Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A16 |
Coñecer e aplicar as técnicas de avaliación e prevención de riscos, deseño de estudos e planes, así como dos procesos de coordinación da seguridade e saúde laboral na edificación. |
A23 |
Implementar os planes de seguridade e o seu control en obra. |
A25 |
Deseñar e redactar estudos e planes de evacuación e seguridade dos edificios. |
B2 |
Capacidade de organización e planificación. |
B6 |
Capacidade para a toma de decisións. |
B13 |
Compromiso ético. |
B16 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
B22 |
Sensibilidade cara a temas de seguridade laboral, accesibilidade, sustentabilidade e medioambiente. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables. |
C7 |
Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e aplicar as técnicas de avaliación e prevención de riscos, deseño de estudos e planes, así como dos procesos de coordinación da seguridade e saúde laboral na edificación. |
A16 A23 A25
|
B2 B6 B13 B16 B22
|
C1 C3 C4 C5 C6 C7
|
Implementar os planes de seguridade e o seu control en obra. |
A16 A23 A25
|
B2 B6 B13 B16 B22
|
C1 C3 C4 C5 C6 C7
|
Deseñar e redactar estudos e planes de evacuación e seguridade dos edificios. |
A16 A23 A25
|
B2 B6 B13 B16 B22
|
C1 C3 C4 C5 C6 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 01.- |
O traballo e a saúde. Conceptos básicos. Perigo e risco. Os riscos profesionais. Condicións de traballo e factores de risco. Danos e patoloxías derivados do traballo. Accidentes de traballo, enfermidades profesionais e outras patoloxías asociadas. Vixilancia e control da saúde dos traballadores. Sinistralidade laboral no sector da construción. |
Tema 02.- |
A prevención de riscos laborais. Medidas preventivas de eliminación, redución e control de riscos. Definición de riscos xerais e específicos. Riscos ligados ás condicións de seguridade e ao medio ambiente do traballo. A carga do traballo, a fatiga e a insatisfacción laboral. |
Tema 03.- |
Marco normativo en materia de prevención de riscos laborais. Obrigacións de xestión preventiva das empresas de construción. Deberes e obrigacións de empresarios e traballadores. Xestión da prevención de riscos laborais. Servizos de prevención. Órganos de representación: Delegados de prevención, comité de seguridade e saúde, traballadores designados e asignados. Organismos públicos relacionados coa seguridade e saúde no traballo. Recollida de documentación, elaboración e arquivo. |
Tema 04.- |
O plan de prevención de riscos laborais nas empresas. Organización e planificación das actividades industriais de construción. Medidas de acción preventiva: técnicas, organizativas e de procedemento. Proteccións colectivas e equipos de protección individual. Outras medidas complementarias: formación e información dos traballadores. Sinalización de seguridade. Recursos preventivos. |
Tema 05.- |
Riscos hixiénicos. Hixiene industrial na construción. Produtos físicos, químicos e biolóxicos. Residuos de construción e demolición. Contaminantes en cementos, aditivos de morteiros e formigóns, desencofrantes, poliuretanos, asfaltos, limpadores, resinas, pinturas, creosotas e amianto. |
Tema 06.- |
Riscos ergonómicos. Ergonomía laboral. Factores de risco no traballo. Carga física e mental de traballo. Manipulación manual de cargas. Medidas preventivas enfocadas ao traballador. Requisitos ergonómicos de máquinas e ferramentas. Centros, lugares e espazos de traballo. Condicións ambientais en obras e talleres. |
Tema 07.- |
Organización xeral da obra. Implantación de obra. Cerramento, valado e accesos á obra. Instalacións provisionais. Despregamento dos equipos. Oficinas e casetas de obra, locais hixiénico-sanitarios, de reunión e descanso, e comedores. Provisións e talleres a pé de obra. Policía de obra. |
Tema 08.- |
Equipos de traballo, instalacións, ferramentas manuais e máquinas. Seguridade no deseño. Riscos en operación, almacenamento e transporte. Autorización de uso e manuais de instrucións. Maquinaria común utilizada en obra. Medios auxiliares comúns de obra. Estadas e plataformas de traballo. |
Tema 09.- |
Riscos xerais e específicos na construción. Fases de obra e actividades de produción. Disposicións mínimas de seguridade e saúde segundo o convenio colectivo xeneral do sector da construción. |
Tema 10.- |
Traballos con riscos especiais en construción. Traballos con amianto. Risco eléctrico. Soldadura eléctrica e oxiacetilénica. Espazos confinados. |
Tema 11.- |
Planificación e organización da seguridade laboral previas ao comezo das actividades da construción. Análise, identificación e avaliación de riscos laborais. Redacción de Estudos e Plans de seguridade e saúde. Os previsibles traballos posteriores. Traballos de mantemento. |
Tema 12.- |
Planificación e organización da seguridade laboral durante a execución das actividades da construción. Coordinación de seguridade e saúde en fases de proxecto e de execución de obras. Seguridade e prevención de riscos laborais en obras sen proxecto. Seguridade e prevención de riscos laborais en fábricas e talleres da industria da construcción. |
Tema 13.- |
Seguridade contra incendios en edificios, instalacións industriais e obras. Dinámica do lume. Tipos de lume e sistemas de extinción. Equipos de extinción de incendios. Normas xerais de actuación para a prevención de incendios. Plans de actuación. |
Tema 14.- |
Actuacións de rescate en lugares de traballo. Casos de risco grave e inminente, de emerxencia xeral e de ocorrencia de accidente. Procedementos xerais e plans de actuación diante unha situación de emerxencia: Protexer, avisar, socorrer ( P.A.S.). Primeiros auxilios. Cadea de supervivencia. Principios básicos de actuación. |
Tema 15.- |
Emerxencias e evacuación dos edificios en uso e explotación. Norma básica de autoprotección dos centros, establecementos e dependencias, dedicados a actividades que poidan dar orixe a situacións de emerxencia. Plans de autoprotección. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba obxectiva |
A16 A23 A25 B2 B6 B13 B16 B22 C1 C3 C4 C5 C6 C7 |
2 |
147 |
149 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba obxectiva |
Trátase do exame final da materia. Proporase unha serie de exercicios, similares aos desenvolvidos en clase durante o curso.
Tamén se poderán propor preguntas curtas de índole teórica para avaliar a comprensión dos diferentes conceptos tratados na materia.
É unha proba individual e por escrito, que poderá consistir na integración de preguntas abertas de desenvolvemento tipo tema (programa de contidos), tanto de teoría como de solución de problemas e/ou casos prácticos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba obxectiva |
|
Descrición |
Trátase do tempo que o profesor reserva para atender e resolver dúbidas ao alumnado en relación coa materia.
Actividade académica desenvolvida polo profesorado, individual ou en pequeno grupo, que ten como finalidade atender ás necesidades e consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe. Esta actividade pode desenvolverse de forma presencial (directamente na aula ou nos momentos que o profesor ten asignados a tutorías de despacho) ou de forma non presencial (a través de correo electrónico, de moodle ou do campus virtual).
Durante o desenvolvemento das clases prácticas (interactivas) o profesor irá resolvendo as dúbidas que os alumnos expoñan en relación coa mate5ria e coa realización dos problomas e/ou casos prácticos que se estean desenvolvendo.
Durante o ,horario de turorías atenderanse todas aquelas dúbidas que o alumnado, de forma persoal e individualizada, vaia consultando.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A16 A23 A25 B2 B6 B13 B16 B22 C1 C3 C4 C5 C6 C7 |
A materia superarase sómente si se supera o exame final. |
100 |
|
Observacións avaliación |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Espeso Santiago, José Avelino, y otros (2012). COORDINADORES DE SEGURIDAD Y SALUD EN EL SECTOR DE LA CONSTRUCCIÓN. Lex Nova; Valladolid.
Martínez Cuevas, Alfredo J. (Coord.) (2003). MANUAL PRÁCTICO PARA LA ELABORACIÓN DE ESTUDIOS DE SEGURIDAD Y SALUD EN OBRAS DE CONSTRUCCIÓN. COAAT de Sevilla; Sevilla.
Pérez Merlos, Ramón y Sanz Miguélez, José Antonio (2019). SEGURIDAD Y SALUD EN CONSTRUCCIÓN.ANÁLISIS NORMATIVO Y SOLUCIONES PRÁCTICAS. Tomos I y II.. Thomson Reuters ARANZADI |
|
Bibliografía complementaria
|
Gómez Etxebarría, Genaro (2009). 1000 SOLUCIONES EN PREVENCIÓN DE RIESGOS LABORALES. CISS Grupo Wolters Kluwer; Valencia.
Cassinoi Gómez de Cádiz, J. y de la Fuente Moreno, M.A. (2015). ANUARIO DE PREVENCIÓN DE RIESGOS LAB ORALES 2015. Thomson Reuters
Fundación Laboral de la Construcción (2011). COORDINADOR EN MATERIA DE SEGIRIDAD Y SALUD EN LAS OBRAS DE CONSTRUCCIÓN (Volúmenes I, II y III). FLC; Madrid.
Xunta de Galicia (1997). GUÍA DE AVALIACIÓN DE RISCOS LABORAIS. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela.
Azcuénaga Linaza, Luís Mª (2007). MANEJO DE CARGAS. RIESGOS Y MEDIDAS PREVENTIVAS. FC Editorial; Madrid
Gómez Etxebarría, Genaro (2012). MANUAL PARA LA FORMACIÓN EN PREVENCIÓN DE RIESGOS LABORALES. CURSO SUPERIOR. CISS Grupo Wolters Kluwer; Valencia
Gómez Etxebarría, Genaro (2010). MANUAL PARA LA FORMACIÓN EN PREVENCIÓN DE RIESGOS LABORALES. ESPECIALIDAD EN SEGURIDAD EN EL TRABAJO. CISS Grupo Wolters Kluwer; Valencia
Rodríguez Gómez, Francisco de Asís (2008). MEMORIA Y PLIEGO DE CONDICIONES PARA CONFECCIONAR UN ESTUDIO DE SEGURIDAD Y SALUD. Fundación del Coaat de Alicante; Alicante.
Sanvicente Callejo, Evaristo (1996). PREVENCIÓN, PROTECCIÓN Y LUCHA CONTRA EL FUEGO. Paraninfo; Madrid |
O primeiro día de clase farase unha PRESENTACIÓN DA MATERIA tratando os seguintes puntos:
Introdución á materia de SEGURIDAD E PREVENCIÓN.
Presentación do profesorado e do coordinador da materia.
Coñecementos previos necesarios.
Formación de grupos. Horarios de clases e tutorías.
Campus virtual (Moodle).
Tutorías. Avaliación. Datas de exames.
Estatísticas de calificacions en cursos anteriores.
As Tutorías do Profesor: realizaranse no horário oficial aprobado e publicado respecto diso polo Centro. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Construción I [Extinguida]/670G01009 | Construción II [Extinguida]/670G01011 | Instalacións I [Extinguida]/670G01014 | Equipos. medios auxiliares e de seguridade [En extinción]/670G01026 | Construción III [Extinguida]/670G01017 | Proxectos Técnicos I [En extinción]/670G01023 | Instalacións II [En extinción]/670G01024 | Proxectos Técnicos II [En extinción]/670G01027 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Organización. programación e control [En extinción]/670G01021 | Construción IV [En extinción]/670G01022 | Direción. Xefatura e Xestión de Obras [En extinción]/670G01028 |
|
Materias que continúan o temario |
Proxecto Fin de Grao [En Extinción]/670G01036 |
|
Observacións |
Recomendacións para o estudo da materia:
-Trátase dunha materia cunha estructrura teórica básica e unha gran cantidade de normativa legal, necesitando un gran desenvolvemento práctico que implica un seguimento continuo ao longo de todo o curso académico por parte do alumno.
-É imprescindible a consulta continua da plataforma virtual Moodle, onde se publicarán contidos, prácticas, exercicios, normas, exames, etc.
-Coñecementos previos: os contidos das materias indicadas.
NOTA IMPORTANTE:
Cómo norma de “honestidad académica” exigible, el profesorado de esta asignatura, en lo que apruebas de evaluación se refiere no admitirá conducta fraudulenta alguna ni tampoco la presentación de trabajos fraudulentos, entendiendo por tal cosa lo siguiente:
«Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores das fontes».
Y, además, se establecen las consecuencias de intentar realizar pruebas de evaluación de forma fraudulenta en esta asignatura:
«A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor».
Es decir, que en el caso de que un estudiante presente un trabajo plagiado:
«Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da Internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso», siempre sin perjuicio de las responsabilidades disciplinarias que se pudiesen derivar».
|
|