- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados
cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e
profesionais.
- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co
obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e
sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus
Ferrol", a entrega dos
traballos documentais que se realicen nesta materia:
· Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático.
· Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de
imprimilos.
· En caso de ser necesario realizalos en papel:
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse
impresións a dobre cara.
- Empregarase
papel reciclado.
- Evitarase a
impresión de borradores.
3. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación
para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero na
materia:
*Usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de
autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e
alumnas…
*5.Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar
valores de respecto e igualdade.
*Deberanse detectar
situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas
para corrixilas.
4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por
razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten
dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida
universitaria.