Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
O alumnado coñécerá os elementos e conceptos básicos da narrativa aplicados ao deseño narrativo para videoxogos.
|
AP5 AP6
|
BP1 BP2 BP3 BP4 BP5 BP14
|
CP3 CP4 CP5 CP6 CP7
|
Adquirirán os coñecementos necesarios para poder realizar o deseño narrativo dun videoxogo e artellar todos os elementos que del forman parte: trama, personaxes, diálogos, recursos, xogabilidade... |
AP3 AP5 AP6
|
BP1 BP2 BP3 BP4 BP5 BP6 BP7 BP11 BP12 BP13 BP14
|
CP1 CP2 CP3 CP4 CP5 CP6 CP7 CP8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución |
-Estruturas narrativas clásicas
-Xéneros
-Conceptos básicos da linguaxe audiovisual
-Narrativa lineal vs narrativa non lineal
-Crossmedia e transmedia |
2. Narración e personaxes |
-Historia, trama e tema.
-Conflito e tensión. O dilema.
-Arquetipos e personaxes
-Diálogos
-Recursos narrativos |
3. Deseño narrativo para videoxogos |
-Tipoloxía de xogadores
-Estruturas narrativas nos videoxogos.
-Deseño da narración interactiva.
-Outras formas de contar a historia: Cutscenes e narrativa ambiental. |
4. Narrativa e experiencia de xogo |
-Game story vs player story
-Player Agency
-Soportes e experiencia de usuario |
5. O traballo de deseño narrativo en videoxogos |
-Equipo e roles
-Documentos de deseño narrativo |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Obradoiro |
A3 A5 A6 B7 B12 B13 C2 |
9 |
10 |
19 |
Traballos tutelados |
A3 A5 A6 B1 B2 B4 B6 B11 B13 B14 C1 C2 C4 C8 |
9 |
44 |
53 |
Sesión maxistral |
A3 A5 B1 B2 B3 B5 B6 B11 C3 C4 C5 C6 C7 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Obradoiro |
O alumnado desenvolverá tarefas prácticas na aula relacionadas cos conceptos explicados e coñecementos adquiridos na sesión maxistral, co apoio e supervisión do profesorado. |
Traballos tutelados |
O alumnado desenvolverá un traballo que será tutelado polo docente no que deberán aplicar os conceptos e fundamentos explicados en clase. |
Sesión maxistral |
Exposición do programa teórico da materia e temas relacionados, para facilitar a aprendizaxe e o desenvolvemento dos traballos prácticos a realizar polo alumnado. A asistencia regular será valorada na calificación da asignatura. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
No Obradoiro e no Traballo Tutelado ofrecerase ao estudantado apoio, seguimento e asesoramento individual, tanto na propia aula como nas titorías. Empregaranse tamén as comunicacións a través de Moodle e correo electrónico para a supervisión de traballos e resolución de dúbidas relacionadas coa materia.
No caso de estudantes con Dispensa académica, dado a orientación e peso da parte práctica da materia, acordaranse co alumnado fórmulas personalizadas de titorización que permitan ao alumnado o seguimento, aproveitamento e superación con éxito da materia, sempre respectando a organización e calendario da mesma.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
A3 A5 A6 B7 B12 B13 C2 |
Avaliación continua de todas as prácticas realizadas na aula de clase relacionadas coas sesións maxistrais. |
30 |
Traballos tutelados |
A3 A5 A6 B1 B2 B4 B6 B11 B13 B14 C1 C2 C4 C8 |
Entrega dun traballo final consistente no deseño narrativo dun videoxogo. |
70 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia é imprescindible ter aprobado o traballo tutelado
(mínimo 3,5 puntos) e ter entregadas un mínimo do 50% das prácticas
realizadas no obradoiro.
Para a avaliación da materia é preciso ter
participado nas actividades avaliables: prácticas (obradoiro) e traballo tutelado. No caso de non desenvolver algunha destas
actividades, a cualificación será a de "Non presentado".
A asistencia e participación nas clases será valorada positivamente.
O estudantado con dispensa académica deberán presentar as prácticas
relacionadas co obradoiro e o traballo final en tempo en forma (os
prazos deberán ser consensuados coa docente a principio de curso).
Convocatoria de segunda oportunidade: no caso de que o/a alumno/a non teña entregado os elementos requiridos para superar con éxito a avaliación ordinaria, deberá entregalos en calquera das demais convocatorias. Se entregou os materiais requiridos pero estes teñen sido obxecto de correccións ou suxestións de mellora (que impediron superar a materia na convocatoria ordinaria), na seguinte convocatoria á que concorra deberá presentar ditos materiais coas melloras ou cambios que se lle comunicaron e/ou as ampliacións de contido requiridas pola docente da materia. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación suporá directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en toda as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Solarski, Chris (2017). Interactive stories and video game art : a storytelling framework for game design. Boca Raton : Taylor & Francis
Rogers, Scott (2014). Level up! : the guide to great video game design. Chichester : John Wiley & Sons
Block, Bruce A. (2008). Narrativa visual : creación de estructuras visuales para cine, video y medios digitales. Barcelona : Omega
Schell, Jesse (2015). The art of game design : a book of lenses. Boca Raton : CRC Press
Skolnick, Evan (2014). Video game storytelling : what every developer needs to know about narrative techniques. Berkeley : Watson-Guptill |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Deseño de Personaxes/730529010 | Taller de Deseño de Videoxogos I/730529005 | Deseño de Xogabilidade/730529011 | Deseño de Niveis/730529013 | Taller de Deseño de Videoxogos II/730529015 | Deseño de Contornas/730529012 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostido e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol". A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
· Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático · Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos · En caso de ser necesario realizalos en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. - Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural
- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais
- Incorpórase perspectiva de xénero na docencia desta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
- Deberanse detectar situacións de discriminación e se proporán accións e medidas para correxilas.
Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. |
|