Identifying Data 2023/24
Subject (*) Second Modern Language I: German Code 662G01047
Study programme
Grao en Turismo
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Second Obligatory 6
Language
German
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Martín Cancela, Elena
E-mail
e.mcancela@udc.es
Lecturers
Martín Cancela, Elena
Tajes Lobelos, Ángela
E-mail
elena.martin@udc.es
angela.tajes@udc.es
Web
General description Esta materia foi deseñada para dotar os futuros graduados duns coñecementos e habilidades mínimos necesarios para comprender e facerse comprender en situacións habituais da vida cotiá en países de fala alemá, así como para poder desenvolver unha conversación de temas cotiáns cunha persoa de fala alemá. Ademais proporcionaráselle ao alumnado uns coñecementos lingüísticos que lle permitan desenvolver as competencias lingüísticas mínimas (oral e escrita) para que sexan capaces de desenvolver tarefas en empresas do sector turístico con clientes de fala alemá ou outras empresas de países de fala alemá.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A6 Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente.
A13 Manexar técnicas de comunicación.
A15 Traballar en inglés como lingua estranxeira.
A16 Comunicarse de forma oral e escrita nunha segunda lingua estranxeira.
A17 Comunicarse de forma oral e escrita nunha terceira lingua estranxeira.
A29 Traballar en medios socioculturais diferentes.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Consolidar as estruturas básicas da lingua alemá a nivel básico. A13
A16
A17
B1
B2
B3
B4
B6
C1
C2
C6
C7
Consolidar un léxico xeral básico para poder entrar en conversacións (de forma oral ou escrita) con persoas de fala alemá. A6
A13
A15
A16
A17
A29
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C4
C7
C8
Consolidar unhas nocións básicas de léxico e estruturas gramaticais propias do sector turístico. A13
A16
B1
B2
B4
B6
C1
C2
C5
C7
Coñecer os diferentes costumes, culturas e normas de comportamento nos países de fala alemá. A6
A13
A16
A29
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C2
C3
C4
C6
C7
Comprender e producir mensaxes orais e escritas a nivel básico en situacións tanto persoais coma relacionadas co campo do sector turístico con empresas e persoas de fala alemá. A13
A16
A29
B1
B6
B7
C2
C7

Contents
Topic Sub-topic
Grundlagen der deutschen Sprache Aussprache, Syntax, Groß- und Kleinschreibung, das Alphabet.
Begrüßung und Verabschiedung Vorlieben, Verbkonjugation, W-Fragen, Präpositionen "in, aus, nach".
Angaben zur Person und Berufe Verbkonjugation, Präpositionen "als, bei, mit", Ja-/Nein-Fragen, die Verneinung, "doch", Wortbildung mit -in.
Gegenstände und Eigenschaften Bestimmter unbestimmter Artikel und Negativartikel im Nominativ und Akkusativ; Nomen (Genus und Plural), Personalpronomen im Nominativ.
Freizeit, Jahreszeiten, Wochentage Verben "haben" und "möchten",bestimmter unbestimmter Artikel und Negativartikel im Dativ.
Verben mit Vokalwechsel, trennbare Verben, "man", temporal Präpositionen "in, an, zu", Position 1 im Satz.
Familienwörter, Sprachen, Nationalitäten Possessivartikel und Personalpronomen im Akkusativ, Genitiv.
Lebensmittel, Verpackungen, Mengenangaben Modalverben, Satzklammer bei Modalverben, Nullartikel, Steigerung "gern".
Uhrzeiten, Tageszeiten, Monate Modalverben, temporale Präpositionen, das Futur.
Die Wohnung, Zimmer und Gebäude Lokale Präpositionen, Dativ, "legen-liegen, stehen-stellen, setzen-sitzen", Personalpronomen im Dativ.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Speaking test A6 A13 A16 A17 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C3 C4 C7 C8 3 17 20
Supervised projects A13 A15 A16 A29 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 6 24 30
Workshop A13 A16 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C7 15 25 40
Introductory activities A15 B1 B2 B3 C4 C6 3 0 3
ICT practicals B5 C3 C4 3 8 11
Guest lecture / keynote speech A13 A16 A17 A29 B1 B3 B4 B7 C2 C4 C5 C6 12 8 20
Mixed objective/subjective test A13 A16 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C7 2 20 22
 
Personalized attention 4 0 4
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Speaking test Ao longo do curso realizaranse distintos exercicios de expresión e comprensión oral, mais unha proba nos últimos días do curso.
Supervised projects O alumnado deberá realizar exercicios de expresión escrita relacionados con cada un dos temas tratados na aula. O número das devanditas redaccións e a súa extensión serán fixados semanalmente polo profesorado.
Workshop Cada un dos temas tratados levará asignadas unha serie de tarefas e exercicios, a realizar na aula, destinados a consolidar e fixar os coñecementos explicados. As devanditas tarefas poderán ser ben orais ou escritas. Será de especial relevancia a participación activa de todo o alumnado nestas sesións e serán tidas en conta para a calificación final da materia.
Introductory activities Trátase da primeira toma de contato coa lingua alemá, na que se realizarán diferentes aclaraciones e actividades dirixidas a obter información relevante sobre o alumnado e o seu nivel de partida na língua alemá, co fin de articular a docencia e favorecer a aprendizaxe eficaz e significativo.
ICT practicals Explicacións e uso de fermentas informáticas e novas tecnoloxías como apoio ao aprendizaxe da lengua alemá.
Guest lecture / keynote speech O profesorado expondrá as principais cuestións teóricas relacionadas coa materia que serán abordadas e postas en práctica posteriormente no resto de metodoloxías da materia.
Mixed objective/subjective test Na data fixada pola Xunta de Facultade realizarase a proba escrita que constarán de duas partes diferenciadas:
a.- Exercicios de gramática.
b.- Expresión escrita + Comprensión lectora.

Dita proba avaliará os coñecementos e competencias adquiridas polo estudantado.

Personalized attention
Methodologies
Speaking test
Supervised projects
Workshop
Mixed objective/subjective test
Description
Previa á proba oral realizarase unha sesión conxunta cos alumnos na que o profesor responderá e orientase ao alumnado de cara á devandita proba.
Así mesmo os traballos tutelados irán acompañados de sesións breves (individuais ou en grupo) nas que se abordarán as problemáticas que vaian xurdindo ao longo do curso na realización das devanditas probas.
A final de curso terá lugar unha última sesión na que se responderán e aclararán todas as dúbidas que aínda puidese haber.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Speaking test A6 A13 A16 A17 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C3 C4 C7 C8 - Realizaranse distintas actividades orais ao longo do curso para avaliar esta competencia, ademais dunha proba oral final pública tipo presentación e/ou entrevista que se realizará na aula nos últimos días do curso.

- Para a avaliación da devandita proba e actividades atenderase á corrección gramatical, aspectos fonéticos, estrutura e contido do discurso, así como á comprensión oral do alumnado.
10
Supervised projects A13 A15 A16 A29 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 - O alumnado deberá entregar un mínimo dun 80% dos traballos obrigatorios, de non ser así a cualificación desta parte será de 0.

- Na avaliación atenderase a aspectos gramaticais, contido e estruturas traballados na aula, así como á presentación dos mesmos en forma e data, seguindo as indicacións proporcionadas polo profesorado na aula.

- Non se aceptará ningunha entrega fóra de prazo ou que non siga as canles e formato de entrega indicados polo profesorado.
15
Workshop A13 A16 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C7 - O aproveitamento e participación activa nas aulas será o principal punto a ter en conta na valoración deste apartado. Para iso realizaranse actividades na aula da parte práctica e teórico-práctica (contidos gramaticais, léxico, expresións oral e escrita, comprensións oral e lectora, e interacción oral).

- O alumnado matriculado nesta materia participará nun entorno de aprendizaxe gamificado, isto poderá supoñer ata un 10% da calificación no obradoiro*. (Ver nota en observacións)
20
Mixed objective/subjective test A13 A16 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C7 - A proba mixta constará de dúas partes:
a.- Exercicios de contido gramatical.
b.- Expresión escrita e comprensión lectora.

- Será necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 en cada unha das partes para superar a proba.

- En caso de obterse unha nota inferior a 4 nalgunha das partes, a cualificación final da proba non poderá ser superior a 3.5 sobre 10.
55
 
Assessment comments

Entorno de aprendizaxe gamificado

  • No caso de que non fora posibel a realización destas actividades, realizaranse outros traballos tutelados adicionais, quedando a porcentaxe do obradoiro nun 10% e a dos traballos tutelados nun 25%. A devandita circunstancia será comunicada nas primeiras semanas do cuadrimestre.

Requisitos para superar a materia en 1ª oportunidade

  • Realizar a proba oral. De non realizala, o/a alumno/a será cualificado como Non Presentado en acta.
  • Obter unha cualificación de 5 sobre 10 no cómputo global das actividades, cunha cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba mixta. De non cumprirse este requisito, a cualificación final da materia non poderá ser superior ao 4.5 sobre 10.

2ª Oportunidade e convocatoria adiantada
  • O alumnado deberá realizar a proba oral (10%) nunha data acordada co profesorado (no caso de non haberse realizado ou superado en 1ª oportunidade).
  • O 90% da cualificación corresponderase coa cualificación obtida nunha proba escrita que seguirá os mesmos criterios que a de 1ª oportunidade e realizarase nas datas aprobadas e publicadas en Xunta de Facultade en cada curso académico.

Cualificación de Non Presentado
  • Calquera que sexa a oportunidade e/ou convocatoria, todo/a alumno/a que non se presente á proba oral e/ou mixta será cualificado como Non Presentado.

Alumnado con recoñecemento de dispensa académica
  • O alumnado con recoñecemento de dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "norma que regula o réximen de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC  (Arts. 2.3; 3.b e 4.5)" deberá entregar e realizar as mesmas actividades e probas que o resto do alumnado e na mesma data. Poderase establecer unha data diferente para a proba oral no caso de que estivese debidamente xustificado.
  • A porcentaxe na avaliación das actividades na aula sumarase ao dos Traballos Tutelados, quedando distribuídos as porcentaxes do seguinte modo: Proba oral (10%), Traballos Tutelados (35%), Proba Mixta (55%).

Prácticas ilícitas e fraude académica
  • Os traballos ou probas nos que se detecten prácticas ilícitas (uso de tradutores  automáticos para a elaboración de traballos tutelados, plaxio, etc.) suporán un 0 na parte avaliable da materia. 
  • Ao/á alumno/a que incorra en fraude académica aplicaráselle a sanación correspondente recollida no Regulamento disciplinar do estudiantado da UDC (art. 11, apartado 4. b)). 
  • Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario artigo 14.

Sources of information
Basic Werner, G (2022). Grammatiktraining Deutsch als Fremdsprache. Langenscheidt / PONS

Xa que o curso non se asinta nunha única gramática ou libro de texto, ao comezo do curso ou de cada bloque temático o docente poderá achegar as referencias bibliográficas que estime oportunas, así como exercicios e textos.

Complementary Lemcke, Ch. & Rohrmann, L (2009). Berliner Platz 1 Neu. Langenscheidt
Lübke, S. (2017). Deutsche Grammatik in kleinen Schritten. Lehr- und Übungsbuch A1-A2. Liebaug-Dartmann
Rusch, P & Schmitz, H (2007). Einfach Grammatik. Übungsgrammatik Deutsch A1 bis B1. Langenscheidt
Braucek, B. & Castell, A (2013). Gramática básica del alemán A1-B1. Idiomas / Hueber
Castell, A (1997). Gramática de la lengua alemana. Idiomas
Braucek, B. & Castell, A (2000). Gramática de la lengua alemana. Ejercicios. Idiomas / Hueber
Castell, A (1997). Gramática de la lengua alemana: Ejercicios. Idiomas
Lemcke, C & Rohrmann, L (2006). Grammatik. Intensivtrainer A1. Langenscheidt
Cohen, U (2001). Herzlich Willkommen. Deutsch im Restaurant und Tourismus. Arbeitsbuch / Lehrbuch. Langenscheidt
Fandrych, C & Tallowitz, U (2008). Klipp und Klar. Gramática práctica del alemán. Klett
Al Dreyer, H & Scmitt, R (2000). Lehr- und Übungsbuch der deutschen Grammatik. Hueber
Corcoll, B & Corcoll, R (2006). Programm. Alemán para hispanohablantes. Ejercicios. Herder
Corcoll, B & Corcoll, R (2006). Programm. Alemán para hispanohablantes. Gramática. Herder
Borrueco, M (2000). Reisen. Deutsch als Fremdsprache für das Tourismusstudium. Arbeitsbuch / Lehrbuch. Síntesis
Braucek, B. & Castell, A (2002). Verbos alemanes. Diccionario de conjugación y complementación. Hueber
Cohen, U (2000). Zimmer frei. Deutsch im Hotel: Arbeitsbuch / Lehrbuch. Langenscheidt


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Second Modern Language II: German/662G01048
Second Modern Language III: German/662G01049

Other comments

Queda expresamente prohibido o uso de dispositivos móbiles na aula sen autorización previa.


Recomendacións para o correcto seguimento da materia
  • O alumnado deberá planificar o seu traballo ao longo de todo o curso seguindo a materia de forma continuada e realizando as tarefas indicadas en tempo e forma correctas.
  • O esforzo continuo permitiralle levar a materia de forma cómoda, consolidar os novos coñecementos apoiándose nos anteriores e asumir un ritmo de traballo axeitado seguindo as pautas e indicacións do profesor.
  • O estudo individual da materia deberá ir ao mesmo tempo co temario e actividades que se desenvolvan na aula.
  • Recoméndase un mínimo de 4 horas de traballo autónomo por cada 3 horas presenciais.
  • Dada a complexidade do idioma alemá para alumnos/as hispanofalantes recoméndase especialmente que se leve unha asimilación e estudo dos conceptos adecuado para evitar as présas e falta de tempo a final de curso.
  • Recomendase a asistencia á titorías personalizadas ao longo do curso para resolver problemas ou dúbidas individuais.

Espérase do alumnado:

• Activa e regular asistencia e participación na aula.

• Traballo constante e preparación previa e posterior das clases.

• Lectura da bibliografía recomendada.


Medidas de apoio á diversidade (ADI)

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que requirada adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade.


Poderán pedir asesoramento ao profesorado, á persoaresponsable da Facultade de Turismo e/ou á Unidade de Atención á Diversidade(ADI): http://www.udc.es/cufie/adi/ (tel. 881015622; email: adi@udc.es).

Deberán contactar cos servizos dispoñibles nos prazosoficiais estipulados (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/).


Normativa en materia de igualdade

Dacordo coa normativa en materia de igualdade, nesta materia aplícase a perspectiva de xénero mediante linguaxe non sexista e inclusivo, bibliografía de autores/as de ambos os sexos, etc. Así mesmo fomentaranse valores de respecto e igualdade e en caso de detectarse situacións de discriminación por razón de xénero, adoptaranse as accións e medidas necesarias para corrixilas.


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.