Todos os estudantes deberán participarobrigatoria e activamente nas clases presenciais, xa que se conciben como unrecurso co que fomentar a súa implicación na adquisición e asimilación doscontidos.
1ª OPORTUNIDADE
Os estudantes DEBEN aprobar (50%) todas e cada unhadas seccións de avaliación para superar a materia tanto na primeira como na segunda oportunidade. En caso de non superarse algunha das partes da avaliación, e aínda que a suma final das partes sexa maior de 5, a cualificación final da materia non será en ningún caso superior a un 4,5 sobre 10.
DISPENSA ACADÉMICA O alumno que teña dispensa académica recoñecida será evaluado seguindo as mesmas indicaciones que figuran no apartado da primeira oportunidade. O alumno terá que poñerse en contacto coa profesora tan pronto como teña concedida a dispensa.
2ª OPORTUNIDADE
O mesmo sistema de avaliación será aplicado na segunda oportunidade que na primeira oportunidade, e os alumnos deberán facer de novo aquelas partes da materia na que non obtiron una califaciación de aprobado ou non se presentaron. No caso do seminario, este consistirá nunha proba escrita.
Isto será válido SO para as dúas oportunidades correspondentes ao presente ano académico.
Os alumnos da oportunidade adiantada terán que realizar un exame escrito (50%) e unha
presentación oral (50%).
Calificación de NON PRESENTADO
Só se obterá a cualificación de
NON PRESENTADO se
non se participou en ningunha das actividades e tarefas que constitúen a
avaliación da materia.
Honradez académica/implicación de plaxioAo/á
alumno/a que incorra en fraude académica aplicaráselle a sanción correspondente
recollida no regulamento disciplinar do estudantado da UDC (art. 11, apartado
4. b)).
Regulamento disciplinar do estudantado da UDC
(Artigo 11, apartado 4 b)
Cualificación
de suspenso na convocatoria na que se cometa a falta de respecto da materia en
que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica
0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da
falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto procederase
a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, fósese
necesario.
Atención á diversidadeA materia poderá ser adaptada ao estudantado que
precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física,
visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental).
De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC/no
Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada
cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (
https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de
Turismo, dentro do periodo estipulada para cada sesión.
Perspectiva de xéneroSegundo se recolle nas distintas normativas de
aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de
xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de
autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e
alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de
respecto e igualdade. No caso de detectar situacións de discriminación por razón
de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas.