Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Sistemas Eólicos, Hidráulicos e Mariños Código 730547005d
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Méndez Sanmartín, Cristian
Correo electrónico
cristian.mendez@udc.es
Profesorado
Chouza Gestoso, Jesus Diego
Méndez Sanmartín, Cristian
Correo electrónico
jesus.chouza@udc.es
cristian.mendez@udc.es
Web http://cas-saml.udc.es/login?service=https%3A%2F%2Fcampusvirtual.udc.gal%2Flogin%2Findex.php
Descrición xeral Fundamentos de conversión de enerxía eólica, hidráulica e mariña. Estrutura, elementos e características dos xeradores eólicos, hidráulicos e mariños. Métodos de cálculo da enerxía xerada. Metodoloxía para o deseño de parques eólicos, hidráulicos e mariños, así como a análise de impactos. Avaliación de sistemas: aspectos tecnolóxicos, económicos e legais.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Permitir o acceso ao coñecemento da influencia que os distintos procesos e sistemas empregados teñen no Medio, así como dos mecanismos para limitar a dita influencia AM7
BM2
BM5
BM9
BM11
BM16
Coñecer as diferentes técnicas e procesos tecnolóxicos para a transformación da enerxía eólica, hidráulica e mariña en enerxía eléctrica AM8
AM13
BM9
BM11
CM2
CM6
Formar o alumno nas técnicas de estudo e desenvolvemento de proxectos de enerxía eólica, hidráulica e mariña que poidan ser empregadas no ámbito profesional BM11
CM3
CM5
CM7
CM8
Dotar ao alumno dos coñecementos e habilidades necesarias para poder desenvolver tarefas específicas no ámbito da enerxía eólica, hidráulica e mariña no ámbito das empresas do sector. AM7
AM8
BM2
BM11
CM6
CM8
Coñecer os fundamentos que rexen o comportamento do vento desde o punto de vista físico, e familiarizar ao alumno co proceso de conversión da enerxía eólica, hidráulica e mariña AM7
AM8
AM13
AM14
BM2
BM5
CM7
Coñecer os elementos e dispositivos dun sistema de xeración eólica, hidráulica e mariña, así como as súas características e principios de funcionamento AM7
AM8
AM13
AM14
BM2
BM5
CM7
Aprender a determinar a resposta dun sistema eólico, especialmente desde o punto de vista da xeración de enerxía, así como determinar os factores que inflúen na dita resposta e o seu impacto na conversión en enerxía eléctrica AM7
AM8
AM13
AM14
BM2
BM5
BM11
CM5
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Fundamentos da conversión de enerxía eólica. Características.
Sistemas eólicos
-Situación Actual do Sector Eólico
-Impacto Medioambiental dun parque eólico
-Analise do Recurso Eólico
-Aeroxeradores: tipoloxías e os seus compoñentes
-Deseño de Parques Eólicos
-Montaxe de Parque Eólicos
-Energía Eólica Offshore
Fundamentos da conversión de enerxía hidráulica. Características.
Sistemas hidráulicos
-Tipoloxías de minicentrais hidroeléctricas
-Deseño dun aproveitamento hidroeléctrico
-Instalacions de obra civil
-Equipamento electromecánico
-Factores económicos, administrativos e medioambientais
Fundamentos da conversión de enerxía mariña. Características. Enerxía xerada. Avaliación de sistemas. Tecnoloxías:
-Unidimotriz
-Mareomotriz
-Gradiente Salino
-Maremotérmica

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas A7 A8 A13 A14 B2 B5 C7 20 18 38
Traballos tutelados A7 A8 B2 B5 B9 B11 B16 C2 C3 C5 C8 12 17.5 29.5
Seminario A7 B5 B16 C5 C6 C7 2 1 3
Proba mixta A7 A13 B2 4 10 14
Foro virtual A7 A8 A13 A14 B2 B5 B9 B11 B16 C2 C3 C5 C6 C7 C8 12 13 25
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Proporánse problemas ou supostos relacionados coa materia
Traballos tutelados Proporase a realización dun ou varios proxectos de instalacións de enerxía eólica, hidrúlica ou marinas dos que haberá que presentar unha memoria e realizar unha exposición
Seminario Consistirán en conferencias impartidas por profesionais do sector
Proba mixta Ao final do cuadrimestre, nas datas determinadas polo calendario do Máster, realizarase unha proba obxectiva na que se avalíen os coñecementos adquiridos na materia, tanto das clases como dos seminarios
Foro virtual Revisaranse os contidos do temario durante as clases para expor os principais conceptos que permitan ao estudante a
realización de problemas e traballos relacionados.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O profesor estará dispoñible en horario de tutorías para atender as dúbidas ou realizar as aclaracións que poidan xurdir ao longo do curso tanto en forma presencial, teams ou a través do seu correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A7 A8 A13 A14 B2 B5 C7 Durante o curso proporánse alguns problemas que os estudantes han de resolver no horario dunha das clases para ser avaliados. 20
Traballos tutelados A7 A8 B2 B5 B9 B11 B16 C2 C3 C5 C8 Os alumnos proporán o alcance do seu traballo, totalmente relacionado coa materia da asignatura, e deberá ser aprobado polo profesor para a sua execución.
Os traballos deberán ser expostos oralmente na clase.
30
Proba mixta A7 A13 B2 Nas datas oficiales fixadas polo calendario do Máster realizárase unha proba obxectiva 50
 
Observacións avaliación

Realizarase nas convocatorias oficiais . Con todo ao longo do curso realizarase un seguimento personalizado valorando o grao de consecución dos obxectivos de por  parte dos alumnos.

Recoméndase o seguimento directo da materia para que sexa posible unha avaliación continua da consecución dos obxectivos.

- Os criterios de avaliación serán os mesmos para a 1ª e 2ª oportunidade e as convocatorias extraordinarias. As probas similares.

-As probas prácticas consistirán na resolución dun cuestionario posto en moodle, o alumno realizarao conectado á plataforma TEAMS coa cámara conectada en todo momento enfocando ao escritorio, o tempo de realización da proba está limitado.

- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.



Fontes de información
Bibliografía básica ESHA (). Guide on How to Develop a Small Hydropower Plant . . https://www.canyonhydro.com/images/Part_1_ESHA_Guide_on_how_to_develop_a_small_hydropower_plant.pdf
José Luis Rodriguez Amenedo, Juan Carlos Burgos, Santiago Arnalte. (2003). Sistemas Eólicos de Producción de Energía Eléctrica. . Rueda.
IDEA. (). Análisis del recurso. Atlas eólico de España. https://www.idae.es/sites/default/files/documentos/publicaciones_idae/documentos_11227_e4_atlas_eoli
Celso Penche.Manual de pequeña hidráulica como llevar a buen fin un proyecto de minicentral hidroéle (1998). Manual de pequeña hidráulica como llevar a buen fin un proyecto de minicentral hidroélectrica . Bruselas. Comisión Europea
Mohamed A. El-Sharkawi. (2015). Wind Energy: An Introduction. . CRC Press.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías