Competencias do título |
Código
|
Competencias do título
|
A1 |
Coñecer os fundamentos básicos de xestión dunha empresa de téxtil/moda, tanto a nivel estratéxico como operativo e funcional. |
A2 |
Coñecer os aspectos da contorna que inflúen na evolución do mundo da moda e as súas empresas, con especial incidencia no impacto das cuestións económicas e legais. |
A4 |
Dominar os fundamentos do deseño en xeral e do deseño da moda en particular, e enmarcalos no seu contexto histórico particular e xeral. |
A5 |
Desenvolver as necesarias habilidades para a xeración de ideas creativas e innovadoras. |
A7 |
Coñecer a realidade e os condicionantes sociais que inflúen no mundo da moda, con perspectiva de evolución histórica. |
A8 |
Ser capaz, con base no coñecemento do contorno social, de deseñar e pór en marcha estratexias de márketing eficaces, que consideren especialmente as variables de comunicación e distribución: mensaxes, medios, canles, relación co cliente etc... |
A13 |
Coñecer o impacto da tecnoloxía nos distintos procesos da industria téxtil. |
A18 |
Coñecer as linguaxes plásticas e visuais no ámbito do deseño da industria da moda, para entender e interpretar as creacións artísticas de prendas de moda. |
A19 |
Capacidade para a recollida, selección e análise de fluxos de información, integración destes nos sistemas e procesos de xestión da información da empresa, e aplicación á toma de decisións estratéxicas e operativas, sempre desde unha perspectiva ética. |
B1 |
Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B2 |
Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B3 |
Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
B5 |
Que o estudantado desenvolvera aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B6 |
Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa en contornos interdisciplinares. |
B7 |
Capacidade para analizar tendencias (razoamento crítico). |
B8 |
Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos e operacións. |
B9 |
Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións. |
B10 |
Capacidade de comprensión da dimensión social e histórico-artística do deseño e a industria da moda, vehículo para a creatividade e a busca de solucións novas e efectivas. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C7 |
Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
C9 |
Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias do título |
Coñecer a evolución da Historia da Arte e da Moda dende as primeiras civilizacións ata os comezos do século XXI. |
A2 A4 A5 A7 A18
|
B1 B2 B3 B5 B6 B7 B10
|
C7 C8
|
Comprender o desenvolvemento e evolución da moda nas diferentes etapas ou momentos históricos a través dos estilos artísticos que se sucederon dende a Antigüidade ata a actualidade, así como a súa influencia. |
A2 A4 A7 A18
|
B1 B2 B3 B10
|
C7 C8
|
Saber valorar as principais correntes do deseño da moda actual e ao longo da Historia da Arte. |
A2 A4 A5 A7 A18 A19
|
B1 B3 B5 B7 B10
|
C7 C8
|
Relacionar e identificar imaxes - obras e deseños- (época, período, movemento artístico, etc.), para adquirir unha bagaxe conceptual básica para poder reflexionar sobre propostas, proyectos o creacións propias. Valorar, ademáis, as súas posibles influencias dentro doutras tendencias ou artes, para poder traballar por si mesmos ou como membros de equipos diversos e multidisciplinares. |
A2 A4 A5 A7 A18 A19
|
B1 B2 B3 B4 B6 B7 B10
|
C1 C3 C7 C8
|
Desenvolver e aplicar os conceptos expostos na clase a diferentes traballos -individuais e en equipo- prácticos: obxectos, traxes, vestidos ou outros elementos relacionados coa moda.
|
A1 A2 A4 A5 A7 A13 A18 A19
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10
|
C1 C3 C7 C8
|
Elaborar e expoñer traballos en equipo relacionados cos temas explicados, aplicando os coñecementos previos dados para a súa realización. |
A2 A4 A5 A8 A18 A19
|
B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10
|
C1 C3 C7 C8 C9
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1. Introdución.
|
1.1. Relación entre a Historia da Arte e a Moda: a arte como inspiradora e testemuña da indumentaria e da moda. A moda como arte.
1.2. Terminoloxía artística e relacionada coa moda.
|
TEMA 2. Introdución á investigación nos ámbitos da arte e da moda |
2.1. Fontes para o seu estudo: bibliográficas, documentais, iconográficas, materiais
2.2. Como facer citas académicas |
TEMA 3. Representación e signifcado da vestimenta na Prehistoria e Idade Antiga |
3.1. Prehistoria
3.2. As antigas civilizacións: Exipto e Mesopotamia
3.3. Arte Clásica: Grecia e Roma
|
TEMA 4. Manifestacións artísticas e vestimenta na Idade Media |
4.1. Alta Idade Media
4.2. Baixa Idade Media
|
TEMA 5. A Arte e a representación da vestimenta na Idade Moderna |
5.1. Renacemento e Manierismo
5.2. Barroco e Rococó
|
TEMA 6. As manifestacións artísticas e a indumentaria na Idade Contemporánea
|
6.1. Neoclásico
6.2. Séculos XIX e XX
|
TEMA 7. A Interpretación do patrimonio como ferramenta de comunicación |
7.1. Principios fundamentais, medios interpretativos |
TEMA 8. A Historia da Arte como inspiración na moda.
|
8.1. Percorrido pola Historia da Arte da man do deseño de moda
8.2. Colaboracións Artistas-Deseñadores |
TEMA 9. A indumentaria tradicional galega |
9.1. Características xerais e materiais
9.2. Presenza nos museos |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Proba obxectiva |
A2 A4 A7 B1 B2 B3 B7 C3 C8 |
2 |
9 |
11 |
Traballos tutelados |
A2 A4 A5 A7 A8 A18 A19 B1 B2 B3 B5 B6 B8 B9 B10 C1 C7 C8 |
11 |
4 |
15 |
Saídas de campo |
A2 A4 A5 A7 A8 A13 B1 B2 B6 B7 C7 C8 |
2 |
8 |
10 |
Presentación oral |
A5 A8 A18 B2 B4 B7 B10 C1 C7 C8 C9 |
2 |
0 |
2 |
Seminario |
A4 A5 A13 A18 B1 B2 B3 B5 B7 B10 C7 C8 |
4 |
6 |
10 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A7 A18 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B10 C3 C7 |
21 |
21 |
42 |
|
Atención personalizada |
|
60 |
0 |
60 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba obxectiva |
Proba escrita estilizada para a avaliación da aprendizaxe do alumnado. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigurosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento e aptitudes. A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas -de respostas múltiples ou breves-, desenvolvemento dun tema e comentario de imaxes -obras, deseños- das cales pediranse contidos e relacións coa época, estilo, obras ou autores. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. |
Saídas de campo |
Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos (bosquexos, deseños, etc.), etc.
Pode levar asociada a realización dunha reseña unha vez finalizada a saída. |
Presentación oral |
Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. Irá relacionada ao traballo grupal. |
Seminario |
Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Pode levar asociada a realización dunha reseña unha vez finalizado o seminario. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba obxectiva |
Traballos tutelados |
Saídas de campo |
|
Descrición |
Busqueda do fomento da aprendizaxe por parte do alumnado e espíritu crítico. Durante o curso realizaranse clases interactivas nas que se prestará atencion personalizada en grupos pequeños e, se é preciso en titoria individual ou correo electrónico. Os traballos faranse de xeito progresivo, polo que esta atención e a participación do alumnado serán importantes. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias |
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
A4 A5 A13 A18 B1 B2 B3 B5 B7 B10 C7 C8 |
Asistencia a Seminarios, Obradoiros, Encontros, Conferencias especializadas. 5%
|
5 |
Proba obxectiva |
A2 A4 A7 B1 B2 B3 B7 C3 C8 |
Consistirá nun exame final no que se desenvolverá un tema ou capítulo do programa e/ou preguntas curtas, tipo test ou comentario de imaxes. Ata un 50%. |
50 |
Traballos tutelados |
A2 A4 A5 A7 A8 A18 A19 B1 B2 B3 B5 B6 B8 B9 B10 C1 C7 C8 |
Valorarase o traballo en grupo e individual realizado, en función do continente e o contido do mesmo. Ata un 40%.
O traballo tutelado divídese en dúas partes: grupal e individual. Cada unha delas será valorada nun 20% da calificación final. |
40 |
Saídas de campo |
A2 A4 A5 A7 A8 A13 B1 B2 B6 B7 C7 C8 |
Visitas Clases-Prácticas fora da aula con participación e entrega de comentarios ou exercicios sobre elas. Poden ser sustituidas por seminarios. Ata un 5%. |
5 |
|
Observacións avaliación |
-Todas as partesteñen que ser superadas a lo menos nun 50% para poder facer o cómputo final. O alumnado que suspenda calquera das partes figurará enactas coa calificación obtida na parte suspensa, ata que se poda facer o cómputo final na seguinte oportunidade unha vez superadas todas as partes. - A asistencia a clase é obrigatoria. De xeito esporádico pódense facer cuestionarios ou exercicios que servirán como forma de control da asistencia. - Os traballosindividuais de recensión bibliográfica e presentación oral estarándirectamente relacionados co traballo en grupo. As instruccións detalladasserán explicadas pola profesora na clase e expostas na plataforma Moodlepara a súa consulta. O traballo en grupo puntuará un 20% e o individual outro 20%. Os anteriores criterios de avaliación aplicaranse tanto na primeira como na segunda oportunidade. O alumnado que libere unha parte da materia mediante unha proba parcial, sólo terá validez para o curso actual. Se unha persoa que ten liberada unha parte non consegue aprobar a materia no seu conxunto, nin en primeira nin en segunda oportunidade, a súa calificación final será suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos. Está prohibido acceder ó aula na que se desenvolven as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/u almacenamento de información. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia : - Seguirán o mesmo sistema que o alumnado presencial, pero deberá realizar dous traballos propostos pola profesora (en lugar de un). Ademais, deberá porse en contacto con ela para realizar al menos dos titorías on line ao longo do cuadrimestre. Implicaciones da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. O alumnado que non se presente a ningunha das partes propostas na avaliaciónaparecerá como NP na acta. De presentarse a calquera delas, aparecerá comosuspenso ata que na seguinte convocatoria presente ou aprobe a parte que faltepara poder facer o cómputo final. Pódese dar o caso de que unha persoa suspenda algunha das partes, pero que a suma co resto dea aprobado. Nese caso a notaserá un suspenso (o suspenso máis alto das que aparezan suspensas), pois parafacer o cómputo é preciso, como se sinalou anteriormente, que todas as probassexan superadas nun 50%. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise a adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa tutora ADI da Facultade de Humanidades.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
BRATTON, Lisa (2013). A cultural history of fashion in the 20th and 21st centuries: from catwalk to sidewalk. London: Bonnie English
DÍAZ SÁNCHEZ, Julián (coord.) (2015). Arte, diseño y moda; Confluencia en el sistema artístico. Colección estudios. Universidad Castilla La Mancha
RIELLO, Giorgio (2016). Breve historia de la moda.. GG
MEI, Hua (2011). Chinese clothing. Cambridge University Press
AMBROSE, Gavin; HARRIS, Paul. (2008). Diccionario visual de la moda. Barcelona: Gustavo Gili
ABERCROMBIE, Stanley (1995). George Nelson: The design of modern design. Cambridge: MA.
VELASCO MOLPECERES, Ana (2021). Historia de la moda en España.De la mantilla al bikini . Madrid: Los Libros de la Catarata
BOUCHER, François (1965). Historia de la moda en Occidente de la Antigüedad a nuestros días. . Paris, .
COSGRAVE, Bronwyn (2005). Historia de la moda. Desde Egipto hasta nuestros días. Barcelona: Gustavo Gili
CASTRO, Concha (2015). Historia de la vestimenta a través del arte. Huelva: Ed. Niebla
LAVER, James (1988). Historia del arte y de la moda.. Cátedra. Madrid
BOEHN, Max von. (1945). La moda: historia del traje en Europa: desde los orígenes del cristianismo hasta nuestros días. Barcelona: Salvat (12 tomos)
WILCOX, David (2016). Matthäus, The first book of fashion : the book of clothes of Matthaeus and Veit. Edimburg University Press
CUMMING, Valerie; CUNNINGTON, C.W; CUNNINGTON, P.E. (2010). The Dictionary of fashion History. Oxford:Berg Publishers |
ARGAN G. C., El Arte moderno. Del Iluminismo a los
movimientos contemporaneos. Madrid. Akal, 1991. (1ª
ed.: El arte Moderno 1770-1970. 2 v.). ABERCROMBIE, Stanley.: George
Nelson: The design of modern design. Cambridge.
MA.1995. BONET CORREA, Antonio (coord.). Historia de las
Artes aplicadas e industriales en España. Madrid. Manuales Arte
Cátedra, 1994, 3ª edic. BOZAL, V., El arte del siglo XX. La construcción de
la vanguardia. Edicusa. Madrid, 1978. -- Arte del siglo XX en España. Madrid. Espasa Calpe, 1993,
2 vols. -- Modernos y postmodernos. Madrid, Historia 16, 1993. --Historia de las ideas estéticas. Madrid. Historia
16, 1997. CASTELO ÁLVAREZ, Bernardo: Las Primeras Vanguardias
Históricas del siglo XX. Santiago de Compostela, Tórculo Edición.
1986. CENDÁN, Susana: La
moda (no ) son siempre los demás. Interrelaciones entre moda, arte y diseño.
Aldine editorial. Ferrol, 2009. ISBN: 978-84-9916-211-9 CHARLOTE & PETER FIELL,: Diseño del siglo XX. Nueva
York. Taschen, 2005. DESCALZO, Amalia y LEIRA, Amelia "España en sus vestidos, 1840-2000". En: FUENTES SANTOS, Mónica y GÓMEZ COCA, Amaia (coord) España Contemporánea: fotografía, pintura y moda. Catálogo de la exposición en Fundación MAPFRE. 2013, pp. 47-71. ISBN 978-84-9844-447 DESLANDRES, Y. El traje imagen del hombre. Barcelona, 1985. Editorial Tusquets DORMER, P.: Diseñadores de siglo XX. Las figuras
claves del Diseño y las Artes Aplicadas. Barcelona. 1993. GOMBRICH, E.H. Historia del Arte. Madrid, 1997. Editorial: Phaidon HAJTE, U. Historia de los Estilos Artísticos. Vol. I y II. Madrid, 2001. Editorial: Itsmo IRELAND, Patrick John. Enciclopedia
de acabados y detalles de moda.
Barcelona, 2008. Ed. Parramón. IRELAND,
Patrick John Figurines
para el dibujo de moda. En español. ISBN: 978-84-34232624 MONROE C. BEARDSLEY y John HOSPERS: Estética,
historia y fundamentos. Madrid. Cátedra, 1976, 1988. OLIVÉ, Elisabet. Y yo, ¿qué me pongo?. Barcelona, 2010. España: Ed. Libros cúpula PADÍN, Román. Historia de las tendencias de moda. Destra, 2023. PLAZA ORELLANA, Rocío. Historia de la moda en España. Córdoba, 2009. España: Ed. Almuzara RAMÍREZ, J. A. (coord.) Historia del arte (vol. I). La Edad Antigua. Madrid,1997. Alianza Editorial. RAMÍREZ, J. A. (coord.) Historia del arte (vol. II). La Edad Media. Madrid, 1996. Alianza Editorial. RAMÍREZ, J. A. (coord.) Historia del arte (vol. III). La Edad Moderna. Madrid, 1997. Alianza Editorial. RAMÍREZ, J. A. (Coord.) Historia del arte (vol. IV). La Edad Contemporánea. Madrid, 1997. Alianza Editorial. RAMIREZ, Juan Antonio: Las vanguardias históricas:
del Cubismo al Surrealismo. Alianza Editorial, Madrid, 2003. REIFF ANAWALT, Patricia. Historia del vestido. Barcelona, 2008. España: Ed. Blume. ISBN 978-84- 9801299-6 VILASECA, Estel. Desfiles de moda. Diseño, organización y desarrollo. Barcelona, 2010. Editorial: Promopress. VVAA. Elena Rosera Caicedo
(coord.) Los servicios de información y documentación en el marco de la cultura
y el arte contemporáneo. Edicciones Trea. 2008. VV.AA. Fuentes y documentos para la Historia del Arte. Arte Antiguo. Arte Medieval I y Arte Medieval II. Barcelona, 1982. Editorial Gustavo Gili. VV.AA. Moda. Historia y estilos. Ed. Dorling
Kinderlsley. London, 2015.
WEBGRAFÍA (na presentación correspondente a cada tema inclúense numerosas referencias fáciles de localizar na rede) Museo del traje http://museodeltraje.mcu.es/ Victorian & Albert Museum. http://www.vam.ac.uk/ Museo Reina Sofía http://www.museoreinasofia.es/index.html Museo Pompidou http://www.centrepompidou.fr/ MOMA http://www.moma.org/ Tate Gallery. http://www.tate.org.uk/modern/ Museo del Prado. http://www.museodelprado.es/ https://offmagazine.es/2017/01/31/los-siete-museos-de-la-moda-que-no-te-puedes-perder/
Catálogos de bibliotecas Catálogo Biblioteca Nacional: www.bne.es/es/Catalogos/ Catálogo Biblioteca Museo del Prado: http://www.museodelprado.es/investigacion/biblioteca/acceso-al-catalogo/ Catálogo biblioteca Museo Reina Sofía: http://www.mcu.es/comun/bases/spa/brso/BRSO.html Catálogo biblioteca do Patín. UDC. BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA. . Completarase con bibliografía específica para cada un dos temas do programa nas presentacións ofrecidas pola profesora, que serán accesibles para o alumnado na plataforma Moodle. |
Bibliografía complementaria
|
|
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA: Completarase con bibliografía específica en cada tema ou apartado do programa. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Sería aconsellable quetiveran cursado materias de Historia da Arte. Coñecementos de Historia da Arte. Sensibilidade cara as manifestaciónss artísticas e estéticas, aspectos fundamentais para entender o mundo do deseño de Moda. Requírese unha actitude proactiva e participativa. É importante a asistencia a clase. Atención á diversidade: a materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, cos servizos disponíbeis na UDC, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, co seu titor ou titora. - Perspectiva de Xénero: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
|
|