Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A14 |
CE14 - Deseñar e crear os sistemas de interacción e de retroalimentación para un videoxogo |
A15 |
CE15 - Crear os documentos necesarios para conceptualizar o deseño dun videoxogo |
B1 |
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación |
B2 |
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo |
B3 |
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos |
B4 |
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades |
B5 |
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo |
B6 |
CG1 - Capacidade de organización e planificación, especialmente na formulación de traballos conducentes á creación dos contidos audiovisuais dixitais que compoñen un videoxogo |
B7 |
CG2 - Capacidade de resolver problemas de forma efectiva, principalmente de carácter tecnolóxico e no campo da creación de contidos dixitais interactivos |
B8 |
CG3 - Coñecementos informáticos, en especial os relativos ao uso de tecnoloxías e programas de última xeración no campo de estudo |
B11 |
CG6 - Capacidade crítica e autocrítica necesaria en todo proceso creativo no que se busca un compromiso coa calidade do traballo, os resultados e as solucións propostas |
B12 |
CG7 - Traballo en equipo. Capacidade de abordar proxectos en colaboración con outros estudantes, asumindo roles e cumprindo compromisos de fronte ao grupo |
B14 |
CG9 - Capacidade de deseño e xestión de proxectos, resolvendo os aspectos narrativos, técnicos e de xestión do proxecto de videoxogo |
C1 |
CT1 - Habilidades comunicativas e claridade de exposición oral e escrita |
C2 |
CT2 - Capacidade de traballo persoal, organizado e planificado |
C3 |
CT3 - Habilidade para a xestión da información |
C4 |
CT4 - Capacidade de abstracción, análise, síntese e estruturación da información e as ideas |
C5 |
CT5 - Asunción da importancia da aprendizaxe ao longo da vida e capacidade de autoaprendizaje mediante a inquietude por buscar e adquirir novos coñecementos |
C6 |
CT6 - Capacidade de enfrontarse a situacións novas e utilizar o coñecemento, tecnoloxía e información dispoñibles para resolver os problemas cos que debe de enfrontarse |
C7 |
CT7 - Comprender e valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico na profesión e no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
C8 |
CT8 - Coñecemento e utilización das novas tecnoloxías necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Deseñar as interfaces de usuario dun videoxogo. |
AP14 AP15
|
BP1 BP2 BP3 BP5 BP6 BP7 BP8 BP11 BP12 BP14
|
CP2 CP3 CP4 CP6 CP8
|
Deseñar as interfaces visuais que aparecen na pantalla do xogo estruturando correctamente a información e integrando elementos tanto interactivos coma non interactivos. |
AP14 AP15
|
BP1 BP2 BP3 BP5 BP6 BP7 BP8 BP11 BP12 BP14
|
CP2 CP3 CP4 CP6 CP8
|
Adquirir coñecementos para deseñar a interacción física co xogo. |
AP14 AP15
|
BP1 BP2 BP3 BP4 BP5 BP6 BP7 BP8 BP11 BP12 BP14
|
CP1 CP2 CP3 CP4 CP5 CP6 CP7 CP8
|
Identificar as accións necesarias e a súa correspondencia cos distintos dispositivos físicos que se poden empregar para manexar un xogo. |
AP14 AP15
|
BP2 BP7 BP12 BP14
|
CP4 CP6 CP8
|
Realizar o deseño de interfaces en función do xénero do xogo e en coherencia co estilo, narrativa e xogabilidade do mesmo. |
AP14 AP15
|
BP1 BP2 BP3 BP7 BP14
|
CP3 CP4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1: Introdución |
1.1. Definición de interfaz
1.2. Evolución
1.3. Concepto
1.4. Estilos: diexéticas, non diexéticas, espaciais, meta e combinadas
|
TEMA 2: Deseño da interfaz |
2.1. Integración no documento de deseño
2.2. Regras e modelos
2.3. Proceso de deseño
2.4. Problemas |
TEMA 3: Interfaces e experiencia de usuario |
3.1. Conceptos básicos
3.2. Principios de deseño
3.3. Métodos de avaliación e mellora
3.4. Boas interfaces
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A15 B1 B3 B4 B5 B8 B11 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
20 |
10 |
30 |
Traballos tutelados |
A14 A15 B2 B3 B6 B7 B8 B11 B12 B14 C2 C3 C4 C6 C8 |
1 |
42 |
43 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Clases expositivas nas que se desenvolverán os temas indicados no punto de contidos, explicando teorías e tendencias relacionadas con cada un deles e amosando exemplos específicos que faciliten a comprensión. |
Traballos tutelados |
O alumnado, en grupo ou de xeito individual, elaborará prácticas diarias relacionadas con UX/UI e un traballo final consistente no deseño da interface (para distintos dispositivos) dun videoxogo.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
O alumnado recibirá atención personalizada na aula durante a realización dos traballos tutelados, ao igual que nas horas de titorías, que deben ser concertadas previamente co profesorado a través do seu correo electrónico.
O alumnado con dispensa académica deberá contactar co profesorado antes do 16 de abril, a fin de acordar un itinerario personalizado que permita suplir as ausencias ás sesións maxistrais, horas de traballo en aula e á conferencia / masterclass planificadas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
A15 B1 B3 B4 B5 B8 B11 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
A asistencia e participación na clase será valorada positivamente |
5 |
Traballos tutelados |
A14 A15 B2 B3 B6 B7 B8 B11 B12 B14 C2 C3 C4 C6 C8 |
O traballo tutelado, entendendo por tal a entrega final que deban facer os alumnos/as a través do Moodle, así como os traballos parciais feitos na aula (que serán entregados en cada sesión) constitúen o criterio fundamental de avaliación da materia, pois neles serán plasmados os coñecementos adquiridos ao longo das sesións maxistrais e do seminario. |
95 |
|
Observacións avaliación |
Alumnado presencial O alumnado presencial será avaliado en función dos traballos de prácticas solicitados ao longo do curso e o traballo final da materia (entregado en tempo e forma, cumprindo cos requirimentos especificados para o mesmo). Alumnado con dispensa académica, segunda oportunidade e convocatoria de decembro O alumnado con dispensa académica será evaluado en función dos mesmos criterios, malia que se establecerá formalmente entre profesorado e cada alumno/a a forma, prazo e formato de entrega dos traballos prácticos. No caso de suspender, a evaluación na segunda oportunidade e convocatoria extraordinaria será idéntica, pero se o/a estudante ten aprobada unha parte dos traballos tutelados, so deberá examinarse da parte suspensa. A vixencia da nota da parte aprobada quedará limitada á convocatoria do ano académico en curso. Plaxio A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en toda as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Ordóñez, Juan P. (2018). Diseño de videojuegos. Madrid: Editorial Síntesis
Hassan Montero, Y. (2017). Experiencia de Usuario: Principios y Métodos. Granada: Hassan Montero, Y.
Mora Fernández, J. (2009). La interfaz hipermedia: el paradigma de la comunicación interactiva. Madrid: Fundación Autor |
|
Bibliografía complementaria
|
González, D. (2015). Diseño de videojuegos: da forma a tus sueños. Paracuellos del Jarama: Ra-Ma
Bateman, C. (2011). Game Writing Narrative Skills for Videogames. Boston: 2011
Quesnel, J., Guerrero, H. e Ávila, N. (2017). Manual de desarrollo de videojuegos. México: Centro de Cultura Digital
Cordella Sandoval, P. C. (2011). Uso de interfaces tangibles para mejorar la interacción en los videojuegos. Santiago de Chile: Universidad de Santiago de Chile
Gros, B. (2008). Vídeojuegos y aprendizaje. Barcelona: Graó
Thompson, J. (2008). Videojuegos: manual para diseñadores gráficos. Barcelona: Gustavo Gili |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Deseño de Xogabilidade/730529011 | Deseño Narrativo/730529003 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Deseño de Xogabilidade/730529011 | Deseño Narrativo/730529003 |
|
Materias que continúan o temario |
Desenvolvemento de Interfaces e Experiencia de Usuario/730529027 |
|
Observacións |
Green Campus1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: - Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
- A entrega realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
- De se realizar en papel:
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.
2. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. 3. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 4. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…). 5. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. 7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |
|