Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A2 |
Analizar a dimensión económica do turismo. |
A5 |
Converter un problema empírico nun obxecto de investigación e elaborar conclusións. |
A6 |
Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente. |
A12 |
Dirixir e xestionar (management) os distintos tipos de entidades turísticas. |
A13 |
Manexar técnicas de comunicación. |
A26 |
Planificar e xestionar os recursos humanos das organizacións turísticas. |
B1 |
Capacidade de análise e síntese. |
B2 |
Comunicación oral e escrita en lingua nativa. |
B3 |
Resolución de problemas. |
B4 |
Razoamento crítico. |
B5 |
Compromiso ético. |
B6 |
Aprendizaxe autónoma. |
B7 |
Adaptación a novas situacións. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
-Planificar e xestionar os recursos humanos das organizacións turísticas.
|
A2 A5 A6 A12 A13 A26
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
-Dirixir e xestionar os distintos tipos de entidades turísticas, sendo capaz de resolver problemas específicos de xestión de recursos humanos cun razoamento crítico e compromiso ético. |
A2 A5 A6 A12 A13 A26
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
-Capacidade de análise e síntese que permita a xestión da toma de decisións dende o razoamento crítico e que tamén permita a adaptación aos cambios.
|
A2 A5 A6 A12 A13 A26
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
-Adquirir capacidade de organización e planificación con iniciativa emprendedora e de liderado sobre os recursos humanos da empresa, así como ser capaz de traballar de forma colaboradora e desenvolver habilidades de relacións interpersoais. |
A2 A5 A6 A12 A13 A26
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. CONCEPTO DE XESTIÓN DE RECURSOS HUMANOS |
1.1. As tres áreas da xestión de recursos humanos.
1.2. Importancia da xestión de recursos humanos no sector turístico.
1.3. Obxectivos da xestión do persoal na empresa turística.
|
Tema 2. POLÍTICA LABORAL E SALARIAL |
2.1. Postos e tipos de contratación no sector turístico.
2.2. Política salarial e factores.
2.3. Complementos do salario. |
Tema 3. SELECCIÓN E RECRUTAMENTO DE PERSOAL
|
3.1. Fases previas: fontes de recrutamento, currículo vitae.
3.2. Fases centrais: técnicas de selección (entrevistas, test e outras formas de selección).
3.3. Fases finais.
|
Tema 4. INCORPORACIÓN AO POSTO DE TRABALLO
|
4.1. Acollida e incorporación á empresa.
4.2. Manual do/a empregado/a. Información ao empregado/a.
4.3. Período de aprendizaxe.
4.4. Prevención de Riscos Laborais.
|
Tema 5. FORMACIÓN DO PERSOAL NA EMPRESA TURÍSTICA
|
5.1. Avaliación de necesidades de formación.
5.2. Plan de formación. |
Tema 6. A MOTIVACIÓN COMO FERRAMENTA PARA DIRIXIR O EQUIPO DE TRABALLO
|
6.1. Motivación e rendemento dos/as empregados/as.
6.2. Técnicas e efectos da motivación. Estratexia de employer branding.
6.3. Valoración de tarefas.
6.4. Promoción do persoal.
|
Tema 7. O TRABALLO EN EQUIPO E O SEU IMPACTO NA EMPRESA
|
7.1. O grupo eficaz na empresa turística.
7.2. Dirección de grupos humanos.
7.3. Interacción de grupos.
7.4. Importancia da delegación.
|
Tema 8. A COMUNICACIÓN INTERNA NA EMPRESA TURÍSTICA
|
8.1. Técnicas e estratexias de comunicación. Comunicación interna.
8.2. As reunións de traballo
8.3. Comunicación no sector turístico. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A2 A5 A6 A12 A13 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C4 C5 C6 C7 C8 |
10 |
20 |
30 |
Estudo de casos |
A2 A5 A6 A12 A13 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
8 |
20 |
28 |
Traballos tutelados |
A2 A5 A6 A12 A13 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
8 |
28 |
36 |
Proba mixta |
A2 A5 A6 A12 A26 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C4 C5 C6 C7 C8 |
1 |
8 |
9 |
Seminario |
A2 A5 A6 A12 A13 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
15 |
30 |
45 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral do/a profesor/a dos temas da materia nas sesións online, as cales quedarán gravadas a disposición do alumnado. Tamén facilitase ao alumnado o material correspondente a cada tema a través de Moodle. |
Estudo de casos |
Estudo de casos e situacións reais de empresas turísticas e do ámbito laboral actual dos cales se facilitará ao alumno/a datos concretos extraidos de informes, reportaxes e noticias de prensa así como doutros documentos audiovisuais de interese. Propoñeranse exercicios relacionados cos temas que se irán concretando ao longo do curso. |
Traballos tutelados |
Realización de traballos prácticos obrigatorios tutorizados individuais ou en grupos reducidos sobre diversas situacións empresariais relacionadas có sector. No devandito traballo o alumno/a ten que planificar/deseñar e clasificar os recursos humanos e as súas capacidades segundo tipo de empresa. |
Proba mixta |
Exame mixto onde haberá unha parte test que valora a aprendizaxe de conceptos e outra parte de preguntas de desenvolvemento que valora a aprendizaxe de coñecementos. |
Seminario |
Traballo práctico de aprendizaxe colaborativa en pequenos grupos sobre algúns dos temas da materia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Estudo de casos |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
O estudo de casos supón a atención personalizada de titorías en pequenos grupos na aula ou modalidade online (no caso necesario). Os traballos tutelados tamén supoñerán un seguimento e control do/a alumno/a. As titorías iranse expoñendo a medida que se explique o contido teórico do curso e a súa aplicación práctica. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Estudo de casos |
A2 A5 A6 A12 A13 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Estes taballos forman parte da avaliación continua.
Aspectos avaliables: capacidad de síntesis, procura da información documental e reflexión sobre o tema.
|
20 |
Proba mixta |
A2 A5 A6 A12 A26 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C4 C5 C6 C7 C8 |
Constará dun exame escrito obrigatorio composto dunha parte conceptual e outra de desenvolvemento ou aplicativas da materia, sendo imprescindible superar cada unha das partes. O/A alumno/a deberá obter no exame unha cualificación mínima de 5 (sobre 10), non podendo, en ningún caso, ter unha cualificación inferior a 4 nalgunha das partes. En caso de obter unha cualificación por baixo de 4 nalgunha das partes, esta será a cualificación final da proba mixta. |
40 |
Traballos tutelados |
A2 A5 A6 A12 A13 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Ao comenzo de curso daranse as pautas a seguir e tipo de empresa/caso práctico para traballar. Aquel/a alumno/a que non participe no traballo grupal terá que facelo de forma individual. Estes traballos forman parte da avaliación continua.
Aspectos avaliables: participación activa, cumprimento do regulamento de actuación do grupo, capacidade de colaboración, uso de comunicación bidireccional, establecimento de obxectivos, posta en escena, elaboración final do informe e reflexión crítica.
É de máxima importancia neste traballo de grupo a participación activa e o aproveitamento na aula nas clases interactivas. |
40 |
|
Observacións avaliación |
1ª Oportunidade: a parte práctica de avaliación continua ten un valor dun 60%, a
parte teórica (exame) ten un valor dun 40%. Os traballos tutelados e estudos de casos son obrigatorios para a avaliación continua (60%) e o/a alumno/a terá que obter un mínimo de 5 (sobre 10), entre ambas metodoloxías, para facer media co exame (40%), no cal tamén deberá obter un mínimo de 5 (sobre 10). Gárdase a nota da parte práctica ou do exame para a 2ª oportunidade, no caso de ter aprobada algunha das partes. 2ª Oportunidade: no caso de ser NP ou suspenso na 1ª oportunidade, o/a alumno/a deberá entregar todos os traballos obrigatorios requiridos para tentar superar a materia na 2ª oportunidade. No caso do/s traballo/s de grupo, deberá facelo de forma individual. A nota da parte práctica da avaliación continua (no caso de estar aprobada) gardarase para as seguintes convocatorias de cursos sucesivos ou oportunidade adiantada, pero no caso de que os contidos ou criterios da parte práctica da evaluación continua sexan modificados na guia docente, non quedará gardada a nota, polo que o/a alumno/a deberá revisar a guia docente do curso no que se presenta ou o consultará co/a profesor/a antes de presentarse ao exame. No caso de que non se supere unha das partes da materia, sexa na 1ª ou na 2ª oportunidade, a calificación final da mesma será dun máximo dun 4. O/A alumno/a obterá a calificación de NP se non se presenta ao exame, aínda que haxa realizado os traballos da avaliación continua durante o curso (independentemente da oportunidade). Convocatoria adiantada: séguense os mesmos criterios que para a avaliación de 1ª ou 2ª oportunidade, polo que o/a alumno/a deberá poñerse en contacto co/a profesor/a con suficiente antelación para establecer os traballos a realizar de forma individual e as datas de entrega. Dispensa académica: o alumnado con recoñecemento de dispensa
académica de exención de asistencia, solicitada oficialmente, deberá facer os traballos obrigatorios, e
facelos chegar ao/á profesor/a para a súa avaliación nas datas que se establezcan, polo que é importante que o/a alumno/a se poña en contacto co/a profesor/a con suficiente antelación. Disponibilidade dos idiomas en relación as probas escritas da evaluación: o exame estará no idioma de impartición da materia, se se desexa no outro idioma oficial da UDC, solicitaráse unha semana antes da data de realización. Implicaciones da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das
probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará
directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a
falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado
con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade
como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta
de primeira oportunidade, se fose necesario. Atención á diversidade: a materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, cos servizos disponíbeis na UDC, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
García Isa, Isabel (2013). Gestión de Recursos Humanos en Empresas Turísticas. Editorial Paraninfo S.A.
Bayón Mariné, Fernando y García Isa, Isabel (1997). Gestión de Recursos Humanos. Manual para tècnicos en empresas turísticas. Madrid. Editorial Síntesis
Iglesias J.A. (1992). La gestión de Recursos Humanos aplicada al sector turístico. Barcelona, Bosch
Serrat i Juliá, Josep (1996). La Gestión del personal en la empresa turística. Centro de Estudios Ramón Areces S.A.
Agut, Sonia; Grandío, Antonio y Peris, Rosana (2011). Los Recursos Humanos en el ámbito turístico. Editorial Síntesis
Rubio Gil, Angeles (2001). Los Recursos Humanos en el sector turístico español: organización del trabajo y empleo. Ariel Turismo
Rodríguez Crespo, Mª José y Vallecillo Orellana, Araceli (2018). Manual para la gestión laboral de los Recursos Humanos en las empresas turísticas. Tecnos |
|
Bibliografía complementaria
|
Werther, William B. y Davis, Jr. Keith (2000). Administración de personal y Recursos Humanos. Madrid. Mc-Graw Hill
Bonache, J y Cabrera A. (2007). Dirección de personas. Madrid,Pearson Educación
Satre, M.A. y Aguilar, E.M. (2003). Dirección de Recursos Humanos. Un enfoque estratégico. Madrid. Mc-Graw Hill
Gómez Mejía, L. y otros (2008). Gestión de Recursos Humanos. Madrid. Pearson Educación S.A.
Dolán, S. (1999). La Gestión de los Recursos. Madrid.Mc-Graw Hill
Alcaide M., González M., Florez J. (1996). Mercado de trabajo, reclutamiento e formación en España. Madrid, Pirámide
Ordóñez, M (1996). Modelos y experiencias innovadoras en la gestión de los recursos humanos. Barcelona, Gestión 2000
Casanueva, C., García del Junco J. y Caro F.J. (2000). Organización y gestión de empresas turísticas. Madrid, Pirámide
Lapiedra R. y Rodríguez, R.M. (2022). Turismo con R mayúscula: Reconstruyendo, Reactivando y Redirigiendo el sector turístico hacia un nuevo tiempo. Editorial Tirant Blanch |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Direción Estratéxica de Empresas Turísticas/662G01042 |
|
Observacións |
Perspectiva de Xénero: segundo se recolle nas distintas
normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a
perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase
bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase
de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores
de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por
razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. |
|