Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Metodoloxía para a Investigación en Humanidades e Documentación Código 710521005
Titulación
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Sucasas Peón, Juan Alberto
Correo electrónico
alberto.sucasas@udc.es
Profesorado
Sucasas Peón, Juan Alberto
Correo electrónico
alberto.sucasas@udc.es
Web
Descrición xeral
Establecendo a distinción metodolóxica entre ciencias da natureza e ciencias humanas, abordaranse metodoloxías específicas das segundas que son relevantes na producción de coñecemento para as humanidades e a documentación.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 – Estar capacitado para investigar en temas de patrimonio cultural e bibliográfico documental
A3 CE3 – Saber manexar e aplicar as novas tecnoloxías no eido do patrimonio cultural e bibliográfico documental
B1 CB6 – Posuir e comprender os coñecementos que acheguen una base u oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas a miúdo nun contexto de investigación
B5 CB10 – Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de se en gran medida autodirixido ou autónomo
B9 CG5 – Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
B12 CG8 – Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C1 CT1 – Capacidade de análise e síntese
C3 CT3 – Habilidades para localizar e analizar información de fontes diversas
C9 CT10 – Incorporas as TIC no proceso de investigación e a xestión da información, no análise de datos e a difusión e comunicación de resultados

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Coñecer as fontes para a investigación en Humanidades - Coñecer a metodoloxía básica para a investigación en Humanidades - Valorar a importancia do patrimonio cultural en sentido amplo na formación integral do individuo como suxeito libre e crítico AP1
AP3
BP1
BP5
BP9
BP12
CP1
CP3
CP9

Contidos
Temas Subtemas
1. Ciencias da naturaleza e ciencias humanas A diferencia metodolóxica entre ciencias naturais e humanas

O enfoque de Dilthey

O específico da investigación en humanidades e documentación
2. O método hermenéutico Aplicación da hermenéutica a diferentes campos

A interpretación psicoanalítica: os soños

A interpretación iconolóxica: significación artística
3. Métodos cualitativos: a historia oral Historia oral: supostos e límites

Centralidade do testigo no mundo contemporáneo
4. Aspectos formais do TFM. Elementos básicos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Seminario A1 A3 B1 B5 B9 B12 C1 C3 C9 9 14 23
Lecturas A1 A3 B1 B5 B9 B12 C1 C3 C9 1 11 12
Sesión maxistral A1 A3 B5 B12 C1 C3 C9 9 5 14
Proba mixta A1 B1 C1 C3 2 18 20
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario O traballo de seminario constitúe, xunro ás sesións maxistrais, o elemento central da actividade no aula. Aborda o estudo dos núcleos temáticos dos contidos mediante a análise, posta en común, discusión e interpretación de textos (artículos ou capítulos de libros) propostos ólalumnado.

A actividade do seminario supón unha doble tarefa, a realizar fóra do aula, por parte do alumnado. Por un lado, a lectura previa dos textos. Por outro, o comentario de fragmentos extraídos dos mesmos; ditos comentarios se realizarán, polo tanto, con posterioridade á sesión de seminario. Dos fragmentos propostos ó longo do cuadrimestre, o alumnado deberá entregar dous.
Lecturas Propoñeránse varios textos de lectura posible. Deles, o alumnado, a título individual, deberá seleccionar un. No aula ofreceranse orientacións de carácter xeral, pero a lectura do texto (libro ou parte de libro) será tarefa do alumnado fóra do aula. Deberá asimilarse o contenido do texto, poñéndoo en relación coa temática xeral da materia, e elaborar un xuizo crítico sobre o mesmo.
A avaliación da lectura poderá realizarse ou ben mediante unha proba escrita ou ben mediante a elaboración dun traballo escrito que o alumnado entregará ó docente.
Sesión maxistral Consistirá na exposición oral do profesor, co apoio de medios audiovisuais, co obxectivo de introducir nos núcleos históricos e conceptuais das unidades temáticas abordadas, establecendo ó mesmo tempo as pautas esenciais para a lectura dos textos que serán obxecto de análise e discusión nas sesiós de seminario.

Proba mixta Realizarase segundo data e hora previstas no calendario oficial de exames.

Constará do comentario dun fragmento extraído dos textos obxecto de lectura/discusión nas sesións de seminario e dunha cuestión teórica sobre os contidos abordados no aula, tanto nas sesións maxistrais coma nos seminarios

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Lecturas
Descrición
Atenderase en horario de tutoría presencial e mediante correo electrónico toda dúbida ou consulta do alumnado a título particular relativa a estas actividades

Admítese a dispensa académica. No caso de atoparse alumnas o alumnos nesta situación, establecerase dun xeito persoalizado a orientación da súa aprendizaxe na materia mediante unha porcentaxe mínima de asistencia á aula e/ou asistencia a titoría. En calquer caso, os criterios de avaliación serán os mesmos que para o resto do alumnado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 B1 C1 C3 Valorarase, no comentario, a análise conceptual do fragmento, a reconstrución da súa estructura discursiva e a contextualización nun marco más amplo (autor; corrente; época; problemática); asimesmo a claridade expresiva e a precisión no uso dos conceptos.

Respecto á cuestión teórica, serán obxecto de valoración: a cantidade e calidade da información recollida na resposta; o enfoque global da mesma; o rigor conceptual e discursivo da exposición; a claridade expresiva.
50
Seminario A1 A3 B1 B5 B9 B12 C1 C3 C9 A cualificación do traballo de seminario, que inclúe a lectura previa polo alumnado dos textos e la elaboración de 2 comentarios (sobre o total dos propostos, un por cada unidade temática), farase do seguinte xeito: dous tercios corresponderán á cualificación dos comentarios, cunha puntuación total máxima de 2 ptos. (1 pto. por cada un dos 2 comentarios) e o tercio restante valorará a asistencia e participación no aula (1 pto. de calificación máxima). 30
Lecturas A1 A3 B1 B5 B9 B12 C1 C3 C9 A cualificación do texto de lectura poderá facerse de dúa maneiras: ou ben mediante unha breve proba escrita, que constará dun breve fragmento extraído do texto correspondente e unha cuestión de alcance xeral sobre o mesmo, ou ben mediante un traballo escrito que ofreza unha síntese e valoración do texto. En calquera de ámbolos dous casos, a cualificación máxima será de 2 ptos.

Valorarase o nivel de comprensión e síntese do texto leído, a conexión establecida entre o seu contido e o conxunto da materia, así como a claridade expresiva e conceptual, e l argumentación da valoración persoal.
20
 
Observacións avaliación

Esquema do reparto da cualificación do alumnado (sobre unha cualificación máxima de 10 ptos.):

a) PROBA MIXTA.- 5 ptos. de cualificación máxima, dos que corresponderán 2.5 ó comentario e outros 2.5 á resposta á cuestión teórica.

b) SEMINARIO.- 3 ptos. de cualificación máxima, dos que corresponderán 2 ptos. ós 2 comentarios entregados (1 pto. por comentario) e 1 pto. á valoración da asistencia e participación nas actividades do aula

c) LECTURA.- 2 ptos. de cualificación máxima. Esa calificación poderá resultar da valoración da proba escrita ou da do traballo escrito.

                               

Na Segunda Oportunidade, mantéñense os criterios anteriores.

Admítese a dispensa académica. En caso de que haxa alumnas o alumnos en esta situación, establecerase de xeito personalizado a orientación da súa aprendizaxe na materia, sendo posible mediante unha asistencia mínima ó aula e, en todo caso, con asistencia á titoría. Comoqueira que sexa, os criterios de avaliación serán os mesmos que para el resto do alumnado.

Farase un seguimento para evitar na entrega de traballos escritos
calquer clase de fraude académico.

No
caso de falta grave por parte do alumno, aplicarase o contemplado no “Regulamento
disciplinar do alumnado da UDC”, artigo 11, apartado 4 b.


Fontes de información
Bibliografía básica Panofsky, Erwin (1998). El significado de las artes visuales. Madrid: Alianza
Panofsky, Erwin (1985). Estudios sobre Iconología. Madrid: Alianza
Burke, Peter (2009). Formas de hacer historia. Madrid: Alianza
Echeverría, Javier (1989). Introducción a la metodología de la ciencia. Barcelona: Barcanova
Dilthey, Wilhelm (1986). Introducción a las ciencias del espíritu. Madrid: Alianza
Cardoso, Ciro Flamarion S. (2000). Introducción al trabajo de la investigación histórica. Barcelona: Crítica
Marinas, José Miguel, y Santamarina, Cristina (eds.) (1993). La historia oral: métodos y experiencias. Madrid: Debate
Freud, Sigmund (2002). La interpretación de los sueños. Barcelona: RBA
Thompson, Paul (1988). La voz del pasado: la historia oral. Valencia: Institució Valenciana d'Estudis i Investigació
Snow, Charles Percy (1977). Las dos culturas y un segundo enfoque. Madrid: Alianza
Grondin, Jean (2008). ¿Qué es la hermenéutica?. Barcelona: Herder

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías