Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Configurar e realizar ensaios mediante as técnicas de análise térmica e reoloxía máis adecuadas en cada caso, dentro do ambito dos materiais complexos |
A6 |
Entender a importancia do medio e da investigación encamiñada á eliminación/minimización dos residuos finais ou de proceso |
B1 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo |
B4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades |
B7 |
Resolver problemas de forma efectiva |
B8 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo |
B11 |
Comportase con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional |
B14 |
Capacidade para encontrar e manexar a información |
B21 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
B22 |
Entender a importancia da protección do medio |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C9 |
Valorar a importancia que ten a investigación na protección do medio ambiente |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Ser capaz de analizar mediante distintas técnicas experimentais os gases emitidos/absorvidos en distintos procesos |
AI1 AI6
|
BI1 BI2 BI4 BI7 BI8 BI11 BI14 BI21 BI22
|
CI2 CI4 CI7 CI9
|
Recoñecer a importancia de substituír polímeros sintéticos por biopolímeros. |
AI6
|
BI1 BI2 BI4 BI7 BI8 BI11 BI14 BI21 BI22
|
CI2 CI4 CI7 CI9
|
Valorar o estudo de residuos para a súa minimización/eliminación |
AI6
|
BI1 BI2 BI4 BI7 BI8 BI11 BI14 BI21 BI22
|
CI2 CI4 CI7 CI9
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Análise dos gases de combustión mediante TG-FTIR |
Degradación en atmosfera oxidante e inerte
Produtos da combustion
Identificación de compoñentes mediante FTIR |
Avaliación da absorción de gases nocivos mediante TG |
Características dos substratos absorbentes
Influencia da temperatura na absorción
Influencia da concentración e o caudal de gas
Configuración dun experimento para avaliar a absorción de gases |
Reoloxía de residuos mariños de combustibles |
Características xerais dos residuos mariños de combustibles
Propiedades reolóxicas de interese
Caracterización térmica e reolóxica |
Substitución de polímeros sintéticos por biopolímeros |
Métodos de obtención de biopolímeros
Principais biopolímeros
Comparación cos polímeros sintéticos
Posibilidades e perspectivas de substitución de polímeros sintéticos por biopolímeros |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A6 B1 B11 B21 B22 C4 C9 |
10 |
15 |
25 |
Prácticas de laboratorio |
A1 B2 B7 C7 |
8 |
12 |
20 |
Traballos tutelados |
A1 B2 B4 B7 B8 B11 B14 B21 C2 |
2 |
18 |
20 |
Proba obxectiva |
A6 B4 B8 C2 C9 |
2 |
2 |
4 |
|
Atención personalizada |
|
6 |
0 |
6 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Presentación por parte do profesor dos contidos básicos da parte teórica de cada tema. Esta presentación farase de modo esquemático e orientado tanto á correcta comprensión dos contidos como á súa utilidade práctica nesta e noutras materias do máster |
Prácticas de laboratorio |
Realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos, investigacións, etc. |
Traballos tutelados |
Traballos encamiñados a que o alumno amplíe e consolide os contidos de cada tema que o profesor presente oralmente de modo esquemático. Estes traballos deben servir tamén para que o alumno tome destreza no coñecemento e o uso dos medios bibliográficos proporcionados. |
Proba obxectiva |
Exame, proba obxectiva de avaliación |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba obxectiva |
Sesión maxistral |
Prácticas de laboratorio |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Aclaración de dúbidas que xurdan despois das sesións maxistrais e fundamentalmente explicacións, comentarios, resolución de dúbidas que xurdan durante o desenvolvemento dos traballos tutelados.
Non se acepta dispensa académica. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A6 B4 B8 C2 C9 |
Exame, proba obxectiva de avaliación |
20 |
Sesión maxistral |
A6 B1 B11 B21 B22 C4 C9 |
Avaliación continua mediante o seguimento do traballo do alumno na aula, o laboratorio e/ou titorías |
10 |
Prácticas de laboratorio |
A1 B2 B7 C7 |
Avaliación continua mediante o seguimento do traballo do alumno na aula, o laboratorio e/ou titorías |
10 |
Traballos tutelados |
A1 B2 B4 B7 B8 B11 B14 B21 C2 |
Presentación dos traballos tutelados correspondentes aos distintos diferentes contidos de cada materia |
60 |
|
Observacións avaliación |
Non se acepta dispensa académica. Os criterios de avaliación na segunda oportunidade e na extraordinaria son os mesmos que na primeira. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Introdución aos materiais complexos/730495001 | Viscoelasticidade de materiais/730495002 | Propiedades termomecánicas de materiais. Métodos Fundamentais/730495003 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: • Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático • Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos • En caso de ser necesario realizalos en papel:
- Non se empregarán plásticos
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.
Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural |
|