Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Fundamentos de Enfermaría Código 750G01107
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Primeiro Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Sobrido Prieto, Natalia
Correo electrónico
natalia.sobrido@udc.es
Profesorado
Sobrido Prieto, Natalia
Correo electrónico
natalia.sobrido@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral Co estudo de Fundamentos de Enfermaría preténdese introducir ao alumno nas ciencias da Enfermaría, coa intención de que sexa capaz de comprender a función principal e diferenciada da profesión enfermeira e, ao continuar os estudos de cursos superiores, integre os conceptos fundamentais e a metodoloxía de traballo das/os enfermeiras/os para o coidado do individuo e dos grupos, e relacione os problemas de saúde coas necesidades básicas do ser humano.

Competencias do título
Código Competencias do título
A21 Identificar, integrar e relacionar o concepto de saúde e os coidados, desde unha perspectiva histórica, para comprender a evolución do coidado de enfermaría.
A22 Comprender desde unha perspectiva ontolóxica e epistemolóxica, a evolución dos conceptos centrais que configuran a disciplina de enfermaría, así como os modelos teóricos máis relevantes, aplicando a metodoloxía científica no proceso de coidar e desenvolvendo os planes de coidados correspondentes.
A23 Aplicar o proceso de enfermaría para proporcionar e garantir o benestar, a calidade e seguridade ás persoas atendidas.
A24 Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermaría.
A25 Dirixir, avaliar e prestar os coidados integrais de enfermaría, ao individuo, a familia e a comunidade.
A37 Realizar as técnicas e procedementos de coidados de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos enfermos e familiares.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B10 Capacidade para adaptarse ás situacións novas.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B13 Toma de decisións.
B14 Habilidades interpersonais.
B15 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B18 Desenvolver a capacidade de liderado.
B19 Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B21 Implicación na calidade e busca/procura da excelencia.
B22 Capacidade para motivarse e motivar a outros.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C10 CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Analizar o desenvolvemento das sociedades ao longo da historia, describindo o proceso saúde-enfermidade para que, a través disto, se identifique a función de coidar nas sociedades de cada época. A21
B1
B5
B7
B8
B11
B12
B14
B16
B18
B19
C3
C7
C8
Identificar a función diferenciada da Enfermaría e comprender a importancia do establecemento dun marco teórico propio que de sentido á actuación profesional. A22
B1
B3
B4
B5
B6
B10
B21
B22
B24
C4
C6
C7
C8
C10
Comprender a evolución dos conceptos centrais da disciplina de enfermaría, así como as teorías e os modelos conceptuais máis relevantes. A24
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B11
B14
B16
B18
B20
B21
B24
C4
C7
C10
Describir a metodoloxía científica e a súa aplicación en enfermaría. Proceso de atención de enfermaría. A22
A25
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B11
B12
B13
B21
C11
C12
Aplicar o proceso de atención de enfermaría. A23
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B16
B19
B20
B21
B22
B24
C3
C4
C6
C7
C8
C10
C11
C12
Valorar e planificar coidados básicos para a atención das necesidades fundamentais do ser humano. A24
A37
B4
B5
B6
B7
B8
B10
B12
B14
B15
B16
B20
B21
B22
B24
C3
C4
C7
C8
C10
C11
C12

Contidos
Temas Subtemas
HISTORIA DA ENFERMARÍA
Tema 1. ETAPA DOMÉSTICA DOS COIDADOS DE ENFERMERÍA
1.1. Prehistoria
1.2. Civilizacions Antiguas.
1.3. Mundo Clásico: Grecia antigua, Roma

Tema 2. ETAPA VOCACIONAL DOS COIDADOS DE ENFERMERÍA
2.1. Inicio do Cristianismo
2.2. Alta e Baixa Edade Media
2.4. Mundo Moderno
2.5. Etapa Vocacionai en España

Tema 3. ETAPA TÉCNICA DOS COIDADOS DE ENFERMERÍA
3.1. Mundo Contemporáneo
3.2. Nova concepción da Enfermería
3.3. Inicio da Profesionalización do Coidado
3.4. Etapa Técnica en España

Tema 4. ETAPA PROFESIONAL DOS COIDADOS DE ENFERMERÍA
4.1. Profesionalización do Coidado: Ámbito de actuación
4.2. Formación enfermeira: Reforma universitaria nos 90, Espacio Europeo de Educación Superior
4.3. Campo de actuación da enfermeira profesional
4.4. Disciplina enfermeira no momento actual
4.5. Etapa Profesional en España
ENFERMARÍA PROFESIONAL. MODELOS E TEORÍAS DE ENFERMARÍA TEMA 1. A ENFERMARÍA PROFESIONAL.
1.1 Concepto de Enfermaría.
1.2 Campo de actuación.
1.3 Características dunha profesión.
1.4 Supostos básicos da profesión de Enfermaría.


