Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A62 |
Integrar os coñecementos, as habilidades e actitudes da enfermaría para dar a atención ás persoas nas diferentes situacións de saúde, baseados nos principios e valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e as materias que conforman o titulo, en forma de rotatorio clínico independente e con avaliación final de competencias; nos Centros de Saúde, Hospitais e outros centros asistenciais. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo. |
B8 |
Capacidade de análise e sínteses. |
B9 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
B10 |
Capacidade para adaptarse ás situacións novas. |
B11 |
Capacidade e habilidade de xestión da información. |
B12 |
Capacidade para organizar e planificar. |
B13 |
Toma de decisións. |
B14 |
Habilidades interpersonais. |
B15 |
Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia. |
B16 |
Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade. |
B18 |
Desenvolver a capacidade de liderado. |
B19 |
Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio. |
B20 |
Sensibilidade cara a temas medioambientais. |
B21 |
Implicación na calidade e busca/procura da excelencia. |
B22 |
Capacidade para motivarse e motivar a outros. |
B24 |
Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
C10 |
CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
C11 |
CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
C12 |
CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
C13 |
CB5 Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Participar de maneira activa e responsable como membro do equipo asistencial |
A62
|
B1 B2 B3 B4 B5 B7 B11 B12 B14 B16 B18 B21 B22 B24
|
C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12
|
Desenvolver con habilidade, estratexias de comunicación coas persoas, familias, grupos e comunidade. |
A62
|
B1 B3 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 B15 B18 B21 B22
|
C1 C3 C4 C6 C8 C11 C12
|
Demostrar capacidade para determinar as necesidades de coidado das persoas atendidas, establecer os diagnósticos de enfermaría e complicacións potenciais e planificar as intervencións e actividades necesarias.
|
A62
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B18 B19 B20 B21 B22 B24
|
C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 C13
|
Executar con habilidade as intervencións e actividades necesarias. |
A62
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B19 B20 B21 B24
|
C3 C4 C6 C7 C8 C11 C13
|
Utilizar os sistemas de continuidade dos coidados. |
A62
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 B16 B18 B19 B21 B22 B24
|
C1 C3 C4 C6 C8 C10 C12
|
Actuar segundo os principios éticos e legais que guían á profesión. Cumprir as normas de funcionamento das institucións sanitarias. |
A62
|
B1 B2 B3 B5 B6 B7 B9 B11 B13 B14 B16 B20 B21 B22 B24
|
C3 C4 C7 C10 C11
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
PRACTICAS CLÍNICAS TUTELADAS QUE SE DESENVOLVEN EN CALQUERA ÁMBITO DA PRÁCTICA ENFERMEIRA.
|
Realización do proceso de Coidado.
Realización de actividades de prevención e promoción da saúde.
Administrar coidados ás persoas, en situacións específicas de saúde-enfermidade.
Comunicación efectiva co usuario e/ou persoas significativas e co equipo multidisciplinar.
Traballo en equipo e relacións interprofesionais. Incorporación á práctica profesional dos principios éticos e legais que guían a profesión. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Portafolios do alumno |
A62 B1 B3 B7 B8 B11 B21 C1 C3 C4 C6 C7 C12 C13 |
0 |
30 |
30 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
B8 B11 B12 B13 B22 C3 C4 C7 C13 |
20 |
0 |
20 |
Prácticas clínicas |
A62 B24 B22 B21 B20 B19 B18 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 C13 |
460 |
85 |
545 |
|
Atención personalizada |
|
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Portafolios do alumno |
A metodoloxía que se utilizará para realizar este portafolios é o Diario Reflexivo do/a alumno/a. Este diario, realizarase a través da plataforma Moodle e a súa cumprimentación é obrigatoria e consistirá nunha entrada mensual.
|
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Antes de finalizar o rotatorio os/as alumnos/as asistirán na modalidade que permita a situación sanitaria do momento (virtual ou presencial) as Xornadas de Orientación Profesional organizadas pola Facultad e eventos científicos que se poidan programar. Prográmase como unha actividade de asistencia obrigatoria dentro da materia. |
Prácticas clínicas |
Proceso instruccional que ten lugar nun ambiente natural, relacionado co exercicio dunha profesión, no que os/as estudantes observan e participan en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlles oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica desta.
Prográmase como unha actividade de asistencia obrigatoria dentro da materia.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas clínicas |
|
Descrición |
A atención personalizada vai dirixida principalmente a tutorizar ao alumnado e guialos a través da aprendizaxe. Isto permite facer un seguemento do proceso de maduración das competencias.
Dentro do marco da atención personalizada inclúese a realización dun e-Diario reflexivo, que se revisa mensualmente, o cal supón un marco de reflexión no que o profesorado ten a posibilidade de guiar o alumnado naqueles aspectos que resulten máis dificultosos dende a perspectiva do alumnado.
Ademais, traballaranse os aspectos que se consideren oportunos tras as reunións cos diferentes titores/as dos/as alumnos/as.
A través da titoría (presencial ou a distancia), o profesorado aborda a resolución de dúbidas e orienta ao estudo.
A tal fin, o alumnado dispón dun horario oficial de titorías, que poderán realizarse de modo presencial ou a través dos medios institucionais da UDC de atención a distancia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas clínicas |
A62 B24 B22 B21 B20 B19 B18 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 C13 |
A súa realización é obrigatoria en tempo, horario e centro establecido dende a Facultade. Como resultado do rotatorio práctico, xeraranse dous informes, un intermedio e outro final, os cales serán elaborados polo profesional que tutorice ao alumno no centro sanitario. Estes informes serán revisados finalmente e valorados polas docentes da materia e o/a titor/a clínico. Estes dous informes permítennos realizar un seguimento da evolución do alumnado e ser conscientes de aspectos a mellorar.
Na elaboración dos informes, teranse en consideración os coñecementos, as actitudes profesionais, as habilidades e destrezas técnicas e as aptitudes do alumnado. |
80 |
Portafolios do alumno |
A62 B1 B3 B7 B8 B11 B21 C1 C3 C4 C6 C7 C12 C13 |
A súa realización é obrigatoria. Será avaliado polo profesorado da materia, non polos/as titores/as clínicos. |
20 |
|
Observacións avaliación |
PRÁCTICAS CLÍNICAS: Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado oficialmente na materia Practicum e ter superadas as todas as Estandías Clínicas previas, tal e como consta na memoria do Título de Grao Existe a obrigatoriedade de asistir ás prácticas clínicas e non existen faltas xustificadas, polo que as ausencias debidamente acreditadas deberán recuperarse, sempre que non excedan do 20% das planificadas. As non xustificadas poden supor, a criterio do profesorado responsable da materia, o suspenso da materia. A recuperación das prácticas realizarase no período establecido polo profesorado, antes da data de peche de actas e no servicio que se considere oportuno en función das necesidades, podendo non coincidir co lugar no que se iniciaron. Para superar a materia: - É imprescindible superar cada unha das metodoloxías avaliables de forma independente. As partes considéranse superadas cando se alcanza unha puntuación de 5 sobre 10. A non superación dunha das partes suporá a cualificación de SUSPENSO en acta. - É imprescindible ter asistido aos eventos científicos e/o divulgativos programados. O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honra (Graciable) O feito de presentarse/realizar as prácticas clínicas e ser avaliado en calquera das probas implica figurar en acta como presentado coa cualificación correspondente. Convocatoria de segunda oportunidade: No caso de ter SUSPENSAS as prácticas clínicas NON SON RECUPERABLES. Este aspecto está suxeito ao punto 5 do articulo 18 das NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DÁS CUALIFICACIÓNS DÚAS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO. Modificada polo Consello de Goberno de 29 de xuño de 2017 que sinala: "Nas materias que pola súa natureza avalíense exclusivamente mediante actividades non recuperables, como pode ser o caso das prácticas en empresas, o prácticum ou as prácticas clínicas, os estudantes só poderán empregar a segunda oportunidade para recuperar outras actividades como a memoria ou os informes finais». As condicións para a obtención dunha matricula de honra son que o/a alumno/a obteña máis dun 95% da cualificación da materia, sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada e, en caso de que exista un maior número de persoas que cumpran os requisitos que o número de posibles matrículas de honra, as docentes establecerán unha actividade específica de caracter voluntaria, para determinar a concesión das mesmas, a cal será comunicada as/os posibles candidatas/os. A vixencia do aprobado do practicum manterase por un período de dous cursos lectivos consecutivos á realización do practicum superado. "A realización fraudulenta das actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade se fose necesario"
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Esta materia é de movilización de competencias fináis, polo que inclue toda a bibliografía básica da titulación. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Estancias Clinicas I/750G01025 | Estancias Clinicas II/750G01026 | Estadías Clínicas III/750G01027 | Estancias Clínicas IV/750G01028 | Estancias Clínicas V/750G01029 | Estancias Clínicas VI/750G01030 | Estancias Clínicas VII/750G01031 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE DO MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XERO: - A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. - Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. - Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado. - Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. - Prestará especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. - Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |
|