Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Idioma Estranxeiro II: Francés Código 710G05050
Titulación
Grao en Relacións Internacionais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Francés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Luís Gamallo, María Obdulia
Correo electrónico
m.luis@udc.es
Profesorado
Luís Gamallo, María Obdulia
Correo electrónico
m.luis@udc.es
Web http://secretaria.uvigo.gal/docnet-nuevo/guia_docent/?centre=108&ensenyament=O08G440V01
Descrición xeral A presente materia completa os contidos de francés oral e escrito do mundo profesional das
relacións internacionais vistos en Idioma Estranxeiro I: Francés co fin de acadar un nivel A2/B1.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Analizar información relacionada con fontes e feitos internacionais en contornas xeopolíticas, económicos e xurídicos complexos, presenciais ou virtuais.
A2 CE2 - Comprender a estrutura, as competencias e o funcionamento das institucións e organizacións internacionais, así como as súas relacións con outros actores, estatais e non estatais.
A3 CE3 - Coñecer os conceptos, teorías e técnicas aplicadas á análise dos actores e relacións internacionais, tanto no ámbito universal como no rexional, cunha perspectiva tanto histórica como contemporánea.
A6 CE6 - Comprender os desafíos á seguridade internacional e o valor da mediación e resolución de conflitos de forma pacífica.
B1 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B6 CG1 - Apreciar a diversidade e a multiculturalidad.
B7 CG2 - Adquirir habilidade para traballar nun contexto internacional.
B9 CG4 - Formarse na resolución de problemas.
B11 CG6 - Adquirir capacidade de organizar e planificar.
B12 CG7 - Adquirir capacidade de tomar decisións.
B14 CG9 - Adquirir capacidade de adaptarse a novas situacións.
C4 CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero, nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional, co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
C7 CT7 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 CT8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Manexar as tics para comunicarse,buscar, analizar aspectos socioculturais en lingua francesa A1
B1
B2
B12
C7
C8
Ter a capacidade de comprender e expresar mensaxes e interactuar con calque falante de lingua francesa B1
B2
B6
C4
Comprender a realidade sociopolítica e cultural da francofonía A1
A2
B6
B7
B11
B14
C4
C7
C8
Planificar o estudo e aprendizaxe da lingua francesa manexando recursos diversos en autonomía e en grupos interdisciplinares, respetando a diferenza, a diversidade e o multiculturalismo. A1
A6
B2
B6
B7
B9
B14
C4
C7
Comprender a apreciar a importancia da lingua e a cultura da francofonía no mundo das relacións internacionais e valorala de cara ao seu futuro profesional A2
A3
B1
B2
B6
B7
B9
B11
C4
C7

