Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A2 |
Analizar a dimensión económica do turismo. |
A5 |
Converter un problema empírico nun obxecto de investigación e elaborar conclusións. |
A6 |
Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente. |
A11 |
Definir obxectivos, estratexias e políticas comerciais. |
A12 |
Dirixir e xestionar (management) os distintos tipos de entidades turísticas. |
A13 |
Manexar técnicas de comunicación. |
B1 |
Capacidade de análise e síntese. |
B2 |
Comunicación oral e escrita en lingua nativa. |
B3 |
Resolución de problemas. |
B4 |
Razoamento crítico. |
B5 |
Compromiso ético. |
B6 |
Aprendizaxe autónoma. |
B7 |
Adaptación a novas situacións. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer os conceptos de empresa e empresario turísticos, cos seus elementos e funcións, os seus distintos tipos e particularidades. |
A2
|
B1 B4 B7
|
C2
|
Saber desenvolver unha idea de negocio Turístico, analizar a súa viabilidade, elaboración do plan de negocio, forma xurídica e trámites. |
A2 A5 A12 A13
|
B1 B2 B3 B4 B5
|
C1 C4 C5 C7
|
Saber xestionar un negocio turístico. Coñecer e aplicar conceptos e ferramentas de xestión en empresas e actividades do sector turístico. |
A2 A6 A11 A13
|
B3 B4 B5 B6 B7
|
C3 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA I. EMPRESA E SECTOR TURÍSTICO |
1. Concepto de empresa. Elementos e Funcións.
2. Concepto de empresario.
3. Os obxectivos da empresa.
4. Tipos de empresas.
5. As empresas do sector turístico.
6. Particularidades das empresas turísticas.
7. O servizo turístico.
8. A empresa turística como sistema.
9. Os subsistemas da empresa turística.
10. A responsabilidade e ética na empresa turística. |
TEMA II. O ÁMBITO DA EMPRESA TURÍSTICA |
1. O concepto de ámbito e tipos de ámbito.
2. O ámbito xeral da empresa turística.
3. O ámbito específico da empresa turística.
4. O Turismo e o Turista.
5. A estrutura do mercado turístico.
6. Tendencias actuais no sector turístico. |
TEMA III. SUBSISTEMA PRODUCIÓN |
1. Xestión de produción e de operacións.
2. Produtividade na prestación de servizos turísticos.
3. Planificación das operacións en turismo. |
TEMA IV. SUBSISTEMA COMERCIAL |
1. Investigación e segmentación do mercado turístico.
2. Política comercial da empresa turística.
3. Claves da política comercial na empresa turística. |
TEMA V. SUBSISTEMA FINANCIAMENTO |
1. A función financeira na empresa turística.
2. Os custos na empresa turística.
3. Fontes de financiamento na empresa turística. |
TEMA VI. PLANIFICACIÓN E CONTROL |
1. Planificación e control na empresa turística.
2. Tipos de plans na empresa turística.
3. Os obxectivos da empresa turística.
4. A dirección por obxectivos (dpo).
5. Concepto e proceso de control.
6. Tipos de control na empresa turística. |
TEMA VII. XESTIÓN ESTRATÉXICA |
1. O concepto de estratexia na empresa turística.
1.1.- O punto de vista da estratexia.
1.2.- Os elementos da estratexia.
1.3.- Estratexia e competitividade.
2. Planificación estratexia e niveis da estratexia.
2.1.- Os niveis de estratexia.
2.2.- O proceso de planificación estratéxica.
3. Decisións estratéxicas a nivel corporativo.
3.1.- Estratexias segundo o ciclo de vida da empresa Turística.
3.2.- A matriz BCG ou Matriz de Crecemento-Cota de mercado.
4. Decisións estratéxicas a nivel de negocio.
4.1.- Estratexias Competitivas Xenéricas de Porter.
4.2.- Estratexias de Crecemento na Empresa Turística.
5. Competencias e habilidades na empresa turística. |
TEMA VIII. XESTIÓN DAS PEMES TURÍSTICAS |
1. Particularidades da peme turística.
2. A cooperación na peme turística.
3. Procesos de subcontratación (outsourcing).
4. A franquía no sector turístico.
5. A empresa turística familiar. problemas. |
TEMA IX. CREACIÓN DE EMPRESAS TURÍSTICAS |
1. Causas do fracaso das novas empresas turísticas.
2. Pasos para crear unha empresa turística.
3. Plan de empresa ou de negocio.
4. Trámites para a creación de empresas turísticas. |
TEMA X. PARTICULARIDADES DO NEGOCIO TURÍSTICO |
1. O negocio hoteleiro.
2. O negocio da restauración.
3. As Axencias de Viaxes.
4. As Empresas de Transporte.
5. Empresas de ocio. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A2 A6 A11 A12 B5 C5 C7 C8 |
31 |
62 |
93 |
Estudo de casos |
A5 B1 B3 B4 C4 C6 |
9 |
9 |
18 |
Traballos tutelados |
A11 A13 B4 B6 B7 C1 C2 C3 |
1 |
16 |
17 |
Proba obxectiva |
A12 B1 B2 B3 |
1 |
17 |
18 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral por parte do profesor/a dos aspectos fundamentais da materia. As exposicións complementaranse co uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos, facilitar a aprendizaxe e favorecer a interacción entre o profesor/a e o estudantado. |
Estudo de casos |
Realizaranse estudos de casos coa finalidade de ir preparando a avaliación dos coñecementos que ten o alumnado da materia, ao longo do curso. Realizaranse, a ser posible, en grupos de non máis de cinco alumnos/as. |
Traballos tutelados |
O alumnado deberá desenvolver o seu propio proxecto empresarial aplicando os coñecementos aprendidos nas clases teóricas. Así, deberá buscar a través de distintas fontes (escritas ou informatizadas) aquela información que lle permita analizar a viabilidade e desenvolver o proxecto. O devandito proxecto deberá ser entregado e exposto en clase nas últimas sesións lectivas. |
Proba obxectiva |
Ao final do cuadrimestre celebrarase unha proba escrita de contido teórico-práctico, para valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos da materia por parte do alumnado. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Concíbense como horas de traballo presencial co profesor/a por parte do alumno/a, para o seguimento e orientación do mesmo/a. Implican participación obrigatoria para o alumnado.
