Identifying Data 2023/24
Subject (*) Second Modern Language II: German Code 662G01048
Study programme
Grao en Turismo
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Third Obligatory 6
Language
German
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Martín Cancela, Elena
E-mail
e.mcancela@udc.es
Lecturers
Martín Cancela, Elena
E-mail
elena.martin@udc.es
Web
General description Esta materia foi deseñada para dotar os futuros graduados duns coñecementos e habilidades medios necesarios para comprender e facerse comprender en situacións habituais da vida cotiá en países de fala alemá, así como para poder desenvolver unha conversación de temas cotiáns e turísticos cunha persoa de fala alemá. Ademais proporcionaráselle ao alumnado uns coñecementos lingüísticos que lle permitan desenvolver as competencias lingüísticas medias (oral e escrita) para que sexan capaces de desenvolver tarefas en empresas do sector turístico con clientes de fala alemá ou outras empresas de países de fala alemá.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A6 Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente.
A13 Manexar técnicas de comunicación.
A15 Traballar en inglés como lingua estranxeira.
A16 Comunicarse de forma oral e escrita nunha segunda lingua estranxeira.
A17 Comunicarse de forma oral e escrita nunha terceira lingua estranxeira.
A29 Traballar en medios socioculturais diferentes.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Aprender as estructuras básicas da lingua alemá a nivel medio. A6
A16
A17
B1
B4
B6
B7
C2
C7
C8
Adquirir unhas nocións de grao medio de léxico e estruturas gramaticais propias do sector turístico. A13
A15
A16
B1
B2
B3
B4
B6
B7
C1
C2
C5
C7
Coñecer os diferentes costumes, culturas e normas de comportamiento nos países de fala alemá. A16
A29
B4
B5
B6
B7
C2
C3
C4
C6
C7
Comprender e producir mensaxes orais e escritas a nivel medio en situacións tanto persoais coma relacionadas co campo do sector turístico con empresas e persoas de fala alemá. A13
A16
A29
B1
B3
B4
B6
B7
C2
C7

Contents
Topic Sub-topic
Reservierungsdialoge im Hotel Vergangeheitsformen: Perfekt und Präteritum.
Briefe Geschäftsbriefe, Temporaladverbien und Futur I.
Hotel und Umgebungen "man" und "es", Imperativ, Deklination der Adjektive, N-Deklination.
Die Rechnung, Beschwerde und Zufriedenheit der Gästen Steigerungsformen Adjektive und Adverbien, Relativpronomen.
Pauschalreise und Reiseangebot Nebensätze und Konektoren.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Speaking test A6 A13 A16 A17 B1 B3 B4 C2 C4 C8 6 15 21
Supervised projects A15 A29 B1 B2 B6 B7 C1 C3 C5 C6 3 34 37
Workshop A16 B1 B3 B4 B6 C2 C3 C4 C6 15 18 33
Guest lecture / keynote speech B1 B4 B5 C5 C6 C7 C8 18 18 36
Mixed objective/subjective test A16 B1 B3 B4 B6 C2 C3 2 15 17
 
Personalized attention 6 0 6
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Speaking test Nos últimos días do curso terá lugar unha proba oral consistente nunha presentación dun establecimiento turístico seguindo as pautas e indicacións explicadas na aula.
Supervised projects O alumnado deberá realizar exercicios de expresión escrita relacionados con cada un dos temas tratados na aula. O número das devanditas redaccións e a súa extensión serán fixados semanalmente polo profesorado.
Workshop Cada un dos temas tratados nas clases maxistrais levará asignada unha serie de tarefas e exercicios destinados a consolidar e fixar os coñecementos explicados. As devanditas tarefas poderán ser ben orais ou escritas.
Guest lecture / keynote speech Sesións teóricas e prácticas impartidas polo profesorado sobre os contidos da materia.
Mixed objective/subjective test Ao final do curso realizarase unha proba mixta final escrita que constarán de dúas partes diferenciadas:
a.- Exercicios de gramática.
b.- Expresión escrita + Comprensión lectora

Personalized attention
Methodologies
Speaking test
Supervised projects
Description
A atención personalizada dependerá da metodoloxía empregada e das necesidades do alumnado. Realizarase de xeito conxunto na aula e tamén de maneira individual.

Previa á proba oral realizarase unha sesión conxunta cos alumnos na que o profesorado responderá e orientará ao alumnado de cara á devandita proba.

Así mesmo os traballos tutelados irán acompañados de sesións breves (individuais ou en grupo) nas que se abordarán as problemáticas que vaian xurdindo ao longo do curso.

Ao final do curso terá lugar unha última sesión na que se responderán e aclararán todas as dúbidas que aínda puidese haber.

Ademais, o alumnado pode, en calquera momento, solicitar unha titoría para tratar calquera dúbida ou dificultade que atope ao longo do curso.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Speaking test A6 A13 A16 A17 B1 B3 B4 C2 C4 C8 - Realizaranse distintas actividades orais ao longo do curso para avaliar esta competencia, ademais dunha proba oral final pública tipo presentación e/ou entrevista que se realizará na aula nos últimos días do curso.

- Para a avaliación da devandita proba e actividades atenderase á corrección gramatical, aspectos fonéticos, estrutura e contido do discurso, así como á comprensión oral do alumnado.

15
Supervised projects A15 A29 B1 B2 B6 B7 C1 C3 C5 C6 - O alumnado deberá entregar un mínimo dun 80% dos traballos obrigatorios, de non ser así a cualificación desta parte será de 0.

- Na avaliación atenderase a aspectos gramaticais, contido e estruturas traballados na aula, así como á presentación dos mesmos tanto en forma e data, seguindo as indicacións proporcionadas polo profesorado na aula.

- Non se aceptará ningunha entrega fóra de prazo ou que non siga as canles e formato de entrega indicados polo profesorado

15
Workshop A16 B1 B3 B4 B6 C2 C3 C4 C6 - O aproveitamento e participación activa nas aulas será o principal punto a ter en conta na valoración deste apartado. Para iso realizaranse actividades na aula da parte práctica e teórico-práctica (contidos gramaticais, léxico, expresións oral e escrita, comprensións oral e lectora, e interacción oral). 15
Mixed objective/subjective test A16 B1 B3 B4 B6 C2 C3 - A proba mixta constarán de dúas partes:
a.- Exercicios de contido gramatical.
b.- Expresión escrita e comprensión lectora.

- Será necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 en cada unha das partes para superar a proba.

- En caso de obterse unha nota inferior a 4 nalgunha das partes, a cualificación final da proba non poderá ser superior a 3.5 sobre 10.
55
 
Assessment comments

Requisitos para superar a materia en 1ª oportunidade

  • Realizar a proba oral. De non realizala, o/a alumno/a será cualificado como Non Presentado en acta.
  • Obter unha cualificación de 5 sobre 10 no cómputo global das actividades, cunha cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba mixta. De non cumprirse este último requisito, a cualificación final da materia non poderá ser superior ao 4.5 sobre 10.

2ª Oportunidade
  • O alumnado deberá realizar unha proba oral (15%) nunha
    data acordada co profesorado (no caso de non haberse realizado ou superado
    en 1ª oportunidade).
  • O 85% da cualificación corresponderase coa
    cualificación obtida nunha proba escrita que seguirá os mesmos criterios
    que a de 1ª oportunidade e realizarase nas datas aprobadas e publicadas en
    Xunta de Facultade en cada curso académico.

Convocatoria adiantada
  • A distribución da avaliación será a seguinte: 50% proba mixta, 25% proba oral (a concretar co profesorado) e 25% traballos tutelados (a concretar co profesorado).

Cualificación
de Non Presentado



  • Calquera
    que sexa a oportunidade e/ou convocatoria, todo/a alumno/a que non se
    presente á proba oral e/ou mixta será cualificado como Non Presentado.










Alumnado con
recoñecemento de dispensa académica



  • O alumnado
    con recoñecemento de dispensa académica de exención de asistencia, segundo
    establece a "norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos
    estudantes de grao na UDC  (Art. 2.3; 3.b e 4.5)" deberá
    entregar e realizar as mesmas actividades e probas que o resto do alumnado
    e na mesma data. Poderase establecer unha data diferente para a proba oral
    no caso de que estivese debidamente xustificado.

  • A
    porcentaxe na avaliación das actividades na aula sumarase á dos Traballos
    Tutelados, quedando distribuídas as porcentaxes do seguinte modo: Proba
    oral (15%), Traballos Tutelados (30%), Proba Mixta (55%).










Prácticas
ilícitas e fraude académica



  • Os
    traballos ou probas nos que se detecten prácticas ilícitas (uso de
    tradutores  automáticos para a elaboración de traballos tutelados,
    plaxio, etc.) suporán un 0 na parte avaliable da materia.

  • Ao/á
    alumno/a que incorra en fraude académica aplicaráselle a sanción
    correspondente recollida no "Regulamento disciplinar do estudantado
    da UDC" (art. 11, apartado 4. b)).



Calquera falta de honradez académica (plaxio,
copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido nas "Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario" artigo 14.

Sources of information
Basic Werner, G (2001). Grammatiktraining Deutsch. Langenscheidt

Complementary Lübke, S. (2017). Deutsche Grammatik in kleinen Schritten. Lehr- und Übungsbuch A1-A2. Liebaug-Dartmann
Rusch, P; Schmitz, H (2007). Einfach Grammatik. Übungsgrammatik Deutsch A1 bis B1. Langenscheidt
Castell, A (1997). Gramática de la lengua alemana. Idiomas
Castell, A (1997). Gramática de la lengua alemana: Ejercicios. Idiomas
Lemcke, C; Rohrmann, L (2006). Grammatik. Intensivtrainer A1. Langenscheidt
Lemcke, C; Rohrmann, L (2006). Grammatik. Intensivtrainer A2. Langenscheidt
Cohen, U (2001). Herzlich Willkommen. Deutsch im Restaurant und Tourismus. Lehr- und Arbeitsbuch. Langenscheidt
Fandrych, C; Tallowitz, U (2008). Klipp und Klar. Gramática práctica del alemán. Klett
Al Dreyer, H.; Scmitt, R (2000). Lehr- und Übungsbuch der deutschen Grammatik. Hueber
Corcoll, B.; Corcoll, R (2006). Programm. Alemán para hispanohablantes. Ejercicios. Herder
Corcoll, B.; Corcoll, R (2006). Programm. Alemán para hispanohablantes. Gramática. Herder
Borrueco, M (2000). Reisen. Deutsch als Fremdsprache für das Tourismusstudium. Lehr- und Arbeitsbuch. Síntesis
Cohen, U (2000). Zimmer frei. Deutsch im Hotel: Lehr- und Arbeitsbuch. Langenscheidt


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Second Modern Language I: German/662G01047

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Second Modern Language III: German/662G01049

Other comments

Recomendase ao alumno que planifique o seu traballo ao longo de todo o curso seguindo a materia de forma continuada e realizando as tarefas indicadas en tempo e forma correctas. O esforzo continuo permitiralle levar a materia de forma cómoda, consolidar os novos coñecementos apoiándose nos anteriores e asumir un ritmo de traballo axeitado seguindo as pautas e indicacións do profesor. O estudo individual da materia deberá ir ao mesmo tempo co temario e actividades que se desenvolvan na aula. No caso do idioma alemán, debido á complexidade que supón para alumnos hispanofalantes recoméndase especialmente que se leve unha asimilación e estudo dos conceptos adecuado para evitar as présas e falta de tempo a final de curso. O alumno deberá ser capaz de relacionar os diferentes conceptos que se verán ao longo do curso para poder desenvolver as súas capacidades lingüísticas e comunicativas coa maior eficiencia posible. En todo momento se poñerán a disposición do alumno consellos e pautas de estudo que lle axuden nesta tarefa. Así mesmo recordar a posibilidade de acudir a titorías personalizadas ao longo do curso para resolver problemas ou dúbidas individuais do alumno.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.