TEMA 2. FUNCIÓN DIFERENCIADA DA PROFESIÓN DE ENFERMARÍA.
2.1 Funcións e función de Enfermaría.
2.2 O equipo de saúde. A enfermeira como membro do equipo de saúde


TEMA 3. MARCO CONCEPTUAL DA PROFESIÓN DE ENFERMARÍA.
3.1 Concepto de Marco Conceptual dunha profesión.
3.2 Necesidade de establecer un marco conceptual.
3.3 Elementos que o compoñen.


TEMA 4. MODELOS DE COIDADOS EN ENFERMARÍA.
4.1 Concepto de Modelo. Elementos dun modelo.
4.2 Necesidade da adopción dun modelo na práctica.
4.3 Criterios de clasificación dos modelos. Tendencias.
4.4 Modelos máis representativos.
4.5 O modelo de coidados de Florence Nightingale.
4.6 O modelo de coidados de Virginia Henderson.
4.7 O modelo de coidados de Dorothea Orem.
METODOLOXÍA CIENTÍFICA E A SÚA APLICACIÓN EN ENFERMARÍA. O PROCESO DE ATENCIÓN DE ENFERMERIA TEMA 1. A APLICACIÓN DO MÉTODO CIENTÍFICO EN ENFERMARÍA: O PROCESO DE ATENCIÓN DE ENFERMARÍA.
1.1 O Proceso de Atención de Enfermaría: orixe e historia.
1.2 O Proceso como método de solución de problemas.
1.3 Etapas do proceso de Enfermaría.

TEMA 2. PRIMEIRA ETAPA DO PROCESO DE ATENCIÓN DE ENFERMARÍA: A VALORACIÓN
2.1 A recollida e selección de datos. Métodos para a recollida. Fontes que achegan datos.
2.2 A recollida de datos a través da entrevista. A entrevista como forma de comunicación e como medio de obtención de datos.
2.3 A recollida de datos a través da observación. Concepto e fins da observación.

TEMA 3. SEGUNDA ETAPA DO PROCESO DE ATENCIÓN DE ENFERMARÍA: IDENTIFICACIÓN DE PROBLEMAS: O DIAGNÓSTICO DE ENFERMARÍA.
3.1 Análise dos datos recollidos.
3.2 Diagnóstico de Enfermaría. Concepto. Evolución histórica.
3.3 Sistemas de clasificación dos Diagnósticos de Enfermaría
3.3.1 Taxonomía diagnóstica.
3.4 Compoñentes do Diagnóstico de Enfermaría.
3.5 Clasificación dos Diagnósticos de Enfermaría.
3.6 Formulación correcta do Diagnóstico de Enfermaría.
3.7 Problemas Interdependentes. Concepto. Diferenzas entre
Diagnóstico de Enfermaría e Problema Interdependente.

TEMA 4. TERCEIRA ETAPA DO PROCESO DE ENFERMARÍA: A PLANIFICACIÓN DOS COIDADOS.
4.1 Concepto e finalidade.
4.2 Selección de prioridades.
4.3 Establecemento de obxectivos.
4.4 Determinación de actividades.
4.5 Introdución á clasificación das intervencións enfermeiras (NIC) e a clasificación de resultados de enfermaría (NOC).


TEMA 5. CUARTA ETAPA DO PROCESO DE ENFERMARÍA: A EXECUCIÓN DO PLAN DE COIDADOS.
5.1 A execución do planificado. Persoas que interveñen na execución do Plan de Coidados.
5.2 Formas de intervención da enfermeira no Plan de Coidados.


TEMA 6. QUINTA ETAPA DO PROCESO DE ENFERMARÍA: A AVALIACIÓN
6.1 Concepto de avaliación no Proceso de Enfermaría.
6.2 Elementos e aspectos da avaliación.
6.3 Instrumentos de avaliación. Formas de avaliación.
COIDADOS BÁSICOS DE ENFERMARÍA TEMA 1. NECESIDADE DE OSIXENACIÓN

TEMA 2. NECESIDADE DE NUTRICIÓN E HIDRATACIÓN

TEMA 3. NECESIDADE DE ELIMINACIÓN

TEMA 4. NECESIDADE DE MOVERSE E DE MANTER UNHA BOA POSTURA

TEMA 5. NECESIDADE DE DESCANSO E SOÑO

TEMA 6. NECESIDADE DE USAR PRENDAS DE VESTIR AXEITADAS

TEMA 7. NECESIDADE DE TERMORREGULACIÓN

TEMA 8. NECESIDADE DE HIXIENE E PROTECCIÓN DA PEL

TEMA 9. NECESIDADE DE EVITAR OS PERIGOS

TEMA 10. NECESIDADE DE COMUNICARSE

TEMA 11. NECESIDADE DE VIVIR SEGUNDO AS SÚAS CRENZAS E VALORES

TEMA 12. NECESIDADE DE TRABALLAR E DE REALIZARSE

TEMA 13. NECESIDADE DE PARTICIPAR EN ACTIVIDADES RECREATIVAS

TEMA 14. NECESIDADE DE APRENDIZAXE

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A21 A22 B16 B20 B24 C8 42 105 147
Obradoiro A23 A24 A25 A37 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B18 B19 B20 B21 B22 B24 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 40 105 145
Proba mixta A24 A25 B2 B3 B8 B9 B12 B13 C11 4 0 4
Presentación oral A21 A22 B3 B7 B8 B14 C10 2 0 2
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral realizada por parte do profesor e aberta á participación do alumno, que será complementada coa utilización dos medios audiovisuais necesarios.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas: exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, deseño de proxectos, probas de coñecementos, etc

Estudo de casos: estudo, resolución e posta en común ante determinadas situacións de saúde/enfermidade mediante a utilización da metodoloxía científica enfermeira (Proceso de Atención de Enfermaría)
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta única, de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Incluiranse tamén resolucións de casos clínicos.
Presentación oral Actividade baseada na exposición oral, onde se produce unha interacción ordenada entre docente e estudante, expondo cuestións que o alumno deberá responder, de forma oral, podendo así valorar o seu proceso de aprendizaxe e o coñecemento que posúe da materia, así como a capacidade de razoamento, espírito crítico, capacidade de síntese e de relación sobre os contidos do programa.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
A atención personalizada, que se describe en relación a estas metodoloxías concíbense como momentos de traballo, onde interactúa o alumno co profesor.

A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A23 A24 A25 A37 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B18 B19 B20 B21 B22 B24 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 Para a avaliación de competencias, realizarase unha avaliación continua do estudante, levando a cabo ao longo do curso, diferentes probas e utilizando distintas metodoloxías. 25
Presentación oral A21 A22 B3 B7 B8 B14 C10 Actividade baseada na exposición oral, onde se produce unha interacción ordenada entre docente e estudante, expondo cuestións que o alumno deberá responder, de forma oral, podendo así valorar o seu proceso de aprendizaxe e o coñecemento que posúe da materia, así como a capacidade de razoamento, espírito crítico, capacidade de síntese e de relación sobre os contidos do programa. 10
Proba mixta A24 A25 B2 B3 B8 B9 B12 B13 C11 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Incluiranse tamén resolucións de casos clínicos.
65
 
Observacións avaliación

ASPECTOS A TER EN CONTA NA AVALIACIÓN: 

  • OBRADOIRO

As actividades deseñadas ao longo do proceso de aprendizaxe e a resolución de exercicios de autoavaliación, establécense como mecanismos de avaliación continua, polo que non son de carácter obrigatorio.

No caso de que o estudante non as realice, non obterá a porcentaxe correspondente e por tanto non se sumará ás das outras metodoloxías establecidas dentro da materia. Esta situación será de aplicación tanto na primeira como na segunda oportunidade.

Supón o 25% da nota final da materia (máximo 2,5 puntos)


  • PRESENTACIÓN ORAL

Esta metodoloxía establécese como mecanismo de avaliación continua, polo que non é de carácter obrigatorio.

No caso de que o estudante non a realice, non obterá a porcentaxe correspondente para sumar ás outras metodoloxías establecidas dentro da materia. Esta situación será de aplicación tanto na primeira como na segunda oportunidade.

Supón o 10% da nota final da materia (máximo 1 punto)


  • PROBA MIXTA

A realización e superación da proba mixta é obrigatoria para superar a materia.

A Proba Mixta considerarase superada cando se alcance o 50% da cualificación máxima outorgada á devandita proba.

Supón o 65% da nota final da materia (máximo 6,5 puntos)

 

PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

A avaliación anteriormente descrita é a PROGRAMADA para todos os alumnos con MATRICULA COMÚN que se presenten á primeira oportunidade.   

As cualificacións obtidas na avaliación continua (Obradoiro e Presentación Oral) só se aplicarán cando a Proba Mixta sexa superada. En caso contrario, non se computarán, figurando como cualificación final da materia, unicamente a obtida na Proba Mixta.

As probas superadas na primeira oportunidade conservaranse para a segunda oportunidade, coa cualificación obtida.


SEGUNDA OPORTUNIDADE:

Para a Segunda Oportunidade aplicaranse os mesmos criterios de avaliación que os descritos na Primeira Oportunidade.

 

MATRÍCULA PARCIAL:

Os alumnos de MATRICULA PARCIAL poderán optar por examinarse por escrito en primeira e segunda oportunidade nun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade, onde se aplicarán as porcentaxes relativas a cada parte do contido da materia.

Os alumnos matriculados baixo esta modalidade, deberán comunícar a súa condición á profesora da materiadurante as dúas primeiras semanas de clase, especificando se desexan facer uso da súa condición.

DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA:

De acordo á normativa da UDC, admítese dispensa académica de exención de asistencia, nesta materia. Os alumnos con dispensa académica de exención de asistencia, poderán optar por examinarse por escrito en primeira e segunda oportunidade nun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade, onde se aplicarán as porcentaxes relativas a cada parte do contido da materia.

Os alumnos matriculados baixo esta modalidade, deberán comunícar a súa condición á profesora da materiadurante as dúas primeiras semanas de clase, especificando se desexan facer uso da súa condición.


OPORTUNIDADE ADIANTADA:

Os alumnos que soliciten OPORTUNIDADE ADIANTADA deberán examinarse por escrito a través dun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade.

 

MATRÍCULA DE HONRA:

Os estudantes que desexen optar a matrícula deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Obter unha nota media superior a 9 na cualificación final da materia.
  • Presentarse ás probas establecidas de avaliación continua e alcanzar as mellores cualificacións.

Tras a aplicación do criterio establecido, a decisión final quedará supeditada á consideración das profesoras da materia.

 

FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS:

Segundo o  establecido na normativa da UDC:

 1.- Se durante a realización dunha proba de avaliación os profesores responsables teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, a copia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantes ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor.

2.- Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, despois de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro.

3.- A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.

4.- Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

E de acordo os establecido no Artigo 11, apartado 4, b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC:

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

 


Fontes de información
Bibliografía básica María Luisa Martínez Martín, Elena Chamorro Rebollo (2017). Historia de la Enfermería : evolución histórica del cuidado enfermero. 3ª edición. Barcelona: Elsevier
NANDA Internacional (2021). Diagnósticos enfermeros : definiciones y clasificación : 2021-2023. Barcelona: Elsevier
(). Enfermería clínica. Ámsterdam : Elsevier Science Direct
Fernández Ferrín, Carmen (2000 (2003 reimp.)). Enfermería fundamental/Colección Master de Enfermería. Barcelona : Masson
(). Enfermería Global. Murcia: Universidad de Murcia
Kozier y Erb (2013). Fundamentos de enfermería : conceptos, proceso y práctica. 9ª edición. Madrid : Pearson Prentice Hall
(2015). Herramienta online para la consulta y diseño de Planes de Cuidados de Enfermería. [Internet]. NNNConsult. Elsevier
(). Híades : revista de historia de la enfermería. Alcalá de Guadaira: Grupo Andaluz para la Investigación de la Historia de la Enfermería. Qalat Cháb
Donahue, Patricia M. (1988). Historia de la enfermería. Barcelona: Doyma
Siles, José (2011). Historia de la enfermería. Madrid: Difusión Avances en Enfermería
(). Metas de Enfermería. Ribarroja (Valencia): Difusión Avances de Enfermería
Alligood, Martha Raile (2018). Modelos y teorías en enfermería. 9ª edición. Madrid : Elsevier Science
Nightingale, Florence (2011). Notas sobre enfermería : qué es y qué no es. Barcelona : Elsevier Masson
(). Revista Rol de enfermería. Barcelona : Ediciones Rol

Bibliografía complementaria

A bibliografía considerada como complementaria para o estudo desta materia facilitaráselle ao alumno a medida que se aborden cada un dos temas do programa, a través da plataforma Moodle.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Anatomía/750G01001
Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/750G01004
Fisioloxía/750G01105

Materias que continúan o temario
Estancias Clinicas I/750G01025
Estancias Clinicas II/750G01026
Practicum/750G01032
Enfermaría Clínica I/750G01034
Enfermaría Clínica II/750G01035

Observacións

Recomendacións para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

 1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos 

2.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais

3. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías