Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Taller de Desenvolvemento de Videoxogos Código 730529028
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Enxeñaría Civil
Coordinación
Castro Pena, Luz
Correo electrónico
maria.luz.castro@udc.es
Profesorado
Castro Pena, Luz
Lourido Rivas, Marcos
Correo electrónico
maria.luz.castro@udc.es
m.lourido@udc.es
Web
Descrición xeral O alumnado aplicará nun proxecto, de maneira supervisada, os coñecementos adquiridos no resto de materias do cuatrimestre, aplicándoos sempre que sexa posible, ao videoxogo deseñado nas materias de Taller de Deseño 1 e Taller de Diseño 2 do primeiro ano.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumnado aprenderá a aplicar nun proxecto os coñecementos adquiridos no resto de materias de desenvolvemento de videoxogos do cuatrimestre, aplicándoos, sempre que sexa posible, no videoxogo deseñado nas materias de Taller de Deseño 1 e Taller de Deseño 2 do primeiro ano. O alumnado aprenderá a crear e programar a interactividade necesaria así como a integrar os elementos necesarios para facer un videoxogo. AP16
AP17
AP18
AP20
AP21
AP22
AP23
AP25
AP26
AP30
AP31
AP32
AP33
AP34
AP35
AP36
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BP7
BP8
BP10
BP11
BP12
BP13
CP1
CP2
CP3
CP4
CP6
CP8
CP9
CP10

Contidos
Temas Subtemas
Desenvolvemento completo e funcional dun nivel do xogo - Integración coherente dos coñecementos, técnicas e procedementos diversos aprendidos nas distintas materias
- Estudio e ensaios de aplicación dos conceptos aprendidos a un caso concreto
- Análise da problemática e establecemento dos procedementos metodolóxicos a empregar para o desenvolvemento posterior do prototipo a realizar no TFM

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A18 A20 A30 A31 C3 C4 4 0 4
Estudo de casos A18 A20 A26 A30 A31 C4 2 4 6
Solución de problemas A16 A22 A25 A30 A31 A32 A34 A36 B2 B3 B7 B8 B10 B12 B13 C6 C8 0 17 17
Traballos tutelados A16 A17 A18 A20 A21 A22 A23 A25 A26 A30 A31 A32 A33 A34 A35 A36 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B11 B12 B13 C2 C3 C4 C6 C8 C9 C10 12 30 42
Presentación oral B3 B4 B6 C1 C2 C3 C4 1 3 4
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases teóricas presenciais, onde se exporán os conceptos básicos que o alumnado debe coñecer e que serán de aplicación nos traballos prácticos, tanto presenciais como non presenciais
Estudo de casos Analizaranse distintos xogos e verase como se aplican os contidos vistos en clase en cada un dos exemplos analizados
Solución de problemas Coa supervisión do profesorado, e principalmente con traballo personal, non presencial, o alumnado terá que desenvolver os contidos que se propoñan en cada proxecto
Traballos tutelados Coa supervisión do profesorado, e principalmente con traballo personal, non presencial, o alumnado terá que desenvolver os contidos que se propoñan en cada proxecto
Presentación oral Presentarase públicamente o proxecto ou traballo feito o longo da materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O alumnado resolverá nas titorías (presencialmente e de forma telemática mediante correo electrónico e Teams) as dúbidas ou problemas que se atope durante o traballo non presencial.
No caso de alumnado con dispensa académica recoméndase a asistencia a titorías para supervisar a elaboración dos traballos da materia.

ESTUDANTES CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL: Deberán poñerse en contacto co profesorado para posibilitar a realización das tarefas fóra da organización habitual da materia. Este alumnado é responsable de estar ao corrente dos materiais colgados no Moodle, así como das tarefas que por ese medio se propoñan para entrega. Estas entregas, de non ser telemáticas, serán acordadas co estudantado a tempo parcial de xeito que se compatibilice na medida do posible coa súa dispoñibilidade e a do profesorado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B3 B4 B6 C1 C2 C3 C4 O alumnado realizará dúas presentacións orais do proxecto de videoxogo que desenvolve ao longo do taller. Unha a metade do cuadrimestre (30% da cualificación deste apartado) e outra ao final (70% restante) 50
Traballos tutelados A16 A17 A18 A20 A21 A22 A23 A25 A26 A30 A31 A32 A33 A34 A35 A36 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B11 B12 B13 C2 C3 C4 C6 C8 C9 C10 O traballo tutelado que deberá realizar o alumnado consistirá no desenvolvemento completo e funcional dun nivel do xogo deseñado ao longo do taller.
A avaliación constará dunha parte conxunta (traballo realizado polo grupo) e outra parte individual (traballo realizado pola/o alumna/o - área), polo que a cualificación final do alumnado dentro dun mesmo grupo pode variar en función da calidade do traballo desenvolvido
50
 
Observacións avaliación

Para poder superar a materia o alumnado deberá asistir a todasas presentacións da convocatoria na que se presente. De non cumprilo, terá acualificación de suspenso (0).

Os documentos referentes aos traballos tutelados entregaranse o mesmo día das presentacións e antes de comezar as mesmas.

Se o alumnado non realiza a presentación ou non entrega algúndos documentos requiridos, recibirá a cualificación de suspenso (0).

As faltas de ortografía, así como a falta de lexibilidade na documentación presentada poderán facer que os devanditos documentos se consideren como non aceptables e por tanto como non presentados.

A asistencia presencial á materia é obrigatoria.

As presentacións e recursos empregados na materia poñeranse a disposición do alumnado.

No caso de alumnado con dispensa académica realizarase asupervisión dos traballos nas titorías da materia. Devanditos traballospoderanse realizar cos recursos proporcionados sen necesidade de asistenciapresencial, aínda que se recomenda a asistencia a titorías. En calquera caso, oalumnado con dispensa académica deberá realizar de maneira presencial apresentación oral dos traballos.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso (0) na materia e convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida de cara a convocatoria extraordinaria.

As condicións son iguais para todas as convocatorias e oportunidades para a súa avaliación.


Fontes de información
Bibliografía básica

Dado que se aplicará o coñecemento adquirido ao longo do cuadrimestre, utilizarase como base a bibliografía do resto de materias do devandito cuadrimestre.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Deseño de Personaxes/730529010
Deseño de Interfaces/730529014
Deseño de Xogabilidade/730529011
Deseño de Niveis/730529013
Fundamentos de Gráficos por Computador/730529004
Deseño Narrativo/730529003
Deseño de Contornas/730529012

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Desenvolvemento de Niveis e Programación Visual/730529024
Desenvolvemento de Personaxes I. Aparencia/730529025
Desenvolvemento de Personaxes II. Comportamento/730529026
Desenvolvemento de Interfaces e Experiencia de Usuario/730529027

Materias que continúan o temario
Traballo Fin de Máster/730529030

Observacións
“Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":
            A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

Ademais:
• Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural
• Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais
• Incorpórase perspectiva de xénero na docencia desta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…)
• Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
• Deberanse detectar situacións de discriminación e propoñeranse accións e medidas para corrixilas.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías