Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Deseño Avanzado para Impresión 3D Código 731550010
Titulación
Máster Universitario en Fabricación Aditiva
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Orjales Saavedra, Félix
Correo electrónico
felix.orjales@udc.es
Profesorado
Deibe Díaz, Álvaro
Martinez Rodriguez, Rodrigo
Orjales Saavedra, Félix
Correo electrónico
alvaro.deibe@udc.es
rodrigo.martinez.rodriguez@udc.es
felix.orjales@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 RA6. Realizar procesos de simulación e modelado para o deseño 3D e prototipado de materiais, así como para a simulación de estruturas e procesos de fabricación.
A11 RA11. Recoñecer as posibilidades da fabricación aditiva fronte á fabricación tradicional.
B3 RA14. Identificar oportunidades para a creación de novos deseños a partir das posibilidades que ofrecen as novas técnicas de deseño e impresión da fabricación aditiva.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Realizar procesos de simulación e modelado para o deseño 3D e prototipado de materiais, así como para a simulación de estruturas e procesos de fabricación. AP6
Recoñecer as posibilidades da fabricación aditiva fronte á fabricación tradicional. AP11
Identificar oportunidades para a creación de novos deseños a partir das posibilidades que ofrecen as novas técnicas de deseño e impresión da fabricación aditiva. BP3

Contidos
Temas Subtemas
1. DESEÑO AVANZADO NA FABRICACIÓN ADITIVA (F.A.) 1.1. CONCEPTUALIZACIÓN DE PRODUTO PARA F.A.
1.2. FASE DE CONCEPTUALIZACIÓN
1.3. FASE DE DESARROLLO
1.4. FASE FINAL
2. DESEÑO E DESENVOLVEMENTO DE PROPOSTAS DE PRODUTO MEDIANTE F.A. 2.1. MODELADO NON PARAMÉTRICO PARA F.A.
2.2. MODELADO PARAMÉTRICO PARA F.A.
2.3. EVOLUCIÓN DE PROPOSTAS PARA F.A.
3. EXEMPLOS PRÁCTICOS NA EVOLUCIÓN DE PROPOSTAS SEGÚN A TECNOLOXÍA DE F.A. UTILIZADA 3.1. ESTUDIO DE CASOS
3.2. DESEÑO XERATIVO. OPTIMIZACIÓN TOPOLÓXICA
3.3. INTELIXENCIA ARTIFICIAL NA F.A.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A11 B3 15 27 42
Prácticas de laboratorio A6 A11 B3 22.5 22.5 45
Estudo de casos A11 B3 6 10.8 16.8
Traballos tutelados A6 B3 4.5 38.5 43
Proba obxectiva A6 A11 B3 1 0 1
 
Atención personalizada 2.2 0 2.2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Prácticas de laboratorio Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Estudo de casos Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos principais: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
No caso concreto desta asignatura, os traballos tutelados estarán encamiñados á realización dun proxecto concreto que pode variar de curso en curso. Esta realización será duhna parte do proxecto ou da súa totalidade, en función da súa complexidade e extensión.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.
A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Estudo de casos
Descrición
O alumno pode recibir atención personalizada, segundo os horarios publicados, utilizando correo electrónico (institucional), Moodle ou Teams.

Ademáis, en modo presencial, o alumno ou alumna poderá asistir ao despacho do profesor ou profesores para recibir atención personalizada.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A6 A11 B3 Consiste nunha proba que medirá os coñecementos globais acadados ó longo do desenvolvemento da materia. Habitualmente esta proba estará realizada en soporte informático, utilizando ferramentas como Moodle, aínda que tamén podería ser oral ou escrita, en función da tipoloxía de proxecto realizado no curso. 20
Traballos tutelados A6 B3 A avaliación dos traballos tutelados dependerá do tipo de proxecto realizado no curso. Habitualmente estará baseada na avaliación dos resultados obtidos no traballo e nunha proba -oral, escrita ou utilizando un soporte informático como Moodle- dos coñecementos adquiridos durante o desenvolvemento dos traballos. Tamén será tida en conta a documentación entregada ó final da elaboración dos traballos, si ouber. 50
Estudo de casos A11 B3 A avaliación realizarase habitualmente en soporte informático, utilizando ferramentas como Moodle, aínda que tamén podería ser oral ou escrita, en función da tipoloxía dos casos plantexados. 30
 
Observacións avaliación

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención de asistencia será avaliado do mesmo xeito que o resto do alumnado. En todo caso, se algunha das prácticas expuxese problemas de compatibilidade de horarios, poderase acordar co/a alumno/a un horario compatible.

Os criterios de avaliación para a segunda oportunidade serán os mesmos que os da primeira oportunidade, salvo para os traballos tutelados, que serán avaliados unicamente na primeira oportunidade, manténdose esa cualificación para a segunda oportunidade, no caso de ter que concorrer a esta.

Ao alumnado que se presente á convocatoria adiantada teránselle en conta as notas das prácticas das convocatorias anteriores e poderá optar ao resto da nota mediante a realización dunha proba mixta ou obxectiva.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica Kutscherauer, André (2011). 3D Car Modeling with Rhinoceros. Munich : www.ak3d.de
Ibáñez Chavez, Iván (2021). : Diseño de utillajes, matricería y prototipado con SolidWorks. Barcelona : Marcombo
: Sociedad Estatal para el Desarrollo del Diseño Industrial. Asociación Catalana de Empresas Constr (1996). El diseño industrial y el "rapid prototyping". Madrid : Sociedad Estatal para el Desarrollo del Diseño Industrial
Rovira Raoul, Norbert (2020). Fusion 360 con ejemplos y ejercicios prácticos. Barcelona : Marcombo
Gómez González, Sergio, 1974- Torner Ribé, Jordi (2016). Grasshopper para Rhinoceros e impresión 3D. Barcelona : Marcombo
Conejero, Andrés (2019). Guía para diseñadores prototipado industrial. Zaragoza : Parramón Paidotribo
(). http://reprap.org.
Shih, Randy (2021). Introduction to finite element analysis using Solidworks Simulation 2021. Mission: SDC Publications
Gebhardt, Andreas (2003). Rapid prototyping. Hanser Publishers
Liou, Frank W. (2019). Rapid prototyping and engineering applications: a toolbox for prototype development. CRC Press
Chee Kai Chua y Kah Fai Leong (2017). Rapid prototyping principles and applications. World Scientific
Cooper, Kenneth G. (2001). Rapid prototyping technology selection and application. CRC Press
Planchard, David C. (2021). Solidworks 2021 : Quick Start. Mission, KS: SDC Publications

Bibliografía complementaria (). Rapid Prototyping Journal. Emerald


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a acadar un entorno inmediato sostible e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

A entrega dos traballos documentais que se realicen en esta materia:

· Solicitaránse en formato virtual e/ou en soporte informático

· Realizarase a traverso de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

· En caso de ser necesario realizalos en papel:

o Non se emplearán plásticos

o Realizaranse impresións a dobre cara.

o Emplearase se papel reciclado.

o Evitarase a impresión de borradores

Debe facerse un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural

-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías