Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Dereito Internacional Público Código 710G05014
Titulación
Grao en Relacións Internacionais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Mkrtichyan , Artak
Correo electrónico
a.mkrtichyan@udc.es
Profesorado
Mkrtichyan , Artak
Correo electrónico
a.mkrtichyan@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende posibilitar o ensino sistemático do Ordenamento xurídico que está destinado a regular a sociedade/comunidade internacional, facilitando a comprensión entre o alumnado dos problemas básicos que rodean aquel. Ao ensinar e difundir o Dereito internacional preténdese contribuír, en boa medida, a facer progresar a Sociedade internacional e os suxeitos que a compoñen na vía da paz. Tendo en conta o contido esencial desta disciplina científica, a súa docencia exponse desde unha visión realista, pero co firme propósito de facer partícipe o alumnado dos valores que inspiran o ordenamento xurídico internacional, apuntando, cando sexa posible, suxestións para a mellora das normas que o integran e insistindo, sobre todo, no seu cumprimento. Neste contexto sitúase unha das funcións máis importantes da docencia do Dereito internacional público: demostrarlle ao estudantado, e convencelo, de que esta é unha disciplina cada vez máis relevante na formación de todo xurista e que tomen conciencia da perspectiva internacional, que lles confire o coñecemento do Ordenamento xurídico internacional, como un elemento imprescindible do mundo interdependente. A función docente universitaria, en que se combina unha función informativa e outra formativa, debe servir para formar xuristas que poidan atopar saídas profesionais vinculadas cos seus estudos pero, sobre todo, tamén debe servir para formar e potenciar as capacidades intelectuais dos estudantes para que poidan e saiban afrontar de forma crítica os valores e as actitudes sociais que se desenvolven nas sociedades nacionais e internacional de que eles forman parte.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Analizar información relacionada con fontes e feitos internacionais en contornas xeopolíticas, económicos e xurídicos complexos, presenciais ou virtuais.
A2 CE2 - Comprender a estrutura, as competencias e o funcionamento das institucións e organizacións internacionais, así como as súas relacións con outros actores, estatais e non estatais.
A3 CE3 - Coñecer os conceptos, teorías e técnicas aplicadas á análise dos actores e relacións internacionais, tanto no ámbito universal como no rexional, cunha perspectiva tanto histórica como contemporánea.
A4 CE4 - Comprender os fundamentos teóricos xerais da economía e da estrutura económica internacional.
A5 CE5 - Comprender e analizar os procesos globalizadores, as dinámicas de deslocalización e estratexias alternativas.
A6 CE6 - Comprender os desafíos á seguridade internacional e o valor da mediación e resolución de conflitos de forma pacífica.
A7 CE7 - Analizar a realidade global nas súas diferentes dimensións, en particular a xeográfica, a política, a social, a económica e a xurídica.
A8 CE8 - Ser capaz de aplicar a metodoloxía científica aos retos sociais, políticos, económicos e xurídicos con elemento internacional.
A9 CE9 - Analizar e avaliar problemas ambientais e patrimoniais nas relacións internacionais.
A10 CE10 - Adquirir coñecemento das técnicas, métodos de traballo e análise das ciencias humanas, sociais e xurídicas.
A11 CE11 - Analizar a realidade política, social e económica no marco da cooperación internacional ao desenvolvemento.
A12 CE12 - Comprender os instrumentos e mecanismos políticos, xurídicos e económicos que garanten unha xestión eficiente de proxectos e negocios internacionais.
B6 CG1 - Apreciar a diversidade e a multiculturalidad.
B7 CG2 - Adquirir habilidade para traballar nun contexto internacional.
B8 CG3 - Identificar aspectos esenciais de culturas e costumes doutros países.
B9 CG4 - Formarse na resolución de problemas.
B10 CG5 - Adquirir coñecementos xerais básicos.
B11 CG6 - Adquirir capacidade de organizar e planificar.
B12 CG7 - Adquirir capacidade de tomar decisións.
B13 CG8 - Formarse no deseño e na xestión de proxectos.
C1 CT1 - Dominar a expresión, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 CT2 - Defenderse nun idioma estranxeiro e expresarse correctamente de forma oral e escrita no mesmo.
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero, nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional, co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
C5 CT5 - Defender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT6 - Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables, así como un uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
C7 CT7 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 CT8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento da función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A9
A10
A11
A12
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A9
A10
A11
A12
B8
B9
B10
B11
B12
B13
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1 - A sociedade internacional e o seu ordenamento xurídico A) A sociedade internacional
B) Dereito Internacional Público como ordenamento xurídico da sociedade internacional
C) Funcións do Dereito Internacional Público
TEMA 2 - A formación do Dereito Internacional Público A) A creación e o desenvolvemento progresivo do Dereito Internacional Público
B) Os tratados internacionais, o costume e os principios xerais
C) Os actos unilaterais dos estados e das organizacións internacionais
D) A recepción das normas internacionais nos ordenamentos internos
TEMA 3- Os suxeitos do Dereito Internacional Público A) Estado como suxeito primario do Dereito internacional público
B) As competencias territoriais e persoais dos Estados
C) Aspectos xerais das Organizacións internacionais
D) A persona humana ante o Dereito internacional público
TEMA 4 - A aplicación do Dereito Internacional Público A) A responsabilidade internacional
B) Os procedementos para asegurar a aplicación das normas internacionais
C) Os procedementos pacíficos de solución de controversias internacionais
D) Control do uso da forza

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 A9 A11 A12 B6 B7 B9 B11 B12 B13 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 16 0 16
Actividades iniciais A2 A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 A9 A11 A12 B6 B7 B9 B11 B12 B13 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 12 40 52
Estudo de casos A2 A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 A9 A11 A12 B6 B7 B9 B11 B12 B13 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 20 57.5 77.5
Proba obxectiva A2 A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 A9 A11 A12 B6 B7 B9 B11 B12 B13 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 1.5 0 1.5
Proba de resposta breve A3 1 0 1
Eventos científicos e/ou divulgativos A2 A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 A9 A11 A12 B6 B7 B9 B11 B12 B13 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 2 0 2
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Docencia expositiva e orientativa sobre os contidos do programa.
Actividades iniciais As actividades iniciais se realizarán ao comezo de cuadrimestre.
Estudo de casos As actividades dirixidas consistirán, fundamentalmente, en actividades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión ou en casos prácticos, para cuxa elaboración ou resolución os alumnos contarán coas correspondentes orientacións e instrucións metodolóxicas, bibliográficas e documentais.
Proba obxectiva O exame será final e escrito.
Proba de resposta breve Contestación a preguntas tipo test.
Eventos científicos e/ou divulgativos Conferencias e seminarios de especialidade nos que intervirán especialistas na temática das actividades organizadas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Actividades iniciais
Estudo de casos
Proba obxectiva
Descrición
Na avaliación global tamén se terá en conta positivamente a asistencia e a activa participación do alumnado nas clases, nas tutorías e nas demais actividades que se desenvolvan durante o curso, de tal modo que o profesor poida levar a cabo un seguimento personalizado do estudante.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 A9 A11 A12 B6 B7 B9 B11 B12 B13 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Docencia expositiva e orientativa sobre os contidos do programa. 1
Actividades iniciais A2 A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 A9 A11 A12 B6 B7 B9 B11 B12 B13 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 As actividades iniciais se realizarán ao comezo de cuadrimestre. 18
Estudo de casos A2 A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 A9 A11 A12 B6 B7 B9 B11 B12 B13 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 As actividades dirixidas consistirán, fundamentalmente, en actividades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión ou en casos prácticos, para cuxa elaboración ou resolución os alumnos contarán coas correspondentes orientacións e instrucións metodolóxicas, bibliográficas e documentais. 20
Proba obxectiva A2 A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 A9 A11 A12 B6 B7 B9 B11 B12 B13 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O exame será final e escrito. 40
Eventos científicos e/ou divulgativos A2 A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 A9 A11 A12 B6 B7 B9 B11 B12 B13 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Conferencias y seminarios de especialidad en los que intervendrán especialistas en la temática de las actividades organizadas. 1
Proba de resposta breve A3 Contestación a preguntas tipo test. 20
 
Observacións avaliación
Existen dúas modalidades de avaliación: continua e global.

MODELO DE AVALIACIÓN CONTINUA (1ª OPORTUNIDAD): Para superar a materia, o alumnado deberá realizar ao longo do cuadrimestre dous cuestionarios tipo test, así como asistir e participar nas clases prácticas, onde se realizarán os estudos de caso e as actividades de aprendizaxe por proxectos. Con estas probas, poderase alcanzar un máximo de seis puntos. Requírese a asistencia a un 80% das clases prácticas. Ademais, ao final do cuadrimestre, o alumnado realizará un exame escrito de preguntas de desenvolvemento, que puntuará cun máximo de catro puntos. O nivel mínimo esixido para a superación do exame final será de dous puntos. A cualificación das probas de avaliación continua sumarase á do exame final soamente se no exame final se alcanza unha nota igual ou superior a dous puntos.

MODELO DE AVALIACIÓN GLOBAL (1ª OPORTUNIDAD): A avaliación do alumnado que non siga o modelo de avaliación continua consistirá en dúas partes: (1) a realización dun exame escrito de preguntas de desenvolvemento, que representará o 60% da cualificación final da materia; e (2) a realización dun exame práctico que consistirá nun cuestionario tipo test, que representará o 40% da cualificación final da materia.

Polo que se refire á segunda oportunidade de exames, o sistema de avaliación será similar ao da primeira oportunidade.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a avaliación consistirá nun exame final sobre os contidos da materia cuxa cualificación máxima será de dez puntos sobre dez.

A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia nas dúas oportunidades de exame.

Fontes de información
Bibliografía básica
DIEZ DE VELASCO, M. (2013). Instituciones de Derecho Internacional Público, 18ª ed.. Madrid: Ed. Tecnos.
DIEZ DE VELASCO, M. (SOBRINO HEREDIA, J.M. coord.) (2010). Las Organizaciones internacionales. Madrid: Ed. Tecnos.
HERNÁNDEZ, G. (2022). International law, 2nd ed.. Oxford: Oxford University Press.
SHAW, M.N. (2021). International law, 9th ed.. Cambridge: Cambridge University Press.
OANTA, G.A. (2022). Main legal texts for the study of public international law. Valencia: Tirant lo Blanch.
KACZOROWSKA, A. (2015). Public International Law, Roudledge.

Bibliografía complementaria
BENEYTO, J.M. y JIMENEZ PIERNAS, C. (dir.) (2022). Concepto y Fuentes del Derecho Internacional. Valencia: Tirant lo blanch.
CASANOVAS, O.; RODRIGO, A. (2022). Compendio de Derecho internacional público, 11ª ed.. Madrid: Tecnos.
PASTOR RIDRUEJO, J.A. (2022). Curso de Derecho internacional público y Organizaciones internacionales, 26ª ed.. Madrid: Ed. Tecnos.
REMIRO BROTONS, A. Y OTROS (2014). Derecho internacional: curso general, 2ª ed.. Valencia: Ed. Tirant lo Blanch.
SÁENZ DE SANTAMARÍA, P.A. (2020). Sistema de Derecho Internacional Público, 6ª ed.. Pamplona: Ed. Civitas-Thomson Reuters.
CASADO RAIGÓN, R. (2020). Derecho internacional, 4ª ed.. Madrid: Tecnos.
TORRES CAZORLA, M.I. (dir.) (2019). Derecho internacional público y Organizaciones internacionales. Actividades prácticas / Public International Law and International Organizations. Practical activities. Valencia: Tirant lo Blanch.
EVANS, M.D. (ed.) (2018), International Law, 5th ed., Oxford University Press, Oxford.
FOCARELLI, C., International Law, Edward Elgar, Cheltenham, 2019.
KLABBERS, J. (2017), International Law, 2nd ed., Cambridge University Press, Cambridge, Cambridge.
PATARAIA, D. (2022), International law: text, cases, and materials, Routledge, London.
CECILY, R. (et al). (2022). An introduction to Public International Law, Cambridge University Press.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Teoría das Relacións Internacionais/710G05006

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Organizacións Internacionais/710G05016
Institucións e Políticas da Unión Europea/710G05018
Resolución de Conflictos Internacionais/710G05020

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías