Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Aplicacións en Enerxía e Sustentabilidade Código 731550009
Titulación
Máster Universitario en Fabricación Aditiva
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Tobar Vidal, María José
Correo electrónico
maria.jose.tobar@udc.es
Profesorado
Abad López, María José
Amado Paz, José Manuel
Tobar Vidal, María José
Correo electrónico
maria.jose.abad@udc.es
jose.amado.paz@udc.es
maria.jose.tobar@udc.es
Web
Descrición xeral A materia aborda a utilización de polímeros reciclados e biocompostos poliméricos en fabricación aditiva, co obxectivo de reducir a dependencia de recursos virxes e promover a xeración de aplicacións máis sostibles. Ademais, explorarase o potencial dos polímeros funcionais para mellorar a eficiencia enerxética e desenvolver solucións innovadoras. Así mesmo, estudaranse as melloras en eficiencia e sustentabilidade na xeración de enerxía a través da fabricación aditiva con metais, achegando coñecementos sobre as súas aplicacións en turbinas, xeradores e sistemas de almacenamento enerxético, entre outros.

Competencias do título
Código Competencias do título
A9 RA9. Definir o método de impresión 3D tendo en conta as características do obxecto que se vai a producir.
A11 RA11. Recoñecer as posibilidades da fabricación aditiva fronte á fabricación tradicional.
B1 RA12. Coñecer e aplicar técnicas de caracterización e análise de materiais (metais, cerámicas, composites, polímeros...) co obxectivo de comprender as súas propiedades e identificar usos potenciais.
B4 RA15. Seleccionar materiais para aplicacións concretas de manufactura a partir das especificacións das ferramentas e impresoras de manufactura aditiva que empregar, así como dos diferentes tipos de modelados existentes.
B6 RA18. Analizar as características dos obxectos que se van a producir para seleccionar o método de impresión máis axeitado.
B8 RA20. Reparar pezas de alto valor engadido e producir pezas de substitución a través do emprego de ferramentas e tecnoloxías de fabricación aditiva.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Definir el método de impresión 3D teniendo en cuenta las características del objeto que se va a producir AP9
Reconocer las posibilidades de la fabricación aditiva frente a la fabricación tradicional AP11
Conocer y aplicar técnicas de caracterización y análisis de materiales (metales, cerámicas, composites, polímeros...) con el objetivo de comprender sus propiedades e identificar usos potenciales. BP1
Seleccionar materiales para aplicaciones concretas de manufactura a partir de las especificaciones de las herramientas e impresoras de manufactura aditiva que emplear, así como de los diferentes tipos de modelados existentes. BP8
Analizar las características de los objetos que se van a producir para seleccionar el método de impresión más adecuado. BP6
Reparar piezas de alto valor añadido y producir piezas de sustitución a través del empleo de herramientas y tecnologías de fabricación aditiva. BP8
Seleccionar materiais para aplicacións concretas de manufactura a partir das especificacións das ferramentas e impresoras de manufactura aditiva que empregar, así como dos diferentes tipos de modelados existentes. BP4

Contidos
Temas Subtemas
Tipoloxía de aliaxes metálicas en propulsión e
xeración de enerxía
.
Aplicación das tecnoloxías L-DED e L-PBF na
fabricación e reparación de compoñentes
metálicos
Experiencia cun sistema L-DED e aliaxes de alto rendemento
Normativa asociada
Polímeros reciclados e biocompostos poliméricos
para aplicacións en enerxía máis sostibles
.
Polímeros funcionais para aplicacións en enerxía .
Fabricación multimaterial. .

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A9 A11 B1 B4 B6 B8 16 40 56
Prácticas de laboratorio A9 B1 B4 B6 B8 25 25 50
Traballos tutelados A9 A11 B1 B4 B6 B8 6 31.2 37.2
Presentación oral A9 A11 B1 B4 B6 B8 0.5 3.3 3.8
Discusión dirixida A9 A11 B1 B4 B6 B8 1 0 1
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na sesión maxistral o profesorado, exporá na aula os principais conceptos de cada tema dos que
consta a materia. Para isto apoiarase nos medios técnicos dispoñibles: presentacións en
powerpoint, videos, etc.
Prácticas de laboratorio A maior parte da docencia interactiva realizarase durante ás prácticas de laboratorio. Nelas o
alumnado dividido en grupos reducidos, poderán ver a aplicación dos principais conceptos teóricos
revisados na aula anteriormente. Estas clases poderán constar de videos interactivos, onde
deberán traballar sobre os contidos do mesmo; prácticas de procesado, conferencias, etc
Traballos tutelados Traballo tutelado: Coma parte avaliable da materia, o alumnado fará un ou dous traballos. A idea é
que o/a estudante correlacione os conceptos vistos na materia de forma práctica nun suposto real,
que aprenda a consultar fontes bibliográficas especializadas, que aprenda a traballar en grupo,
linguaxe técnica, linguaxe inclusiva, etc
Presentación oral O alumnado fará unha breve exposición oral ao resto da clase.
Discusión dirixida O debate iniciarase mediante a apertura por parte do profesor, seguida dunha sesión de preguntas
relacionada co tema exposto

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Prácticas de laboratorio
Descrición
Orientación no desenvolvemento do traballo individual/grupo.
Tanto para a preparación do traballo ou para resolver calqueira outra dúbida referente o desenvolvemento da materia e os seus contidos, o alumnado disporá dunhas horas de titorías semanais presenciais onde individualmente poderán expor e resolver as dúbidas que teñan.

Ademais se porá a disposición dos estudantes unha dirección de email onde facer consultas (titorías non presenciais) ou utilizando o chat de TEAMS. Estas titorías son voluntarias e manteranse ao longo de todo o curso.
Ademais durante as sesións de prácticas, resolveranse as dúbidas que xurdan respecto os contidos da materia, de forma individual ou en grupo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A9 A11 B1 B4 B6 B8 Valorarase a calidade da memoria presentada. 40
Presentación oral A9 A11 B1 B4 B6 B8 Durante a exposición, demostrarán o coñecemento adquirido e a súa
capacidade de comunicación ao explicar de maneira clara e concisa os
aspectos relevantes do seu traballo
30
Discusión dirixida A9 A11 B1 B4 B6 B8 Realizaranse preguntas relacionadas co tema, ás cales deberán responder
de forma precisa e fundamentada, demostrando a súa comprensión
profunda do tema e a súa capacidade para aplicar os conceptos
aprendidos.
30
 
Observacións avaliación
No caso de que o/a
estudante cometese unha falta na materia (segundo o
Regulamento disciplinar do estudantado): o/a estudante será
cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade
como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
As situacións especiais das/dos estudantes que con recoñecemento
de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia ou
por outros motivos debidamente xustificados, non poidan cursar a materia de
maneira presencial, deben ser comunicadas ao inicio do cuadrimestre
e xustificalas axeitadamente. Darase as instruccións oportunas para
que o/a estudante siga a materia sen problemas, sustituíndo aquelas metodoloxías
presenciais por traballos individuais ca mesma puntuación.

Os criterios de avaliación serán idénticos nas duas oportunidades
da convocatoria (a de Xaneiro e a de Xullo) e tamén na convocatoria adiantada de decembro. 


Fontes de información
Bibliografía básica Bandyopadhyay, Amit, and Susmita Bose (2020). Additive Manufacturing. 2nd ed. Boca Ratón:CRC Press
Froes, Francis, and Rodney Boyer (2019). Additive Manufacturing for the Aerospace Industry. Ed. Francis Froes and Rodney Boyer.: Elsevier
Peyre, Patrice, and Eric Charkaluk (2022). Additive Manufacturing of Metal Alloys 1: Processes, Raw Materials and Numerical Simulation.. Newark: John Wiley & Sons, Incorporated,
Peter C. Powel (1983). Engineering with Polymers. Ed. Chapman and Hall,
Brandt, Milan (2017). Laser Additive Manufacturing: Materials, Design, Technologies, and Applications. Ed. Milan Brandt. Amsterdam: Elsevier
Sarker, Dyuti et al, (2021). Metal Additive Manufacturing. Newark: John Wiley & Sons, Incorporated
Marlene G. Rosato, Dominick V. Rosato (2001). Plastics Design Handbook. ato Ed. Kluwer Academic Publishers

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente

Intentarase transmitir aos/as estudantes a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade para que estos os apliquen non so na aula, senón nos comportamentos persoais e profesionais.

Para axudar a acadar un entorno inmediato sostible e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

A entrega dos traballos documentais que se realicen en esta materia:

  • Solicitaránse en formato virtual e/ou en soporte informático
  • Realizarase a traverso de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
  • En caso de ser necesario realizalos en papel:
    • Non se emplearán plásticos
    • Realizaranse impresións a dobre cara.
    • Emplearase se papel reciclado.
    • Evitarase a impresión de borradores

    Debe facerse un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural

Recomendacións sobre Igualdade de Xénero e respeto á diversidade

-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...).
-Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
-Detectaránse situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
-Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. 





(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías