Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Estratexias de Promoción na Moda II: Publicidade e Relacións Públicas Código 710G03027
Titulación
Grao en Xestión Industrial da Moda
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Crespo Pereira, Verónica
Correo electrónico
veronica.crespo@udc.es
Profesorado
Crespo Pereira, Verónica
Correo electrónico
veronica.crespo@udc.es
Web http://humanidades.udc.es/estudos/gim
Descrición xeral A materia introdúcese no estudo das relacións públicas e da publicidade dende o punto de vista conceptual, estratégico e táctico para a elaboración e xestión de campañas de relacións públicas e planes de comunicación de crise.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Desenvolver destrezas para as relacións interpersoais e a interactuación con axentes do contorno e interno (clientes, provedores, medios, colaboradores...).
A8 Ser capaz, con base no coñecemento do contorno social, de deseñar e pór en marcha estratexias de márketing eficaces, que consideren especialmente as variables de comunicación e distribución: mensaxes, medios, canles, relación co cliente etc...
B1 Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 Que o estudantado desenvolvera aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B6 Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa en contornos interdisciplinares.
B7 Capacidade para analizar tendencias (razoamento crítico).
B8 Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos e operacións.
B9 Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar as diferenzas entre as relacións públicas e a publicidade e identificar a súas características e implicacións no desarrollo da comunicación dunha empresa de moda. A3
A8
B1
B2
B4
C1
C3
Identificar e analizar os suxeitos que interveñen na actividade das relacións públicas e a publiciddade, recoñecendo os roles profesionais e as súas particularidades A3
B6
C4
C5
C7
Crear notas de prensa e organizar roldas de prensa A3
B3
B7
B9
C7
C8
Diseñar e implementar un proyecto digital (redes sociales y website) A8
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
C3
C9

Contidos
Temas Subtemas
Parte I. As relacións públicas na industria da moda 1.1. Conceptualización das relacións públicas
1.2. Funcións e prácticas das relacións públicas en moda
1.3 Breve historia das relacións públicas no contexto da moda
1.4. Planificación estratéxica e operativa das RR.PP.
1.5. A investigación nas RR.PP.
1.6. Stakeholders.
1.7. Xestión dos públicos
1.8. Comunicación de crise
1.9. O plan da comunicación de crise
1.10. Relacións cos medios de comunicación.
1.11. Xestión, organización e loxística de eventos.
1.12. Protocolo empresarial na moda
Parte II. A publicidade na industria da moda 2.1. Definición de publicidade
2.2. Características da comunicación publicitaria no campo da moda
2.3. Breve historia da publicidade
2.4. A axencia de publicidade: servicios e fluxo de traballo
2.5. Campaña publicitaria digital no campo da moda

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Presentación oral B6 C8 C5 2 4 6
Traballos tutelados B2 B3 B4 B5 B8 B9 C1 C3 C9 19 76 95
Proba de resposta múltiple A8 B1 1 8 9
Aprendizaxe servizo A3 B3 C7 C3 5 10 15
Sesión maxistral A3 A8 B7 C4 21 0 21
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Os alumnos realizarán un traballo final que deberán presentar tanto oralmente como por escrito ó final do curso. A defensa oral do traballo, que terá a súa correspondencia por escrito, realizarase a última semana de clases e será obxeto de avaliación.

Traballos tutelados Nos traballos tutelados os alumnos recibirán instruccións por parte do docente para guiar o traballo práctico. Deberán elaborar por grupos un traballo final que será desarrollado tanto na aula (sesión interactiva) como fora dela (traballo autónomo) e a súa evidencia será a presentación do mesmo por escrito ó final do curso.
A actividade "aprendizaxe-servizo" e a actividade "traballos tutelados" son excluyentes, polo que o alumnado escollerá entre realizar una u otra actividad.
Proba de resposta múltiple Exame test de resposta múltiple onde tan só unha opción é a correcta. As respostas incorrectas penalizarán.
Aprendizaxe servizo Os alumnos, de forma voluntaria, poderán realizar unha APS mediante a creación du proxecto dixital con carácter social.
Na APS os alumnos recibirán instruccións por parte do docente para guiar o traballo práctico. Deberán elaborar por grupos un traballo final que será desarrollado tanto na aula (sesión interactiva) como fora dela (traballo autónomo) e a súa evidencia será a presentación do mesmo por escrito ó final do curso.
A actividade "aprendizaxe-servizo" e a actividade "traballos tutelados" son excluyentes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou otra actividade.
Sesión maxistral Explicación na clase dos temas con apoio de transparencias e medios audiovisuais. Valorarase a participación activa do alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Si se presenta algunha dúbida relativa ó material explicado na clase, ponse a disposición horas de tutoría a tal efecto. Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase un horario específico de tutorías, compatible coa súa dedicación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B6 C8 C5 Os estudantes presentarán oralmente o proxecto dixital ao final do curso e será valorado con 0,5 puntos. Outros 0,5 puntos provirán da participación nas presentacións mensuais que se realicen, así como doutras actividades que se leven a cabo na clase (notas de prensa...).
10
Proba de resposta múltiple A8 B1 Proba individual de resposta múltiple cunha única resposta correcta. As respostas incorrectas serán penalizadas.
O exame, de carácter individual, deberá prepararse empregando todos os materiais dispoñibles na plataforma virtual, isto é, non só facendo uso das diapositivas, senón tamén das lecturas, materiais audiovisuais e notas que se tomen na aula.
É necesario que os estudantes aproben o exame, isto é, obter unha cualificación igual ou superior a 2,5 sobre un máximo de 5 puntos.
50
Traballos tutelados B2 B3 B4 B5 B8 B9 C1 C3 C9 Por grupos, os estudantes deberán idear e executar un proxecto de redes sociais e sitio web. Os estudantes deberán traballar no mesmo durante todo o curso. Durante este, os estudantes presentarán un informe mensual de resultados. Valorarase a capacidade dos estudantes para monitorizar os resultados obtidos e para identificar e implementar estratexias que melloren os seus resultados. O total de puntos acadados para este proxecto é de 3. Os estudantes tamén organizarán unha rolda de prensa que será avaliada por un total de 1 punto. 40
Aprendizaxe servizo A3 B3 C7 C3 Os alumnos que voluntariamente decidan facer APS traballarán cun proxecto de redes sociais e sitio web. Coa APS os alumnos levarán a cabo un proxecto de contido social que atenda ós ODS.
Os estudantes deberán traballar no mesmo durante todo o curso. Durante este, os estudantes presentarán un informe mensual de resultados. Valorarase a capacidade dos estudantes para monitorizar os resultados obtidos e para identificar e implementar estratexias que melloren os seus resultados.
Tal e como se comentou no apartado de metodoloxía a actividade "aprendizaxe-servizo" e a actividad "traballos tutelados" son excluintes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade. De tal maneira o total de puntos acadados para este proxecto APS é de 3. Os estudantes tamén organizarán unha rolda de prensa que será avaliada por un total de 1 punto.
0
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade

Para aprobar a materia os alumnos deberán aprobar tanto o exame final coma o
traballo final cun mínimo de 2,5 sobre 5 para cada unha das partes mencionadas.
O mínimo para aprobar é de 5 puntos resultante da suma das dúas partes. 
No caso de suspender algunha das dúas partes, na acta reflexarase a nota da
parte suspensa avaliada aplicando unha escala de 0 a 10.

Segunda oportunidade

A parte suspensa na primeira convocatoria será repetida na segunda convocatoria.
Os criterios de avaliación para a segunda oportunidade serán os mesmos que a da
primera.

Convocatoria
adiantada

De acordó coa
normativa de condicións de avaliación da oportunidade adiantada, esta avaliarase
por medio dunha proba de reposta múltiple que supondrá o 100 % da calificación
final.

Calificación
de non presentado

Corresponde
ó alumno, cando sólo participe de actividades de avaliación que teñan unha
ponderación inferior ó 20% sobre a calificación final, con independencia da
calificación alcanzada.

Estudiantes
con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia

Os alumnos con "dispensa académica de exención de
asistencia" requeriráselle unha presentación oral (10% da puntaxe), un
traballo escrito final (40% da puntaxe) e un exame (50% da puntaxe). O
traballo práctico deberase traballar de forma autónoma. Para superar a
asignatura deberase acadar no exame final un mínimo de 2,5 puntos sobre 5, así
como na parte práctica (presentación oral e traballo escrito) un mínimo de 2,5
puntos sobre 5. O mínimo para pasar a materia é de 5 puntos. 

Otras pautas

Para o exame prohíbese a introdución de cualquera
dispositivo tecnolóxico na aula.
Calificarase cun suspenso (0) na materia na súa totalidade no caso de fraude en
probas e exámenes.


Fontes de información
Bibliografía básica

Aaker, D. (1991). “Managing Brand Equity: Capitalizing on the Value of a Brand Name”, Free Press, New York.

Chevalier, M. and Mazzavolo, G. (2008): “Luxury Brand Management: A World od Privilege”, Jhon Willey and Sons, Singapore.

Garre, O. (2018). “Marketing y comunicación de moda, lujo y lifestyle”. CEU, Madrid.

Graham, B. (2018). Promocionar la moda: comunicación, marketing y publicidad”.

Promopress, Madrid.

Lea-Greenwood, G. (2013): “Fashion Marketing Communications”, Wiley, 1st Ed.

Martínez-Navarro, G. (2017). “Marketing y comunicación de moda”. Esic, Madrid.

Mitterfellner, O. (2019): “Fashion Marketing and Communication: Theory and Practice Across the Fashion Industry”, Routledge, 1st Ed.

Posner, H. (2016). “Marketing de moda”. Gustavo Gill, Barcelona

Tungate, M. (2008): “Fashion Brands”, Kogan Page, London, 3rd Ed.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Estratexias de Promoción en Moda I: Comunicación/710G03021
Márketing e Investigación de Mercados de Moda/710G03012

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Estratexias de Promoción en Moda I: Comunicación/710G03021

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías