Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Adquirir os coñecementos fundamentais sobre matemáticas, estatística, física, química e acústica como soporte para o desenvolvemento das habilidades e destrezas propias da titulación. |
A40 |
A0.5 Coñecemento dos fundamentos teóricos e principios básicos aplicados á edificación, da mecánica de fluídos, a hidráulica, a electricidade e o electromagnetismo, a calorimetría e higrotermia, e a acústica. |
A47 |
A2.1 Coñecemento dos materiais e sistemas construtivos tradicionais ou prefabricados empregados na edificación, as súas variedades e as características físicas e mecánicas que os definen. |
A50 |
A2.4 Aptitude para identificar os elementos e sistemas construtivos, definir a súa función e compatibilidade, e a súa posta en obra no proceso construtivo. |
A56 |
A3.1 Capacidade para aplicar a normativa técnica ao proceso da edificación, e xerar documentos de especificación técnica dos procedementos e métodos construtivos de edificios. |
A74 |
A6.1 Capacidade para aplicar as ferramentas avanzadas necesarias para a resolución das partes que comporta o proxecto técnico e a súa xestión. |
A76 |
A6.3 Aptitude para redactar documentos que forman parte de proxectos de execución elaborados en forma multidisciplinar. |
B5 |
Capacidade para a resolución de problemas. |
B16 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
B31 |
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B32 |
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B33 |
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B34 |
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
B35 |
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables. |
C7 |
Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
C9 |
Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer conceptos básicos de Acústica. |
A1 A40
|
|
|
Saber relacionar conceptos de Acústica coa Arquitectura Técnica. |
A47 A50 A56
|
B5 B16 B31 B32 B33 B34 B35
|
|
Capacidade de resolución de problemas derivados das súas actividades profesionais sobre a base dos coñecementos adquiridos na materia. |
A50 A56 A74 A76
|
B5 B16
|
C3 C6 C7 C8 C9
|
Comprender e valorar a importancia dos coñecementos básicos adquiridos na materia como unha ferramenta útil para o seu desenvolvemento na profesión. |
|
B32 B33 B34
|
C6 C7 C8 C9
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Introdución |
Cadea de comunicación acústica
M.A.S. e M.O.
Leis básicas do son |
Enxeñaría acústica |
Acústica fisiológica
Acústica física
Acústica arquitectónica
Acústica xeométrica
Difusión sonora
Fontes sonoras
|
Acondicionamento acústico |
Materiais acústicos
Normativa |
Illamento acústico |
Introdución ao illamento acústico.
Illamento acústico a ruído aéreo en edificación.
Índices de Illamento.
Comportamento acústico dos sistemas construtivos.
Illamento acústico "in situ". Recomendacións de actuación en edificación.
Protección acústica da envolvente do edificio fronte ao ruído exterior.
Ruído de instalacións.
Ruído de impactos e o seu illamento. |
Avaliación e xestión do ruído ambiental |
Introdución e aspectos xerais.
Niveis de perturbación por ruído. Calidade acústica ambiental. |
Lexislación e normativas.
|
Lexislación e normativas.
Documento básico HR Protección fronte ao Ruído.
Informe de Avaliación do Edificio (IEE). Parte IV Acústica-Protección contra o ruído |
Medicións acústicas |
Equipos de medida
Medidas de ruído ambiental
Medidas do illamento
Medidas de parámetros acústicos en recintos
Medidas de absorción acústica en materiais
Informes e fichas de cumprimento. |
Certificación da calidade acústica dos edificios |
Esquema de certificación acústica dos edifcios en España: norma UNE 74201 |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A40 A47 B16 C3 C8 |
16 |
36 |
52 |
Seminario |
A50 A56 A74 A76 B5 B31 B34 B35 |
10 |
30 |
40 |
Traballos tutelados |
B32 B33 C6 C7 C9 |
4 |
12 |
16 |
Proba obxectiva |
A1 A40 A47 A50 A56 A74 B5 B16 B31 B32 C3 |
1.5 |
0 |
1.5 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Presentación dos conceptos e leis asociados aos fundamentos da Acústica. |
Seminario |
Resolución de exercicios de xeito participativo e manexo de instrumentos de medida. |
Traballos tutelados |
Realización de varios traballos nos que se busca que o alumno desenvolva de forma autónoma algunha actividade que previamente fixera durante os seminarios. O profesor fará un seguimento da progresión do alumno. |
Proba obxectiva |
Con esta proba búscase que o alumno responda por escrito cuestións teórico-prácticas valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.). Implica un estudo amplo e profundo dos contidos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
O obxectivo fundamental será a realización dun seguimento da comprensión da materia por parte dos alumnos. Resolveranse as dúbidas formuladas e cuestións prácticas entregadas aos alumnos.
ALUMNOS A TEMPO PARCIAL: os alumnos que se acollan á modalidade de matrícula a tempo parcial recibirán unha orientación específica para planificar as súas tarefas de xeito semanal. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
A50 A56 A74 A76 B5 B31 B34 B35 |
Seguimento das actividades propostas na aula desenvolvidas individualmente ou en pequenos grupos, valorándose a participación activa |
25 |
Proba obxectiva |
A1 A40 A47 A50 A56 A74 B5 B16 B31 B32 C3 |
A proba obxectiva terá lugar nas datas oficiais de exame da primeira e segunda oportunidade. |
50 |
Traballos tutelados |
B32 B33 C6 C7 C9 |
No que denominamos modalidade de avaliación continua, realizarase un seguimento das actividades propostas desenroladas individualmente ou en pequenos grupos. |
25 |
|
Observacións avaliación |
O alumno poderá ser avaliado de dous modos diferentes: ou ben a través dunha "avaliación continua" ou ben a través dunha "avaliación final". A) AVALIACIÓN CONTINUA. O traballo do alumno será avaliado de forma continua a través dos traballos tutelados propostos e a través da resolución de cuestións, problemas e casos prácticos. As cualificacións de avaliación continua, que supoñen o 50% da materia, só se aplicarán no caso de satisfacer un 80% de asistencia ás clases. Nese caso, o 50% restante obterase na proba obxectiva final da materia. B) AVALIACIÓN FINAL. Calquera alumno (tanto con matrícula ordinaria como con matrícula a tempo parcial) terá dereito a seguir a avaliación final. Esta avaliación terá en conta unicamente o resultado obtido na realización dunha proba obxectiva dos contidos de toda a materia. A nota recibida neste exame supoñerá o 100 % da cualificación da materia e conseguirase o aprobado ao alcanzar un mínimo de 5,0 puntos. Esta proba obxectiva coincidirá coas oportunidades oficiais de xuño e xullo. NON PRESENTADO A cualificación de “Non Presentado” figuraralle a aqueles alumnos que non se presenten á proba obxectiva final das correspondentes oportunidades oficiais. Son de aplicación e convén consultar as "Normas de Avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario" da UDC, que regulan os procedementos e o réxime disciplinario.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
García-Rebull Salgado, José Fernando (). Física y tecnología del sonido. Santiago : Tórculo
Arau, Higini (1999). ABC de la acústica arquitectónica. Barceloa : Ceac
(2009). Acústica ambiental : análisis, legislación y soluciones. Madrid : Sociedad Española de Acústica
Valero Granados, Santiago (2011). Acústica aplicada al interiorismo : [acondicionamiento acústico en locales de uso público]. [Barcelona] : Arquifon
Bartí Domingo, Robert (2010). Acústica medioambiental. San Vicente (Alicante) : Editorial Club Universitario
(2007). BOE numero 254 de 23/10/2007: RD 1371/2007 de 19 de octubre, por el que se aprueba el documento básico "DB-HR Protección frente al ruido" del Código Técnico de la Edificación y se m.
Rodríguez Rodríguez, Francisco José (2008). Guía acústica de la construcción. Madrid : CIE-Dossat
Avilés López, Rodrigo; Perera Martín, Rocío (2017). Manual de acústica ambiental y arquitectónica. Paraninfo |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Matemáticas I [Extinguida]/670G01001 | Matemáticas II [Extinguida]/670G01006 | Fisica Aplicada II [Extinguida]/670G01007 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|