Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer os fundamentos básicos de xestión dunha empresa de téxtil/moda, tanto a nivel estratéxico como operativo e funcional. |
A5 |
Desenvolver as necesarias habilidades para a xeración de ideas creativas e innovadoras. |
A6 |
Coñecer e manexar as ferramentas necesarias para a realización, conceptualización e lanzamento de coleccións. |
A9 |
Dominar o proceso loxístico dunha empresa de moda desde unha perspectiva global, abarcando desde o aprovisionamento ata o proceso produtivo e mais o transporte, con especial incidencia nos procesos principais propios da industria téxtil: selección de tecidos e materiais, padronaxe, confección etc.... |
A13 |
Coñecer o impacto da tecnoloxía nos distintos procesos da industria téxtil. |
B1 |
Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B2 |
Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B3 |
Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
B5 |
Que o estudantado desenvolvera aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B6 |
Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa en contornos interdisciplinares. |
B7 |
Capacidade para analizar tendencias (razoamento crítico). |
B8 |
Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos e operacións. |
B9 |
Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C7 |
Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
C9 |
Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer os conceptos teóricos e prácticos necesarios para facer fronte ás decisións asociadas ao establecemento da estratexia de innovación dunha empresa de moda a partires da comprensión do funcionamento do proceso innovador e dos elementos que compoñen os sistemas de I+D+i. |
A1 A5 A6 A9 A13
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9
|
C2 C3 C5 C7 C8 C9
|
Deseñar novas propostas e proxectos de innovación a través do coñecemento de metodoloxías adecuadas, que abranguen dende a definición de ideas innovadoras e a análise do estado da arte, até a planificación, a vixilancia, o aseguramento e a explotación da innovación. |
A1 A5 A6 A13
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6
|
C2 C3 C5 C7 C8 C9
|
Presentar e defender correctamente tanto a un público especializado coma non especializado unha proposta de proxecto de innovación determinando os aspectos máis importantes relativos ao contexto, tales como os coñecementos da audiencia, os obxectivos da presentación, o tempo e o idioma. |
A5 A13
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9
|
C2 C3 C5 C7 C8 C9
|
Coñecer, analizar e seleccionar as fontes de información máis relevantes dentro da revisión do estado da arte necesaria para a redacción dunha proposta de innovación |
A5 A6 A13
|
B2 B3 B7 B9
|
C2 C3 C8
|
Coñecer, comprender e aplicar a metodoloxía básica de creación dunha planificación preliminar para unha proposta de innovación. |
A5 A6
|
B1 B2 B3 B5 B6 B7 B9
|
C2 C3 C7 C9
|
Coñecer as principais e máis actuais innovacións en produto e proceso existentes no mundo da moda. |
A5 A13
|
B1 B3 B5 B7 B9
|
C2 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Estratexia de innovación |
1. Introdución á innovación:
- Conceptos básicos: emprendemento, deseño, innovación, invención.
- Tipos de innovación.
- Modelos de innovación.
- O rol do estado na innovación.
2. Xestión da estratexia de innovación:
- O dilema da xestión da innovación.
- A estratexia de innovación e o seu desenvolvemento.
- Ferramentas para o desenvolvemento da estratexia de innovación.
- Outros aspectos da estratexia de innovación: actitude, marketing, innovación frugal.
3. Creatividade, xeración de ideas e selección de proxectos:
- Creatividade e xeración de ideas innovadoras.
- Métodos para a selección de proxectos. |
Xestión da innovación |
4. Vixilancia tecnolóxica e intelixencia competitiva:
- Coñecemento organizacional.
- Intelixencia competitiva.
- Vixilancia tecnolóxica: factores e métodos.
5. Xestión da I+d+i:
- Definición e clasificación da I+d+i: externa e interna
- Retos e metas da xestión da I+d+i
- Inversión e avaliación da I+d+i
- Descrición do proceso de xestión dun proxecto de I+d+i.
6. Financiamento da innovación:
- Financiamento privado
- Financiamento privado-público
- Financiamento público |
Implantación da estratexia |
7. Explotación da I+d+i
- Innovación aberta.
- Proceso e modelos de transferencia da I+d+i: Licensing, Transfer, Spin-off, Clusters...
8. Xestión da propiedade intelectual
- Propiedade intelectual e industrial
- Segredo comercial.
- Copyright.
- Patentes: proceso de obtención dunha patente.
- Signos distintivos.
- Deseños rexistrados. |
Tecnoloxías emerxentes no mundo da moda |
9. Novos produtos no mundo da moda
- Innovación de materiais: definición e exemplos actuais.
- Innovación no estilo: definición e exemplos actuais.
- Innovación no desenvolvemento do produto: definición e exemplos actuais.
10. Novos procesos no mundo da moda
- Agile Supply Chain.
- Innovación nos procesos de desenvolvemento: definición e exemplos actuais.
- Innovación no nivel de operación e servicio á clientela: definición e exemplos actuais. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Traballos tutelados |
A6 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C5 C7 C9 |
3 |
27 |
30 |
Proba mixta |
A1 A9 A13 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 C2 C3 C9 |
2 |
30 |
32 |
Estudo de casos |
A1 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 C2 C3 C8 C9 |
11 |
34.5 |
45.5 |
Sesión maxistral |
A1 A5 A6 A9 A13 B1 B3 B8 C5 C8 |
21 |
10 |
31 |
Prácticas a través de TIC |
A1 A9 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 C3 C8 C9 |
3 |
0 |
3 |
Foro virtual |
B2 B3 B7 C2 C3 |
0 |
4 |
4 |
Seminario |
A9 A13 B3 B7 C8 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
2.5 |
0 |
2.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Traballos tutelados |
Realización dun traballo en grupo ao longo do curso e presentación oral final do mesmo. O contido e as características deste traballo daranse a coñecer ao alumnado nas primeiras sesións de clase. Os diferentes aspectos a recoller desenvolveranse tamén nas distintas sesións maxistrais e casos de estudo realizados.
O alumnado deberá realizar unha memoria e unha presentación final en PowerPoint ou similar. Definiranse datas de entrega tanto para a memoria coma para a presentación, así como unha data final para a presentación oral do traballo.
O traballo requirirá a aprendizaxe autónoma do alumnado, que será guiado e titorizado polo titor/a asignado/a ao longo do cuadrimestre.
|
Proba mixta |
Exame final sobre os contidos teóricos e prácticos da materia, que poderá combinar diferente tipoloxía de preguntas (preguntas de resposta breve, preguntas de ensaio, exercicios prácticos e preguntas obxectivas ou tipo test). |
Estudo de casos |
Resolución, individual ou en grupo, de casos de estudio propostos sobre distintos aspectos do mundo da moda. O alumnado deberá comprender a problemática que formula o caso en cuestión e responder unha serie de preguntas en torno á súa resolución ou comentario.
Estes casos iranse detallando ao longo do curso, conforme ao plan de traballo, e poderán incluír presentacións, debates ou sesións de discusión dirixida. O traballo desenvolverase maiormente na clase. Porén, poderán definirse datas de entrega para cada caso.
|
Sesión maxistral |
Exposición oral dos contidos que conforman o marco teórico da materia guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e da introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa fin de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento. |
Prácticas a través de TIC |
Resolución de problemas de natureza teórica e práctica, propostos en sesións prácticas, facendo uso das tecnoloxías da información e comunicación. Os problemas poderán estar relacionados cos contidos do traballo tutelado para que sirvan de apoio ao mesmo. A resolución dos prácticas farase de modo xeral nas propias sesións prácticas onde se leven a cabo, aínda que poderán esixir un certo grado de traballo autónomo, fóra da aula, por parte do/a estudante. |
Foro virtual |
Existirán dous foros virtuais, a saber:
- Foro virtual de debate: canle que o alumnado poderá empregar para a proposta de debates e a participación nestes.
- Foro virtual de aprendizaxe: canle que o alumnado poderá empregar como espazo para o intercambio e a reflexión de aprendizaxes e a proposta de novas actividades.
|
Seminario |
Realización de seminarios con profesionais expertos en temas da materia, sempre que sexa posible. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención personalizada descrita desenvolverase principalmente en torno ao traballo tutelado, e concíbese como momentos de traballo persoal co profesorado da materia para a atención e seguimento do traballo realizado por cada un dos grupos de traballo. Recoméndase a asistencia do alumnado a estas reunións, cuxa forma e momento concretos nos que terá lugar se indicarán ao longo do curso en función do plan de traballo da materia. Con todo, durante o curso o alumnado poderá empregar as horas de titorías para aclarar dúbidas e cuestións sobre a materia.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grado na UDC" (Arts. 3.b e 4.5) realizará as súas actividades coa asistencia e participación nas dinámicas que se recollen nos apartados de "Planificación" e na "Atención personalizada", a través dos grupos de traballo que se conformen na materia. A actividade realizarase atendendo ás observacións de avaliación sobre a flexibilidade de asistencia-participación e os requisitos para superar a materia.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas a través de TIC |
A1 A9 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 C3 C8 C9 |
En relación ás prácticas a través de TIC, valorarase:
- A asistencia e participación activa nas prácticas.
- A calidade do entregable final, se fose o caso, en relación áa presentación formal, á expresión escrita e á coherencia e adecuación das respostas ás preguntas formuladas. Ditos entregables poderán ser pequenos cuestionarios, breves informes ou presentacións cortas sobre os contidos desenvolvidos durante a sesión.
|
2 |
Traballos tutelados |
A6 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C5 C7 C9 |
Avaliación do memoria/informe escrito e a exposición oral do traballo en grupo proposto.
En relación ao traballo tutelado valorarase:
- A adecuación metodolóxica do informe.
- O dominio de contidos específicos.
- A expresión escrita e a presentación formal.
- O manexo da información e as fontes empregadas.
- A claridade da presentación e da exposición oral.
- A coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo e non a suma das partes).
|
40 |
Proba mixta |
A1 A9 A13 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 C2 C3 C9 |
Examen final sobre os contidos teóricos e prácticos da materia que se realizará na data oficial prevista no calendario de exames da facultade.
O exame pode combinar diferentes tipos de preguntas (preguntas de ensaio, preguntas de resposta curta, preguntas de opción múltiple...).
|
40 |
Estudo de casos |
A1 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 C2 C3 C8 C9 |
Avaliación dos casos propostos e realizados individual ou grupalmente.
En relación aos casos propostos valorarase:
- A asistencia ás sesións interactivas onde se propoñan os casos.
- A participación activa nas sesións interactivas.
- A coherencia e adecuación das respostas ás preguntas formuladas.
- A presentación formal dos contidos desenvolvidos se fose necesario.
- A expresión escrita.
- A consulta de fontes bibliográficas
Outras observacións:
- Nalgúns dos casos propostos (a especificar durante o curso en función do plan de traballo proposto) a avaliación poderá realizarse por pares.
- Poderán realizarse pequenos cuestionarios sen necesidade de aviso previo e sempre sobre o contido visualizado ao finalizar calquera das sesións expositivas ou interactivas. Estes cuestionarios poderán contar ata un 3% do 13% do peso desta parte na avaliación. |
13 |
Sesión maxistral |
A1 A5 A6 A9 A13 B1 B3 B8 C5 C8 |
En relación as sesións maxistrais, valorarase:
- A asistencia e participación activa nas sesións maxistrais (por exemplo, participación en debates ou discusións dirixidas na aula, resposta a preguntas formuladas...).
- A correcta realización de pequenos cuestionarios sen necesidade de aviso previo e sempre sobre o contido visualizado ao finalizar calquera das sesións expositivas.
|
5 |
|
Observacións avaliación |
1.
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA A.
Primeira e segunda oportunidade -
Para poder aprobar a materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade de
avaliación, será preciso obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 na parte
de proba mixta e no traballo tutelado. En caso de non cumprirse este requisito,
a cualificación final será de "Suspenso", aínda cando a nota media de
todas as actividades a avaliar outorgase unha puntuación igual ou superior a 5
puntos sobre 10.
- Será requisito indispensable para ser avaliado/a en ambas convocatorias a
asistencia regular, con participación activa e aproveitamento, ás sesións
presenciais (e/ou non presenciais, se fose o caso) e aos diferentes seminarios
organizados.
- As prácticas a través de TIC e os casos de estudo non se poderán recuperar na segunda oportunidade de avaliación.
- Se un/a alumno/a que ten liberada unha parte da materia non consegue aprobar
a materia no seu conxunto nas datas oficiais dos exames da primeira e segunda
oportunidade, a súa cualificación final será de "Suspenso". No
seguinte curso académico, o/a alumno/a poderá gardar a nota daquelas probas que
ten superadas (sempre e cando obtivese unha puntuación igual ou superior a 5
puntos sobre 10), se así o desexa, e sempre e cando informe ao profesorado da
súa decisión nas dúas primeiras semanas de clases. Esta condición solo rexerá
durante o curso académico seguinte; a partir de aí, non se gardará ningunha
nota.
B. Convocatoria
adiantada - Se houbese alumnado que queira presentarse á
convocatoria adiantada de decembro (Art. 19 "Normas de avaliación,
revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado
universitario"), o alumnado que se presente a esta convocatoria deberá realizar
a proba mixta (40% da nota), o traballo tutelado (40% da nota) e os casos de
estudo (10% da nota). O traballo de curso deberá realizarse de forma
individual. C. Nota mínima - En calquera dos casos, para poder superar a materia, tanto na primeira
como na segunda oportunidade de avaliación, deberá obterse unha cualificación
final igual ou superior a 5 puntos sobre 10, sempre e cando o alumnado obtivese
unha puntuación igual ou superior a 4 puntos sobre 10 na parte de proba mixta e
no traballo tutelado. 2. SITUACIÓNS A. Alumnado con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia segundo establece a “NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DECICACIÓN AO
ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3;3.b e 4.5) (29/05/2012) - O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia deberá comunicar ao inicio do curso a súa
situación ao profesorado da materia, á fin de establecer un plan e calendario
de traballo. O sistema de avaliación será o seguinte: proba mixta (50%),
traballos tutelados (40%) e estudo de casos (10%). O traballo tutelado deberá
realizarse en grupo.
- Os criterios de nota mínima para o alumnado con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia son os mesmos que
os do punto 1C.
B. Cualificación 'Non
presentado' - En calquera dos casos, serán cualificadas con "Non Presentado” as
persoas que non se presenten ao exame final da convocatoria na data oficial
establecida no calendario de exames da facultade, sexa a primeira oportunidade,
a segunda ou a convocatoria adiantada. 3. INFORMACIÓN
ADICIONAL - O comportamento fraudulento en calquera dos apartados sometidos a
avaliación suporá a cualificación de "Suspenso(0)" na avaliación
final.
- Está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de
avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou
almacenamento de información (móbiles, reloxos intelixentes...).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Trott, P. (2017). Innovation Management and New Product Development. Reino Unido: Pearson
Hidalgo, A., León, G., Pavón, J. (2013). La Gestión de la Innovación y la Tecnología en las Organizaciones. Madrid: Pirámide
Jin, B.E., Cedrola, E. (2019). Process Innovation in the Global Fashion Industry. Nueva York: Palgrave MacMillan
Jin, B.E., Cedrola, E. (2018). Product Innovation in the Global Fashion Industry. Nueva York: Palgrave MacMillan
Schilling, M.A. (2017). Strategic Management of Technological Innovation. Nueva York: McGrawHill Education
Vignali, G., Reid, L.F., Ryding, D., Henninger, C.E. (2020). Technology-Driven Sustainability. Innovation in the Fashion Supply Chain. Suiza: Palgrave MacMillan |
O profesorado da materia poderá proporcionar bibliografía adicional en cada un dos temas. |
Bibliografía complementaria
|
Tidd, J., Bessant, J.R. (2018). Managing Innovation: Integrating Technological, Market and Organizational Change. Wiley |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Fundamentos de Xestión da Empresa de Moda/710G03004 | Xestión da Cadea de Subministración de Moda I: Aprovisionamento/710G03005 | Xestión da Cadea de Subministración de Moda II: Xestión de Operacións/710G03017 | Xestión Sustentable da Cadea de Valor da Moda/710G03018 | Xestión da Cadea de Subministración de Moda III: Loxística e Transporte/710G03019 | Aspectos Xurídicos da Industria da Moda/710G03009 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Dirección Estratéxica da Empresa de Moda/710G03030 | Negocio Dixital da Moda/710G03031 | Taller 2: Aplicacións de Xestión e Tecnoloxías do Coñecemento en Moda/710G03033 |
|
Materias que continúan o temario |
Prácticas Externas/710G03037 | Traballo Fin de Grao/710G03038 |
|
Observacións |
- Efectuar un seguimento continuo da materia, participando en
todas as actividades teóricas e prácticas programadas, mediante o traballo diario. - Asistir ás clases con ordenador portátil ou tableta electrónica. - Os traballos da materia entregaranse a través da aula virtual,
en soporte dixital; de non ser posible, recoméndase a impresión en papel
reciclado, a dobre cara e evitando o uso de materiais plásticos. - Asistir a titorías sempre que se teñan dúbidas. - Realizar o traballo de forma continua ao longo de todo o curso.
|
|