Contidos
Temas Subtemas
1.Vivenda/aloxamento (procura e caracterización); facer unha reclamación; expresar o seu desacordo; ameazar, explicar un problema. 1. Gramática: os pronomes complemento COD e COI (frases afirmativas e negativas); o condicional; adverbios; os posesivos; o comparativo e o superlativo.
Vocabulario: compra e alugamento; tipos de aloxamento; condicións e contratos de alugamento; mobiliario e partes da casa.
Fonética: sonidos vocálicos e diptongos
2. Pedir información; anunciar unha chegada; dar detalles sobre unha estadía; articular un discurso. 2. Gramática:a interrogación indirecta; o xerundivo; os indefinidos; expresións: "venir de, être sur le point de, être en train de"; expresión del tiempo con "quand"; alternancia imperfecto / pretérito perfecto composto.
Vocabulario: medios de transporte; o hotel; programa de traballo e de visita; a negociación; as relacións internacionais.
Fonética: sons vocálicos
3. Vivir e traballar no estranxeiro. Dar unha opinión; expatriarse; dar información; aconsellar. 3. Gramática: concordancia dos participios pasados; o verbo "vivir", os indefinidos (de cantidade); as subordinadas condicionais introducidas por" si" (1); a causa; subordinadas relativas ("qui", "que", "où").
Vocabulario: os documentos administrativos; a vida e o traballo no estranxeiro; a banca; as partes do corpo; as enfermidades e os problemas de saúde.
Fonética: sons nasais.
4. Coller vacacións, falar do tempo; alugar un vehículo; vender/comprar; falar da talla, a materia, a forma, o prezo. 4. Gramática: as subordinadas condicionais introducidas por "si" (2); as formas impersonais; o subxuntivo dos verbos "parler", "finir", "connaître", "être", "avoir", "aller" e "faire"; os pronomes interrogativos ("lequel, laquelle, lesquels, lesquelles").
Vocabulario: as vacacións, destinos turísticos; o alugamento dun vehículo; as tendas, roupa e accesorios; obxectos: materia, forma, cor.
Fonética: o son [s]
5. Presentar un posto de traballo e funcións; describir aptitudes, esixencias, formación; facer unha entrevista de traballo (explicar a propia experiencia profesional, competencias, motivacións, mobilidade/dispoñibilidade). 5.Gramática:o pluscuamperfecto; a nominalización; a obrigación co imperativo; as formas impersoais; os interrogativos compostos; os indicadores temporais; a concordancia do participio pasado con "avoir".
Vocabulario:facer un CV; a contratación.
Fonética: os sons [b] e [p]; o son [v]
6. Falar da actualidade; dar a súa opinión; matizar; presentar un organigrama; conducir unha reunión; tomar a palabra para preguntar, interromper, dar o seu punto de vista, xustificar ou pedir unha explicación. 6. Gramática:o estilo indirecto, o subxuntivo (2) (verbos introductorios); a voz pasiva; os pronomes tónicos; o subxuntivo (3) (verbos impersoais); o subxuntivo (4) con "bien que", "quoique", "pour que", "afin que".
Vocabulario: a prensa e os medios de comunicación; a estructura dunha institución, dun servizo; as reunións.
Fonética: os sons consonánticos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A2 A1 B6 B7 B9 B11 B14 B1 C4 C7 C8 10 0 10
Simulación A2 A1 A3 B11 B14 B1 C7 C8 10 14 24
Glosario A2 A1 A3 A6 B2 B6 B7 B11 B14 B1 C4 C7 C8 6 10 16
Proba de resposta múltiple A2 A1 A6 B9 C8 10 10 20
Proba oral A2 A3 B2 B6 B7 B9 B11 B1 C7 C8 10 10 20
Solución de problemas A2 A1 B2 B6 B11 B12 B14 B1 C7 C8 8 20 28
Sesión maxistral A2 A1 A3 A6 B2 B6 B7 B9 B11 B14 B1 C4 C7 C8 5 17 22
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Prácticas que inclúen actividades, problemas ou exercicios a resolver.
Simulación Tarefa na que os estudantes simulan situacións en francés para mellorar as súas competencias orais e
escritas en lingua francesa.
Glosario Preparación de diferentes tarefas que se conservarán para retroalimentación en cartafol.
Proba de resposta múltiple Probas para avaliar as competencias adquiridas que inclúen actividades, problemas ou
exercicios a resolver.
Avaliación.
Proba oral Avaliación das capacidades comunicativas e de comprensión do estudantado en lingua francesa.
Solución de problemas Actividades que plantexan ao estudantado unha busca que ha de resolver para acadar un resultado.
Sesión maxistral Exposición e explicación dos contidos gramaticais, léxicos e culturais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Proba de resposta múltiple
Proba oral
Sesión maxistral
Descrición
Prácticas de laboratorio: Os estudantes han de responder a actividades formuladas aplicando competencias orais e escritas da materia.
Proba de resposta múltiple: Exame de preguntas obxectivas. Probas para avaliar as competencias adquiridas que inclúen actividades, problemas ou exercicios a resolver.
Resolución de problemas: Os estudantes han de responder de maneira directa en base aos coñecementos que adquiriron da materia.
Sesión maxistral: Despois das exposicións de contidos ábrese debate para preguntas e respostas do
estudantado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A2 A1 B6 B7 B9 B11 B14 B1 C4 C7 C8 Actividades, exercicios diversos a resolver na aula ou na casa para
entregar.
Resolución de problemas: tarefas de comprensión ou expresión escrita ou oral a entregar.
40
Simulación A2 A1 A3 B11 B14 B1 C7 C8 Simulacións que poñan en práctica as competencias de expresión
orais.
10
Proba de resposta múltiple A2 A1 A6 B9 C8 Probas que avalían as diferentes competencias orais e escritas
postas en práctica na aula.
50
 
Observacións avaliación

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de
medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva,
cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o
caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos
prazos oficiais
estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade
de
Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/).


1. Na primeira oportunidade, os alumnos haberán de asistir a clase para beneficiarse da avaliación continua (con máis de 5
clases
sen xustificar perderase o dereito a avaliación continua) que consiste
na recollida de tarefas e actividades feitas na clase ou na casa a
entregar, ademais de presentacións de simulacións orais a entregar (50 %
da nota final). Para avaliación continua
será necesario traer a diario o método de lingua francesa: RIEHL, SOIGNET, AMIOT,

Le français des relations internacionales et européennes, Objectif Diplomatie 1, ed. Hachette, nouvelle édition, 2017.

A avaliación continua inclúe un control a mediados do cuatrimestre e outro final o último día de clase (total: 50% da nota
final). Os controis poderán incluir algún tipo de proba oral de expresión como parte da nota. Haberá alcanzarse cando menos
unha media de 5 no conxunto dos dous controis para facer media coa nota das tarefas de clase que haberá de ser como
mínimo un 4.

Os alumnos que non aproben durante o curso poderán presentarse ao examen final en primeira convocatoria previsto pola
Xunta de facultade, así como aqueles que queiran subir nota. Neste caso o examen final consitirá nunha proba con
preguntas
obxectivas que pretende avaliar as 4 competencias da lingua
extranxeira. Os alumnos que non superan a avaliación contínua durante o
curso, nin o exame da primeira convocatoria, haberán presentarse ao
exame final de 2da convocatoria previsto pola Xunta de facultade.

2. Avaliación da segunda oportunidade: De suspender a materia na primeira oportunidade por non acadar a puntuación mínima na proba escrita e/ou na proba oral, o alumnado deberá facela(s) de novo na segunda oportunidade.
A data, horario e ubicación da proba escrita deben ser contrastados polo alumnado na páxina web da facultade.

3. Na convocatoria extraordinaria de decembro
o alumnado será avaliado dos seus coñecementos e competencias nas
distintas destrezas da materia mediante unha proba escrita e unha proba oral.
Para as implicacións da realización fraudulenta ou irregular da proba escrita ou oral, ver apartado 6.

4. En cada oportunidade de avaliación o alumnado recibirá a cualificación NP
de non terse presentado a
ningunha das probas de avaliación (escrita e oral).

5. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial con dispensa académica,
previa comunicación e acreditación documental de dita situación á
profesora, pode, sen asistir ás aulas, realizar e entregar as
actividades de avaliación continua
programadas para a primeira oportunidade, segundo o disposto no
apartado 1. As actividades
presenciais serán sustituídas por outras non presenciais equivalentes.
Seranlle de aplicación as demáis metodoloxías avaliables (proba escrita e
oral) cos mesmos requisitos e características que para o resto do
alumnado.
Para a avaliación da segunda oportunidade, aplicaráselle o disposto no apartado 2.

6. Os traballos académicos (entendendo por tal todo o material que o
alumnado presente para ser obxecto de avaliación) deberán ser de elaboración individual (agás
indicación expresa da profesora) e persoal.

A
realización fraudulenta ou irregular das probas e/ou de calquera das
actividades de avaliación continua implicará automaticamente a
cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente,
invalidándose as cualificacións obtidas nas distintas metodoloxías
avaliables.

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao
Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos
previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo
mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas
circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de
grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).

7. Nos casos non contemplados anteriormente
aplicarase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación
das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC.

Segundo as distintas normativas que regulan as ensinanzas universitarias, cómpre incorporar a perspectiva de xénero nesta materia. Isto inclúe, entre outras medidas, o uso dunha linguaxe non sexista, bibliografías inclusivas desde a perspectiva de xénero e o fomento da participación de todo o alumnado na clase, independentemente do seu xénero.

Prestaremos especial atención en identificar e abordar os prexuízos e as actitudes sexistas. Traballaremos activamente para cambiar este entorno e promover valores de respecto e igualdade.

Os nosos esforzos centraranse na detección de casos de discriminación de xénero e na posta en marcha das accións oportunas para corrixir estes casos.


Fontes de información
Bibliografía básica
Bibliografía Básica

RIEHL, L; SOIGNET, M.; AMIOT, M.-H., Objectif Diplomatie 1, 987-2-01-513535-9, Hachette, 2017

GRÉGOIRE, M.; THIÉVENAZ, O., Grammaire progressive du français, CLE International,

Bibliografía Complementaria

ABRY, D.; CHALARON, M.-L., Phonétique, 350 exercices, Hachette, 2011.

Collectif, Bescherelle La conjugaison pour tous, Hatier, 2012

FAFA, C.; LOISEAU, Y. ; PETITMENGIN, V. Grammaire et conjugaison du français A1 (470 exercices et corrigés), Didier, 2020.

GLAUD, L. ; LANNIER, M. et LOISEAU, Y. ; PETITMENGIN, V. Grammaire et conjugaison du français A2 (470 exercices et corrigés), Didier, 2020

MIQUEL, C., Vocabulaire progressif du français, CLE International,

BLANC, J; CARTIER, J.-M.; LEDERLIN, P., Scénarios professionnels. Niveau 1, CLE International, 1994

CLOOSE, E., Le français du monde du travail, PUG, 2014

DANILO, M.; PENFORNIS, J.-L., Le français de la communication professionnelle, CLE International, 1993

FERRE, A.; GERRIER, N., Points de vue : Culture, société, littérature, art, CIDEB/Black Cat Publishing, 2014

LAMOUREUX, J., Les combines du téléphone, PUG, 2009

LESOT, A., Bescherelle L'essentiel, Hatier, 2013

PENFORNIS, J.-L., Vocabulaire du français des affaires avec 200 exercices, CLE Internacional, 2004

ZOUARI, I., Petit dictionnaire du monde francophone : tout ce qu'il faut savoir sur les 45 pays et territoires francophones, L'Harmattan, 2015

Sites web

TV5monde, www.tv5monde.com

Le point du fle, www.lepointdufle.net

Alfabeto fonético internacional para el francés,https://easypronunciation.com/es/french-letters-pronunciation-ipa-chart#french_nasal_vowels

Phonétique FLE, cours de prononciation,http://flenet.unileon.es/phon/indexphon.html

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Idioma Estranxeiro I: Francés/710G05049

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Idioma Estranxeiro III: Francés/710G05051

Observacións

Recoméndase asistir a clase con regularidade e seguir a avaliación contínua, coas indicacións que se atopan no portal Moovi
da materia.

Recoméndaselle ao alumnado que lea atentamente esta guía docente: nos seus diferentes apartados atopará resposta a moitas preguntas que lle xurdan sobre a concepción, organización e obxectivos do curso. Non dubide en acudir á profesora para aclarar calquera cuestión ao respecto. Debe prestar especial atención aos seguintes aspectos: • Realice puntualmente as actividades encomendadas. Os retrasos acumulados prexudican a evolución da súa aprendizaxe e o desenvolvemento progresivo de competencias, e fan que o seu aproveitamento sexa progresivamente menor; ademais, lembre que, agás causa xustificada, e sempre co acordo expreso da profesora, non se permite a entrega de actividades fóra do prazo establecido. • Procure observarse e autoavaliarse, tomando conciencia das súas carencias e dos seus avances. • As súas exposicións ou intervencións escritas e orais deben ser adecuadas ao nivel de estudos no que se atopa e á actividade que está a desenvolver.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías