Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Aplicacións en Automoción Código 731550007
Titulación
Máster Universitario en Fabricación Aditiva
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
,
Correo electrónico
Web http://secretaria.uvigo.gal/docnet-nuevo/guia_docent/?centre=312&ensenyament=V04M196V01&assignatura=V04M196V01201
Descrición xeral Esta materia optativa está deseñada para proporcionar ao estudante os coñecementos e habilidades necesarios para aproveitar os beneficios da fabricación aditiva en proxectos de fabricación asociados ao sector da automoción. Contémplase unha visión integral do proceso de implementación do proxecto, analizando as tecnoloxías de fabricación aplicables, os materiais dispoñibles, os criterios económicos, de calidade, seguridade e respecto ao medio ambiente.
A través de casos de estudo e exemplos prácticos analizaranse diversas aplicacións, estudando como se utilizan as diversas tecnoloxías de FA en prototipado, fabricación de ferramentas e utillajes, mantemento, produción de compoñentes personalizados, pezas de alto rendemento e preseries e produción en serie.

Esta materia é coordinada pola Universidade de Vigo.
IMPORTANTE: As plataformas de guías docentes das dúas universidades, aínda sendo similares, teñen lixeiras diferenzas. En caso de que exista algunha discrepancia entre as guías, terase en conta a publicada na UVigo, para mais información acceder á dirección web.

Competencias do título
Código Competencias do título
A9 RA9. Definir o método de impresión 3D tendo en conta as características do obxecto que se vai a producir.
A11 RA11. Recoñecer as posibilidades da fabricación aditiva fronte á fabricación tradicional.
B1 RA12. Coñecer e aplicar técnicas de caracterización e análise de materiais (metais, cerámicas, composites, polímeros...) co obxectivo de comprender as súas propiedades e identificar usos potenciais.
B4 RA15. Seleccionar materiais para aplicacións concretas de manufactura a partir das especificacións das ferramentas e impresoras de manufactura aditiva que empregar, así como dos diferentes tipos de modelados existentes.
B8 RA20. Reparar pezas de alto valor engadido e producir pezas de substitución a través do emprego de ferramentas e tecnoloxías de fabricación aditiva.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Definir o método de impresión 3D tendo en conta as características do obxecto que se vai a producir. AP9
Recoñecer as posibilidades da fabricación aditiva fronte á fabricación tradicional. AP11
Coñecer e aplicar técnicas de caracterización e análise de materiais (metais, cerámicas, composites, polímeros...) co obxectivo de comprender as súas propiedades e identificar usos potenciais. BP1
Seleccionar materiais para aplicacións concretas de manufactura a partir das especificacións das ferramentas e impresoras de manufactura aditiva que empregar, así como dos diferentes tipos de modelados existentes. BP4
Reparar pezas de alto valor engadido e producir pezas de substitución a través do emprego de ferramentas e tecnoloxías de fabricación aditiva. BP8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Introdución á fabricación aditiva no sector de automoción Evolución histórica da fabricación aditiva no sector. Principais beneficios.
Implantación industrial da FA no sector do automóbil.
Tema 2. Tecnoloxías de Fabricación aditiva aplicadas na automoción Principais tecnoloxías de fabricación con materiais poliméricos no sector.
Extrusión de material (FDM)
Fotopolimerización en tanque ou cuba (SLA)
Fusión en leito de po (SLS)
Inxección de aglutinante. Tecnoloxía HP Multi Jet Fusion.
Principais tecnoloxías de fabricación aditiva de metal no sector.
Deposición de enerxía localizada (DED): DED-L e DED-Arc
Fusión de leito de po EBM
Outras tecnoloxías emerxentes.
Fabricación multimaterial e híbrida.
Tema 3. Modelado e simulación numérica en fabricación aditiva. Sector automoción. Importancia da simulación numérica.
Bases de cálculo FEM e optimización topolóxica.
Preprocesado:
Preparación de xeometría para FEM
Condicións de contorno e aplicación de cargas.
Modelos de material.
Postprocesado:
Análise de tensións e deformacións enfocado a ensaios estáticos.
Análise estrutural, criterios de fallo.
Optimización topolóxica.
Tema 4. Aplicacións da FA na industria automotriz. Prototipado rápido e validación de deseños.
Fabricación de ferramentas e utillajes.
Aplicacións de fabricación aditiva directa e indirecta no sector.
Fabricación aditiva en mantemento.
Produción de compoñentes personalizados e de baixo volume.
Fabricación de pezas de alto rendemento
Preseries e produción en serie.
Tema 5. Monitorización e aseguramento da calidade Análise do efecto dos parámetros de impresión sobre as propiedades do produto.
Postprocesamiento e acabado de pezas impresas.
Monitorización e aseguramento de calidade
Tema 6. Casos de estudo Taller de fabricación aditiva
Selección de materiais para aplicacións automotrices.
Casos de estudo e exemplos prácticos de simulación numérica no sector da automoción
Cálculo da peza sen optimizar.
Optimización topolóxica e re-avaliación da peza optimizada.
Demostracións prácticas de simulación numérica.
Comparación das propiedades simuladas e experimentais das pezas impresas.
Tema 7. Tendencias da fabricación aditiva na automoción Avances tecnolóxicos e novas aplicacións potenciais. Principais desafíos do sector.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados B1 B4 B8 11 49.5 60.5
Estudo de casos A11 B1 22.5 22.5 45
Sesión maxistral A11 A9 B1 16.5 24.75 41.25
 
Atención personalizada 3.25 0 3.25
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Coma parte avaliable da materia, o alumnado fará un ou dous traballos. A idea é que o/a estudante correlacione os conceptos vistos na materia de forma práctica nun suposto real, que aprenda a consultar fontes bibliográficas especializadas, que aprenda a traballar en grupo, linguaxe técnica, linguaxe inclusiva, etc. Ao final da materia, se fará unha breve exposición oral ao resto da clase.
Estudo de casos Preténdese enfrontar aos estudantes a situacións vinculadas co exercicio profesional. Os casos presentados desafían ou convidan o estudante á reflexión, á procura de alternativas de acción e á integración de distintos criterios para a toma de decisións.
Sesión maxistral Na sesión maxistral o profesorado, exporá na aula os principais conceptos de cada tema dos que consta a materia. Para isto apoiarase nos medios técnicos dispoñibles: presentacións en powerpoint, videos, etc.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Estudo de casos
Descrición
Orientación no desenvolvemento do traballo individual/grupo.
Orientación no proceso de aprendizaxe do alumno en relación aos casos expostos, guía para a procura de alternativas de acción.
Tempo reservado para atender e resolver as dúbidas do alumnado

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A11 A9 B1 Realizarase mediante unha proba escrita (preguntas curtas, tipo test ou exercicios) que recollan os coñecementos adquiridos polo alumno ao longo do curso. 30
Traballos tutelados B1 B4 B8 Valorarase a calidade da memoria presentada. Durante a exposición, demostrarán o coñecemento adquirido e a súa capacidade de comunicación ao explicar de maneira clara e concisa os aspectos relevantes do seu traballo. Realizaranse preguntas relacionadas co tema, ás cales deberán responder de forma precisa e fundamentada, demostrando a súa comprensión profunda do tema e a súa capacidade para aplicar os conceptos aprendidos. 40
Estudo de casos A11 B1 Valorarase a calidade dos resultados obtidos, as alternativas de acción e a integración dos distintos criterios para a toma de decisións 30
 
Observacións avaliación

Ver detalle da avaliación na web da UVigo.


Fontes de información
Bibliografía básica

Ver fontes de información en la web de Universidade de Vigo.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías