Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A9 |
CR3 Coñecementos dos fundamentos de ciencia, tecnoloxía e química de materiais. Comprender a relación entre a microestrutura, a síntese ou procesado e as propiedades dos materiais. |
B2 |
CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B4 |
CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo |
B5 |
CB5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B6 |
B3 Ser capaz de concibir, deseñar ou poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con rigor científico para resolver calquera problema formulado, así como de comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a un público tanto especializados como leigo dun xeito claro e sen ambigüidades |
B7 |
B5 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas |
C2 |
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C4 |
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C6 |
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
Coñecer os fundamentos de ciencia, tecnoloxía e química de materiais |
A9
|
B2 B4 B5
|
C4 C6
|
Comprender a relación entre a microestructura, a síntese o porecesado e as propiedades dos materias |
A9
|
B6 B7
|
C2
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
O temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na correspondente ficha da memoria de verificación |
Fundamentos da ciencia de materiais (Tema 1-2)
Estructura cristalina, propiedades mecánicas, transformaciones de fases e diagramas de equilibrio (Tema 3-11)
Tipos de materiais (Tema 12-19) |
TEMA 1. Concepto de ciencia dos materiais |
Perspectiva histórica dos materiais. Tipos de materiais en enxeñaría. Influencia da estrutura nas propiedades dos materiais. Utilización e comportamento en servizo dos materiais. |
TEMA 2. Estrutura interna dos materiais |
Forzas interatómicas. Enerxía de enlace. Tipos de enlaces interatómicos: iónico, covalente, metálico e forzas de Van der Waals. Estrutura molecular: enlace e arranxos moleculares. |
TEMA 3. Estrutura cristalina |
Estados cristalino e amorfo. Sistemas de cristalización. Redes e parámetros. Tipos principais: cúbica centrada no corpo, cúbica centrada nas caras e hexagonal compacta. Polimorfismo e alotropía. Planos e direccións cristalográficas. Índices de Miller. Sistemas de deslizamento. Isotropía e anisotropía. |
TEMA 4. Imperfeccións ou defectos cristalinos |
Tipos: puntuais, lineais ou dislocacions, superficiais. Efecto dos defectos no comportamento dos materiais. Estrutura granular. Formación dos grans. Factores que inflúen no tamaño de gran. Determinación do tamaño de gran. Influencia do tamaño de gran sobre o comportamento mecánico. Transformación da estrutura granular. |
TEMA 5. Constituíntes das aliaxes |
Solucións sólidas: de substitución, inserción e ordenadas. Mecanismo de endurecemento por formación de solución sólida e por ordenación. Factores que inflúen na formación das solucións sólidas. Compostos de valencia normal e anormal. |
TEMA 6. Diagramas de equilibrio |
Diagramas de equilibrio das aliaxes binarias. Obtención e interpretación. Regra das fases. Clasificación dos diagramas segundo a sua solubilidad en estado líquido. Reaccións eutéctica, peritéctica e monotéctica. Transformacións en estado sólido. Reaccións eutectoide, peritectoide e monotectoide. Difusión en estado sólido. Mecanismos da difusión. Leis de Fick. Transformacións difusivas e desplazativas. Diagramas ternarios: construción e interpretación. Fenómenos de segregación. Heteroxeneidade: menor, maior e estrutural. |
TEMA 7. Propiedades mecánicas |
Dureza. Escalas de dureza. Acción dunha carga sobre un material: deformacións elásticas e plásticas. Acritude. Endurecemento por deformación. Diagrama de tracción. Límite elástico. Punto de fluencia. Carga de rotura. Tenacidade e resiliencia: temperatura de transición. Comportamento dúctil e fráxil. |
TEMA 8. Materiais férreos |
Ferro puro. Transformacións alotrópicas do ferro. Diagrama metaestable e estable ferro-carbono. Aliaxes que se obteñen dos devanditos diagramas. Macroestrutura e microestrutura dos aceiros en estado recocido. Puntos críticos dos aceiros: formas de determinación |
TEMA 9. Descomposición isotérmica da austenita |
Cinética da transformación da austenita. Curvas temperatura-tempo-transformación (T.T.T.). Influencia de diversos factores sobre as curvas T.T.T.. Curvas de arrefriado continuo. |
TEMA 10. Tratamentos térmicos dos aceiros |
Clasificación dos tratamentos térmicos. Temple dos aceiros. Influencia de diversos factores no temple. Severidade de temple. Templabilidade. Medida da templabilidade. Revenido. Factores do revenido. Fraxilidades do revenido. Normalizado. Recocidos: tipos e clasificación. Tratamentos isotérmicos : recocido isotérmico, austempering e martempering . Tratamentos termomecánicos.
|
TEMA 11. Tratamentos térmicos superficiais dos aceiros. |
Clasificación dos mesmos. Cementación. Mecanismo da cementación. Tratamentos post-cementación. Nitruración. Mecanismo do endurecemento por nitruración. Temple superficial. Outros tratamentos superficiais. |
TEMA 12. Clasificación dos aceiros |
Diferentes formas de presentación dos elementos de aliaxe nos aceiros. Influencia dos mesmos sobre a estrutura e propiedades dos aceiros. Clasificación dos aceiros segundo a súa composición e segundo a súa utilización. |
TEMA 13. Fundicións. |
Xeneralidades sobre as fundicións. Clasificación das fundicións en función da microestrutura. Fundición branca: estrutura e propiedades. . Fundición gris: mecanismo de formación, estrutura e propiedades Fundicións maleables, esferoidales e aleadas. |
TEMA 14. O aluminio e as súas aliaxes. |
Aluminio puro: propiedades e utilización. Influencia dos elementos de aliaxe. Clasificación das aliaxes de aluminio :aliaxes para forxa e aliaxes para moldeo. Tratamento térmico de bonificado. Maduración natural e artificial. |
TEMA 15. Aliaxes de cobre. |
Cobre puro: variedades técnicas, propiedades e aplicacións. Influencia dos elementos de aliaxe. Clasificación das aliaxes de cobre. Latones comúns e aleados. Bronces comúns, aleados e especiais. Tratamentos térmicos do cobre e as súas aliaxes. |
TEMA 16. Outras aliaxes metálicas. |
Titanio: propiedades e aplicacións. Clasificación das aliaxes de titanio. Magnesio e aliaxes de magnesio. Aliaxes de estaño. Aliaxes de níquel . Superaleacions . Outras aliaxes industriais. |
TEMA 17. Materiais cerámicos. |
Relacións estruturais fundamentais. Propiedades e aplicacións. Vidros. O estado vítreo. Estrutura e propiedades do vidro. Refractarios: clasificación. Fabricación, propiedades e ensaios dos refractarios. Cementos: tipos e propiedades. |
TEMA 18. Materiais polímeros |
Estrutura, clasificación e tipoloxía química dos polímeros. Degradación e estabilización dos polímeros. Comportamento tipo caucho e viscoelástico. Propiedades dos polímeros. Principais materiais polímeros de aplicación industrial. |
TEMA 19. Materiais compostos |
Natureza e constituíntes dos materiais compostos. Tecnoloxías de fabricación. Interfases. Propiedades e aplicacións dos materiais compostos. Formigón: tipos, características e propiedades. |
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Laboratory practice |
A9 |
10 |
15 |
25 |
Mixed objective/subjective test |
A9 B4 B6 |
0 |
10 |
10 |
Guest lecture / keynote speech |
A9 B5 C4 C6 |
30 |
37.5 |
67.5 |
Problem solving |
A9 B2 B7 |
17 |
17 |
34 |
Supervised projects |
A9 B2 B4 C2 |
3 |
9 |
12 |
|
Personalized attention |
|
1.5 |
0 |
1.5 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Laboratory practice |
Faranse varias sesións prácticas onde se realizarán diferentes ensaios e análisis sobre as propiedades e características dos materiais |
Mixed objective/subjective test |
Os exames constarán de duas partes, problemas e teoría en forma de preguntas curtas, cuestións ou temas, breves exercicios numéricos. |
Guest lecture / keynote speech |
Tratarase de expor nas mesmas os aspectos máis importantes de cada un dos capítulos do programa. |
Problem solving |
Constará de dous tipos de actividades.
En primeiro lugar realizaranse unha serie de sesións onde se resolverán as dúbidas do alumnado con respecto a preguntas teóricas expostas en cuestionarios de autoevaluación previamente postos á súa disposición.
Na segunda actividade realizaranse seminarios de problemas a base de entregar con suficiente antelación a cada seminario unha colección de enunciados cuxa resolución corresponde ao alumno. En cada sesión do seminario resolveranse cantas dúbidas ou dificultades xurdisen ao alumnado.
|
Supervised projects |
A actividade consistirá na realización dun traballo e na defensa oral do mesmo. |
Personalized attention |
Methodologies
|
Guest lecture / keynote speech |
Problem solving |
Supervised projects |
Laboratory practice |
|
Description |
A atención personalizada realizarase nas titorías ben a iniciativa do alumnado para aclarar ou resolver as súas dúbidas ou dificultades ou ben a iniciativa do profesor convocando persoalmente ao alumnado cando a ocasión requírao |
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Supervised projects |
A9 B2 B4 C2 |
A presentación e defensa do traballo monográfico e obrigatorio para poder superar a materia. A calificación do traballo suporá un 15 % da nota final. |
15 |
Laboratory practice |
A9 |
As sesións prácticas en laboratorio son de obrigada asistencia, e imprescindibles para poder aprobar a materia.
O alumnado que asistise ás prácticas en cursos previos non deberá volver a asistir, pero sí deberá repetir a avaliación das mesmas. Esta faráse conxuntamente con cada unha das probas obxectivas programadas para o curso.
A cualificación obtida na avaliación de prácticas realizada na data fixada para a primeira oportunidade poderá gardarse para a segunda oprortunidade, pero aquel alumnado que opte por presentarse a avaliación de prácticas na segunda oportunidade, renunciará a cualificación obtida previamente.
|
15 |
Mixed objective/subjective test |
A9 B4 B6 |
Poderanse facer exames parciais que terán carácter liberatorio para as convocatorias do curso presente a condición de que a cualificación sexa igual ou superior a 5.0.
Os exames constarán de duas partes, problemas e teoría en forma de preguntas curtas, cuestións ou temas, breves exercicios numéricos.
As partes de Problemas e de Teoría teñen unha ponderación do 50% e 50%, respectivamente, sobre a nota final. A cualificación final será a media aritmética de ambas as partes, a condición de que ningunha delas sexa inferior a 4,0 puntos. Cando nalgunha das partes do exame a nota obtida fose inferior a 3,0 puntos sobre 10, a calificación final da materia, ponderadas todas as actividades, non poderá ser superior a 3,0.
|
70 |
|
Assessment comments |
As
sesións prácticas en laboratorio son de obrigada asistencia, e imprescindibles
para poder aprobar a materia. A non asistencia inxustificada a unha ou máis das
sesión de laboratorio implicará unha calificación final de Non Presentado. A
non presentación de traballo implicará unha calificación final de Non
Presentado. No
caso de celebrarse exames parciais, a condición necesaria para poder
presentarse ós mesmos fixarase no momento da súa convocatoria. Cando
nalgunha das partes da proba mixta (teoría ou problemas) a nota obtida fose
inferior a 3,0 puntos sobre 10 non se fará media entre elas, e a calificación
final da materia, ponderadas todas as actividades, non poderá ser superior a
3,0. O
alumnado con reconoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia deberá realizar a totalidade das actividades
obrigatorias nalgún dos horarios establecidos de antemán. SEGUNDA
OPORTUNIDADE O
sistema de avaliación na segunda oportunidade manterase igual ao da primeira
oportunidade. CONVOCATORIA
ADIANTADA Nesta
convocatoria a avaliación constará de dúas partes:
- Unha proba mixta de
características similares e iguais requisitos de superación que a definida
para primeira e segunda oportunidade cunha ponderación na calificación
final do 70 %.
- Unha proba de prácticas
cunha ponderación do 30 % na calificación final
Para poder
superar a materia será imprescindible obter un 5,0 sobre 10 en cada unha das
partes. En caso de non cumprirse este requisito a cualificación final da
materia non poderá superar o 3,0. A realización fraudulenta das
probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará implicará que
o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario
|
Sources of information |
Basic
|
MARTIN N. (2012). Ciencia de materiales . Pearson Educación
ROSIQUE J., COCA P. (1979). Ciencia de materiales. Problemas. Pirámide
ASKELAND D.R. (2001). Ciencia e ingeniería de los materiales. Thomson Editores 4ª edición
NÚÑEZ C., ROCA A., JORBA J. (2002). Comportamiento mecánico de materiales (Volumen 1: Conceptos fundamentales). Edicions Universitat de Barcelona
AMIGÓ V. (1999). Fundamentos de la ciencia de materiales. Universidad Politécnica de Valencia
AMIGÓ V., SALVADOR M.D. (2002). Fundamentos de la ciencia de materiales. Cuaderno de ejercicios. Universidad Politécnica de Valencia
SMITH W.F.; HASHEMI J. (2006). Fundamentos de la ciencia e ingeniería de materiales. Mc Graw Hill 4ª edición
JOHN V.B. (1994). Ingeniería de los materiales. Cuadernos de trabajo. Addison-Wesley Iberoamericana
BLÁZQUEZ V., LORENZO V., DEL RÍO B. (2012). Ingeniería y ciencia de materiales metálicos. Sección de publicaciones de la E.T.S.I.I.
SHACKELFORD J.F (2010). Introducción a la ciencia de materiales para ingenieros.. Prentice-Hall.
CALLISTER W.D. (2009). Introducción a la ciencia e ingeniería de materiales. Editorial Reverté.
BARROSO S.; IBÁÑEZ J. (2008). Introducción al conocimiento de los materiales. UNED
GIL F.J., CABRERA J.M., MASPOCH M.L., LLANES L.M., SALÁN N. (1997). Materiales en ingeniería. Problemas resueltos. Ediciones U.P.C.
BLÁZQUEZ V., COBO P., GAMBOA R. PUEBLA J.A., VARELA A. (1990). Metalotecnia. Sección de publicaciones de la E.T.S.I.I.
VARELA A. (2001). Problemas de ciencia de los materiales. Servicio de reprografía de la UDC
VARELA A. (1990). Problemas de metalotecnia. Sección de publicaciones de la E.T.S.I.I. |
|
Complementary
|
|
|
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
|
Subjects that continue the syllabus |
Metallic Materials Technology/730G04062 | Non Metallic Materials Techonology/730G04063 | Materials Processing Technology/730G04064 |
|
Other comments |
Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostido e cumprir co obxetivo da acción número 5: “Docencia e investigación saludable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol", fomentarase, na medida do posible, que a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia sexa en formato virtual e/ou soporte informático, a través de Moodle e sen necesidade de imprimilos. No caso de ser necesaria a entrega en papel seguiranse as siguintes pautas: - Non se empregarán plásticos
- Realizaranse impresións a dobre cara
- Empregrase papel reciclado
- Evitarase a impresión de borradores
Incorporase a perspectiva de xénero na docencia desta materia (empregarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…) |
|