Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Representación e Recuperación Dixital da Información I Código 710G04007
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Humanidades
Coordinación
Ameneiros Rodríguez, María Rocío
Correo electrónico
rocio.ameneiros@udc.es
Profesorado
Ameneiros Rodríguez, María Rocío
Seco Naveiras, Diego
Correo electrónico
rocio.ameneiros@udc.es
diego.seco@udc.es
Web
Descrición xeral Coñecemento dos conceptos e formulacións teóricas centrais no estudo da Análise Documental, os seus niveis operativos e os resultados documentais. Análise dos métodos e técnicas da catalogación descritiva, prestando especial atención ao estudo das Regras de Catalogación españolas, dos formatos ISBD e MARC, o código RDA e o modelo de metadatos Dublin Core. Aplicación práctica do estudado no ámbito conceptual e metodolóxico-técnico.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Abordar a fundamentación teórica da Análise Documental e avaliar a súa importancia no ámbito das Ciencias da Documentación. A1
C3
Coñecer as funcións e obxectivos da Análise Documental en canto á organización, a recuperación e o acceso aos fondos documentais. A1
B1
B5
B11
C7
C8
Coñecer os estándares e formatos de intercambio de información bibliográfica: as Regras de Catalogación españolas, os formatos ISBD e MARC, o código RDA e o modelo de metadatos Dublin Core. A8
A13
Entender o rexistro bibliográfico como representación documental. Coñecer a súa estrutura interna: encabezamento principal, corpo descritivo e encabezamentos secundarios. A1
A9
A13
B7
Saber interpretar e aplicar os estándares internacionais e as Regras de Catalogación españolas para a elaboración de rexistros catalográficos. A6
A13
A14
B2
B3
B4
B7
B9
C1
Saber realizar a transferencia de información bibliográfica dun rexistro en ISBD a un rexistro en MARC, empregando un software de xestión de bibliotecas. B6
B8
B10
B11
C2
C4
C5
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución -Definición e obxectivos da catalogación
-As fases da catalogación
-A normalización bibliográfica
-O catálogo e o rexistro bibliográfico
2. Contextualización

-A análise documental formal e de contido
-A descrición bibliográfica
-Estándares e formatos de intercambio de información bibliográfica
-Fontes de información
-Partes do rexistro bibliográfico
3. O asento catalográfico -Os encabezamentos principais
-As áreas de descrición bibliográfica
-Os encabezamentos secundarios
4. Estándares e formatos de intercambio de información bibliográfica
-As Regras de Catalogación españolas
-O formato ISBD
-O formato MARC
-O código RDA
-O modelo de metadatos Dublin Core
5. Os Sistemas Integrados de Xestión Bibliotecaria (SIXB) -Introdución aos SIXB
-Aplicación práctica: Koha

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva A1 A9 B3 B11 C1 C7 0 10 10
Traballos tutelados A6 B2 B6 B10 C2 C6 15 30 45
Portafolios do alumno A8 A13 A14 B4 B7 B8 B9 C8 15 55 70
Sesión maxistral B1 B5 C3 C4 C5 21 0 21
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba mixta que pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación sobre os contidos teóricos da materia para a avaliación dos coñecementos adquiridos.
Traballos tutelados Realización de traballos, individualmente ou en grupo, baixo a supervisión do profesorado. Os traballos tutelados servirán para aplicar os coñecementos adquiridos na materia sobre medios dixitais.
Portafolios do alumno Carpeta de traballo dos/as alumnos/as que deben entregar, periodicamente e no prazo estipulado, á profesora coas distintas actividades propostas. Debido á natureza da materia o alumnado traballa especialmente en exercicios prácticos de catalogación.
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesorado, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir os coñecementos fundamentais da materia e facilitar a aprendizaxe. Fundamentarase na exposición de contidos teóricos, a visualización de exemplos e a resolución de dúbidas por parte do profesorado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Sesión maxistral
Proba obxectiva
Traballos tutelados
Descrición
Resolver dúbidas, ampliar formulacións, suxerir actividades e distintas formas de traballo que axuden ao alumnado na súa aprendizaxe. Motivar á participación. Seguimento personalizado e constante de cada unha das tarefas desenvolvidas polos/as alumnos/as.

Este tipo de atención terá especial peso no portafolios do alumno e nos traballos tutelados, para os que o profesorado irá marcando as pautas a seguir en cada caso, podendo propoñer as variacións ou modificacións necesarias.

Na medida do posible, intentarase facilitar a atención personalizada a aquel alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A8 A13 A14 B4 B7 B8 B9 C8 Valórase a adecuación do traballo dos/as alumnos/as aos temas propostos para cada actividade e o contido, con especial interese nas achegas do alumnado. En cada un dos exercicios de catalogación valórase a capacidade de análise e a resolución de problemas, ademais do esforzo e dedicación demostrados polo alumnado.

Entregarase cada actividade na data indicada pola profesora.

Non se avaliarán as actividades presentadas fóra de prazo, aquelas con faltas de ortografía ou as que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
60
Proba obxectiva A1 A9 B3 B11 C1 C7 Proba mixta, cuestionario de avaliación dos contidos teóricos:
Avalíanse o número de erros e acertos do cuestionario. No caso das preguntas de resposta breve ademais os contidos das mesmas: a adecuación ás preguntas realizadas; a capacidade de argumentación; o emprego da terminoloxía; a expresión escrita; a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.); a creatividade e o espírito crítico.

Os/as alumnos/as deberán revisar e razoar previamente todo o contido da documentación relacionada cos temas/subtemas da materia para dar resposta ao cuestionario.

O cuestionario deberá completarse de xeito síncrono en liña, a través de Forms, e nun tempo determinado. Fóra do tempo establecido non será avaliado.
10
Traballos tutelados A6 B2 B6 B10 C2 C6 Valórase a adecuación ás pautas marcadas, o contido, a aplicación dos coñecementos adquiridos, a resolución dos problemas e a entrega do traballo no prazo establecido.

Non se avaliarán os traballos presentados fóra de prazo ou aqueles que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
30
 
Observacións avaliación

Requisitos imprescindibles: 

-Para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo da mesma, é dicir, se un/unha alumno/a non supera o portafolios non se lle avaliará a proba mixta e viceversa, do mesmo xeito que para o caso dos traballos tutelados. 

-Para superar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo é preciso realizar nos tempos indicados todas as actividades propostas. 

 -Os/as alumnos/as que non entreguen ou non superen o portafolios completo e a proba obxectiva, xunto co alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados (primeira e segunda oportunidade) nos exames oficiais dos contidos teóricos e prácticos da materia (cualificación: 70 %), debendo realizar un cuestionario de avaliación dos contidos teóricos e unha proba práctica de exercicios de catalogación en ISBD, na que se avaliará a capacidade de análise e a resolución fundamentada do problema. Así mesmo, deberán entregar, de xeito obrigatorio e na data fixada, os traballos tutelados (cualificación: 30 %). 

-A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.

-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención na clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e propoñeranse accións e medidas para corrixilas.


Fontes de información
Bibliografía básica

-Anglo-American Cataloguing Rules, 2004. 2ª ed. act., Chicago: American Library Association

-Bereijo, A. 1998. "Caracterización del concepto de calidad en la catalogación descriptiva: factores que atañen al diseño de objetivos", Boletín Millares Carlo, n.17, pp.319-355

-Bereijo, A. 1999. "La catalogación descriptiva: aspectos que intervienen en la calidad procesual", Revista Interamericana de Bibliotecología, v.22, n.1, pp.98-128.

-Bereijo, A. 2002. Bases teóricas del Análisis Documental: la calidad de objetivos, procesos y resultados Madrid: Boletín Oficial del Estado

-Bereijo, A. 2004. "El Análisis Documental: el problema de la distinción entre Análisis Formal y Análisis de Contenido", en Caridad Sebastián, M. y Nogales Flores, T., (coord.), La Información en la Postmodern Madrid: Editorial Universitaria Ramón Areces y Universidad Carlos III de Madrid

-Carrión Gutiez, M. 2002. Manual de Bibliotecas Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez

-Chaumier, J. 1986. Análisis y lenguajes documentales Barcelona: Mitre

-Doner, D. 2000. "Cataloging in the 21 century: digitalization and information standards", Library Collections, Acquisitions and Technical Services, n.24, pp.73-87

-Herrero Pascual, C. 2002. Catalogación para formato IBERMARC: monografías y publicaciones seriadas Murcia: D.M.

-Martínez García, M. y Olarán Múgica, M. 2005. Manual de Catalogación en Formato MARC Madrid: Arco-Libros

-Moreiro González, J. A. 1998. Introducción al estudio de la Información y la Documentación Medellín: Universidad de Antioquia

-Olarán Múgica, M. y Martínez García, M. 1998. Manual de catalogación: monografías modernas: adaptado a la última reimpresión con correcciones de las Reglas de Catalogación Madrid: Arco-Libros

-Pinto Molina, Mª. 1991. El Análisis Documental: fundamentos y procedimientos Madrid: EUDEMA

-Reglas de Catalogación. 1999. Madrid: Ministerio de Educación y Cultura

Bibliografía complementaria

O profesorado proporcionará nas clases e no material de traballo bibliografía específica para cada un dos temas e actividades a desenvolver, co fin de adecuar e actualizar de maneira continua os contidos da materia.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías