Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Diversidade e Xénero Código 710G05017
Titulación
Grao en Relacións Internacionais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Garate Castro, Luis Alberto
Correo electrónico
luis.garate@udc.es
Profesorado
Garate Castro, Luis Alberto
Correo electrónico
luis.garate@udc.es
Web
Descrición xeral Despois do período da Guerra Fría a partir de 1989 comézase a incorporar a crítica feminista ás
estruturas de coñecemento subxacentes nas que se basearon os estudos de política internacional, coas que facer visibles os mecanismos e as relacións de dominación e subordinación entre homes e
mulleres indispensable para comprender as dinámicas xeopolíticas. Os estudos de xénero e a visibilización das mulleres, converteuse nun asunto central para as políticas de Nacións Unidas que queda subliñado desde a axenda do milenio e máis aínda se cabe na axenda 2030, ao destacar que sen igualdade e sen o empoderamento das nenas e mulleres, que constitúen a metade da poboación mundial, non será posible a consecución de sociedades desenvolvidas, sostibles e pacíficas. A perspectiva de xénero representa por tanto o principal reto do estudo e da práctica da política internacional, un coñecemento indispensable para aquelas persoas que han de formarse como especialistas en relacións internacionais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 CE5 - Comprender e analizar os procesos globalizadores, as dinámicas de deslocalización e estratexias alternativas.
A7 CE7 - Analizar a realidade global nas súas diferentes dimensións, en particular a xeográfica, a política, a social, a económica e a xurídica.
A8 CE8 - Ser capaz de aplicar a metodoloxía científica aos retos sociais, políticos, económicos e xurídicos con elemento internacional.
A10 CE10 - Adquirir coñecemento das técnicas, métodos de traballo e análise das ciencias humanas, sociais e xurídicas.
A11 CE11 - Analizar a realidade política, social e económica no marco da cooperación internacional ao desenvolvemento.
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B7 CG2 - Adquirir habilidade para traballar nun contexto internacional.
C4 CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero, nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional, co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
C6 CT6 - Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables, así como un uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacitación para integrar a perspectiva de xénero na praxe social cotiá e máis especificamente na praxe profesional. Recoñecemento da existencia da desigualdade de xénero na sociedade na que vivimos como paso para asumir un compromiso ético na loita pola igualdade A5
A7
A8
A10
A11
B3
B7
C4
C6

Contidos
Temas Subtemas
A construción da identidade sexo/xénero O patriarcado como sistema de dominación
Os estereotipos de xénero descritivos (características) e prescriptivos (roles)
Socialización e xénero
O movemento feminista: ondas e fitos A primeira onda feminista
A segunda onda feminista
A terceira onda feminista
Estamos a iniciar a cuarta onda feminista?
Desigualdade e discriminación No ámbito educativo: vertical e horizontal
No ámbito Laboral: a brecha salarial
No ámbito económico/politico: feminización da pobreza
Desigualdade e violencia Violencia física
Violencia sexual
Violencia psicolóxica
A violencia a través das novas tecnoloxías
Dereitos e políticas de igualdade Dereito á Igualdade
Dereitos Sexuais e Reprodutivos
Dereito á Educación Sexual
Políticas publicas para a promoción da Igualdade

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A5 A7 A8 A10 A11 B3 B7 C4 C6 4 3 7
Sesión maxistral A5 A7 A8 A10 A11 B3 B7 C4 C6 16 0 16
Traballos tutelados A5 A7 A8 A10 A11 B3 15 0 15
Presentación oral A5 A7 A8 A10 A11 B3 B7 C4 C6 3 40 43
Proba de ensaio A5 A7 A8 A10 A11 B3 B7 C4 C6 1 30 31
Proba obxectiva A5 A7 A8 A10 A11 B3 2 36 38
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades encamiñadas a tomar contacto co alumnado asi como á presentación da materia
Sesión maxistral Exposición por parte do/a docente dos contidos teóricos da materia.
Traballos tutelados Levará a cabo un traballo en grupo tutelado sobre contidos específicos da materia que pode ser desenvolvido incluíndo a revisión de documentos científicos (libros, artigos ou capítulos de libros) informes de organismos nacionais e/ou internacionais, información recollida en medios de comunicación e/ou redes sociais, así como materiais audiovisuais.
Presentación oral Exposición oral na aula
Proba de ensaio Preguntas de desenvolvemento
Proba obxectiva Preguntas concretas a contestar

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Tutorías individuais e/ou en grupo

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Actividades iniciais A5 A7 A8 A10 A11 B3 B7 C4 C6 Actividades encamiñadas a tomar contacto co alumnado asi como á presentación da
materia
10
Proba obxectiva A5 A7 A8 A10 A11 B3 Preguntas obxectivas 30
Presentación oral A5 A7 A8 A10 A11 B3 B7 C4 C6 Exposición traballos 2
Proba de ensaio A5 A7 A8 A10 A11 B3 B7 C4 C6 Preguntas de desenvolvemento 30
Traballos tutelados A5 A7 A8 A10 A11 B3 Levará a cabo un traballo en grupo tutelado sobre contidos específicos da materia que pode ser desenvolvido incluíndo a revisión de documentos científicos (libros, artigos ou capítulos de libros) informes de organismos nacionais e/o internacionais, información recollida en medios de comunicación e/o redes sociais, así como materiais audiovisuais. 28
Sesión maxistral A5 A7 A8 A10 A11 B3 B7 C4 C6 Exposición por parte do/a docente dos contidos teóricos da materia 0
 
Observacións avaliación
Os/as alumnos/as terá a opción de escoller entre a avaliación continua e a global no prazo dun mes desde o inicio das clases.

AVALIACIÓN CONTINUA
Criterios de avaliación continua: desenvolvemento dun traballo obrigatorio EN GRUPO (30 %), presentación do traballo (20 %) exame de desenvolvemento (30
%), exame de preguntas obxectivas (30 %). Deberán superarse todas as probas para superar a materia.

AVALIACIÓN GLOBAL
traballo obrigatorio individual tutelado polas/os docentes (20 %), exame escrito (40 %), exame oral (40 %). Deberán superarse todas as
probas para superar a materia, o que implica que deberá obterse un micho de 2 puntos no exame escrito, de 2 punto no exame oral
e de 1 punto no traballo obrigatorio.

As cualificacións serán colgadas na plataforma Moovi (UVIGO) e Moodle (UDC) e enviadas aos móbiles a través da secretaria virtual.
As datas, horarios e lugar no que se realizarán as probas de avaliación das diferentes convocatorias serán as aprobadas pola Xunta
de Facultade para o curso 20 para o curso 2023-2024.

 As titorías do profesorado da materia poderanse solicitar no seguinte correo: lameiras@uvigo.gal para estudantes da Universidade de Vigo
no campus de Ourense e no seguinte correo luis.garate@udc.es para estudantes da Universidade da Coruña no Campus de Ferrol

Fontes de información
Bibliografía básica Moncó, Beatriz (2011). Antropología del género. Editorial Síntesis
Moore, Henrietta (1999). Antropología y feminismo. Cátedra
Harris, Olivia y Young, Kate (comps) (1977). Antropologia y feminismo. Anagrama
Ekis Ekman, K. (2013). Being and being bought: prostitution surrogacy and the split self. Spinifex Press
Mirayes, Alicia (2021). Distopias patriarcales. Cátedra
Lameiras, M.; Rodriguez, Y. y Adá, A. (2022). El cuerpo del delito: la cosificación sexual de las mujeres. Tirant Humanidades
Valcarcel, Amelia (2023). La civilización feminista. La esfera de los libros
Ortner, Sherry (1997). Making Gender. Beacon Press
Ana de Miguel (2015). Neoliberalismo sexual: el mito de la libre eleccion. Cátedra
Ekis Ekman , K. (2023). On the meaning of sex: thoughts about the new definition of woman. Spinifex Press
Sanday, Peggy Reeves (1986 (1981)). Poder femenino y dominio masculino. Sobre los orígenes de la desigualdad sexual.. Ed. Mitre
Alario, Mónica (2021). Política sexual de la pornografía: sexo, desigualdad y violencia. Cátedra

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Antropoloxía dos Problemas Globais/710G05008
Socioloxía da Globalización/710G05002

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías