Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A78 |
CE14 -Coñecer e aplicar o concepto, método e uso da epidemioloxía |
A81 |
CE17 - Coñecer e aplicar os métodos estatísticos utilizados nos estudos da área de ciencias da saúde |
A82 |
CE18 - Coñecer os principios do método científico e comprender a investigación na área de ciencias da saúde nas súas diferentes metodoloxías |
A83 |
CE19 - - Saber utilizar sistemas de procura e recuperación da información na área de ciencias da saúde e coñecer os métodos de organización e interpretación crítica de textos e información científica |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B9 |
Fomento dunha segunda lingua de interese para a profesión. |
B12 |
Capacidade de xestión da información. |
B14 |
Implicación na calidade e busca da excelencia. |
B23 |
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B24 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B25 |
CB3 -- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B26 |
CB4 -Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B27 |
CB5 -Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B28 |
CG01 - Coñecer e aplicar os fundamentos teóricos e metodolóxicos da Podoloxía e Podiatría |
B30 |
CG03 - Obter a capacidade, habilidade e destreza necesarias para diagnosticar, prescribir, indicar, realizar e/ou elaborar e avaliar calquera tipo de tratamento podolóxico, ortopodolóxico, quiropodolóxico, cirurxía podolóxica, físico, farmacolóxico, preventivo e/ ou educativo, baseado na Historia clínica |
B33 |
CG06 - Adquirir a capacidade para realizar unha xestión clínica centrada no paciente, na economía da saúde e o uso eficiente dos recursos sanitarios, así como a xestión eficaz da documentación clínica, con especial atención á súa confidencialidade |
B34 |
CG07 - Coñecer, deseñar e aplicar programas preventivos relacionados coa podoloxía e o fomento da atención podolóxica na poboación |
B35 |
CG08 - Adquirir habilidades de traballo nas contornas educativo e investigador, asistencial-sanitario, así como en equipos uniprofesionais e multiprofesionais. Asesorar na elaboración e execución de políticas de atención e educación sobre temas relacionados coa prevención e asistencia podolóxica |
B36 |
CG09 -Valorar de forma crítica a terminoloxía, ensaios clínicos e metodoloxía utilizados na investigación relacionada coa podoloxía |
B37 |
CG10 - Identificar que o exercicio da profesión está asentado no respecto á autonomía do paciente, ás súas crenzas, cultura, determinantes xenéticos, demográficos e socioeconómicos, aplicando os principios de xustiza social e comprendendo as implicacións éticas nun contexto mundial en transformación |
B39 |
CG12 -Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativo en contornas interdisciplinares |
C9 |
CT01 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma |
C10 |
CT02 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro |
C11 |
CT03 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida |
C13 |
CT05 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras |
C16 |
CT08 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
C17 |
CT09 - Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Describir e utilizar os métodos estatísticos mais frecuentes en estudos da área de Ciencias da Saúde |
A78 A81 A82
|
B25 B26 B27
|
C11
|
Comprender a importancia da probabilidade na área de Ciencias da Saude |
A78 A81 A82
|
B23 B25 B35
|
C11 C16
|
Manexar un programa de análise estatística co fin de adquirir habilidade na análise estatística de datos reais |
A81 A82
|
B23 B27 B30 B33 B35 B36 B39
|
C9 C10 C11 C16 C17
|
Identificar a necesidade de investigar e formular preguntas de investigación relevantes. |
A78 A81 A82
|
B23 B24 B27 B33 B34 B35 B36
|
C9 C10 C13 C16 C17
|
Identificar e describir as características metodolóxicas da investigación cuantitativa |
A78 A81 A82
|
B24 B27 B28 B34 B35 B36 B37
|
C9 C10 C16 C17
|
Comprender os elementos necesarios para a execución dun estudio clínico epidemiolóxico. |
A78 A81 A82
|
B26 B27 B28 B35 B36 B39
|
C9 C10 C11 C16 C17
|
Identificar situacións de incertidumbre en estudos sanitarios |
A78 A81 A82
|
B23 B25 B26 B27 B28 B35 B36
|
C9 C10 C11 C16 C17
|
Capacidade para aplicar o método científico para constatar a efectividade dos métodos de intervención, evaluar os métodos de traballo aplicados e difundir os resultados |
A78 A81 A82
|
B25 B26 B27 B28 B33 B34 B35 B36
|
C9 C10 C11 C16 C17
|
Capacidade de análise e síntese. Interpretar, analizar, sintetizar e criticar os resultados da investigación e as publicacións relacionadas coa especialidade. |
A78 A81 A82
|
B24 B25 B26 B27 B28 B35 B36
|
C9 C10 C11 C16 C17
|
Identificar e describir os principais fundamentos teóricos da investigación cualitativa. |
A82
|
B24 B25 B26 B36
|
C9 C11 C16
|
Identificar e describir as características metodolóxicas da investigación cualitativa. |
A82
|
B24 B25 B26 B27 B35 B36
|
C9 C11 C16
|
Describir os métodos e as técnicas para a obtención e análise de datos cualitativos. |
A82
|
B24 B25 B26 B27 B28 B35 B36 B39
|
C9 C11 C16
|
Coñecer os diversos estudos (informes, artículos, guías clínicas) e a sua aplicación na práctica podolóxica. |
A78 A82 A83
|
B24 B25 B26 B27 B34 B36
|
C9 C10 C11 C13 C16 C17
|
Coñecer a estructura dos traballos científicos nos seus diversos soportes. |
A78 A82 A83
|
B24 B25 B26 B27 B28 B34 B35 B36 B39
|
C9 C10 C11 C13 C16 C17
|
Evaluar a calidade da información científica. |
A82 A83
|
B24 B25 B26 B27 B39
|
C9 C10 C11 C13 C16 C17
|
Coñecer os sistemas de búsqueda e recuperación da información científica en ciencias da saude. |
A82 A83
|
B1 B2 B3 B4 B9 B12 B14 B24 B25 B26 B27 B39
|
C9 C10 C11 C16 C17
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1 - DOCUMENTACIÓN: FONTES DE INFORMACIÓN |
1. Introducción
2. As revistas científicas
2.1. Tipoloxía de artigos científicos
2.2. Calidade e avaliación de publicacón científica
2.3. Ética na publicación científica
3. Literatura gris
|
Tema 2 - DOCUMENTACIÓN: BÚSCA E RECUPERACIÓN DA INFORMACIÓN CIENTÍFICA |
1. Localización de libros: os catálogos
2. Recuperación de artigos: Bases de datos
2.1. Formular a pregunta de estudio
2.2. Definir a estratexia de busca
2.3. Identificación e manexo das principais bases de datos sanitarias
|
Tema 3 - METODOLOXIA DE INVESTIGACIÓN CUANTITATIVA EN CIENCIAS DA SAUDE: BIOESTATÍSTICA |
Estatística descritiva e análise exploratorio de datos
Nocións elementais de probabilidade. Cálculo de probabilidades. Distribución Normal
Estatística inferencial: Estimación de parámetros, Contrastes de hipóteses, Introdución os métodos de regresión |
Tema 4 - METODOLOXIA DE INVESTIGACIÓN CUANTITATIVA EN CIENCIAS DA SAUDE: EPIDEMIOLOXÍA |
Conceptos de investigación clínico-epidemiolóxica
Medidas de ocorrencia de enfermidade: Medidas de frecuencia, efecto e impacto
Tipos de estudios clínico-epidemiolóxicos
|
Tema 5 - METODOLOXIA DE INVESTIGACIÓN CUALITATIVA EN CIENCIAS DA SAUDE. |
Características da investigación cualitativa en Ciencias da Saúde.
Deseño dunha proposta de investigación cualitativa en Ciencias da Saúde.
Análise de datos cualitativos.
Rigor e calidade na investigación cualitativa en Ciencias da Saúde. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A78 A81 A82 A83 B1 B3 B6 B23 B24 B25 B26 B27 B28 B30 B33 B34 B35 B36 B37 C7 C9 C10 C11 C13 C16 C17 |
45 |
45 |
90 |
Traballos tutelados |
A10 A49 A82 B3 B4 B9 B12 B14 B24 B25 B26 B27 B28 B35 B36 B39 C1 C2 C3 C6 C8 C9 C11 C16 |
8 |
24 |
32 |
Solución de problemas |
A78 A81 A82 B2 B3 B25 B26 B28 B35 B36 C9 C11 |
28 |
53 |
81 |
Proba mixta |
A82 B3 B24 B25 B27 B28 B36 C9 C16 |
0 |
22 |
22 |
|
Atención personalizada |
|
0 |
0 |
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. |
Solución de problemas |
Con axuda de software estatístico e epidemiolóxico o estudante realizará supostos propostos polo profesor e resolverá problemas concretos a partir dos coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais. Trátase dunha metodoloxía que permite avaliar as competencias do estudante á hora de aplicar e poñer en práctica os coñecementos adquiridos. |
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
|
Atención personalizada |
|
Descrición |
PROF. MOVILLA: En esta parte da materia dedicaranse 2 horas a atención personalizada para seguemento do desenvolvemento do traballo proposto. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A82 B3 B24 B25 B27 B28 B36 C9 C16 |
- DOCUMENTACIÓN (Temas 1 y 2): 23.4% da nota final da materia . Traballos tutelados: 40% deste apartado Exame mixto, 60% deste apartado
- METODOLOGÍA CUANTITATIVA (Temas 3 y 4): se realizará una proba que poderá incluír preguntas de resposta curta ou preguntas de opción múltiple e/o exercicios de cálculo relacionados cos contidos teóricos, as lecturas propostas e os problemas expostos no desenvolvemento da materia. Obterá unha puntuación mínima de 0 e máxima de 10. O resultado desta proba supoñerá o 60% da cualificación global desta parte da materia (representa o 23.4% da nota final da materia).
-METODOLOGÍA CUALITATIVA (Tema 5). Realizarase un exame que constará de preguntas de resposta curta ou tipo test, sobre os contidos teóricos e as prácticas realizadas no desenvolvemento da materia, coincidindo na data oficial aprobada en xunta de facultade. Obterá unha puntuación mínima de 0 e máxima de 6 para o alumnado de matrícula ordinaria ou quen escolla esta opción en 2º matrículas e outras. O resultado desta proba supoñerá o 60% da cualificación global desta parte da materia. Para o alumnado de 2º matrículas e outras que escolla a modalidade de avaliación exclusiva mediante proba mixta, a puntuación mínima será 0 e máxima de 10. O resultado desta proba supoñerá o 100% da cualificación global desta parte da materia. Esta modalidade poderá ser escollida unicamente na circunstancia descrita anteriormente e a condición de que se aprobou o traballo tutelado en anteriores matrículas. (Representa un 13.2% da nota final da asignatura) |
60 |
Solución de problemas |
A78 A81 A82 B2 B3 B25 B26 B28 B35 B36 C9 C11 |
- DOCUMENTACIÓN (Temas 1 e 2): Traballos realizados en clase de modo grupal nos que se desenvolverán supostos prácticos sobre os diferentes aspectos explicados na sesión maxistral. Este apartado non computará na avaliación.
- METODOLOXÍA CUANTITATIVA (Temas 3 e 4): Propoñeranse probas de avaliación continua (en formato presencial ou virtual), prácticas a través de TIC así como, casos e exercicios propostos polo profesor que serán resoltos polos alumnos segundo os coñecementos teóricos e prácticos (programas estatísticos) que se traballan na materia, a entrega será puntuable nos casos en que así se indique.
Todos os traballos puntuaranse sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. A cualificación media deste apartado representará o 40% da cualificación global desta parte da materia (un 15,6% da nota final da materia)
|
15.6 |
Traballos tutelados |
A10 A49 A82 B3 B4 B9 B12 B14 B24 B25 B26 B27 B28 B35 B36 B39 C1 C2 C3 C6 C8 C9 C11 C16 |
- DOCUMENTACIÓN (Temas 1 e 2): Realizaranse 4 traballos en grupos que terá unha puntuación máxima de 4 puntos (sobre 10) na nota da avaliación deste módulo da materia (representa un 15,6% da nota final da asignatura)
-METODOLOXÍA CUALITATIVA (Tema 5): realizaranse a través dun proceso de avaliación continua unha serie de traballos tutelados en grupos de 5-6 estudantes, un dos cales culminará na exposición e defensa do traballo realizado. A puntuación oscilará entre un mínimo de 0 e un máximo de 4. O resultado desta metodoloxía representará o 40% da cualificación global desta parte da materia. Esta metodoloxía é obrigatoria para alumnado de matrícula ordinaria, e matricula parcial ou dispensa académica (representa un 8.8% da nota final da asignatura) |
24.4 |
|
Observacións avaliación |
A materia Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico consta de 3 bloques: - DOCUMENTACIÓN (3.5 ECTs) 39% da nota final, Prof. Dra. María Sobrido Prieto.
- METODOLOXÍA CUANTITATIVA (3.5 ECTs) 39% da nota final, Prof. Dra.Teresa Seoane Pillado (Coordinadora da materia).
- METODOLOXÍA CUALITATIVA (2 ECTs) 22% da nota final, Prof. Dra. Sara Fernández Basanta
Para aprobara materia é necesario superar cada unha das 3 partes individualmente . A nota final calcularase segundo o peso en créditosECTS de cada unha das partes. No caso de que non se supere algunha das tres partes da materia na 1ª oportunidade, a nota quefigurará será a cualificación obtida tras a ponderación de cada parte se éinferior a 5, noutro caso a nota será un 4,5. En 2ª oportunidade manteraseaprobada a parte ou partes superadas en 1ª oportunidade dentro dá a mesmaconvocatoria CRITERIOS DE AVALIACIÓN Dado o carácter prácticodesta materia, levarase a cabo unha avaliación continua. Ademais dos traballos tutelados e solución de problemas ao longo do curso, as materias de Metodoloxía Cuantitativa e Documentación poderán ser avaliadas ao finalizar a docencia 1ª OPORTUNIDADE: Documentación : Para aprobar este módulo é requisito indispensable ter realizado o 100% de cada unha das metodoloxías e lograr a metade da puntuación en cada una das metodoloxías que computan na avaliación Metodoloxía Cuantitativa : A puntuación mínima para superar este módulo será de 5 puntos. A metodoloxía de avaliación descrita é obrigatoria para os/as alumnos/as de matrícula ordinaria en primeira oportunidade e outras. En caso de non realizar algunha das actividades de avaliación continua (solución de problemas e prácticas a través de TICs), éstas serán cualificadas con 0 puntos á hora de obter a cualificación final segundo as porcentaxes asignadas. Os aspectos e criterios que se terán en consideración ao avaliar as actividades que se farán de acordo á devandita metodoloxía son: asistencia, participación e compromiso individual e grupal, coherencia dos contidos abordados, coñecementos demostrados nos probas e probas teóricos e prácticos e competencias referidas para esta materia. Metodoloxía Cualitativa : O resultado de avaliación procede da suma dascualificacións obtidas da metodoloxía de avaliación continua (traballotutelado) 40% e o exame (proba mixta) 60%, sendo obrigatorias ambas as metodoloxíaspara proceder ao sumatorio de ambas as cualificacións desta parte da materia. Acualificación obtida sobre 10 será ponderada de acordo á porcentaxe asignada aesta parte da materia (22%). A puntuación mínima para superar esta parte damateria será de 1,1 puntos sobre o total de 2,2 puntos. 2º OPORTUNIDADE: O sistema de avaliación descrito aplicará ao alumnado de 1ª matrícula tanto en 1ªcomo en 2ª oportunidade 2ª MATRÍCULA E POSTERIORES. MATRICULA PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIA: Documentación: O alumnado en 2ª matrícula ou posteriores, así como aquel con matrícula parcial ou dispensa académica, acollerase ao mesmo sistema de avaliación establecido para primeira matrícula Metodoloxía Cuantitativa: O alumnado en 2ª matrícula ou posteriores, así como aquel con matrícula parcial ou dispensa académica, poderá acollerse ao sistema de avaliación establecido para primeira matrícula. De non facelo, poderá superara materia mediante a avaliación do exame. Para iso, multiplicarase a nota do exame final por un factor corrector de 0,8 e o resultado será a cualificación obtida. O/a alumno/a deberá comunicar á docente da materia que opta por esta opción de avaliación antes da oportunidade de xuño ou xullo Metodología Cualitativa: 2º matrícula e posteriores: O alumnado nesta situación poderá escoller entre o mesmo sistema de avaliación que o descrito para a modalidade ordinaria de avaliaciónou presentarse a un exame exclusivamente, a condición de que en anteriores matrículas aprobase o traballo tutelado. A avaliación mediante exame exclusivamente terá un valor de 10 puntos (ponderado 2.2 puntos), que será necesario aprobar para que se proceda co sumatorio do resto das partes da materia. Esta opción deberá ser comunicada ao comezo das clases da parte de metodoloxía cualitativa á profesora responsable. Matriculaparcial ou dispensa académica: O alumnado nesta situación deberá poñerse en contacto coa profesora ao comezo das clases da parte de metodoloxía cualitativa. Deberán realizar a avaliación continua no tempo e forma que se lles solicite para ser avaliado. O sistema de avaliación é igual ao descrito en matrícula ordinaria. OPORTUNIDADE ADIANTADA. Os/As alumnos/as deberán examinarse por escrito a través dun único examen que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade MATRICULA DE HONRA Outorgarase ás puntuacións máis elevadas superiores a 9 obtidas unha vez ponderadas e suma de todas as partes da materia. As docentes da materia poderán considerar criterios adicionais en caso de igualdade de condicións e habendo máis aspirantes que matrículas. Os aspirantes poderán ser convocados a unha proba voluntaria obxectiva para asignar as MH ás mellores cualificacións NON PRESENTADO A cualificación de Non Presentado corresponderá ao alumnado que non realizase polo menos una das probas mixtas das distintas partes da materia (Documentación, e/o Metodoloxía Cuantitativa, e/o Metodoloxía Cualitativa) FRAUDE: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación continua, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na devandita proba ou actividade na oportunidade correspondente, invalidando a súa cualificación tamén para oportunidades sucesivas. SICUE , ERASMUS e BILATERAL Alumnado nesta situación deberá poñerse en contacto coas profesoras ao comezo das distintas partes da materia. Deberán realizar a avaliación continua no tempo e forma que se lles solicite para ser avaliado. O sistema de avaliación é igual ao descrito en matrícula ordinaria.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
http://www.fisterra.com/formacion/metodologia-investigacion/ (). .
Finfgeld-Connett, D (2018). A guide to qualitative meta-synthesis. Routledge
Williamson, G. R., Bellman, L., & Webster, J (2011). Action research in nursing and healthcare. SAGE Publications
Cypress, B. S. (2021). Fundamentals of qualitative phenomenological nursing research. John Wiley & Sons
King, N., Horrocks, C., & Brooks, J. (2018). Interviews in qualitative research. SAGE Publications
Flick U (2004). Introducción a la investigación cualitativa. Madrid. Morata
Beck, C. T. (2019). Introduction to phenomenology: Focus on methodology.. SAGE Publications
Arantzamendi M; López-Dicastillo O; Viivar C (2012). Investigación cualitativa. Manual para principiantes.. Ediaciones Eunate
Argimón Pallás JM, Jiménez Villa J (1999). Métodos de investigación clínica y epidemiológica.. 2ª ed. HARCOURT
De Chesnay, M. (Ed.). (2014). Nursing research using participatory action research: Qualitative designs and methods in nursing. Springer Publishing Company.
Wood, L. (2019). Participatory action learning and action research: Theory, practice and process. Routledge
Malterud, K. (2019). Qualitative metasynthesis: A research method for medicine and health sciences. Routledge
Liamputtong, P. (2010). Research methods in health: foundations for evidence-based practice.
Saini, M., & Shlonsky, A. (2012). Systematic synthesis of qualitative research. OPUP USA
Ruiz Olabuénaga JI (2012). Teoría y práctica de la investigación cualitativa. Deusto
Flick, U. (Ed.). (2017). The Sage handbook of qualitative data collection.. SAGE Publications |
No módulo de Información e Documentación a bibliografía necesaria será ofrecidaa través da plataforma moodle coa impartición de cada un dos temas correspondentes. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
1.- MATERIAS QUE SE RECOMENDA CURSAR PREVIAMENTE Neste apartado non seleccionamos ningunha materia xa que Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico atópase no primeiro cuadrimestre de 1ºcurso. 2.- MATERIAS QUE CONTINÚAN O TEMARIO. A materia Basees para a Interpretación do Coñecemento Científico establece os elementos metodolóxicos que necesita o estudante para ser consumidor crítico da información científica da súa disciplina. É por iso que en todas as materias posteriores dos cursos 2º, 3º e 4º do Grao de Podoloxía os/ as estudantes de modo transversal terán que facer uso das competencias adquiridas nesta materia. Será unha necesidade, nas devanditas materias, profundar desde un enfoque práctico e clínico na capacidade do estudante para consumir información científica, realizar unha análise crítica da mesma, aplicala no contexto de cada materia e nos casos que o requiren tomar decisións clínicas. 3.- OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE: Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sostible ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de realizarse en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 4.- RECOMENDACIÓN PERSOA E IGUALDADE DE XÉNERO: Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero, velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades docentes realizadas co alumnado. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e propoñeranse accións e medidas para corrixilas. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria. 5.- PLAXIO: Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. 6.- COMPORTAMENTO:
O
alumno debe presentar un comportamento adecuado. No caso dun comportamento que
impidan o desenvolvemento correcto das actividades docentes, poderanse tomar a
decisión de cualificar ao alumno cun suspenso (0,0) no presente curso
académico. Non se permite a utilización de dispositivos electrónicos durante as
probas de avaliación salvo autorización expresa. O incumprimento desta norma
considerarase motivo de non superación da materia no presente curso académico,
a cualificación será de 0,0 Fotos
ou gravacións de imaxe e/ou audio: non está permitido realizar fotos ou
gravacións, tanto de son como de imaxe, das
clases maxistrais, seminarios ou prácticas da materia, salvo autorización
expresa por parte do docente. Incumprir esta norma pode dar orixe a
responsabilidades civís, disciplinarias, administrativas e mesmo penais por
incumprimento das leis que regulan a propiedade intelectual e o dereito á
privacidade (Lei de Propiedade Intelectual, Lei Orgánica de Protección de Datos
de Carácter Persoal, Lei Orgánica de protección Civil de Dereito á Honra, á
Intimidade Persoal e familiar e á Propia Imaxe). |
|