Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Técnicas de Análise e Modelado de Datos para a Eficiencia Código 730547020
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Matemáticas
Coordinación
Fontenla Romero, Oscar
Correo electrónico
oscar.fontenla@udc.es
Profesorado
Fontenla Romero, Oscar
Gómez Rodríguez, Marcos
Correo electrónico
oscar.fontenla@udc.es
marcos.gomez.rodriguez@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal
Descrición xeral O obxectivo fundamental desta materia é que o alumno coñeza os conceptos fundamentais e os principais modelos da minería de datos, tanto desde un punto de vista da aprendizaxe automática como estatístico, e a súa aplicación no campo da Eficiencia Enerxética.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Demostrar comprensión detallada das principais metodoloxías de minería de datos. AM4
Recoñecer problemas que son susceptibles de optimización enerxética mediante o uso de técnicas de minería de datos. BM14
Aplicación de técnicas de clasificación e regresión a datos obtidos por monitorización de variables críticas na eficiencia enerxética AM4
BM6
Propor solucións para a mellora da eficiencia enerxética en sistemas nos que se dispoñan de datos de operación proporcionados por diferentes equipos de adquisición. BM1
CM3
Coñecer ferramentas de redución da dimensión AM4

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución á aprendizaxe automática e a minería de datos 1.1. Conceptos preliminares.
1.2. Análise exploratorio de datos
1.3. Tipos de problemas: clasificación, regresión, clustering, detección de anomalías, etc.
1.4. Formas de aprendizaxe: supervisado, non supervisado, por reforzo, etc.
2. Modelos para a clasificación supervisada e non supervisada de datos 2.1. Conceptos preliminares
2.2. Modelos principais: k-veciños máis próximos, SVMs, clustering, etc.
3. Modelos para regresión/identificación de sistemas para estimación e predición 3.1. Conceptos preliminares
3.2. Modelos principais
4. Técnicas de procesado de datos 4.1. Preparación dos datos e normalización
4.2. Redución da dimensión para datos de alta dimensión
5. Metodoloxía experimental e análise de resultados 5.1. Métricas para a avaliación dos modelos e técnicas para a estimación non nesgada do erro
5.2. Métodos para a selección de modelos e análises de resultados
6. Control Estatístico da Calidade 6.1. Gráficos de control
6.2. Análise de capacidade de procesos
7. Exemplos de aplicación en Eficiencia Enerxética 7.1. Exemplos no ámbito do prognóstico de datos
7.2. Exemplos no ámbito da detección de anomalías

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B1 B6 10 20 30
Prácticas de laboratorio A4 11 0 11
Traballos tutelados A4 B14 C3 0 30 30
Proba obxectiva A4 B1 3 0 3
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Actividade presencial na aula empregada para establecer os conceptos fundamentais da materia. Consiste na exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais/multimedia e a realización dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, co fin de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Prácticas de laboratorio Desenvolvemento de prácticas no laboratorio de informática. Esta actividade consistirá no estudo de casos e exemplos ademais da realización, por parte dos alumnos, dos exercicios expostos polos profesores.
Traballos tutelados Realización de traballos relacionados con algún dos temas do temario da materia. Os alumnos entregarán, en soporte informático, a memoria do traballo e unha presentación que terá que expor ao profesor. Estes traballos requirirán a asistencia de, polo menos, unha tutoría personalizada para cada grupo.
Proba obxectiva Proba de avaliación que se realizará ao final de curso nas correspondentes convocatorias oficiais. Consistirá nunha proba escrita na que será necesario responder a diferentes cuestións teórico-prácticas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada será necesaria para mostrar os avances do traballo proposto e para ofrecer a orientación adecuada e asegurar a calidade do mesmo. Tamén se empregará para a resolución de dúbidas conceptuais e o seguimento da execución dos traballos. Estas tutorías ser realizarán de forma presencial no despacho do profesor.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A4 B14 C3 Traballo autónomo individual ou en grupo reducido. Será necesario entregar os materiais (documento e presentación) en tempo e forma seguindo as indicacións do enunciado. Ademais, requirirá a exposición oral por parte de todos os integrantes do grupo de traballo, empregando para iso a presentación entregada. Terase en conta para a avaliación desta actividade a memoria e a presentación entregada así como as contestacións ás preguntas do profesor durante a presentación obrigatoria. A non realización da presentación suporá unha nota de cero nesta actividade. 40
Proba obxectiva A4 B1 Proba final da materia que consistirá na realización dun exame individual e por escrito. Esta proba terá preguntas de tipo teóricas e prácticas relacionadas cos conceptos estudados nas clases maxistrais, nas prácticas de laboratorio ou cos contidos dos traballos tutelados. 60
 
Observacións avaliación
Para poder aprobar a materia o estudante deberá cumprir os seguintes requisitos (puntuación entre 0 e 10 en todas as actividades):

- Lograr unha nota superior ou igual a 3,5 na proba obxectiva realizada ao final do cuadrimestre.

- Lograr unha nota superior ou igual a 5 ao realizar a suma de todas as probas de avaliación.

Notas sobre as actividades:

- Todas as actividades terán unha única oportunidade para a súa entrega durante o curso académico, salvo a proba obxectiva final que terá dúas oportunidades oficiais de exame.

Os criterios de avaliación da segunda oportunidade serán os mesmos que os da primeira oportunidade.

Avaliación no caso da convocatoria adiantada:

No caso de que o estudante solicite e asista á convocatoria adiantada, o 60% da súa nota será a proba mixta (exame final) e o outro 40% o traballo tutelado. O traballo tutelado deberá entregarse como data límite o mesmo día do exame oficial da convocatoria adiantada. Para aprobar a materia, o alumno debe cumprir os requisitos mencionados anteriormente.


Fontes de información
Bibliografía básica T. Agami Reddy (2011). Applied Data Analysis and Modeling for Energy Engineers and Scientists. Springer
Basilio Sierra Araujo (2006). Aprendizaje Automático: conceptos básicos y avanzados. Pearson Prentice Hall
Douglas Montgomery (2005). Introduction to Statistical Quality Control. John Wiley & Sons

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna sustentable e cumprir cos obxectivos do "Plan de Acción Green Campus Ferrol" a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

3. De se realizar en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías