Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Xeografía Política Código 710G05004
Titulación
Grao en Relacións Internacionais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Rodríguez Pallas, Angel
Correo electrónico
angel.rodriguez.pallas@udc.es
Profesorado
Rodríguez Pallas, Angel
Correo electrónico
angel.rodriguez.pallas@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo deste módulo consiste en alcanzar unha comprensión práctica dos conceptos teóricos e os desafíos que sustentan o estudo da xeografía e a política.
Este módulo busca tamén a familiarización cos temas de investigación máis actuais en xeografía política e, finalmente, estar familiarizado e ter unha comprensión básica das ferramentas e os recursos utilizados para investigar estes conceptos e poder aplicar conceptos xeográficos a investigacións propias.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Analizar información relacionada con fontes e feitos internacionais en contornas xeopolíticas, económicos e xurídicos complexos, presenciais ou virtuais.
A2 CE2 - Comprender a estrutura, as competencias e o funcionamento das institucións e organizacións internacionais, así como as súas relacións con outros actores, estatais e non estatais.
A3 CE3 - Coñecer os conceptos, teorías e técnicas aplicadas á análise dos actores e relacións internacionais, tanto no ámbito universal como no rexional, cunha perspectiva tanto histórica como contemporánea.
A5 CE5 - Comprender e analizar os procesos globalizadores, as dinámicas de deslocalización e estratexias alternativas.
A7 CE7 - Analizar a realidade global nas súas diferentes dimensións, en particular a xeográfica, a política, a social, a económica e a xurídica.
A8 CE8 - Ser capaz de aplicar a metodoloxía científica aos retos sociais, políticos, económicos e xurídicos con elemento internacional.
A10 CE10 - Adquirir coñecemento das técnicas, métodos de traballo e análise das ciencias humanas, sociais e xurídicas.
A11 CE11 - Analizar a realidade política, social e económica no marco da cooperación internacional ao desenvolvemento.
B1 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B6 CG1 - Apreciar a diversidade e a multiculturalidad.
B7 CG2 - Adquirir habilidade para traballar nun contexto internacional.
B8 CG3 - Identificar aspectos esenciais de culturas e costumes doutros países.
B9 CG4 - Formarse na resolución de problemas.
B10 CG5 - Adquirir coñecementos xerais básicos.
B11 CG6 - Adquirir capacidade de organizar e planificar.
B12 CG7 - Adquirir capacidade de tomar decisións.
B13 CG8 - Formarse no deseño e na xestión de proxectos.
B14 CG9 - Adquirir capacidade de adaptarse a novas situacións.
C1 CT1 - Dominar a expresión, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 CT2 - Defenderse nun idioma estranxeiro e expresarse correctamente de forma oral e escrita no mesmo.
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero, nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional, co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
C7 CT7 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 CT8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C9 CT9 - Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Potenciar a capacidade analítica para a comprensión das conexións entre territorio, política e economía nun mundo globalizado. Incentivar a capacidade crítica para a diagnose de problemas xoepolíticos e a proposta de solucións alternativas. Fomentar a implicación nos problemas xeopolíticos doutras latitudes, o compromiso democrático e a cooperación solidaria. A1
A2
A3
A5
A7
A8
A10
A11
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
C1
C2
C3
C4
C7
C8
C9

Contidos
Temas Subtemas
1. Evolución do pensamento xeopolítico 1.1. Fundamentos da Xeografía Política
1.2. Do espazo vital á revolución global
2. Estado-Nación e outros actores internacionais 2.1. Nación, nacionalismo e xeopolítica
3. Transformacións contemporáneas no mapa político mundial 3.1. O mapa político do século XIX
3.2. O mapa político do século XX
4. Poder e economía no sistema xeopolítico mundial
4.1. Xeopolítica das grandes potencias: EEUU/Rusia
5. Estratexias de dependencia e dominación no proceso de globalizacion
5.1. Xeopolítica de China
5.2. Xeopolítica de América Latina
6. Xeografía da violencia
6.1. Conflitos en África
6.2. Conflitos en Oriente Medio
7. A fronteira como territorio de conflito 7.1. Conflitos herdados
7.2. Conflitos actuais

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A1 A3 A5 A7 A8 A10 A11 B6 B7 B9 B8 B10 C4 C8 20 17.5 37.5
Estudo de casos A5 A7 A10 A11 B3 B4 B5 B7 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C7 C9 15 40 55
Traballos tutelados A5 A7 A10 A11 B3 B4 B5 B7 B11 B12 B13 B14 B1 C1 C2 C3 C4 C7 C9 15 35 50
Proba mixta A2 A1 A3 A5 A7 A8 A11 B3 B4 B5 B6 B1 C1 C2 2.5 0 2.5
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Estudo de casos O estudo de casos sobre xeografía política ten como obxectivos: incentivar os razoamentos inductivos e deductivos, establecer hipóteses, refutar paradigmas, confirmar teorías espaciais, propoñer solucións...
Realizaranse estudos de casos relacionados co contido da materia e a presentación oral de aqueles que sinale o profesor.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados. Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Realizaranse traballos tutelados relacionados co contido da materia e a presentación oral de aqueles que sinale o profesor.
Proba mixta O exame escrito presencial incluirá preguntas teóricas obxectivas/subexctivas (preguntas de resposta verdadeiro-falso e/ou preguntas de resposta si-non, e/ou preguntas de resposta curta, e/ou preguntas de resposta longa, e/ou preguntas sobre o analise de casos) relacionadas coa materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Descrición
A atención personalizada está indicada como consecuencia das dificultades que poidan xurdir na comprensión dos contidos teóricos e na consecución dos obxectivos dos traballos tutelados. Tamén para resolver as dificultades das lecturas e para ampliar a bibliografía básica, co obxectivo de mellorar as destrezas específicas dentro da programación da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A5 A7 A10 A11 B3 B4 B5 B7 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C7 C9 Forma parte da avaliación continua desenvolvida a través da aprendizaxe colaborativa alcanzada nas aulas e que resulta na realización de tantos estudos de casos ao longo do curso como o profesor estime oportuno.

Cando se programen estudos de casos a realizar en grupo, establécese un máximo de 6 estudantes participantes por grupo.

Cando se programen presentacións orais na aula, estas non poderán superar o máximo de 20 minutos cada caso obxecto de estudo (a criterio do profesor poderanse substituír as presentacións orais na aula pola entrega dun vídeo gravado).

Criterios de valoración dos traballos escritos: axuste do traballo ás instruccións, calidade formal; calidade e creatividade dos contidos; amplitude e pertinencia das fontes de información utilizadas.

Criterios de valoración das presentacións orais: axuste da presentación ás instruccións; calidade e creatividade dos contidos da presentación; amplitude e pertinencia das fontes de información.

A participación activa e con aproveitamento nas actividades presenciais é obrigatoria para o alumnado con dedicación completa.
20
Proba mixta A2 A1 A3 A5 A7 A8 A11 B3 B4 B5 B6 B1 C1 C2 Consistirá na realización, na data oficialmente establecida, duha proba mixta presencial sobre os contidos da materia. Valoraráse a capacidade de expresión, o manexo e o dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética e, por suposto, o coñecemento dos contidos do programa.

Criterios de avaliación: coñecemento dos contidos teóricos, capacidade para aplicar os contidos teóricos a casos prácticos, nivel de consecución das competencias incluídas no programa da materia, capacidade de análise e síntese, extensión e precisión do vocabulario, corrección estilística e gramatical.
40
Traballos tutelados A5 A7 A10 A11 B3 B4 B5 B7 B11 B12 B13 B14 B1 C1 C2 C3 C4 C7 C9 Forma parte da avaliación continua desenvolvida a través da aprendizaxe colaborativa alcanzada nas aulas e que resulta na realización de tantos traballos tutelados ao longo do curso como o profesor estime oportuno.

Cando se programen traballos tutelados a realizar en grupo, establécese un máximo de 6 estudantes participantes por grupo.

Cando se programen presentacións orais na aula, estas non poderán superar o máximo de 20 minutos por cada traballo tutelado (a criterio do profesor poderanse substituír as presentacións orais na aula pola entrega dun vídeo gravado).

Criterios de valoración dos traballos escritos: axuste do traballo ás instruccións, calidade formal; calidade e creatividade dos contidos; amplitude e pertinencia das fontes de información utilizadas.

Criterios de valoración das presentacións orais: axuste da presentación ás instruccións; calidade e creatividade dos contidos da presentación; amplitude e pertinencia das fontes de información.

A participación activa e con aproveitamento nas actividades presenciais é obrigatoria para o alumnado con dedicación completa.
40
 
Observacións avaliación

OPCIÓN A

Alumnado con dedicación completa

A materia segue criterios de avaliación
continua; polo que a participación activa e con aproveitamento nas actividades
presenciais é obrigatoria para o alumnado con dedicación completa.

Os criterios de avaliación son os mesmos
para cada unha das oportunidades de avaliación incluíndo a convocatoria
adiantada.

1. Cálculo da cualificación final de
materia

A calificación final de la materia obterase sumando a puntuación obtida na parte práctica (mínimo a obter 3 puntos sobre un máximo de 6 puntos) + a puntuación obtida na prueba mixta (mínimo a obter 2 puntos sobre un máximo de 4 puntos).

PARTE PRÁCTICA (60%: máximo 6 puntos, mínimo para superar esta parte 3 puntos).

  • Consistirá na realización de tantos traballos tutelados e estudios de caso como considere o profesor, con presentación oral daqueles indicados polo profesor.
  • Para que o alumno/a poida ser avaliado/a na  proba mixta; é necesario que a súa calificación final de parte práctica alcance como mínimo 3 puntos (puntuación máxima desta parte 6 puntos).
  • De non acadar unha nota mínima de 3 puntos nesta parte implicará non superar a materia en 1ª oportunidade. Se o desexa o alumno/a poderá acudir a realizar a proba mixta, ainda que ésta non terá validez a efectos de avaliación ao non haber superado a parte práctica da materia. Ademáis a calificación obtida neste supuesto non se conservaría para a segunda oportunidade).
  • A participación activa e con aproveitamento nas actividades presenciais é obrigatoria para o alumnado con dedicación completa.

PROBA MIXTA (40%: máximo 4 puntos, mínimo para superar esta parte 2 puntos).

  • Exame escrito presencial (tipo proba mixta) sobre os contidos da materia.
  • Para que a calificación obtida na proba mixta sexa tida en conta a efectos de calificación final da materia, o alumno/a debe acadar como mínimo 2 puntos na proba mixta (puntuación máxima desta parte 4 puntos).
  • Sen haber obtido unha calificación mínima de 3 puntos na parte práctica, ainda que o alumno/a se presente á proba mixta, a calificación que obteña carecerá de valor a efectos de avaliación.

2. Criterios de puntuación e entrega dos traballos tutelados e estudios de caso

  • Os criterios de puntuación dos traballos tutelados e estudios de caso con presentación oral daqueles indicados polo profesor daranse a coñecer no  momento en el que se colguen as instruccións dos mesmos en Moodle.
  • A entrega dos traballos tutelados e estudio de casos realizarase exclusivamente a través de la plataforma Moodle (salvo indicación ao contrario por parte do profesor).
  • O alumnado ha de cumplir coa data límite de entrega establecida polo profesor.
  • Aqueles traballos tutelados e estudios de caso entregados fora de prazo, entregados por un canal diferente a Moodle ou non entregados serán calificados como "non presentados".
  • O feito  de no acudir a unha presentación oral dun traballo tutelado ou dun estudio de caso implicará tamén a calificación de "non presentado" dese exercicio.
  • A efectos de cálculo de la nota final da parte práctica correspondente ós traballos tutelados e estudios de caso; a non presentación dalgunha das tarefas será valorada con un cero “0”.

3. Criterios de puntuación da proba mixta:

  • Os criterios de puntuación da proba mixta daranse a coñecer no momento da realización da mesma e suministraranse xunto cas cuestións plantexadas no exame.

4. Calificación final da materia en 1ª oportunidade:

  • Para superar a materia en 1ª oportunidade o alumno/a debe primeiro haber obtenido como mínimo 3 puntos na parte de traballos prácticos (traballos tutelados e estudios de caso) e como mínimo 2 puntos na proba mixta.
  • A calificación final da materia en 1ª oportunidade consiste na suma da calificación obtida nos traballos prácticos (mínimo 3 puntos) + a calificación obtida no exame final (mínimo 2 puntos).
  • No caso de que a calificación obtida na parte de traballos en 1ª oportunidade sexa inferior a 3 puntos, o alumno/a deberá acudir á 2ª oportunidade. Para isto deberá repetir os traballos prácticos suspensos conservándose únicamente a calificación obtida nos traballos superados en 1ª oportunidade (colgaranse instruccións en Moodle) e deberá acadar como mínimo os 3 puntos requeridos nesta parte.
  • En caso de que a calificación obtida na proba mixta en 1ª oportunidade sexa inferior a 2 puntos, o alumno/a deberá acudir á 2ª oportunidade, debendo ademáis repetir (se fose o caso) aqueles traballos prácticos que teña suspensos, xa que únicamente se conservarán para a 2ª oportunidade as calificacións daqueles traballos calificados como superados en 1ª oportunidade (colgaranse instruccións en Moodle).

5. 2ª Oportunidade

  • Debe acudir á 2ª oportunidade todo o alumnado que en primeira oportunidade houbese obtido como calificación final da materia “non presentado” ou “suspenso”.
  • Calquera alumno/a que deba presentarse á 2ª oportunidade, independentemente de que en primeira oportunidade houbese obtido unha calificación media final de traballos prácticos superior a 3 puntos (é dicir calificación media final de traballos “aprobado”), deberá repetir calquer traballo que en 1ª oportunidade houbese sido calificado como “suspenso” ou “non presentado”, xa que únicamente se conservarán para a 2ª oportunidad aqueles traballos calificados individualmente  con un mínimo de “aprobado” (colgaranse instruccións en Moodle dos novos traballos a realizar).
6. Renuncia ó sistema de avaliación continua:
  • Ainda que esta materia, como se indicou, segue criterios de avaliación continua; os estudantes que o desexen poderán renunciar á avaliación continua e terán dereito a optar pola elección dun sistema de avaliación global, sempre dentro da mesma oportunidade de avaliación. Esta avaliación global consistirá na realización dunha proba mixta final sobre os contidos da materia á que se lle outorgará unha puntuación máxima máxima de 10 puntos e na que a puntuación mínima a obter para superar a materia  será de 5 puntos.
  • A elección da modalidade de avaliación global correspóndelle a cada estudante, que poderá levala a cabo segundo o procedemento establecido pola Facultade onde está matriculado/a  e no plazo máximo dun mes a contar dende a data de comenzo daa clases da materia.
  • A elección da modalidade de avaliación global supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose das actividades da modalidade de avaliación continua que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa se houbesen realizado.

7. Instrucións básicas para a realización
de exames:


  • Os únicos utensilios cos que está permitido acceder ao recinto da
    proba son os básicos para contestar o exame: lapis, bolígrafo ou pluma,
    goma de borrar.

  • Está expresamente prohibido o acceso ao recinto do exame con: a)
    teléfonos móbiles e calquera outro dispositivo que permita comunicación a
    distancia e/ou de almacenamento de información; b) apuntamentos,
    anotacións, libros ou material similar que non fose expresamente
    autorizado na convocatoria do exame ou na páxina web (Moodle) da materia.
    A non observancia desta norma supón que se considere como realizada a
    proba en fraude e iso con independencia de que quen teña no recinto da
    proba tales dispositivos ou o material sinalado utilizáseos ou non no
    curso desta.

  • O alumno/a ha de acreditar a súa personalidade de acordo con a
    normativa vixente.

  • Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e
    reclamación dás cualificacións dos estudos de grao e mestrado
    universitario" (aprobadas o 19/12/2013 e modificadas o 30/04/2017) no
    Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” ( NP) a aquel estudante
    que, estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades
    de avaliación que se establecen para o curso académico. Deste xeito, será
    cualificado como “Non presentado” cando: non complete o proceso de
    avaliación continua, nas condicións que figuran na guía docente, ou cando
    non se presente á proba no período oficial de avaliación.

OPCIÓN B

Alumnado con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece
a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia dos
estudantes de grao e máster universitario na Universidade da Coruña" (04
de maio de 2017).

Excepto para as datas aprobadas en Xunta
de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas
acordarase, ao comezo do cuadrimestre, un calendario específico de datas
compatibles coa súa dedicación, motivo polo cal devandito alumnado deberá
poñerse en contacto co profesor da materia nos dez primeiros días do
cuadrimestre no que se imparte a materia, coa finalidade de fixar o devandito
calendario.

Os criterios de avaliación serán idénticos
aos descritos para o alumnado con dedicación a tempo completo (Opción A),
exceptuando o criterio de asistencia de participación activa e con
aproveitamento nas actividades presenciais do que o a alumnado con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica está exento.

______________________________________________________________________________________________________________

As datas, horarios e lugar de realización das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023-2024 e documentación concordante. As cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade de Vigo con acceso limitado ao profesorado da materia e ao estudantado matriculado. De ser necesario, por motivos excepcionais, modificar ou precisar os métodos de avaliación sinalados na guía, tales modificacións ou precisións publicaranse no mesmo soporte telemático.

_____________________________________________________________________________________________________________

HONRADEZ ACADÉMICA

Considerarase que se comenten prácticas
ilícitas cando un alumno/a actúa para defraudar ou tratar de defraudar ós
sistemas de comprobación e avaliación do rendemento académico así como o
incumprimento das normas establecidas polo profesor para a realización de
traballos.  

Os traballos nos que se detecten prácticas
ilícitas serán calificados con un 0. 

Lembrase ao alumnado que o uso de calquera
axuda ou dispositivo no exame final está totalmente prohibida, e no caso de
utilizar calquera soporte no permitido quedará automaticamente suspenso,
independentemente da nota do exame e outras probas. Calquera falta de honradez
académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co
establecido no artigo 14 das "Normas de avaliación, revisión e
reclamación dás cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario”.

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

A materia poderá ser adaptada ao
estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á
diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada
coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na
UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada
cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);
no seu defecto, co titor ou titora ADI da Facultade de Humanidades e Documentación

REGULAMENTO DISCIPLINAR DO ESTUDANTADO DA
UDC (Artigo 11, apartado 4 b)

Cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en
que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota
numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade
como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

PERSPECTIVA DE XÉNERO

Segundo se recolle nas distintas
normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar
a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista,
utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a
intervención en clase de alumnos e alumnas...)

Traballarase para identificar e modificar
prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e
fomentar valores de respecto e igualdade.

Deberanse detectar situacións de
discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas.


Fontes de información
Bibliografía básica Short, J.R. (1993). An Introduction to Political Geography (2nd edition). London: Routledge
Copinsch, P.; Durand, M. F.;Martin, B. & Placidi, D. (2008). Atlas de la globalización. Comprender el espacio mundial contemporáneo.. Valencia: Universitat de Valencia
Tertrais, B. & Papin, D. (2021). Atlas de las fronteras. Muros, conflictos, migraciones. Madrid: Ediciones Cátedra
Chaliand,G (2004). Atlas del nuevo orden mundial. Madrid: Paidós
Gresh,A.; Radvanyl,J. ;Rekacewicz,P.; Samary,C. & Vidal,D. (2006). El Atlas de Le Monde diplomatique. Valencia:Cybermonde
Le Monde Diplomatique (2013). El Atlas. Conflictos de fronteras . Valencia:Cybermonde
Le Monde Diplomatique (2012). El Atlas. Nuevas potencias emergentes. Valencia:Cybermonde
Méndez,R. (2011). El nuevo mapa geopolítico del mundo. Valencia: Tirant lo Blanc
López,L. & Benito del Pozo,P. (1999). Geografía política. Madrid:Cátedra
Sánchez, J.E. (1999). Geografía política. Madrid: Síntesis
Nogué i Font, J. & Vicente, J (2001). Geopolítica, identidad y globalización. Barcelona: Ariel
Martín,E.M. & López-Davalillo, J. (2017). Geopolítica. Claves para entender un mundo cambiante (2ª edición). Madrid: Editorial Universitaria Ramón Areces
Wallerstein, I. (1991). Geopolitics and Geoculture Essays on the Changing World-System. Cambridge: Cambridge University Press
Dodds, K. (2019). Geopolitics. A Very Short Introduction (3rd edition). Oxford: Oxford University Press
Agnew, J (2003). Geopolitics. Re-visioning World Politics (2nd edition). London: Routledge
Flint, C. (2021). Introduction to Geopolitics. London: Routledge
Reinert, E.S. (2007). La globalización de la pobreza cómo se enriquecieron los países ricos...y por qué los países pobres siguen siendo pobres. Barcelona: Crítica
Flint,C. & Taylor, P.J. (2018). Political Geography World-Economy, Nation-State and Locality (7th edition). New York: Routledge
Buzan, B. & Wæber, O (2003). Regions and Powers. The Structure of International Security. Cambridge: Cambridge University Press
Harvey, D (2001). Spaces of Capital: Towards a Critical Geography. New York: Routledge
Cox, K. R.; Low, M. & Robinson, J. (2007). The Sage Handbook of Political Geography (1st edition). London: SAGE Publications

Bibliografía complementaria Agnew, J. & Toal G. (2003). A Companion to Political Geography. Oxford: Blackwell
Ó Tuathail G. (1996). Critical geopolitics: the politics of writing global space (1st edition). London: Routledge
Gray, C.S. & Sloan, G. (1999). Geopolitics, Geography and Strategy (1st edition). London: Routledge
Agnew, J. & Crobridge,S. (1995). Mastering Space Hegemony, Territory and International Political Economy. (1st edition). London: Routledge
O’Tuathail, G.; Dalby, S. y Routledge,P. (1998). Rethinking geopolitics. London: Routledge
Gregory, D.; Johnston, R.; Pratt, G.; Watts, M.J. & Whatmore, S. (2009). The Dictionary of Human Geography (5th edition). London: Wiley
O’Tuathail, G.; Dalby, S. y Routledge,P. (2006). The Geopolitics Reader (2nd edition). London: Routledge

WEBSITES WITH USEFUL INFORMATION / SITIOS WEB CON INFORMACIÓN DE UTILIDADE / SITIOS WEB CON INFORMACIÓN DE UTILIDAD 

OTHER WEBSITES WITH  ADDITONAL INFORMATION / OTROS SITIOS WEB CON INFORMACIÓN ADICIONAL / OTROS SITIOS WEB CON INFORMACIÓN ADICIONAL:


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Xeodemografía/710G05005

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías