Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Prácticas Externas Código 731550011
Titulación
Máster Universitario en Fabricación Aditiva
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
,
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Mediante a realización de prácticas en empresa o alumnado poderá aplicar os coñecementos e as competencias adquiridas durante os seus estudos, o que permitirá complementar e reforzar a súa formación e facilitar a súa incorporación ao mercado laboral.

Competencias do título
Código Competencias do título
B5 RA17. Desenvolver a creatividade e o espírito de innovación para responder aos retos que se presentan nos procesos e na organización do traballo e da vida persoal.
B10 R16. Resolver situacións, problemas ou continxencias con iniciativa e autonomía no ámbito da súa competencia, con creatividade, innovación e espírito de mellora no traballo persoal e no dos membros do equipo.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Desenvolver a creatividade e o espírito de innovación para responder aos retos que se presentan nos procesos e na organización do traballo e da vida persoal. BP5
Resolver situacións, problemas ou continxencias con iniciativa e autonomía no ámbito da súa competencia, con creatividade, innovación e espírito de mellora no traballo persoal e no dos membros do equipo BP10

Contidos
Temas Subtemas
Integración en equipo de empresa En función da empresa na que se desenvolvan as prácticas integrarase no equipo de traballo proposto pola xerencia
Análise de problemática proposta Estudo de problemas expostos na empresa
Propostas de solucións e implantación Desenvolvemento de solucións a problemática exposta e plan de
implantación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados B5 B10 3 30 33
Prácticas clínicas B5 B10 115 0 115
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Informe de prácticas
Prácticas clínicas O alumnado integrarase nun grupo de traballo nunha empresa onde terá a oportunidade de poñer en práctica os coñecementos e as competencias adquiridas durante os seus estudos, e así complementar e reforzar a súa
formación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas clínicas
Traballos tutelados
Descrición
O alumnado será titorizado por un profesor/a que resolverá as dúbidas que plantexen respecto a realización das prácticas e a memoria das mesmas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas clínicas B5 B10 Avaliación por parte de informe de empresa, no que se indique, obxetivos conseguidos en canto a integración en equipo, resolución de problemas e autonomía 60
Traballos tutelados B5 B10 Memoria escrita de prácticas realizadas e resultados obtidos 40
 
Observacións avaliación

No caso de que
o/a estudante cometese unha falta na materia (segundo o Regulamento disciplinar
do estudantado): o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica
0) na convocatoria correspondente, tanto se a comisión da falta prodúcese na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

 



As situacións
especiais das/dos estudantes que con recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos
debidamente xustificados, non poidan cursar a materia de maneira presencial,
deben ser comunicadas ao comezo do cuadrimestre e xustificalas adecuadamente.
Darase as instrucións oportunas para que o/a estudante siga a materia sen
problemas, substituíndo aquelas metodoloxías presenciais por traballos
individuais que mesma puntuación.



Os criterios de avaliación serán idénticos nas duas oportunidades da
convocatoria (a de Xaneiro e a de Julio), así como na convocatoria extraordinaria
de decembro


Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Deseño Avanzado para Impresión 3D/731550010
Aplicacións en Enerxía e Sustentabilidade/731550009

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente

Intentarase transmitir aos/as estudantes a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade para que estos os apliquen non so na aula, senón nos comportamentos persoais e profesionais.

Para axudar a acadar un entorno inmediato sostible e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

A entrega dos traballos documentais que se realicen en esta materia:

  • Solicitaránse en formato virtual e/ou en soporte informático
  • Realizarase a traverso de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
  • En caso de ser necesario realizalos en papel:
    • Non se emplearán plásticos
    • Realizaranse impresións a dobre cara.
    • Emplearase se papel reciclado.
    • Evitarase a impresión de borradores

Debe facerse un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural

Recomendacións sobre Igualdade de Xénero e respeto á diversidade

-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...).

-Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

-Detectaránse situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

-Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías