Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Integración con Outras Tecnoloxías Código 731550005
Titulación
Máster Universitario en Fabricación Aditiva
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Casteleiro Roca, José Luis
Correo electrónico
jose.luis.casteleiro@udc.es
Profesorado
Casteleiro Roca, José Luis
Correo electrónico
jose.luis.casteleiro@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo principal deste curso é que os estudantes aprendan a integrar diferentes tecnoloxías nos procesos de fabricación. Prestarase especial atención á integración dos sistemas de fabricación nos sistemas de produción, calidade e control ambiental das empresas. Preténdese que o alumnado comprenda como introducir diversas variables nos sistemas de fabricación aditiva, xa sexan necesarias no propio proceso de fabricación (por exemplo, medicións de distancia) ou variables independentes (por exemplo, as variables meteorolóxicas).

Competencias do título
Código Competencias do título
C4 RA25. Combinar e integrar diferentes tecnoloxías nos procesos de fabricación aditiva.
C8 RA29. Integrar o sistema de fabricación aditiva no sistema de xestión de control da produción da empresa, atendendo a requisitos de calidade, seguridade e medio ambiente.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Combinar e integrar diferentes tecnoloxías nos procesos de fabricación aditiva. CP4
Integrar o sistema de fabricación aditiva no sistema de xestión de control da produción da empresa, atendendo a requisitos de calidade, seguridade e medio ambiente. CP8

Contidos
Temas Subtemas
Descrición das novas tecnoloxías emerxentes e a súa aplicación na FA. Descrición dos sensores/recolectores e actuadores xunto cos seus circuítos típicos de acondicionamento de sinal.
Aspectos e nocións básicas sobre a integración de tecnoloxías. Aplicacións de integración de sistemas; adquisición e distribución de datos.
Hardware e software de proceso. Interoperabilidade (capacidade para compartir información). Explicación dos distintos tipos de impresoras 3D, as topoloxías básicas e a súa construción.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral C4 C8 16 15 31
Prácticas de laboratorio C4 8 8 16
Traballos tutelados C8 0 15 15
Proba obxectiva C4 C8 2 10 12
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuales e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A orde dos temas impartidos non terá que ser o descrito na guía docente. Ademais, haberá temas que se poidan ver conjuntamente no desenvolvemento doutros, xa que a división entre eles pode non ser estrita.
Prácticas de laboratorio Realización de prácticas de laboratorio na medida do posible; ou, no seu defecto, a resolución de exercicios e problemas concretos na aula, a partir dos coñecemientos explicados.
Traballos tutelados Realización dun boletín de problemas de carácter individual, con exercicios similares aos resoltos no aula. Ademáis, dentro dos traballos tutelados podrase incluir algún pequeno traballo de temas concretos da asignatura pra asegurar a correcta comprensión da materia.
Proba obxectiva Consiste na realización dunha proba de aproximadamente 2 horas de duración, na que se evaluarán os coñecementos adquiridos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O alumno dispón das correspondentes sesións de tutorías personalizadas, para a resolución das dúbidas que xurdan da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados C8 Realización dun traballo individual ou en grupo, así como a súa exposición en clase 40
Proba obxectiva C4 C8 Exame tipo proba obxectiva 30
Prácticas de laboratorio C4 Realización das tarefas establecidas na materia, no marco desta metodoloxía 30
 
Observacións avaliación

No
marco das "Prácticas de laboratorio" poderanse incluir aspectos tales
coma a asistencia a clase, traballo persoal, actitude, etc., para axudar á
obtención do aprobado.


Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME
DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5)
(29/5/212)", serán evaluados da mesma forma, permitindo unha semana máis
de marxe nas entregas de tarefas.


Para a segunda oportunidade non haberá un segundo plazo de entrega de
traballos, e a evaluación relativa a "Obradoiro" e "Prácticas de
laboratorio" incluirase na "Proba mixta".


Os criterios de avaliación da convocatoria adiantada de decembro serán iguais
ós da segunda oportunidade do curso anterior.

A realización fraudulenta das probas ou das actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria na que se comprometa: o alumno será cualificada con "non suspenso" (nota numérica 0) na correspondente convocatoria do curso académico. se a comisión do delito se produce na primeira ocasión ou na segunda. Para iso modificarase a súa cualificación no certificado de primeira oportunidade, se é o caso.

No caso de que o alumno cometa unha falta na materia (segundo o Regulamento Disciplinario do Alumnado): o alumno cualificarase con "suspenso" (grado numérico 0) na convocatoria correspondente, se a falta se comete se produce na primeira. oportunidade como na segunda. Para iso modificarase a súa cualificación no certificado de primeira oportunidade, se é o caso.


Fontes de información
Bibliografía básica Tom Wanyama (2016). A Practical Approach To Industrial Systems Integration. McMaster University, Hamilton
Miguel A. Pérez García (2014). Instrumentación Electrónica. Thomson
Perry Lea (2018). Internet of Things for Architects. Packet

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente

Intentarase transmitir aos/as estudantes a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade para que estos os apliquen non so na aula, senón nos comportamentos persoais e profesionais.

Para axudar a acadar un entorno inmediato sostible e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

A entrega dos traballos documentais que se realicen en esta materia:

- Solicitaránse en formato virtual e/ou en soporte informático.

- Realizarase a traverso de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

- En caso de ser necesario realizalos en papel:

  o Non se emplearán plásticos.

  o Realizaranse impresións a dobre cara.

  o Emplearase se papel reciclado.

  o Evitarase a impresión de borradores.

Debe facerse un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural

Recomendacións sobre Igualdade de Xénero e respeto á diversidade

- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...).

- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Detectaránse situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías