Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Prácticas Externas Código 662G01050d
Titulación
Grao en Turismo (a distancia)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 24
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Moss , Sarah Louise
Correo electrónico
sarah.moss@udc.es
Profesorado
Crecente Maseda, Mario
Mariz Perez, Rosa
Martín Cancela, Elena
Moss , Sarah Louise
Rodríguez Carro, Carlos
Rodríguez Pallas, Angel
Correo electrónico
mario.crecente@udc.es
rosa.mariz@udc.es
elena.martin@udc.es
sarah.moss@udc.es
carlos.rodriguez3@udc.es
angel.rodriguez.pallas@udc.es
Web
Descrición xeral O Grao en Turismo da UDC Coruña, consciente da necesidade de formar os mellores profesionais en Turismo, considera, dentro do seu plan de estudios, unha materia obrigatoria denominada, Prácticas Externas.

O turismo necesita profesionais competentes e o mellor xeito de orientar a formación e preparación dos nosos alumnos, pasa por ofrecerlles a oportunidade de entrar en contacto co mundo laboral real. Para iso a UDC ten asinados convenios de colaboración para alumnos en prácticas coas empresas e grupos do sector turístico.

Durante o seu período de prácticas o alumno experimenta directamente as vantaxes e inconvenientes que deberá afrontar no seu futuro profesional, aprende a actuar cos medios e as técnicas que se utilizan diariamente e entra en contacto coas distintas ramas do sector turístico, o que lle permite poder elixir mellor o seu futuro profesional e prepararse para a súa inserción no mundo laboral.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 Comprender os principios do turismo: a súa dimensión espacial, social, cultural, política, laboral e económica.
A3 Comprender o carácter dinámico e evolutivo do turismo e da nova sociedade do lecer.
A4 Coñecer as principais estruturas político-administrativas turísticas.
A6 Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente.
A7 Recoñecer os principais axentes turísticos.
A10 Xestionar os recursos financeiros.
A11 Definir obxectivos, estratexias e políticas comerciais.
A12 Dirixir e xestionar (management) os distintos tipos de entidades turísticas.
A13 Manexar técnicas de comunicación.
A14 Comprender o marco legal que regula as actividades turísticas.
A15 Traballar en inglés como lingua estranxeira.
A16 Comunicarse de forma oral e escrita nunha segunda lingua estranxeira.
A17 Comunicarse de forma oral e escrita nunha terceira lingua estranxeira.
A18 Identificar e xestionar espazos e destinos turísticos.
A19 Xestionar o territorio turístico de acordo cos principios de sustentabilidade.
A20 Coñecer o procedemento operativo do ámbito de aloxamento.
A21 Coñecer o procedemento operativo do ámbito de restauración.
A22 Coñecementos a adquirir no ámbito dos procedementos operativos das empresas de intermediación.
A24 Utilizar e analizar as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) nos distintos ámbitos do sector turístico.
A25 Comprender un plan público e as oportunidades que se derivan para o sector privado.
A26 Planificar e xestionar os recursos humanos das organizacións turísticas.
A27 Comprender o funcionamento dos destinos, estruturas turísticas e os seus sectores empresariais no ámbito mundial.
A29 Traballar en medios socioculturais diferentes.
A30 Coñecer as principais iniciativas de posta en valor do patrimonio cultural
A31 Comprender as características da xestión do patrimonio cultural.
A32 Detectar necesidades de planificación técnica de infraestruturas e instalacións turísticas.
A33 Creatividade.
A34 Iniciativa e espírito emprendedor.
A35 Motivación por calidade.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Ser capaces de aprender de maneira autónoma na empresa na que os alumnos estean a se formar, comprometíendose coa política empresarial a todos os niveis e sabendo adaptarse aos cambios ou situacións expostas. B5
B6
B7
Ter iniciativa, vontade, saber estar, creatividade, proactividad e interese en levar a cabo o traballo encomendado, utilizando o razoamento crítico, a capacidade de análise e sístesis, sendo capaces de resolver os problemas cotiáns. A33
A34
A35
B1
B3
B4
B5
Traballar en inglés e outros idiomas en todas as empresas que o precisen, así como en espazos e medios socioculturais diferentes. A15
A16
A17
A29
C2
Coñecer o procedemento operativo, as distintas técnicas de traballo, as aplicacións das tenologías da información e comunicación nos ámbitos de alojamento, restauración, empresas de intermediación, planificación turística e información turística. A7
A10
A20
A21
A22
A24
A30
A33
A34
C3
C6
C8
Recoñecer os principais axentes turísticos, así como el marco legal que regula as actividades do sector. Identificar, xestionar e dirixir espazos turísticos, destinos e todo tipo de entidades turísticas. A1
A4
A7
A12
A14
A18
A19
A22
A25
A26
A27
A31
A32
Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente, cunha gran capacidade de comunicación, coñecendo claramente as políticas comerciais da empresa, sabendo, en cada caso, definir obxectivos e estratexias de comercialización, sempre buscando a calidade no servizo. A3
A6
A11
A13
A29
A35
Desenvolver o seu traballo de maneira comprometida cunha cidadanía aberta e comprometida. Asumir a importancia da aprendizaxe durante o seu proceso de formación e ao longo de toda a súa vida laboral. C4
C5
C7
Ser capaces de desenvolverse perfectamente ante os clientes na súa lingua nativa, así como nas linguas oficiais da comunidade autónoma. Dominar a expresión e comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. B2
C1
C2

Contidos
Temas Subtemas
Aplicaranse as competencias adquiridas nas materias do Grao en función do tipo de empresa /institutción. - Aplicar coñecementos nos departamentos das empresas de aloxamento
- Aplicar coñecementos en empresas de intermediación e de transporte
- Aplicar coñecementos en empresas ou institucións relacionadas coa xestión pública ou privada do Turismo
- Aplicar coñecementos en empresas ou institucións relacionadas co Turismo Activo
- Aplicar coñecementos en empresas ou institucións relacionadas coa organización de actos e eventos
- Aplicar coñecementos en empresas ou institucións relacionadas coa información / guía turística

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Simulación A35 A34 A33 A32 A31 A30 A29 A27 A26 A25 A24 A22 A21 A20 A19 A18 A17 A16 A15 A14 A13 A12 A11 A10 A7 A6 A4 A3 A1 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 595 0 595
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Simulación Según o regulamento de prácticas do Grao en Turismo:
https://www.udc.es/export/sites/udc/turismo/_galeria_down/practicas/Regulamento_practicas_externas_Grao_en_Turismo_texto.pdf_2063069294.pdf









Atención personalizada
Metodoloxías
Simulación
Descrición
A cada estudante asígnaselle un / unha titor / a profesional da empresa /institución onde realiza as súas prácticas, que ofrecerá orientación e axuda. Así mesmo, avaliará aos /as estudantes de acordo con as provisións do regulamento de prácticas.

Tamén se lle asigna a cada estudante un /a titor/a académica que lle orientará antes, durante e despois do seu período de prácticas.









Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Simulación A35 A34 A33 A32 A31 A30 A29 A27 A26 A25 A24 A22 A21 A20 A19 A18 A17 A16 A15 A14 A13 A12 A11 A10 A7 A6 A4 A3 A1 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Informe final do /da titor/a da empresa/ institución: 60%
Memoria de Prácticas do /da estudiante: 30%
Informe do /da Titor /a Académico: 10%
100
 
Observacións avaliación
OS/AS ESTUDANTES DEBEN CUMRPRIR COAS SEGUINTES OBRIGAS:

Entregar en tempo e forma
todos os documentos solicitados para a tramitación das súas prácticas:
solicitude, CV, etc.

Responder as
comunicacións que reciba ao seu nome desde a titoría de prácticas, ben sexa vía
telefónica ou correo electrónico. Deben empregar sempre o enderezo de correo electrónico da UDC. 

Informar a seu /sua titor/a académico/a, de
forma inmediata, de calquera incidencia relacionada coas prácticas.

Concertar co
titor interno, polo menos un contacto (persoal, telefónico ou enderezo de correo
electrónico da UDC ) ao mes.

Entregar, a
través do Campus Virtual, un INFORME DE AVALIACIÓN MENSUAL DE PRÁCTICAS no que
informará sobre as actividades realizadas, cumprimento de funcións, incidencias
etc.

Comunicar á
Titoría de Prácticas calquera proposta de modificación das condicións de
estancia na empresa inicialmente acordadas, así como calquera incidencia
relevantes (enfermidade, faltas de asistencia…).

Entregar a
Memoria de Prácticas a través do Campus Virtual elaborada de acordo cos
criterios que se establecen, na data asignada.

Cumprir 
integramente e nas condicións acordadas o período de prácticas establecido,
principalmente no que se refire a datas e horarios.

Cumprir
estritamente a normativa da empresa en canto a comportamento, vestimenta,
uniformidade, calzado, aparencia física e uso de instalacións.

A empresa pode
anular o convenio de prácticas e prescindir da colaboración se este non cumpre
coas súas obrigacións ou a súa actitude; comportamento ou aparencia non son os
adecuados.

Os seguintes feitos terán consideración de faltas moi
graves:

Ausencia
inxustificada ou retrasos frecuentes durante o período de prácticas.

Rendemento baixo ou actitude negativa no
desempeño das funcións encomendadas, segundo o criterio do titor externo.

Creación de
problemas ou conflitos ou calquera outro feito que dea lugar á interrupción das
prácticas por parte da empresa. 

Ante calquera incidencia
destas características a materia será cualificada como SUSPENSO.


Honradez académica/implicación de plaxio

Ao/áalumno/a que incorra en fraude académica aplicaráselle a sanción correspondente recollida no regulamento disciplinar do estudantado da UDC (art. 11, apartado4. b)).

Regulamento disciplinar do estudantado da UDC(Artigo 11, apartado 4 b)

Cualificaciónde suspenso na convocatoria na que se cometa a falta de respecto da materia enque se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión dafalta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fóse necesario


Atención á diversidade
 A materia poderá ser adaptada ao estudantado queprecise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física,visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental).De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC/noCentro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cadacuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo, dentro do periodo estipulada para cada sesión. 

Perspectiva de xénero
 Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores derespecto e igualdade. No caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas.

Fontes de información
Bibliografía básica

As empresas /institucións onde os /as estudantes realizan as súas prácticas proporcionarán aos/ as estudantes a bibliografía /fontes de información que consideren necesarios.


Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Socioloxía do Turismo/662G01001
Introdución a Economía/662G01002
Introdución ao Dereito/662G01003
Xeografía do Turismo/662G01004
Técnicas de Comunicación e de Promoción Turísticas/662G01005
Idioma Moderno: Inglés/662G01006
Patrimonio Cultural/662G01007
Informática de Xestión e do coñecemento/662G01008
Introdución ao Turismo/662G01009
Economía da Empresa/662G01010
Contabilidade Financiera/662G01011
Estatística/662G01012
Intermediación turística e transporte I/662G01013
Aloxamentos e Restauración I/662G01014
Primeiro Idioma Moderno I: Inglés/662G01015
Márketing Turístico/662G01016
Contabilidade de custos/662G01017
Recursos Territoriais Turísticos/662G01018
Segundo Idioma Moderno I: Francés/662G01019
Intermediación Turística e Transporte II/662G01021
Aloxamentos e Restauración II/662G01022
As TIC Aplicadas ao Turismo/662G01023
Métodos e Técnicas de Investigación no Turismo/662G01024
Xestión Turística do Patrimonio/662G01025
Fiscalidade Turística/662G01026
Análise de Estados Financeiros/662G01027
Primeiro Idioma Moderno II: Inglés/662G01028
Segundo Idioma Moderno II: Francés/662G01029
Comercialización de Produtos Turísticos/662G01031
Xestión Pública do Turismo/662G01032
Xestión de Calidade/662G01033
Segundo Idioma Moderno III: Francés/662G01034
Interpretación do Patrimonio/662G01038
Galicia Como Destino Turístico/662G01040
Creación e Xestión de Empresas Turísticas/662G01041
Direción Estratéxica de Empresas Turísticas/662G01042
Xestión de Recursos Humanos/662G01043
Inglés no Contorno Profesional/662G01045
Segundo Idioma Moderno I: Alemán/662G01047
Segundo Idioma Moderno II: Alemán/662G01048
Segundo Idioma Moderno III: Alemán/662G01049

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Os /as estudantes deben manter en todo momento unha actitude de interese, motivación, ganas de aprender e receptividade.


APARENCIA PERSOAL.
O turismo supón contacto co público, polo que a presenza do alumno debe ser o máis coidada posible. O aseo e o aspecto persoal han de ser impecables. 

NORMAS BÁSICAS DE CORTESÍA.
Non se debe esquecer que o/a estudante en prácticas está a representar á empresa, á si mesmo/a e á Facultade de Turismo e por tanto debe ser sempre cortés e amable cos/coas clientes e cos/coas compañeiros/as de traballo.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías