva de Xénero: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.