En canto ao estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a atención personalizada poderase levar a cabo, segundo os casos e de acordo co profesorado, a través de correo electrónico, do campus virtual ou medios similares. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Estudo de casos |
A5 B1 B3 B4 C4 C6 |
Análise, desenvolvemento e discusión de distintos casos prácticos, ao longo de todo o cuadrimestre.
|
30 |
Traballos tutelados |
A11 A13 B4 B6 B7 C1 C2 C3 |
Desenvolvemento dun traballo que se realizará ao longo de todo o cuadrimestre con exposición final. Terase en conta na súa valoración: a participación activa, a exposición, a capacidade de recompilación, a capacidade de síntese, a achega persoal, o rigor e a actualización das fontes utilizadas. Tratarase de fomentar o traballo en equipo, polo que o traballo de curso se realizará en grupos de non máis de cinco alumnos, a ser posible. O prazo e o modo de entrega serán de obrigado cumprimento. |
30 |
Proba obxectiva |
A12 B1 B2 B3 |
A proba escrita de contido teórico-práctico consistirá na resolución de exercicios breves e/ou resposta a cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e/ou preguntas de desenvolvemento. |
40 |
|
Observacións avaliación |
Avaliación en detalle: Na Primeira Oportunidade da 1ª Convocatoria: 1) Estudo de casos (individuais ou de grupo) 30% 2) Traballo tutelado 30% 3) Proba obxectiva 40%. Dita proba obxectiva, abarcará toda a
materia e consistirá na resolución de exercicios breves, responde a cuestións
curtas e/o de resposta múltiple e/o preguntas de desenvolvemento. A planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación dun
sistema de avaliación continua, polo que a cualificación final obterase do
Estudos de casos, do Traballo tutelado e da avaliación da Proba Obxectiva. No
conxunto das tres partes (30%, 30% e 40%), o alumnado deberá obter unha
puntuación mínima de 5 puntos sobre 10. Con todo, non se considerará superada a
materia, se no Estudo de casos non se obtén un mínimo de puntuación de 1,3
puntos sobre 3 puntos totais, no Traballo tutelado un mínimo de 1,2 puntos
sobre 3 puntos totais, e na Proba Obxectiva un mínimo de 1,5 sobre 4 puntos
totais. Se non se obtén a puntuación mínima nalgunha das partes, a
cualificación final da materia non poderá ser superior a 4,5 puntos. “Ao alumnado con dispensa académica de exención de asistencia
(segundo a normativa aplicable), poderánselle asignar actividades alternativas,
titorías específicas ou outras medidas que se consideren oportunas, para non
prexudicar a súa cualificación.” Na Segunda oportunidade da 1ª Convocatoria, e oportunidades
de ulteriores convocatorias: Realizarase unha Proba Obxectiva, que consistirá na resolución de
exercicios breves, responder a cuestións curtas e/o de resposta múltiple e/o
preguntas de desenvolvemento, onde a parte práctica correspondente a Estudo de
casos e a Traballo Tutelado terá un peso do 60% e o resto do 40%. Esta proba
representará o 100% da nota final. O alumnado deberá obter unha puntuación
mínima de 5 puntos sobre 10. O alumnado que non se presente á Proba Obxectiva
(independentemente da convocatoria de que se trate), será cualificado cun
"NP" (Non Presentado), aínda no caso de realizar, presentado e
exposto traballos tutelados ou outras actividades que computen na avaliación. Implicacións da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Atención á diversidade: a materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, cos servizos disponíbeis na UDC, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, co/a Titor/a ADI da Facultade de Turismo. Perspectiva de Xénero: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Veneciana, J.M. (2005). Creación de empresas. Un enfoque gerencial. Barcelona: Colección Estudios Económicos, nº 33, La Caixa, Servicios de Estudios
Martín Rojo, I. (2014). Dirección y Gestión de Empresas del Sector Turístico. Madrid: Ediciones Pirámide
Casillas, T. y Martí, J.M. (2010). Guía para la creación de empresas. Madrid: Fundación EOI
Casanueva Rocha, C. (2000). Organización y gestión de empresas turísticas. Madrid: Piramide |
|
Bibliografía complementaria
|
González, L. y Talón, P. (2002). Dirección hotelera. Operaciones y procesos. Madrid: Síntesis
Albert Piñole, I. (1999). Gestión, Productos y Servicios de las Agencias de Viajes. Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces
Blasco Peris, A. (2002). La Empresa y el Producto Turístico. Madrid: Editorial Civitas
Mestres Soler, J. (2003). Técnicas de Gestión y Dirección Hotelera. Barcelona: Gestión 2000 |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Introdución ao Turismo/662G01009 | Economía da Empresa/662G01010 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|